InicioPolíticaPaula Prado defende o acto de Soutomaior como sinal de apoio a...

Paula Prado defende o acto de Soutomaior como sinal de apoio a Feijóo, “un líder cun proxecto serio de país”

Consideran que volver ao Castelo de Soutomaior é "un símbolo de liberdade"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reivindicou o acto organizado polos populares para este sábado no Castelo de Soutomaior para dar comezo ao curso político como unha mostra de apoio a Alberto Núñez Feijóo, “un líder cun proxecto serio de país e para Galicia”.

Este acto, ademais de supor historicamente o pistoletazo de saída do curso político para os populares, é nesta ocasión tamén “unha celebración da vitoria do PP o 23J, cun candidato que devolveu o orgullo das vitorias, que coñece perfectamente Galicia e as súas necesidades”.

Paula Prado visitou este sábado o castelo de Soutomaior xunto ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López. Alí reivindicou o papel de Galicia na vitoria do PP o 23J, “que contribuíu de forma especial e importante”, trasladando a España unha forma de gobernar, “con sentidiño, capacidade de xestión e pondo por encima dos intereses dos cidadáns por encima de calquera outra cousa, que é a forma de gobernar de Rueda”.

Tamén se referiu a os resultados das eleccións municipais e autonómicas do 28 de maio, cando se recuperou Valencia, Baleares, Canarias ou A Rioxa, e revalidáronse as maiorías de absolutas de Madrid e Andalucía “baixo o liderado de Feijóo, que devolveu o orgullo da vitoria ao PP”.

“Queremos tamén un Goberno que se dixen en Galicia, nos seus problemas e que abandone ese desprezo e eses malos tratos ao que nos ten adoitado o Goberno socialista”, sinalou a secretaria xeral.

“Aquí, mañá, con máis de 1.000 persoas, demostrarémoslle a Feijóo que Galicia está con el, que queremos contar con el como líder que nos leve a Galicia e a España pola senda dun futuro prometedor e non escuro como o que nos ofrece o PSOE e unha amálgama de partidos cos que quere tentar gobernar o señor Sánchez, independentistas e esquerda radical”, asegurou Prado.

VOLVER Ao CASTELO DE SOUTOMAIOR

Paula Prado tamén se referiu a a volta ao Castelo de Soutomaior tras anos celebrando o acto de inicio de curso político en Cercedo-Cotobade. Sinala que tras a vitoria do PP en Pontevedra e tras recuperar a Deputación de Pontevedra, o castelo é desde 2023 “un espazo de todos e para todos”. Abandónase así, afirmou, o “sectarismo” da antiga presidenta da Deputación, a socialista Carmela Silva, “que acaba tras uns longos e escuros oito anos acaba agora co Goberno do PP”.

“Que se dedique a pór orde na súa casa e non a dicir cousas como as que está a dicir ultimamente, que mostran o seu mal perder”, censurou, insistindo ademais en que “por deixar, non lle deixan nin celebrar primarias no Partido Socialista”.

VOLVER A SOUTOMAIOR, “SÍMBOLO DE LIBERDADE”

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, celebrou volver ao castelo de Soutomaior “onde o PP realizaba estes actos ata 2015, co cambio na Deputación que prohibía de maneira peculiar a celebración deste acto”.

“Trasladámonos a Cercedo-Cotobade, onde tamén nos acolleron. E agora volvemos estar aquí. Supón un acto de restitución, un símbolo de liberdade porque o castelo volve estar máis que nunca a disposición de todos os colectivos”, defendeu.

Luís López tamén avanzou que este sábado todo o protagonismo será para Feijóo, “ao que se mostrará todo o apoio”. “Deu o mellor de si para Galicia e estou convencido de que vai saír investido presidente. E deséxoo para ese cambio que necesita España e que se ve na Deputación de Pontevedra”, destacou.

ÚLTIMAS

Comezan obras nos túneles da AP-9 este venres en Candeán con peche dun dos “tubos” por dous días

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará este venres obras de modernización no...

A UVigo celebrará as eleccións ao reitorado na semana do 4 ao 8 de maio

As eleccións para escoller ao próximo reitor ou reitora da Universidade de Vigo celebraranse...

A concelleira de Seguridade de Vigo, citada como investigada polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O Tribunal de Instancia, na súa sección de Instrución de Vigo, citou a declarar...

De tesouro agochado a capital mundial do Nadal: como Vigo creou a súa propia marca

Hai cidades que teñen un icono. París ten a Torre Eiffel. Nova York, a...