Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco da folga do sector da perfumaría, que se celebra en pleno Black Friday. A protesta, que busca conseguir “un convenio digno”, desenvolverase a partir das 10.00 horas na escalinata do Museo Marco, en Príncipe, co obxectivo de conseguir melloras salariais, unha menor xornada e mellores condicións de traballo.
Todo iso no marco da folga do sector da perfumaría e a cosmética, que se desenvolverá este venres a nivel estatal para esixir á patronal máis garantías salariais e conciliación. Ademais, os sindicatos subliñaron que se os empresarios non incorporan no convenio estas “xustas reivindicacións” dos empregados, o sector volverá parar os días 23 de decembro e 4 de xaneiro, en plena campaña do Nadal.
