InicioCulturaO Festival de Cans dá comezo cun concurso de videoclips e un...

O Festival de Cans dá comezo cun concurso de videoclips e un concerto de Zeltia Irevire

Tamén haberá unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ‘Noite Lasal’ dos videoclips e a actuación da cantante Zeltia Irevire protagonizan o arranque da XX edición do Festival de Cans este martes. Ademais, esta primeira xornada, que se abre ás 10,00 horas coa inauguración da Rúa Efémera do festival, estará centrada na homenaxe ao dramaturgo e cineasta do Grupo Lupa Roberto Vidal Bolaño.

Así, a praza ante a casa parroquial de Cans pasará a denominarse por uns días ‘Praza de Roberto Vidal Bolaño’, xunto a outros nomes de rúas como Chano Piñeiro, Pilar Pereira e María Casares. A homenaxe completarase cun coloquio ás 12,00 horas no Baixo de Carlos, coa presenza de Laura Ponche, Roi Vidal, Antonio Mourelos e Isabel Branco.

Pola tarde comezarán as proxeccións ás 16,30 horas, co documental ‘Querela é creala’, dirixido pola chilena Cecilia Barriga e que será presentado pola produtora do filme, a porriñesa Sandra Fernández Carreira. No centro cultural municipal terá lugar tamén ás 18,30 horas o encontro de realizadores de videoclips e ás 20,30 horas un coloquio co xornalista musical Xavier Valiño, con imaxes ao redor dos mellores documentais da historia do rock.

Pola noite, a partir das 22,00 horas, terá lugar a ‘Noite Lasal’ na Praza do Concello, coa proxección dos 19 videoclips musicais que compiten por ser recoñecidos como mellor peza galega do ano. Entre elas estarán obras de Xaime Miranda, Toño Chouza, Alba Domínguez, Adrían Canoura e Aldara Pagán, e grupos emerxentes como De Ninghures, Mondra e Mel, xunto con outros veteranos como Ruxe-Ruxe e Xabier Díaz. Esta primeira noite culminará cun concerto de Zeltia Irevire, previsto para as 23,30 horas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...