Inicio Blog Páxina 609

Morre ao caer dentro dunha formigoneira en Salvaterra

0

Un traballador faleceu na mañá deste martes no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño, tras caer no interior dunha formigoneira que estaba a limpar.

Segundo a información do 112 Galicia, foi necesario mobilizar os Bombeiros de Baixo Miño para liberar ao operario, que quedara atrapado no interior da cuba. Así mesmo, tamén se desprazou un equipo sanitario do 061, que só puido certificar a morte do home.

Abel Caballero volve plantar o debate da CRTVG entre candidatos á Alcaldía

O alcalde de Vigo e candidato socialista á reelección, Abel Caballero, non acudiu este luns ao debate entre candidatos organizado pola CRTVG. O da cidade olívica daba inicio este luns á rolda de debates que a CRTVG organiza con motivo das eleccións municipais do próximo 28 de maio e que se retransmitiu de forma simultánea na Radio Galega e na Televisión de Galicia.

Á cita si acudiron a candidata do Partido Popular, Marta Fernández Tapias; o aspirante da Marea de Vigo, Rubén Pérez; e o candidato do Bloque, Xavier Pérez Igrexas. Preguntados respecto diso, fontes da contorna do alcalde de Vigo, limitáronse a sinalar que Abel Caballero xa non acudiu en anteriores campañas electorais ao debate organizado pola CRTVG.

A Garda Civil localiza, semi inconsciente, a un veciño de A Cañiza desaparecido dende esta mañá

0

A Garda Civil localizou con éxito a un veciño de 37 anos dado por desaparecido esta mesma mañá.

Asi o cuarte da benemérita en A Cañiza recibiu aviso dunha persoa desaparecida polo que iniciaron un dispositivo de procura dirixida polo capitán da Garda Civil de Tui en colaboración con varias patrullas e o servizo aéreo da Garda Civil desprazado dende A Coruña. Foi este mesmo servizo o que localizaba cara as 14:50h o coche da persoa desaparecida, nun monte próximo, e a cen metros, nun lugar de dificil acceso, o corpo da persoa desaparecida. O home atopábase nun estado de semi inconsciencia polo que logo de subilo ao mesmo helicóptero, foi trasladado a un lugar próximo onde agardaba unha ambulancia do 061 para levalo ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Detido un veciño de Vigo por distribuír heroína dende o seu domicilio

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade como autor dun delito contra a saúde pública por vender droga dende o seu domicilio. A investigación iniciouse tras ter coñecemento da existencia dun punto negro de venda de estupefacientes na zona de Travesía de Vigo, polo que se despregou un dispositivo de vixilancia.

Así, a Policía puido comprobar que un home adicabase á venta de drogas a consumidores e intermediarios dende o seu domicilio, nas proximidades e na vía pública. Como resultado das pescudas, procedeuse á detención do sospeitoso, ao que se lle interviñeron varias doses de heroína.

Esta actuación enmárcase na chamada ‘Operación Choke‘, na que participan Policía Nacional e Policía Local de Vigo, cuxo obxectivo é a desarticulación de puntos negros de venda de drogas en diferentes lugares da cidade.

A UVigo homenaxea a Francisco Fernández del Riego, o seu primeiro doutor honoris causa

O edificio Miralles do campus universitario de Vigo acolleu este luns un acto de homenaxe ao escritor e intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego, a quen este ano se recoñece con motivo do Día das Letras Galegas.

No devandito acto participaron, entre outras autoridades, o reitor Manuel Reigosa; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a profesora emérita María Vitoria Carballo-Calero (que foi madriña de ‘don Paco’ o día da súa investidura como honoris causa), ou familiares do escritor.

A propia María Vitoria Carballo-Calero foi a encargada de rememorar o día 15 de maio de 1992, cando Francisco Fernández del Riego recibía esa distinción nunha case recentemente nada UVigo, “cheo de emoción” e “cunha inmensa satisfacción porque Vigo era a cidade que máis amaba”.

A profesora emérita lembrou o seu compromiso coa cultura de Galicia, a súa loita por impulsar unha universidade “autenticamente galega” e por divulgar a identidade e lingua diferenciais dos galegos.

GALICIA COMO “BANDEIRA”

Ademais das palabras da súa ‘madriña’, no acto deste luns puideron escoitarse fragmentos do discurso de investidura de Francisco Fernández del Riego, e o reitor, Manuel Reigosa, aproveitou para eloxiar a súa figura e para facer fincapé na importancia de que a UVigo enarbore a “bandeira” para facer ver que “é posible ser galego e estar no mundo”, e utiliza a lingua galega a diario.

Reigosa puxo en valor que a institución académica viguesa ten tres “apostas fundamentais” no seu eixo estratéxico: a igualdade, a internacionalización e a lingua e cultura galegas. Así, a UVigo conta con tres titulacións nas que o 80 % da docencia é en galego, e espera que isto teña un “efecto multiplicador”.

A UVigo entregou neste acto os seus premios de Poesía, Relato Curto e Tradución, que recaeron en Natalia Otero, polo poemario ‘Meniña’; Olivia Lens, por ‘Cando soan as trompetas’, e Virxilio Rodríguez, polo poemario ‘Agora que comezamos a despedirnos’. Tamén foron premiados Fabio Rivas, por ‘Marcos e a Conquista’; Allison Eudosia Igrexas por ‘A posuída’; e Xulia Sánchez, pola tradución dun texto escrito en inglés por Hideaki Sena.

O Festival de Cans dá comezo cun concurso de videoclips e un concerto de Zeltia Irevire

A ‘Noite Lasal’ dos videoclips e a actuación da cantante Zeltia Irevire protagonizan o arranque da XX edición do Festival de Cans este martes. Ademais, esta primeira xornada, que se abre ás 10,00 horas coa inauguración da Rúa Efémera do festival, estará centrada na homenaxe ao dramaturgo e cineasta do Grupo Lupa Roberto Vidal Bolaño.

Así, a praza ante a casa parroquial de Cans pasará a denominarse por uns días ‘Praza de Roberto Vidal Bolaño’, xunto a outros nomes de rúas como Chano Piñeiro, Pilar Pereira e María Casares. A homenaxe completarase cun coloquio ás 12,00 horas no Baixo de Carlos, coa presenza de Laura Ponche, Roi Vidal, Antonio Mourelos e Isabel Branco.

Pola tarde comezarán as proxeccións ás 16,30 horas, co documental ‘Querela é creala’, dirixido pola chilena Cecilia Barriga e que será presentado pola produtora do filme, a porriñesa Sandra Fernández Carreira. No centro cultural municipal terá lugar tamén ás 18,30 horas o encontro de realizadores de videoclips e ás 20,30 horas un coloquio co xornalista musical Xavier Valiño, con imaxes ao redor dos mellores documentais da historia do rock.

Pola noite, a partir das 22,00 horas, terá lugar a ‘Noite Lasal’ na Praza do Concello, coa proxección dos 19 videoclips musicais que compiten por ser recoñecidos como mellor peza galega do ano. Entre elas estarán obras de Xaime Miranda, Toño Chouza, Alba Domínguez, Adrían Canoura e Aldara Pagán, e grupos emerxentes como De Ninghures, Mondra e Mel, xunto con outros veteranos como Ruxe-Ruxe e Xabier Díaz. Esta primeira noite culminará cun concerto de Zeltia Irevire, previsto para as 23,30 horas.

VOX alude ao “crecemento” dos índices de delincuencia para pedir o voto en Vigo

O partido político Vox criticou este luns os “problemas perentorios” de Vigo, polo que pediu o voto nas próximas eleccións municipais para o seu candidato, Álvaro Díaz-Mella, ante uns índices de delincuencia e ocupación que “van in crescendo”.

Así o sinalou o vicepresidente da Xunta de Castela e León, Juan García-Gallardo, que visitou a cidade olívica para apoiar aos candidatos ás municipais de toda Galicia ante as “grandes expectativas” de Vox de entrar nas institucións da Comunidade.

Gallardo sinalou “problemas” que, ao seu xuízo, ten Vigo, como os índices de delincuencia e ocupación ou o IBI “máis alto” de toda Galicia. Tamén marcou como obxectivo reducir as zonas de baixas emisións expostas polo Concello, ademais dos “gastos superfluos”. Tras García-Gallardo, o candidato vigués pediu o voto en apoio a políticas sociais que melloren a calidade de vida dos cidadáns.

Localizado o corpo sen vida dun home nunha praia de Vigo

O corpo sen vida dun home foi localizado na mañá deste luns na praia de Ríos de Fóra, situada nas inmediacións da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA), en Vigo. Segundo fontes do 112 Galicia, un particular alertou a urxencias sanitarias sobre as 07:15 horas, polo que se puxo en marcha un operativo para o levantamento do mesmo.

Fontes da Policía Nacional confirmaron a Europa Press que se trata do cadáver dun home e que xa se procedeu ao seu trasladado ao hospital Nicolás Pena para realizarlle a pertinente autopsia co obxectivo de esclarecer as causas da súa morte.

AECT Rio Minho rexeita o control de fronteiras entre Galicia e Portugal polas Xornadas Mundiais da Mocidade

0

O director da Axencia Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Rio Minho, Uxío Benítez, trasladou este luns o seu rexeitamento público á decisión de repor os controis nas fronteiras entre Galicia e Portugal con motivo da celebración das Xornadas Mundiais da Mocidade, do 1 ao 6 de agosto en Lisboa, e que inclúen a visita do Papa Francisco.

Benítez pediu aos Gobernos de España e Portugal que aclaren en que consistirán as medidas que se van a adoptar “para evitar a alarma social” que xa se viviu durante os peches de fronteiras na pandemia ou en 2017, coa visita do Papa a Fátima.

Segundo sinalou, o peche de 2020 de practicamente todos os pasos fronteirizos no sur de Galicia, obrigou a traballadores transfronteirizos a facer rodeos de quilómetros para acudir aos seus postos, ademais doutros problemas sociais para veciños que utilizan servizos e equipamentos a ambos os dous lados da fronteira.

Uxío Benítez sinalou que, aínda que é comprensible a necesidade de seguridade, hai que establecer “un sistema sen barreiras” que impacte “o mínimo posible” na vida diaria dos veciños deste territorio.

Inmobilizado en Vigo un camión portugués de transporte de mercadorías perigosas ao dar positivo en drogas o condutor

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron dilixencias de sanción e inmobilizaron un camión de transporte de mercadorías perigosas de Portugal, tras dar positivo en drogas o seu condutor.

Os feitos ocorreron na mañá do pasado venres, cando unha dotación do 092 que facía labores de vixilancia deu o alto a un trailer de matrícula portuguesa na rúa Viña Grande. Os axentes abriron dilixencias porque o condutor infrinxiu a normativa relativa ao transporte internacional de mercadorías perigosas. Así mesmo, o home, N.G.S.F.G., de 34 anos de idade, foi sometido a un test de drogas, e deu positivo para THC

Por iso, o camión foi inmobilizado, á espera do pago das sancións impostas e de que un condutor alternativo fixésese cargo do vehículo (camión tractor e semirremolque).

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed