Inicio Blog Páxina 2166

Detida unha veciña de Vigo por tentar acoitelar ao seu pai tras lanzarlle unha cafeteira

0

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia no ámbito familiar a unha moza de 30 anos de idade que tentou acoitelar ao seu pai á vez que lle ameazaba de morte. Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron pasadas as 16:00 horas deste martes na rúa Cangas, onde unha muller informou as unidades policiais desprazadas de que o seu marido estaba a inmobilizar á filla de ambos os porque se atopaba fóra de si e tenatara agredilo.

Ao acceder á vivenda, os efectivos observaron a un home suxeitando a unha moza que se atopaba braceando moi alterada. Unha vez que foi controlada, o home, de 60 anos, indicou aos axentes que a súa filla ten un trastorno de personalidade polo que recibe tratamento, aínda que descoñecía se na actualidade segue con medicación.

O home engadiu que a moza mantén unha conduta agresiva cara aos seus pais e que lle teñen que esconder os coitelos, xa que en ocasións tentou acoitelarlles. De feito, segundo explicou, esa mesma tarde tras iniciarse unha discusión por unha cuestión menor, a moza foi a por un coitelo e tentou agredir con el ao seu pai mentres lle ameazaba de morte. Despois de que a moza tentase tirarlle unha cafeteira á cabeza, o home logrou desarmala e inmobilizala, momento en que chegaron os efectivos policiais.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, que non observou motivos para ingreso forzoso da moza no módulo de psiquiatría, tras o que se procedeu á súa detención pola suposta comisión dun delito de violencia no ámbito familiar.

O grupo de Povisa duplicou beneficios en 2017 e o seu dono é 10 millóns máis rico en 2018

Povisa entrou este venres en preconcurso de acredores, facendo dubidar aos traballadores polo seu emprego e soldo. Alegan unha débeda de 42 millóns, e o esgotamento do fondo de reserva, “feito” do que culpan ao SERGAS e o seu contrato con el, que mellora cada ano mentres que o convenio dos traballadores permanece conxelado desde 2010.

En 2013 Povisa obtivo os maiores beneficios de toda a súa historia tralos recortes da crise, que non volveu “reaxustar” coa chegada dos bos tempos. Por estas tensións, chegarónse a producir folgas de fame en contra dos despidementos de 2015. Pero é que ademais os beneficios do grupo empresarial ao que pertence o hospital, Nosa Terra 21, non deixan de medrar.

De feito, en 2017 Nosa Terra 21 duplicou beneficios, pasando de 7,3 a 16,7 millóns. Este grupo está formado polas empresas Remolcanosa, que exerce o práctico monopolio no seu sector, Naviera Elcano, con filiais por boa parte do mundo, e Povisa. As cifras de negocio que move xa só a Naviera achéganse aos 600 millóns de euros.

Povisa/ Miguel Núñez

O propietario do holding, José Silveira Cañizares, puxo ao seu fillo, José Bernardo Silveira, a cargo da xestión de Povisa. A maior polémica, hasta agora, ocorreu cando este mesmo ano Silveira fillo tivo que pagar, por orde xudicial, unha multa de 60.000 euros tras diagnosticar VIH e Hepatitis B a un paciente que non padecía ningunha destas enfermidades.

O grupo Nosa Terra 21 non só recibe diñeiro público por Povisa. Tamén está privatizado parte do servicio de gardacostas, en mans de Remolcanosa, que recibe compensacións millonarias.

En canto á Naviera Elcano, no seu último informe anual, o de 2017, felicitaba aos traballadores e accionistas polos grandes resultados e o incremento dos ingresos, “garantidos para unha década”, segundo asegura a propia empresa. Conseguiran acumular uns activos de 734 millóns de euros, e ingresaron ese ano 594 millóns. A Naviera Elcano disparou un 46% os seus beneficios de 2016 a 2017.

O dono do grupo, José Silveira Cañizares, é un dos homes máis ricos de España. Era o 138º máis rico en 2017 cun patrimonio neto de 300 millóns de euros, e en 2018 caeu ao posto 152 aumentando ata 310 millóns o seu patrimonio. Pode que sea certo iso de que os ricos “son cada vez máis ricos”.

Galicia, preto dos 700 Bens de Interese Cultural

Galicia pechou o ano 2017 cun total de 694 Bens de Interese Cultural (BIC), aos que se lles poderían sumar seis máis antes de acabar o ano 2019, ao iniciarse xa a incoación dos expedientes do arquipélago de Sálvora, a Cova Eirós, o Pazo de San Isidro, a Ribeira Sacra, o campamento romano de Aquis Querquennis e a carpintaría de ribeira.

Por provincias, Pontevedra acumula o maior número de BIC, con máis de 330, principalmente polo seu “gran patrimonio arqueolóxico”, seguida da Coruña (145), Lugo (134) e Ourense (69). Ademais, hai catro bens en dúas provincias (a ponte de Pontevea, entre Pontevedra e A Coruña, e tres rutas BIC do Camiño de Santiago) e outros sen adscrición territorial.

Son recoñecidos como BIC os bens mobles, inmobles ou inmateriais do patrimonio histórico, artístico, paisaxístico, ambiental, arquitectónico e arqueolóxico de interese para a comunidade; sendo o BIC máis antigo de Galicia a Colexiata de Santa María a Real do Sar, en Santiago de Compostela, declarado como tal por Alfonso XIII o 14 de agosto de 1895.

Na actualidade, para que un ben sexa declarado de Interese Cultural, debe incoarse un procedemento polo que se acredite a súa relevancia e valor cultural destacado. O prazo máximo para resolver o devandito expediente é de 24 meses desde a súa incoación, e en caso de non haber resolución, declárase automaticamente como BIC.

Galicia pechou 2017 cun total de seis bens xa incoados para a súa declaración como BIC, e ademais está en marcha un sétimo expediente para ampliar a delimitación dos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal (Pontevedra), que xa foron declarados BIC en 1998 e agora preténdese a súa ampliación para recoller a totalidade de muíños deste ámbito e corrixir a súa posición.

POSIBLES NOVOS BIC

Entre os bens que antes de finalizar 2019 poderían ser catalogados como novos BIC atópase o arquipélago de Sálvora, na ría de Arousa e pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, que aspira a ser incluído na categoría de paisaxe cultural por ser un “exemplo singular e case único en Galicia da evolución dunha poboación”.

Tamén optan a Cova Eirós, en Triacastela, e o Pazo de San Isidro, en Mondoñedo, ambos os dous localizados en Lugo e para a categoría de monumento; ademais das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, como patrimonio inmaterial pola técnica desenvolvida en talleres, estaleiros e carpintarías de ribeira para crear embarcacións tradicionais galegas.

Finalmente, os últimos expedientes incoados, o 21 e 29 de decembro de 2017, son o campamento romano de Aquis Querquennis, no municipio ourensán de Bande, dentro da categoría de zona arqueolóxica; e a Ribeira Sacra, entre Ourense e Lugo, que aspira á categoría de paisaxe cultural e outros bens e manifestacións do patrimonio cultural material e inmaterial relacionados.

Ademais, hai outros bens que malia a que aínda non foron incoados, xa foron propostos para iniciar este trámite de cara á súa declaración como BIC, tal é o caso do Museo Carlos Maside, en Sada (A Coruña), que foi concibido para reivindicar o papel de autores galegos exiliados ou represaliados na Guerra Civil e que na actualidade corre o risco de degradarse por humidades.

GRAN VALOR TURÍSTICO

Que un ben sexa BIC supón maior protección pero tamén é “importantísimo” desde o punto de vista turístico, como destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que en declaracións a Europa Press remarcou que o propio sector ve o turismo cultural como o de “maior potencial de crecemento, só superado pola paisaxe e a gastronomía”.

Segundo destacou, os BIC son un activo interesante porque permiten diversificar a oferta turística, desestacionalizar a demanda (fóra dos meses de verán), dar a coñecer “mellor” o territorio galego e preservar o patrimonio; ademais de que favorece economicamente e permite fixar poboación e crear emprego nos destinos onde se atopan, moitos deles no rural.

Neste contexto, destacou o Camiño de Santiago, do que xa son BIC o Camiño Francés, o Camiño do Norte da Costa e o Camiño do Norte do Interior (tamén coñecido como Camiño Primitivo ou de Oviedo). Fontes da Consellería de Cultura explicaron a Europa Press que as rutas declaradas BIC son as que optaban a Patrimonio da Humanidade, que pon este requisito.

A maiores, Castro puxo en valor os conxuntos históricos de Santiago, Ribadavia, Pontevedra, Tui, Vila de Muros, e Ourense; os lugares de interese etnológico da aldea de Seceda e a de Froxán; obras como a de Castelao e tamén os xardíns da Vila de Padrón, do parque de Quiñones de León e Pazo de Valadares, e o Pazo de Santo Tomei de Freixeiro ou da Pastora.

A declaración como BIC “axuda a pór en valor a riqueza de Galicia”, e neste marco, ademais de apuntar que “hai máis bens que poderían estar declarados pero aínda non se iniciaron os expedientes”, comentou que a Xunta traballa en 2018 para promocionalos, cun paquete de turismo de compras por centros históricos e iniciativas polo Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

No referido a cantas persoas visitan os BIC, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural comunicou a Europa Press que “non é posible saber o número, xa que en moitos casos non hai un rexistro de entrada”. Ademais, lembrou que “gran parte dos BIC son de titularidade privada, e os seus propietarios non teñen a obrigación de facilitar eses datos”.

A pesar da carencia de datos oficiais, a Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia trasladou a Europa Press que o monumento galego máis visitado é, “con moita distancia”, a Catedral de Santiago; e outros que acumulan moitas visitas son a Torre de Hércules (A Coruña), o Parador de Baiona, Combarro (Poio), a muralla de Lugo e o Castro de Santa Trega (A Guarda).

RESTRICIÓNS E POLÉMICAS

Por lei, os titulares de bens de interese cultural (sexan de propiedade pública ou privada) deben permitir a súa visita pública gratuíta un mínimo de catro días ao mes durante polo menos catro horas ao día, aínda que dentro destes permisos, poden establecer “algún tipo de restricións”, como lembra o presidente da Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia, Diego Lamas.

Así, en declaracións a Europa Press, Lamas puxo como exemplo a Catedral de Santiago, na que hai zonas ás que se pode acceder pero con limitacións, e outras que directamente non se poden visitar. Ademais, nalgúns BIC pídese non interferir cos usuarios durante a visita, como é o caso de catedrais e igrexas, pazos e paradores.

No marco destas restricións cabe facer mención á polémica relacionada co Pazo de Meirás, en Sada, que foi declarado como BIC en 2011 pero que rexistrou “incumprimentos reiterados” na apertura para as visitas por parte dos propietarios, en concreto a familia Franco, que xestiona os accesos a través da Fundación Francisco Franco.

Pero non é o único caso destas características, tamén polo Castelo do Príncipe, en Cee (A Coruña), incluído como BIC no 1994, levantáronse voces, entre outros da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe, para reclamar que esta fortaleza levantada no século XVIII abra as súas portas ao público, pois “na realidade non se cumpre” este requisito.

Atopan na ría de Vigo un envase de plástico de salchichas con data de caducidade do 1983

Consumimos envases plásticos desde fai moitos anos. Grazas aos movementos contra o cambio climático sabemos que, a maioría deles, se non os reciclamos tardan 150 anos en desaparecer. Isto impresiona máis cando un o ve en primeira persoa. Foi o caso dos mariñeiros da Cofradía de Corme. 

A 5 millas das Illas de Ons e a 6 das Illas Cíes, cando estaban a recoller as redes de pesca atoparon un envase de ‘Salchichas Frankfurt’ nelas. A súa sorpresa chegou cando se fixaron na data de caducidade. Era de 1983. É dicir, polo menos 37 anos desde que foron consumidas e o envase seguía sumerxido nas costas galegas. 

A Xunta afea á rexedora de Tomiño o seu rexeitamento á lei do ciclo da auga

0

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, remitiu unha carta á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, na que lle traslada o “asombro e malestar” do seu departamento polas críticas vertidas contra o anteproxecto de lei para mellorar a getión do ciclo de auga, e lembrou que este municipio do Baixo Miño é un “dos máis beneficiados” polo apoio que presta Augas de Galicia aos concellos para o exercicio das súas competencias en materia de saneamento, abastecemento e depuración.

Con esta misiva, a Xunta sae ao paso das manifestacións realizadas pola alcaldesa o pasado luns, cando lamentou que o texto da norma deixou “perplexos” os rexedores, pola intención da administración autonómica de “aumentar as taxas”, e mesmo de “cobrar un canon por depurar a auga da choiva”. Na súa carta, a conselleira cualificou esas palabras de “inaceptables e inxustas” e lamentou a decisión de Sandra González de “romper a traxectoria de lealdade institucional” dos últimos anos entre ambas as administracións.

Ethel Vázquez lembrou que a Administración Hidráulica de Galicia “vén prestándolle un inxente apoio técnico e económico” a esta entidad local, para facilitar o exercicio das súas competencias en materia de augas, un apoio que “non ten paralelismo na Deputación de Pontevedra, administración que en primeira instancia debería exercer esa función”.

Augas de Galicia, lembrou, colabora coas traídas municipais do Baixo Miño, impulsa plans de abastecemento autónomo e presta apoio ás administracións locais nos seus plans de emerxencia ante a seca. Ademais, engadiu, hai 13 anos que a Xunta asumiu a explotación da depuradora de Tomiño, polo que o goberno local “goza do privilexio de verse liberado da enorme responsabilidade que supón a xestión da depuración”.

ALTERNATIVAS

Finalmente, a conselleira advertiu á alcaldesa de que, se quere que Augas de Galicia siga xestionando a depuradora, o Concello debe asumir o custo do deficiente funcionamento das redes municipais de saneamento; a alternativa sería solucionar de forma “urxente” as infiltracións de ‘augas brancas’.

“A última alternativa, e quizá a máis razoable á vista das súas manifestacións, é a que xa lle formulei o 14 de outubro de 2020 (…): que o Concello asuma as súas competencias de depuración conforme ao artigo 25.2c da lei de bases de réxime local, e pase a facerse cargo da xestión da depuradora e das responsabilidades que este labor leva aparelladas”, resolveu Ethel Vázquez na súa misiva.

Neste sentido, a conselleira confiou en que a carta remitida sexa “o punto de partida” para iniciar o expediente administrativo correspondente, e que o Concello asuma a explotación da planta. Así, Augas de Galicia anularía a aplicación do coeficiente de vertedura aos usuarios e o Concello podería adoptar “as decisións que considere oportunas” sobre os problemas da depuradora.

Feijóo sobre as luces de Vigo: “As cousas que duran semanas son moito máis baratas, pero inútiles”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou valorar “a competencia en espectáculo” que, ao seu modo de ver, manteñen cidades como a de Vigo (coas luces) ou o polémico belén de Ourense, e defendeu que a el o que lle interesa é o impulso de “cambios estruturais nas cidades” e “mellorar a vida da xente“.

“Non me interesa o que se apaga e se acende nun determinado momento do ano, senón o que permanece”, dixo o presidente galego, antes de precisar que “as cousas que duran semanas son moito máis baratas, pero inútiles“.

“E interésanos o útil, o que queda e o que produce rendibilidade a curto, medio e, sobre todo, longo prazo. Cada un ten a súa propia opinión sobre os espectáculos“, resolveu.

Así imaxinaron a partir de maquetas o seu patio de recreo ideal estes alumnos dun colexio de Mos

0

O Colexio Mestre Martínez Alonso de Mos está a levar a cabo unha interesante iniciativa que integra o desenrolo da creatividade dos nenos e a súa autonomía coa a mellora da convivencia escolar. Así, crearon diferentes maquetas nas que imaxinan o seu patio de recreo ideal, nun proxecto chamado “O patio que soñamos”.

Así, deseñaron unha proposta de modificación física dos espazos recreativos exteriores mediante a inclusión de novos elementos que mestres, alumnos/as e pais/nais de alumnos/as consideran que mellorarían a súa convivencia.

A alcaldesa de Mos visita a exposición de maquetas / Concello de Mos

Tamén realizaron enquisas nas que participou toda a comunidade escolar, extraendo das mesmas certas conclusións. A proposta valorada inclúe a colocación no patio exterior de Educación Infantil de cabanas de madeira na zona verde, unha cociña de xoguete ao aire libre, presas e balanzas, un tobogán e a creación dun recuncho da arte e doutro con tubos e area.

Por outra banda, no patio de Educación Primaria quérese colocar unha mesa de Pin-pon e crear un recuncho artístico creativo, outro de teatro, de música, de convivencia, de lectura ao aire libre e descanso, e multideporte; e instalar unha pista de xogos (na que se pintaría no chan a clásica raiola ou “mariquitilla”, etc.) e mellorar a horta xa existente.

Unha das maquetas / Concello de Mos

Todos os elementos que non quedarían fixos nos patios, que son a maioría, serían diariamente colocados e retirados directamente polos integrantes da comunidade escolar, organizando grupos para turnarse periódicamente nesta tarefa.

O Colexio Castro-Mos é un centro educativo “moi concienciado coa importancia da convivencia pacífica e no fomento da resolución de conflitos e mediación entre iguais. De feito teñen creado un grupo de alumnos-mediadores que realizan dita función cando surxen problemas entre escolares no patio, sempre baixo a supervisión de adultos docentes“, subliñan.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, cos nenos / Concello de Mos

O pasado martes 29 de maio pola mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, visitaron o olexio para contemplar in situ as maquetas, confeccionadas polo alumnado de Infantil e Primaria do Centro Educativo.

Para empezar, xa que queda pouco tempo para final de curso, os alumnos e alumnas marcáronse os obxectivos máis sinxelos de acadar, como o pintado dunha raiola ou xogo da mariquitiña no chan do patio, enviar unha carta ás familias para facer unha listaxe a modo de inventario das que poden e queren participar e colaborar no proxecto, reunir material (pintura, madeira, accesorios, mobiliario… etc.) para poder empezar a traballar canto antes unha vez se inicie o vindeiro curso, tramitar o procedemento de compra dos elementos exteriores de maior envergadura como poden ser columpios, tobogán, mesa de pinpón, etc.

O festival Vive Nigrán acollerá oito concertos e actividades entre este xoves e este sábado

0

A quinta edición do festival Vive Nigrán arrincará este xoves na localidade pontevedresa homónima, onde se desenvolverán oito concertos e actividades para todos os públicos ata este sábado.

En concreto, os grupos e artistas Sidecars, Xenebras, Natalia Lacunza, Locoplaya, Verto e Walls subiranse a un escenario no que tamén terá lugar este sábado a Sesión Vibra Mahou, que reunirá a Shinova e Mounqup en horario matinal, segundo explicaron os organizadores durante unha presentación realizada este martes en Nigrán.

Ademais, desenvolveranse actividades paralelas como rutas en kaiak, bautismo de surf e unha ruta guiada. Os abonos e as entradas para este sábado esgotáronse, pero hai pases dispoñibles para os concertos que terán lugar o xoves e venres e a Sesión Vibra Mahou matinal do sábado.

Durante o acto, o director do festival, Juan Rivas, destacou a “aposta comedida” por celebrar o evento “cun aforamento reducido, distancia de seguridade e nun formato de concerto con cadeiras”, o que ofrecerá “as máximas garantías” para que o público “poida gozar da música e dun lecer seguro”.

Así mesmo, o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, resaltou o esforzo do sector por organizar eventos seguros e lembrou que Vive Nigrán “está incluído na marca Fest Galicia”, o que “implica que mantén unha aposta pola sustentabilidade e a igualdade”. Precisamente, detallou que a Xunta destina 840.000 euros a festivais profesionais de música mediante esta marca para promover a comunidade como un destino musical de calidade e convocar subvencións.

A deputada provincial Ana Laura Iglesias reivindicou os festivais e encontros musicais como eventos seguros nos que se respectan as distancias e os aforamentos. Tamén resaltou a colaboración da Deputación de Pontevedra a través do circuíto ‘festivais Rías Baixas’ para recuperar eventos musicais da provincia como Vive Nigrán.

Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, Juan González, resaltou a importancia do regreso do festival ao seu emprazamento orixinal, o campo de fútbol de Monte Lourido, e augurou que o evento converterá á localidade en “un nome de referencia para a música este verán” e conseguirá que os visitantes “se namoren” do lugar.

Adicionalmente, o brand manager de Mahou San Miguel en Galicia, Hugo Pérez, subliñou a aposta da marca por este festival “desde os seus inicios” e o mantemento do seu “compromiso” co mesmo “mesmo nos momentos máis duros da pandemia, cando peor o estaba pasando o sector do lecer e a cultura”.

Case 300 persoas con discapacidade intelectual entrenarán polas rutas do Camiño de Santiago

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, presentou este mércores na Asociación Galega San Francisco o proxecto do Special Olympics Galicia ‘Carlota prepara o camiño de cara ao Xacobeo 2021’, que contará coa participación de 294 persoas con discapacidade intelectual que se adestrarán por 14 rutas do Camiño de Santiago.

Tal como indicou a Xunta nun comunicado, a administración autonómica colabora con esta iniciativa a través do programa O Teu Xacobeo da Axencia Galega de Turismo, “fomentando así actuacións que promoven a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual”.

Este proxecto contará coa participación de 294 persoas con discapacidade intelectual que se entrenarán por 14 rutas do Camiño de Santiago para prepararse fisicamente para afrontar o próximo Ano Santo.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed