InicioPolíticaAbel Caballero volve plantar o debate da CRTVG entre candidatos á Alcaldía

Abel Caballero volve plantar o debate da CRTVG entre candidatos á Alcaldía

Á cita si acudiron a candidata do Partido Popular, Marta Fernández Tapias; o aspirante da Marea de Vigo, Rubén Pérez; e o candidato do Bloque, Xavier Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e candidato socialista á reelección, Abel Caballero, non acudiu este luns ao debate entre candidatos organizado pola CRTVG. O da cidade olívica daba inicio este luns á rolda de debates que a CRTVG organiza con motivo das eleccións municipais do próximo 28 de maio e que se retransmitiu de forma simultánea na Radio Galega e na Televisión de Galicia.

Á cita si acudiron a candidata do Partido Popular, Marta Fernández Tapias; o aspirante da Marea de Vigo, Rubén Pérez; e o candidato do Bloque, Xavier Pérez Igrexas. Preguntados respecto diso, fontes da contorna do alcalde de Vigo, limitáronse a sinalar que Abel Caballero xa non acudiu en anteriores campañas electorais ao debate organizado pola CRTVG.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...