Inicio Blog Páxina 7

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

0

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada coa presenza de piquetes informativos, activos en centros como o de Vialia, en Vigo. O seguimento, aínda que desigual, nótase noutros centros comerciais galegos como o de Marineda City, na Coruña, e As Cancelas, en Santiago, este último con algunhas tendas abertas e traballando con relativa normalidade no que vai de día.

Os piquetes informativos desprazaron o seu labor a outras zonas comerciais como a praza de Lugo, na Coruña, a de Galicia, en Santiago, e outras rúas do centro de Pontevedra. En Ourense, pola contra, a xornada caracterízase pola celebración do festivo local, San Martiño.

En declaracións a Europa Press, o presidente da federación galega de comercio, José María Seijas, asegura que “o comercio, se pecha, é porque o obrigan a pechar”, en rexeitamento dos piquetes informativos. Segundo os seus números, en Lugo capital o seguimento é “moi baixo”, cun 99% dos establecementos abertos. En As Termas, recoñece, “quizais o seguimento é maior, polos piquetes”. No resto das cidades, aventura, “depende da insistencia dos sindicatos”.

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

0

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa non entrou a quenda de noite e tamén está “parada ao 100%” FCC, que xestiona a recollida de lixo e a limpeza viaria da cidade. En BorgWarner Zamans, na quenda de noite, dun total de 152 persoas só entraron tres encargados e oito persoas no taller, segundo a CIG, e na planta de Pescanova de Chapela só entrou parte do persoal. 

“Prácticamente todas as empresas do sector da automoción tanto de Vigo como de O Porriño están paradas, así como a empresa de loxística e de transporte de mercadorías STEF”, sinala. Na Coruña, o servizo de recollida de lixo do Consorcio das Mariñas, que inclúe todos os concellos da área metropolitana –agás a propia Coruña e Arteixo– está “parado”, engade, como tamén o da cidade.

No almacén de Zara loxística o paro tamén está a ser, segundo a central, “significativo” na quenda de noite e agarda que haxa un maior seguimento nas de día. 

En Ferrol, a quenda de noite de Navantia non entrou, o lixo de Narón tampouco e só funcionan os servizos mínimos na recollida da cidade departamental. En Pontevedra, o seguimento é “total” na quenda de noite de Treves e do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos non saíu “nin a quenda de noite nin os servizos mínimos”.  Pola súa banda, en Ribadavia, “practicamente todo o persoal da fábrica de pezas e compoñentes metálicos Rubí Automotive da quenda de noite secunda a folga”. 

SEGUIMENTO DO 70%

Pola súa banda, Comisiós Obreiras apuntou a un seguimento “importante” da folga en Galicia. Segundo as súas cifras, na industria o seguimento sitúase arredor do 70%, con fábricas “paralizadas” na “práctica totalidade” como Navantia Ferrol, GKN Driveline en Vigo e a conserveira Profand e DS Smith en Vilagarcía.

Tamén o polígono do Tambre, en Santiago, “permanecera pechado por completo durante dúas horas esta mañá”, no momento de entrada da maior parte dos traballadores.Salienta como “destacable” a participación dos traballadores nos portos do Estado radicados en Galicia, cun seguimento que rolda, segundo os seus datos, o 60% nestas primeiras horas de folga.

No transporte por estrada, un 80% dos traballadores, segundo as súas cifras, non está acudindo ao seu posto, unha porcentaxe que eleva ao 100% no caso de Monbús en Lugo. No sector ferroviario, tamén fixa o seguimento no 70%, e na recollida de lixo elévao ao 80%. “Estes sectores, en todo caso, están marcados polos abusivos servizos mínimos impostos pola Xunta e outras administracións”, insiste.

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

0

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais de Galicia a primeira hora desta mañá, cun 100% de paro na fábrica de Alcoa San Cibrao nos quendas de noite e de mañá, tamén gran seguemento en Navantia, conserveiras e outras industrias, asi como no transporte,  en contraste cun 20% na quenda de noite en Stellantis Vigo.

Así o indicaron fontes sindicais consultadas por Europa Press, que destacan que en Alcoa a folga foi seguida pola totalidade do persoal, despois de que os piquetes informativos estivesen ás portas de acceso da factoría. A situación foi distinta a vivida esta noite en Stellantis Vigo, que traballou con “normalidade” e con “pouco” seguimento da folga, que outras fontes sindicais calculan nun 20%. 

“Pola mañá moito máis seguimento ca pola noite”, subliñan, aínda que de momento non teñen datos porcentuais sobre este seguimento. Na fábrica automobilística tamén se rexistraron piquetes dende antes mesmo das 00.00 horas deste mércores. Con todo, esta mañá si houbo “incidencias” na planta de Balaídos, que estivo parada a primeira hora desta mañá, aseguran fontes sindicais. Non obstante, lembran que o Sistema 1 permanece sen actividade por falta de compoñentes, polo que só está a traballar a metade da fábrica.

“Iso xa ten un impacto produtivo, aínda que non sexa consecuencia da folga, pero tamén ten un impacto nas posibilidades da empresa de cubrir os postos dos traballadores folguistas. Esa é unha das cuestións que imos vixiar e, se é necesario, denunciaremos a vulneración do dereito de folga”, sentenciaron dende un sindicato.

SEGUIMENTO DO 70%

Pola súa banda, Comisiós Obreiras apuntou a un seguimento “importante” da folga en Galicia. Segundo as súas cifras, na industria o seguimento sitúase arredor do 70%, con fábricas “paralizadas” na “práctica totalidade” como Navantia Ferrol, GKN Driveline en Vigo e a conserveira Profand e DS Smith en Vilagarcía.

Tamén o polígono do Tambre, en Santiago, “permanecera pechado por completo durante dúas horas esta mañá”, no momento de entrada da maior parte dos traballadores.Salienta como “destacable” a participación dos traballadores nos portos do Estado radicados en Galicia, cun seguimento que rolda, segundo os seus datos, o 60% nestas primeiras horas de folga.

No transporte por estrada, un 80% dos traballadores, segundo as súas cifras, non está acudindo ao seu posto, unha porcentaxe que eleva ao 100% no caso de Monbús en Lugo. No sector ferroviario, tamén fixa o seguimento no 70%, e na recollida de lixo elévao ao 80%. “Estes sectores, en todo caso, están marcados polos abusivos servizos mínimos impostos pola Xunta e outras administracións”, insiste.

Vigo e as pensións

0

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos

Defender as pensións públicas é defender a xustiza social, a solidariedade entre xeracións e o dereito de quen ergueu esta cidade co seu traballo a vivir a vellez con dignidade, sen medo nin incerteza.

Vigo construíuse co esforzo das traballadoras das conserveiras, dos obreiros do naval e da automoción, das persoas do mar, do comercio e dos servizos públicos. Xeracións enteiras contribuíron coa súa cotización a un sistema que transforma o esforzo individual nun dereito colectivo. As pensións non son unha carga para a sociedade. Son parte da débeda que unha sociedade xusta recoñece a quen a sostivo co seu traballo.

Por iso, cando o Partido Popular anuncia que o sistema «vai petar» e Vox o cualifica de «zombi» mentres propón avanzar cara á capitalización individual, cómpre preguntar que hai detrás dese discurso. Se cada persoa depende dos seus aforros para xubilarse, quen gaña pouco, sofre precariedade ou non pode chegar a fin de mes terá menos protección. Os bancos e as aseguradoras, pola contra, atoparán novas oportunidades de negocio. O risco privatízase e a desigualdade prolonga a súa vida máis alá do derradeiro día de traballo.

Vigo coñece ben esa contradición. Mentres os salarios non conseguen acompañar o progresivo encarecemento da vivenda, moita xente nova non consegue emanciparse e moitas persoas maiores precisan que as súas pensións manteñan o poder adquisitivo e lles permitan vivir con dignidade.

Pretender que a mocidade e os pensionistas compitan polos mesmos recursos é ocultar o verdadeiro problema. Non é a solidariedade entre xeracións o que ameaza o futuro, senón un modelo económico que precariza o traballo e concentra a riqueza.

A sustentabilidade das pensións require emprego estábel, salarios dignos, cotizacións suficientes e unha fiscalidade xusta. Hai desafíos demográficos reais, pero non existe unha lei económica que obrigue a responder a eles privatizando dereitos. O que existen son decisións políticas sobre como se produce, como se distribúe a riqueza e quen contribúe a financiar o benestar colectivo.

Vigo non necesita que lle digan que a súa xente maior é demasiado cara nin que a súa mocidade debe resignarse a unha xubilación incerta. Necesita un modelo de cidade no que traballar permita vivir, acceder a unha vivenda non sexa un luxo e chegar á vellez non signifique depender da capacidade individual de aforro.

As pensións públicas non son un negocio. Son unha conquista da clase traballadora e unha garantía de solidariedade entre xeracións. Quen traballou toda unha vida merece vivir con dignidade, non xogar a súa vellez na bolsa. Vigo construíuse co esforzo colectivo da súa xente. Os seus dereitos non están á venda.

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

0

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga xeral que é a primeira tras 14 anos, e que volverá situar as manifestacións centrais en Vigo, por separado. Ás 12,00 horas sairá a da CIG, coa participación do seu secretario xeral, Paulo Carril; e ás 11,30 horas a de UXT e CC.OO., con presenza dos seus líderes, Cristóbal Medeiros e Amelia Pérez, respectivamente.

A automoción e os estaleiros, así como a afluencia nas rúas e tamén o consumo, servirán para medir o impacto do paro na economía galega. Por unha banda, a central nacionalista convoca 17 mobilizacións en toda a comunidade e fai “un chamamento á clase traballadora galega a paralizar a actividade económica e laboral e asistir masivamente ás marchas”. Carril estará na de Vigo, onde fará declaracións ás 11,45 horas no cruzamento da Dobrada.

Baixo a lema ‘Galiza en loita por unha vida digna’, a CIG esixe á Xunta e ao Goberno central un plan de choque que permita frear “a deterioración das condicións de vida da clase traballadora”. Por iso, demanda “medidas contundentes” para paliar o encarecemento da vida, a ‘pobreza salarial’, a crise da vivenda, a precariedade e “a degradación dos servizos públicos mentres o gran capital obtén beneficios escandalosos”.

A folga xeral, precisa, abarca a traballadores das empresas privadas e do sector público en todo o territorio galego, incluído o persoal funcionario, estatutario e laboral. De feito, a Xunta publicou o luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) os servizos mínimos en ámbitos como sanidade, educación, transporte e radio e televisión públicas, medida que impugnará a central nacionalista por consideralos “abusivos”.

Pola súa banda, os secretarios xerais de UXT, Cristóbal Medeiros, e CC.OO., Amelia Pérez, atenderán aos medios de comunicación ás 11,15 horas antes de que arrinque a manifestación das 11,30 horas de Vía Norte, tamén en Vigo. A marcha viguesa será a principal do nove mobilizacións convocadas por ambos os sindicatos na comunidade galega, onde fan igualmente “un chamamento á clase traballadora e ao conxunto da cidadanía galega a secundar masivamente a folga xeral para reclamar salarios dignos, a redución da xornada laboral, melloras na saúde dos traballadores e o fin da precariedade”.

Nun comunicado, UXT e CC.OO. apuntan que a convocatoria “pretende tamén denunciar as dificultades de acceso á vivenda e reclamar ás administracións públicas medidas para frear a especulación inmobiliaria e a escalada dos prezos que deterioran as condicións de vida da maioría social”. “A folga xeral do 11N quere ser un punto de inflexión fronte a un modelo económico que permite que crezan os beneficios empresariais mentres empeoran as condicións de vida da maioría social”, subliñan.

Así, chaman a “converter a indignación en mobilización e a facer desta xornada unha demostración de forza da clase traballadora para situar os salarios, a vivenda e os dereitos sociais no centro das prioridades políticas”.

MARICARMEN E O ADIANTO ELECTORAL

A convocatoria de folga xeral produciuse despois do malestar e as protestas que provocou o desafiuzamento en Madrid (o pasado 23 de setembro) de Maricarmen, a muller de 87 anos que días despois (o 7 se outubro) faleceu no hospital. O paro, recollendo as reivindicacións de colectivos como o Sindicato de Inquilinas, foi anunciado por UXT e CC.OO. o 5 de outubro e confirmado o 7, mentres que o rexistro formal ante o Ministerio de Traballo produciuse o 19 de outubro.

En paralelo, a CIG, que xa anunciara semanas atrás unha campaña en contra da carestía da vida, sumouse á convocatoria das organizacións estatais e rexistrouna ante a Xunta o día 13. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, convocou o adianto electoral o día 5 de outubro, tras tombar o Congreso dos Deputados os dous decretos con medidas en materia de vivenda que acababa de aprobar o Consello de Ministros en resposta ao estalido social polo desafiuzamento de Maricarmen.

As DÚAS FOLGAS DE 2012 EN GALICIA

O 29 de marzo de 2012, os principais sindicatos en Galicia –CC.OO, UXT e CIG– elevaron por encima do 80% o seguimento nesta comunidade da xornada de folga xeral contra a reforma laboral, mentres que a patronal galega rebaixou esta cifra ao 30%. Decenas de miles de persoas, unhas 85.000 segundo estimacións da Policía Local, e que os sindicatos elevaron a máis de 100.000, participaron entón na manifestación central convocada en Vigo por UXT e CC.OO. en contra a de reforma laboral do Goberno de Mariano Rajoy, mentres que secundaron a marcha da CIG unhas 50.000 persoas, segundo as súas cifras.

Meses despois, o 14 de novembro de 2012, tivo lugar a coñecida como folga xeral europea, na que unha manifestación central convocada en Galicia por UXT, CC.OO. e CIG reuniu en Vigo a 150.000 persoas, segundo as estimacións dos sindicatos, 125.000 participantes, segundo as cifras facilitadas a Europa Press pola Policía Local desta cidade. A marcha ía encabezada por unha pancarta coa lema ‘Pola industria e o emprego’ e dirixiuse á Praza de América, onde se procedeu á lectura dun manifesto, entre consignas contra o Goberno de Rajoy.

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz unha experiencia inmersiva completamente gratuíta, “única e exclusiva”, que estará dispoñible durante todas as festas de Nadal. Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor explicou que esta nova proposta se sumará ao gran desfile que a compañía organizará o próximo 14 de novembro pola rúa García Barbón, ampliando así a presenza da plataforma na programación do Nadal vigués. A instalación, pensada tanto para nenos como para adultos, ofrecerá un percorrido de luz e tecnoloxía que permitirá aos visitantes afondar no universo Disney+, convertendo un dos espazos máis céntricos da cidade nunha nova atracción destas festas.

A experiencia levará por nome “Dentro de Disney+” e, segundo destacou Caballero, “transformará un dos espazos máis emblemáticos do centro de Vigo”, que se converterá nunha “porta de entrada” ao universo Disney. O alcalde explicou que a proposta estará dispoñible durante todo o período do Nadal e que foi concibida “para sorprender, para ser fotografada, para compartir e, sobre todo, para vivir”, de maneira que os visitantes non se limiten a observar a instalación, senón que poidan percorrer o espazo e participar na experiencia inmersiva.

Caballero salientou tamén que o acceso será completamente gratuíto e animou tanto os vigueses como os turistas que visiten a cidade durante as festas a achegarse ata a rúa Policarpo Sanz para descubrir o que agocha esta nova proposta de Disney+. “Non só se contempla, recórrese e vívese”, sentenciou o alcalde, que presentou a iniciativa como unha nova experiencia para gozar do Nadal en Vigo.

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

0

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de vivir “alleado da realidade social” por “vetar” un aumento da partida orzamentaria destinada á vivenda nos orzamentos municipais de 2027.

Nun comunicado, os “populares” indicaron que propuxeron un incremento de 4,2 millóns de euros para “apostar dunha forma clara e decidida” pola vivenda, con máis recursos para a compra de solo e vivendas e para aumentar as contías dos distintos programas. Todo iso dentro da emenda á totalidade presentada polo PP, que estaba acompañada dunha proposta de redistribución de 8,4 millóns de euros para reforzar distintas partidas como esta de vivenda, política social e infraestruturas.

“Con todo, o PSOE rexeitou de maneira unánime e sectaria todas elas sen facer o máis mínimo esforzo por negocialas“, criticou Luisa Sánchez, lamentando que Caballero prefira “manter uns orzamentos que son un copia e pega de exercicios anteriores antes de darlle a razón ao PP”.

“Non pedimos aumentar os impostos nin endebedar o Concello, nin gastar máis diñeiro. Só propuxemos gastar doutro xeito os recursos”, insistiu Sánchez, anunciando que formulará un voto particular no pleno do próximo luns para que o grupo socialista “se retracte” de novo votando en contra dunhas emendas que “melloraban as contas”.

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

0

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral aceptou 10 meses de prisión por insultar a unha menor que viaxaba no mesmo bus urbano que el en Vigo, e por proferir expresións como “parece que vou nunha patera”.

Así se acordou nunha vista de conformidade celebrada este martes na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica, na que o acusado, Francisco José R.P., recoñeceuse autor dos feitos. Segundo se recolle no escrito de acusación de Fiscalía, os feitos remóntanse ao 4 de agosto de 2025 cando o procesado e a vítima viaxaban a bordo da liña 11 de autobús urbano de Vigo.

Durante o traxecto, o home comezou a proferir insultos cara á moza que era menor e á que non coñecía previamente. En voz alta, para que puidesen ouvilo todos os usuarios, insultouna reiteradamente pola súa cor de pel, dicindo que parecía que viaxaba “nunha patera” e amagando con “chamar á policía” por ter que “viaxar nestas condicións”. Tras apearse do autobús, continuou insultando á moza mentres a sinalaba co dedo.

O Ministerio Público pedía inicialmente a pena de ano e medio de prisión, pero tras o acordo, o acusado recoñeceu os feitos e aceptou 10 meses de cárcere, ademais do pago dunha multa de 1.080 euros. Tamén se lle impuxo durante 4 anos e 4 meses a inhabilitación para exercer oficio educativo no ámbito docente, deportivo ou de tempo libre, e deberá indemnizar á vítima en 2.000 euros polos danos morais. A pena de prisión quedou suspendida durante 3 anos, a cambio de que o procesado non delinca nese tempo e sométase a un programa de igualdade de trato, non discriminación e prevención de comportamentos violentos.

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou os “horarios obsoletos” que a compañía ofrece ao público, ao considerar que son “imposibles” de cumprir e que provocan atrasos nas distintas liñas de autobuses da cidade. Nun comunicado, a representación dos traballadores lamentou que leva anos reclamando unha actualización dos horarios, malia que a empresa “se nega” a realizar estes cambios alegando diferentes motivos. Segundo critican, nun primeiro momento a compañía escusouse na pandemia, posteriormente na falta de viaxeiros e, máis adiante, no inicio do proceso da nova concesión municipal e no estudo que estaba a realizar o Concello sobre a renovación das liñas.

“Neste momento, a escusa é que o concurso da nova concesión está paralizado e que, sen saber se Vitrasa vai ser a próxima xestora, non van acometer cambios nos horarios”, sinalan desde o comité de empresa, que advirte das consecuencias desta situación tanto para os usuarios como para o persoal. Segundo denuncian, o aumento do número de viaxeiros, unido á presenza de menos autobuses nas rúas, está a provocar atrasos que cualifican de “inasumibles”. Esta situación, explican, fai que os horarios anunciados ao público non se cumpran e que os traballadores da empresa non dispoñan do descanso mínimo legal durante a súa xornada laboral.

O ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL PODERÍA AGRAVAR A SITUACIÓN

Ante este escenario, o comité de empresa non descarta iniciar mobilizacións nas próximas semanas, especialmente tendo en conta a proximidade do acendido das luces de Nadal de Vigo, unha época que os representantes dos traballadores consideran especialmente complicada para o funcionamento do transporte urbano. Ademais, denuncian que solicitaron en varias ocasións reunións coa dirección de Vitrasa para tratar de solucionar estas deficiencias, pero non obtiveron resposta.

“Desde o comité de empresa, vendo que en breve se inicia o peor período do ano, como é o acendido das luces de Nadal, e que, tras solicitar en varias ocasións reunións coa dirección da empresa para solucionar estas deficiencias sen obter resposta, non descartamos iniciar algún tipo de mobilizacións para denunciar esta situación”, conclúe a representación dos traballadores.

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque “a cidade, o goberno e o alcalde non se renden” e advertiu á Xunta e á Deputación de “consecuencias” se non aceptan cofinanciar a reforma da grada de Tribuna en Balaídos (cun custo de 86 millóns de euros).

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico referiuse á aceptación, por parte do presidente da Deputación, Luis López, de manter unha reunión para falar da candidatura da cidade a ser sede do Mundial 2030, aínda que matizou que a carta de López “non é entusiasta”. Ademais, advertiu de que, na reunión, deberá abordarse o financiamento da reforma de Tribuna, porque a FIFA reclamará dispoñer desa información.

Caballero defendeu que a parte técnica do proxecto é responsabilidade do Concello e que “vai ser impecable”, e lamentou a impresión de que o goberno local ten que “arrastrar” tanto a institución provincial como a Xunta para que se sumen. Todo iso, lembrou, despois de que a candidatura de Vigo fora inicialmente excluída “con malas artes” por parte da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

O alcalde lembrou que a reforma de Tribuna para ampliar a capacidade do estadio custará 86 millóns de euros, o que implica que cada administración (Concello, Deputación e Xunta) poñería “un pouquiño máis de 7 millóns ao ano” durante catro anos.

APOIOS

“A Xunta e a Deputación non semellan ter moito entusiasmo en pagar. Iso é o que constato a día de hoxe. Porque a Xunta di que ten que pagar o Goberno de España, pero o Goberno de España non está pagando ningún campo de ningunha das sedes e a Deputación di que o proxecto técnico…”, apostilou Caballero.

O rexedor insistiu en que ambas as administracións, galega e provincial, “teñen que asinar” esa achega económica para o campo, que é o que “importa” (prevénse outras actuacións, como campos de adestramento, que elevan o investimento total a 107 millóns), aínda que matizou que, de momento, non ten comunicación da RFEF sobre a visita de representantes da FIFA.

Finalmente, asegurou que a candidatura está “tecnicamente en tempo e forma”, aínda que aclarou que se vai “xusta” é porque a RFEF de Louzán “enganou” Vigo e atrasou todo “dous anos”. “E agora, a Xunta e a Deputación, se non asinan, pois haberá consecuencias, claro”, advertiu.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed