InicioCulturaVigosónico pechará as súas portas ata que se resolva a súa licitación

Vigosónico pechará as súas portas ata que se resolva a súa licitación

Integrantes da plataforma Grupos en Loita piden que o Concello "reabra inmediatamente" este espazo musical

PUBLICADO O

- Advertisement -

Desde a plataforma Grupos de Vigo en Loita informan do peche do espazo Vigosónico, que alberga salas de ensaio musicais, a partir do vindeiro 28 de febreiro e advirten de que non reabrirá ata que estea adxudicado o servizo. O colectivo, que abrangue aos usuarios dos locais e músicos, denuncian que “poden pasar meses ata que volva abrir as portas”.

Tamén sinalan que trala manifestación do pasado 5 de febreiro, o Concello anunciou a licitación por un ano cun valor de 85.000 euros. Unha nova que foi acollida positivamente polo colectivo, que agora lamenta que non se fixera mención ao peche indefinido.

“É un escándalo e unha burla que Vigosónico peche de novo xusto despois de anunciar a súa continuidade”, afirman. Ademais, a plataforma desconfía das intencións do goberno municipal e esixen que o Concello reabra inmediatamente este espazo. “A última vez que pechou indefinidamente foi coa excusa da pandemia, pero resultou ser un peche encuberto que non podemos reverter ata dous anos despois”, conclúen.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...