InicioSociedadeA catedrática Carmen García Mateo competirá con Belén Rubio nas eleccións da...

A catedrática Carmen García Mateo competirá con Belén Rubio nas eleccións da UVigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A catedrática Carmen García Mateo presentará este mércores ante os medios de comunicación a súa candidatura ao Reitorado da Universidade de Vigo (UVigo), tras coñecerse hai semanas que a actual vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, tamén se presentará ás eleccións do centro académico para suceder ao ata agora reitor, Manuel Reigosa.

García Mateo é catedrática do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da UVigo tras obter o seu título de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Madrid, onde se doctoró en 1993. Desde 1987 é profesora da UVigo.

As súas áreas de investigación son a tecnoloxía da fala en galego e español, a segmentación de audio e o recoñecemento biométrico de persoas. É coautora de máis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais e dirixiu 10 teses doutorais. Ela liderará a candidatura de Nós Universidade nas eleccións de maio de 2026, ás que tamén se presentará Belén Rubio pola plataforma H2040, á que pertence Manuel Reigosa.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...