InicioSociedadeA Internet de alta velocidade chega a todo o rural de Tomiño...

A Internet de alta velocidade chega a todo o rural de Tomiño e Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

Despois de moitos anos sufrindo velocidades de Internet moi baixas e incluso inexistentes, todas as vivendas de Tomiño e Tui, incluidas a totalidade das súas parroquias e os núcleos máis rurais, xa teñen acceso a una rede de alta velocidade.

Fibralar, empresa afincada na comarca do Baixo Miño e dirixida por emprendedores novos, xa finalizou a instalación dos nodos e repetidores en diversos puntos de ambos municipios para que a inmensa maioría das vivendas poidan acceder a un servizo de Internet de ata vinte megas.

Dous dos socios de Fibralar, Rafael Fernández e Marcos Figueiras, informaron dos pormenores da operación nunha reunión que mantiveron coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione e o rexedor de Tui, Carlos Vázquez Padín. Tamén estivo presente o presidente da comunidade de montes de Tomiño, Enrique Gándara.

Ambos Concellos e os comuneiros tanto de Tomiño como de Barrantes deron todas as facilidades para extender a rede de Fibralar sen custe algún. “Quero destacar as facilidades e o desinterés económico das comunidades de montes para que a veciñanza poida ter por fin altas velocidades de Internet. Era una reclamación histórica”, asegurou Antonio Tartaglione.

A alcaldesa tamén quixo resaltar a importancia económica deste feito, “pois a mala calidade de Internet xa non será un problema para que as empresas se asenten en Tomiño”.

Fibralar pon a disposición da veciñanza tarifas de entre seis a vinte megas. Ata agora, os núcleos rurais só podían conectarse a Internet a través de conexións por satélite ou ADSL de moi baixa calidade debido á distancia á que se atopaban os repetidores, e sempre a velocidades extremadamente reducidas.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...