InicioPolíticaCaamaño defende o modelo do Cunqueiro tras o demolodor informe do Consello...

Caamaño defende o modelo do Cunqueiro tras o demolodor informe do Consello de Contas: “A decisión foi acertada”

Di que realizou 5,5 millóns de asistencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, defendeu este mércores, unha vez máis, o modelo de construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, alegando que era o único posible sen “comprometer a estabilidade orzamentaria” de Galicia nin os servizos esenciais naquel momento e que, ao cabo, permitiu realizar xa 5,5 millóns de asistencias. “A decisión deste Goberno foi a acertada”, resumiu.

Caamaño respondeu no Pleno do Parlamento a unha interpelación formulada pola deputada do BNG Montse Prado en relación ao modelo de construccion do Álvaro Cunqueiro, co que un informe do Consello de Contas detectou un sobrecusto de máis de 470 millóns de euros. Con este informe, dixo Prado, “saltaron as alarmas ao ver como o PP usaba o orzamento público para enriquecer a empresas amigas”, derivando no que a nacionalista considera “unha estafa”, un “sobrecusto derivado do modelo escollido”.

“O informe apunta claramente a que o diñeiro sae dos orzamentos da Xunta, dos impostos dos galegos, e vai directamente aos petos das empresas amigas e das empresas de familiares”, asegurou Montse Prado durante a súa intervención, na que reclamou ao Goberno galego que “dea explicacións” e esixiu saber “se vai actuar para rescatar ao Álvaro Cunqueiro”.

Na súa intervención, como xa fixo noutras ocasións, o conselleiro reiterou que o modelo de construción elixido naquel momento era “o único viable“, dada a situación de crise económica, o que permitiu contar cun centro “punteiro” que, desde a súa posta en marcha, realizou 5,5 millóns de asistencias. “O novo hospital público de Vigo era algo inaprazable, o tempo avaliou o acerto desta decisión“, dixo o conselleiro, destacando que se trata dun “hospital público” no que “ningun usuario tivo que pagar nin un só euro para ser atendido ou tratado”.

Nos catro primeiros anos de posta en marcha deste hospital, dixo Caamaño, incrementouse en máis dun 14% a actividade cirúrxica programada, o que supuxo 4.000 operacións máis ao ano. Ademais, as probas diagnósticas incrementáronse en máis dun 300% e as sesións de quimioterapia para adultos en preto dun 94%. Así mesmo, durante a crise da covid, o Álvaro Cunqueiro superou en máis dun 100% a capacidade de probas diagnósticas de PCR, comparado cos hospitais do seu mesmo nivel en Galicia, e nunca superou a súa capacidade máxima, argumentou.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...