Inicio Blog Páxina 423

Vigo plántalle cara aos invasores franceses: “A nosa unión é dúas palabras: Viva Vigo!”

A cidade de Vigo reviviu este sábado unha parte moi importante da súa historia, en especial para os veciños do Berbés. Nunha soleada fin de semana os reloxos da urbe olívica deron marcha atrás e volveron 215 anos atrás, ata o ano de 1809, durante a Guerra de Independencia española, cando os franceses tomaron a cidade e, pensando que sucumbiría, atopáronse coa oposición férrea dos vigueses, un pobo que rematou por expulsalos, converténdose así no primeiro de Europa en facelo. Con todo, e aínda que naquel momento non estiveron tanto tempo, neste 2024 os franceses chegaron a Vigo para quedarse dúas semanas, tendo en conta que a representación da súa chegada xa tivo lugar o sábado, pero que a da súa expulsión non se fará ata o vindeiro venres día 5 de abril, para deixar pasar os actos da Semana Santa.

A representación da chegada das tropas do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte foi realizada un ano máis por actores profesionais e veciños do Berbés, que o fixeron impecablemente. Ante un público entregado á peza teatral, os berros de ‘fóra gabachos’ foron repetidos polos centos de persoas que enchían a praza. Naquel ano de 1809 os vigueses estaban encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González ‘Cachamuíña’. Tras lograr a expulsión dos franceses, o rei Fernando VII outorgoulles en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”. Un Fernando VII ao que os veciños que interpretaban á xente do pobo vitorearon en varias ocasións, rendíndolle lealdade ante os seus gobernadores e pedíndolles que lle fosen fieis e non cedesen ante as presións do exército napoleónico.

Hai que lembrar que os franceses chegaron a Galicia exactamente o 3 de xaneiro de 1809, e non se atoparon apenas con resistencia. O exército inglés dirixido por John Moore embarcábase para Inglaterra, mentres que o exército do Marqués de la Romana agochábase en Ourense. Así, os francesos lograran entrar na Coruña o 18 de xaneiro, en Santiago o día 21, en Pontevedra o 21, en Ferrol o 26 e en Vigo o 31. Tras o ascenso do militar Pablo Morillo a coronel, que soubera gañarse a confianza do exército británico para axudarlle no bloqueo da ría de Vigo, o 28 de marzo os homes de Morillo atacaron as portas de Vigo e, en dúas horas, logaron que os franceses entregasen a cidade. Tras a capitulación, Chalot (o coronel francés), 45 dos seus oficiais e máis de 1.200 soldados quedaron prisioneiros, así como os pertrechos e a tesouraría gala, que ascendía a uns 150.000 francos de ouro. 

Polo momento, a actual cidade de Vigo terá que agardar ata o 5 de abril para que Chalot e os seus homes sexan expulsados, pois a representación deste sábado rematou co alto mando francés brindando cun champán polo sinxelo que lle resultou conquistar Vigo. Con sorna, desprezo e prepotencia, gañouse os berros de ‘fóra, fóra’ do público. Un dos momentos máis destacados da representación foi, precisamente, a chegada dos franceses, a golpe de tambores e de ‘disparos’ de fusil. Os uniformes dos franceses, unha vez máis, estaban tan logrados como o seu desfile de tropas e, realmente, entre os nenos do público houbo máis de un que se asustou pensando que realmente viñan atacar. Para narrar a historia, Tino Baz, que exerceu como o cego que canta o acontecido, estivo espectacular.

E, como xa é costume, o rexedor vigués, Abel Caballero, estivo presente para inaugurar a festa da Reconquista vestido de época. “Estamos no ano do señor de 1809, estamos a revivir o que 215 anos atrás sucedeu aquí mesmo, neste lugar, no Berbés, en Vigo, en aquela cidade que quería ser amante da súa liberdade e que fixo algo que ninguén pensaba en Europa que podería suceder: a primeira derrota dos exércitos de Napoleón“, proclamou Caballero, que engadiu que “tivo que ser en Vigo, aquí, neste lugar, con todos e todas vós unidos durante todos estes días para facer a derrota do invasor francés”. Para o alcalde, “estamos no momento de seguir facendo o que en Vigo, esta grande cidade, sabemos facer: estar xuntos, velar pola nosa liberdade, e decirlle aos invasores que se van atopar con tanta e tanta noble xente desta cidade: pescadores, mariñeiros, campesiños, campesiñas…”. Así, o público comezou a vitorear despois de que Caballero proclamase: “Dende o Berbés, música e valor; dende o Berbés, agarimo e batalla; dende o Berbés, a Reconquista da cidade de Vigo! Por iso a nosa unión é dúas palabras: viva Vigo,viva Vigo e viva Vigo!”.

Unha moza detida en Vigo por agredir á súa parella e ameazalo cunha machada

Unha moza, T.A.S.C. de 29 anos de idade, foi detida en Vigo tras supostamente agredir á súa parella sentimental, de 49 anos de idade, e ameazalo de morte cunha machada e un arpón de pesca.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 03.20 horas da madrugada deste martes, cando os axentes foron alertados dunha forte discusión de parella na rúa Volta.

Unha vez no punto, os funcionarios escoitaron desde a rúa como o home pedía calma, podendo ver pola xanela que se estaba levando a cabo unha liorta entre ambos.

Así, accederon ao interior da vivenda a través da porta de entrada, que estaba aberta. Unha vez dentro, separaron á parella, contando o home que as feridas sanguentas que presentaba na fazula e na boca foran causadas pola agresión da muller, tras golpealo cunha mesa durante unha discusión, na cal ela o ameazou de morte cunha machada e un arpón de pesca submarina.

Os policías comprobaron que había diversos mobles, portas e cristais rotos e esparexidos polas distintas estancias da vivenda. O home, á súa vez, indicou que a muller rompera o cristal do portón traseiro do seu coche e estalara o parabrisas dianteiro cunha pedra.

Xa máis acougada, a muller manifestou que si agredira á súa parella e causado os danos mencionados, escusándose en que estaba “farta” de pedirlle a el que se coidase e este non lle facía caso.

Por todo iso, o home foi trasladado a un centro hospitalario para ser tratado polas feridas que presentaba, mentres que a muller foi detida como presunta autora dun delito de violencia no ámbito familiar.

O Álvaro Cunqueiro, nomeado Centro de Excelencia a nivel mundial no tratamento de enfermidades coronarias con DCB

O servizo de Cardioloxía do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi nomeado Centro de Excelencia a nivel mundial polo laboratorio B Braum, fabricante dun novo sistema menos invasivo para o tratamento de determinadas enfermidades coronarias.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, este recoñecemento só posúeno dous hospitais no mundo, o primeiro deles situado en Postdam (Alemaña, país de orixe do devandito laboratorio) e agora, o Cunqueiro de Vigo.

Precisamente, para entregar esta distinción, a semana pasada desprazáronse á cidade olívica representantes da firma alemá, encabezados polo seu conselleiro delegado en España, Christoph Mueller.

En concreto, esta designación por parte da firma alemá que desenvolve esta nova técnica non só debe ao uso con éxito deste sistema en intervencións levadas a cabo no Álvaro Cunqueiro, senón pola investigación e experiencia do servizo de Cardioloxía.

Aprobada unha moción do BNG para iniciar trámites e declarar Vigo como zona tensionada de vivenda

O pleno de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG para iniciar os trámites necesarios para declarar a cidade como zona tensionada de vivenda. A iniciativa nacionalista pretendía, entre outras accións, solicitar medidas para frear o aumento dos alugueres na urbe, limitar a proliferación dos pisos turísticos e buscar compromisos concretos do goberno local, galego e nacional para o “grave” problema actual co acceso á vivenda.

O encargado de defender esta moción foi o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, quen acusou ás tres administracións de “inacción” ante un dos “principais” problemas sociais en Vigo, que é o acceso á vivenda. Por iso, pediu á Xunta que exerza as súas competencias nesta materia na cidade e solicitou ao goberno local que poña en marcha os recursos dispoñibles para que os vigueses poidan gozar de pisos máis baratos.

No caso do Executivo nacional, insistiu na necesidade de destinar a usos sociais os centos de inmobles dos que dispón a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), participada maioritariamente polo Estado.

Finalmente, a iniciativa saíu adiante cos votos a favor do BNG e a abstención dos socialistas e os ‘populares’.

Detido en Vigo un home que portaba máis de 150 gramos de cocaína mentres circulaba en moto facendo uso do móbil

A Policía Local de Vigo detivo na mañá do pasado xoves a un home, A.F.R. de 50 anos de idade, tras ser interceptado con máis de 150 gramos de cocaína mentres circulaba en motocicleta facendo uso do teléfono móbil. Tal como informou devandito corpo de seguridade, os feitos ocorreron sobre as 10.30 horas na avenida de Balaídos, onde os axentes observaron a un motorista portando o móbil na man.

Por iso, procederon a darlle o alto, decatándose de que presentaba signos de estar baixo a influencia do consumo dalgunha sustancia, realizándolle a proba e dando positivo en cocaína.

Ao levar a cabo un cacheo superficial, localizouse entre as súas pertenzas unha bolsa plástica con 150 gramos de cocaína (a falta de confirmación oficial), ademais dunha cantidade significativa de diñeiro en efectivo. Por iso, foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Detido en Vigo un mozo tras lanzar un chisqueiro a un policía e tentar empuxalo

A Policía Local de Vigo detivo a semana pasada a un mozo, J.A.H.G. de 33 anos de idade, tras lanzar un chisqueiro a un axente e tentar agredilo empuxándoo. Tal como informou devandito corpo de seguridade, os feitos ocorreron na madrugada do luns, cando unha persoa alertou á policía de que un home ebrio estaba a pedir diñeiro de forma agresiva aos clientes dun bar.

Unha vez no local, o requirinte indicou que, despois de pedirlle varias veces que abandonase o local, o home marchara, polo que os funcionarios localizárono nas inmediacións da zona, solicitando que se identificase. O home mostrou unha actitude de enfrontamento cos actuantes, chegando a lanzarlle un chisqueiro a un deles e tratando de empuxalos, polo que foi detido como presunto autor dun delito de atentado a axentes da autoridade.

A empresaria Patricia García toma posesión como concelleira do PP de Vigo para “traballar polos cidadáns”

A empresaria viguesa Patricia García González tomou posesión este luns como concelleira do grupo municipal do Partido Popular de Vigo, mostrando o seu orgullo “de poder traballar polos cidadáns”. Foi ao comezo do pleno ordinario da corporación municipal deste luns cando García xurou o cargo, con “orgullo” por poder desenvolver o seu traballo en favor dos cidadáns.

A sesión contou coa presenza, entre o público, da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e da parlamentaria autonómica Marta Mariño.

A tamén deputada galega electa Patricia García tomou posesión como concelleira tras a saída de Marta Fernández-Tapias que, tras as eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro, anunciou que deixaba a política.

Por que o bloqueo de Telegram é unha medida inútil, desproporcionada e perigosa?

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenou suspender de forma cautelar a aplicación de mensaxería instantánea Telegram en España por mor dunha denuncia presentada por Mediaset, Atresmedia e Movistar Plus por un presunto uso non autorizado de contido audiovisual sometido a dereitos de autor.

Segundo informou Cuatro e confirmaron fontes xurídicas a Europa Press, o titular do Xulgado Central de Instrución Número 5 adoptou esta decisión no marco dunha petición de medida cautelar que reclamaron as compañías audiovisuaispara que se paralizase a actividade da aplicación de mensaxería mentres leva a cabo a investigación.

O maxistrado instrutor optou por ordenar o bloqueo tendo en conta que requiriu información á aplicación e non recibiu resposta algunha, segundo apuntaron as mesmas fontes consultadas.

De momento, Telegram permanece operativa, aínda que está previsto que nunhas horas prodúzase o bloqueo ordenado pola Audiencia Nacional.

Por que é unha medida desproprocionada?

O auto baséase no artigo 13 da Lei de axuizamento penal, que garante que as medidas cautelares, en caso de delitos cometidos en internet, contemplen “a retirada provisional de contidos ilícitos”, “a interrupción provisional dos servizos que ofrecen ditos contidos”. ” ou “o bloqueo provisional duns e outros cando viven no estranxeiro” .

Pero este artigo choca frontalmente contra varias sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) por exemplo a máis sinalada foi o caso de Vladimir Kharitonov contra Rusia na que o tribunal dictaminaba que: “Cando circunstancias excepcionais xustifiquen o bloqueo de contido ilegal, un organismo estatal que emita a orde de bloqueo deberá asegurarse de que a medida se dirixa estritamente ao contido ilegal e non teña efectos arbitrarios ou excesivos independentemente da forma en que se implemente”.

Telegram é un sistema que non só alberga contido pirata, que o hai, se non que tamén existe contido de organizacións terroristas, de organizacións neonazis, violencia sexual, desinformación e bulos, conspiracionismo, … contra o que de momento a Audiencia Nacional (competente nalgúns casos) non adoptou unha medida cautelar similar.

Por que é unha medida inútil?

Básicamente porque é como porlle cancelas ao campo, dado que existen vías alternativas legais para acceder ao servizo de Telegram sen condicionar nin sequera o resto de conexións do dispositivo. Ao contratirio que Whatsapp, Telegram permite a configuración de Proxys propios para as conexións de Telegram, sen afectar ao resto de conexións do dispositivos.

E son precisamente os usuarios que consumen IPTv os que mellor se manexan nestas lides, por iso que a medida só vai a impactar directamente nos usuarios que fan un uso “lícito” da rede.

Por qué é perigoso?

O bloque adoptado pola Audicencia Nacional vai propiciar que os usuarios fagan uso de VPN (redes privadas virtuais) e Proxys (portas de enlace remotas) gratuítas. E aí é onde reside o perigo dado que moita xente usará estes servizos a golpe de clic sen investigar (por omisión ou descoñecemento) quen e como se xestionan. O que pode abrir unha vía de seguridade enorme nos dispositivos que poden filtrar todas as nosas conexións e comunicacións, con todo o risco que isto implica. Polo que unha medida para protexer a uns poucos (Mediaset, Atresmedia y Movistar Plus) poder por en risco a seguridade de moitos cunha medida claramente inutil, arriscada e con tintes de ser declarada ilegal polo TDHU por non actuar sobre autores do delito.

Santiago Pedraz coloca a España na primeira democracia que prohibe o uso de Telegram á par de Corea del Norte, China, Irán e Pakistán

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenou suspender de forma cautelar a aplicación de mensaxería instantánea Telegram en España por mor dunha denuncia presentada por Mediaset, Atresmedia e Movistar Plus por un presunto uso non autorizado de contido audiovisual sometido a dereitos de autor.

Segundo informou Cuatro e confirmaron fontes xurídicas a Europa Press, o titular do Xulgado Central de Instrución Número 5 adoptou esta decisión no marco dunha petición de medida cautelar que reclamaron as compañías audiovisuais para que se paralizase a actividade da aplicación de mensaxería mentres leva a cabo a investigación.

O maxistrado instrutor optou por ordenar o bloqueo tendo en conta que requiriu información á aplicación e non recibiu resposta algunha, segundo apuntaron as mesmas fontes consultadas.

De momento, Telegram permanece operativa, aínda que está previsto que nunhas horas prodúzase o bloqueo ordenado pola Audiencia Nacional.

FACUA considera absolutamente desproporcionada a medida

FACUA-Consumidores en Acción advirte de “dos enormes prexuízos” que causará a decisión xudicial de bloquear temporalmente a aplicación de mensaxería Telegram para “os millóns de usuarios e para as empresas, organizacións e institucións publicas e privadas que difunden contidos de forma lícita a través dás súas canles nesta plataforma”.

Esta advertencia chega despois de que este venres ou xuíz dá Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenase suspender de forma cautelar Telegram por mor dunha denuncia presentada por Mediaset, Atresmedia e Movistar Plus por presunto uso non autorizado de contido audiovisual sometido a dereitos de autor.

Por iso, FACUA-Consumidores en Acción considera “absolutamente desproporcionada” a decisión do xuíz dá Audiencia Nacional de ordenar ou bloqueo cautelar de Telegram en España.

“É coma se pechasen internet porque existen webs que aloxan ilegamente contidos protexidos por dereitos de autor, coma cortásense todo ou sinal de televisión porque existen cadeas piratas”, criticou nun comunicado ou secretario xeral de FACUA, Rubén Sánchez.

Segundo lembra FACUA, ou titular do Xulgado Central de Instrución número 5 adoptou esta decisión despois de que os responsables de Telegram non contestasen aos seus requirimentos.

Ademais, remarca que ou bloqueo é previsible en “as próximas horas ou días” xa que “as compañías de telecomunicacións están obrigadas a asumir a orde do maxistrado”.

España, o sexto país do mundo en bloquear Telegram.

A medida de bloquear o acceso á aplicación de Telegram, aparte de ser inutil dado que existen alternativas de conexión a través de VPN e proyxs ou a migración a sistemas como Signal, sitúa a España no sexto posto da lista de paises que prohiben o seu uso. E na primeira democracia mundial en adoptar a medida. Eses paises son China, Pakistán, Corea del Norte (non hai acceso a inernet), Irán, Cuba e Tailandia.

A vacina española para a tuberculose, con tutela da porriñesa Biofabri, inicia estudos clínicos en adultos na India

A vacina española da tuberculose, chamada MTBVAC, inicia estudos clínicos en adultos en India, o país máis poboado do mundo e o de maior incidencia desta enfermidade infecciosa. O estudo está liderado polo goberno indio a través de Indian Council of Medical Research (ICMR) e pola compañía privada Bharat Biotech baixo a tutela de biofarmacéutica galega Biofabri.

En concreto, trátase da primeira vacina viva atenuada de Mycobacterium tuberculose illada dun humano, segundo informa o Grupo Zendal nun comunicado. Este ensaio continuado está dirixido a avaliar seguridade, reactoxenicidade e eficacia da vacina en adultos sans a partir de 18 anos. Este domingo, 24 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Tuberculose, que causa anualmente máis de 1,6 millóns de mortes.

A porriñesa Biofabri lembra que a única vacina hoxe en uso, BCG (Bacilo de Calmette e Guérin), consiste nunha variante atenuada do patóxeno da tuberculose en vacas. “Ten máis de cen anos e un efecto moi limitado en tuberculose pulmonar, responsable da transmisión da enfermidade, de aí a necesidade de avanzar nesta nova vacina que suporá un fito na vacunoloxía mundial e que é un exemplo de colaboración público-privada, nacional e internacional”, indica.

“UN PASO DE XIGANTE”

“É un paso de xigante probar en adultos e adolescentes no país no que se acumula o 28% dos casos de tuberculoses a nivel mundial”, asegura o CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez. Asegura que se necesita un maior esforzo e financiamento para combater a tuberculose, que segue sendo unha das principais causas de morte infecciosa no mundo.

Pola súa banda, o profesor Carlos Martín, investigador principal do proxecto Vacina Tuberculose, da Universidade de Zaragoza, subliñou: “A cooperación internación é esencial para lograr unha vacina eficaz contra as formas respiratorias da enfermidade, responsable da transmisión respiratoria e se MTBVAC mostra a súa eficacia en países endémicos, pode ser unha ferramenta crave para o control da tuberculose a nivel mundial”.

ENSAIOS

Ata chegar aos estudos clínicos en India, a vacina pasou pola chamada fase 3, en neonatos, que está a ser avaliada nun ensaio clínico dobre cego, controlado e comparado coa actual vacina BCG. Nesta fase, serán vacinados 7.000 recén nacidos de Sudáfrica, 60 de Madagascar e 60 de Senegal. Actualmente, xa se vacinaron máis de 1.900 bebés.

O obxectivo é avaliar a inmunoxenicidade e a eficacia de MTBVAC administrada por vía intradérmica a nenos nos seus primeiros días de vida.

Outro fito importante nesta vacina é o desenvolvemento da fase 2 de ensaios clínicos en adultos con VIH, un estudo crave para determinar se MTBVAC é segura nesta poboación e podería ser útil neste colectivo, dado que a tuberculose é unha das primeiras causas de morte. Está en marcha en 16 centros de Sudáfrica, que contempla a vacinación de 276 adultos

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed