InicioPolíticaAbel Caballero tacha de "intolerable" a "subida fuertísima" do canon de Sogama

Abel Caballero tacha de “intolerable” a “subida fuertísima” do canon de Sogama

Que quedou fixada nun importe medio de 66 euros por tonelada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tachou de “intolerable” a “subida fuertísima” do canon da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor aproveitou para volver cargar contra a Xunta de Galicia, acusándoa de establecer un incremento do custo da recollida e tratamentos de residuos urbanos.

Caballero asegurou que ata o ano pasado o Goberno galego destinaba uns 6 millóns de euros de diñeiro do Executivo central para subvencionar a recollida selectiva, pero neste exercicio retirouse. Por iso, o alcalde calculou que a subida suporá o pago de 2,5 millóns de euros máis, a sumar a eses 6 millóns de euros da subvención que xa non estará dispoñible.

“Que saiba todo Vigo que a Xunta impón unha carga para a recollida de residuos sólidos á cidade intolerable”, engadiu, lamentando novamente que o Goberno autonómico “veña a Vigo a coller recursos para dedicalos a outros lugares de Galicia”.

Todo iso despois de que a semana pasada Sogama aprobase a subida do seu canon, que quedou fixada nun importe medio de 66 euros por tonelada. A empresa pública explicou que esta subida responde a decisións do Goberno central “que están a ter un gran impacto económico no custo do servizo”, como a entrada en vigor do novo imposto estatal á vertedura e á incineración, así como á recuperación do imposto do valor da enerxía eléctrica e á eliminación da retribución que percibía polo investimento realizado na súa planta termoeléctrica.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...