Marea de Vigo insistiu este venres en aproveitar o fin da concesión de Aqualia, que expira en 2021, para remunicipalizar a subministración de auga e o saneamento da cidade.
Nun comunicado, o seu portavoz, Rubén Pérez, considerou que a primeira decisión e estudo que ten que afrontar o goberno local sobre a concesión da subministración de auga é, ao seu xuízo, ver a posibilidade da súa remunicipalización “para volver ter unha empresa pública”.
Para Marea de Vigo, a contratación dunha consultora externa que realizou o Concello para elaborar os traballos dunha nova concesión “non é a prioridade”. “O que ten que facer previamente o goberno local é a decisión e estudo rigoroso das posibilidades de remunicipalizar o servizo”, subliñou.
“Vendemos de todo menos películas”. Con esta frase, Antonio Cibeira, de 61 anos, define a súa situación. No seu videoclub ocorre de todo menos aluguer de películas. De luns a venres, son unha ou dúas cintas en todo o día, unhas quince cintas semanais. Non recorda chegar ás 50 nunca, 25 ou 30 como máximo.
Na época na que máis persoas ven cine, non só é vítima das plataformas legais en Internet e o vandalismo en rede, senón tamén do urbano, frecuente no barrio de Teis e arredores, onde opera a súa singular tenda, unha gran descoñecida para o resto da cidade.
Antonio é un autónomo con 42 anos cotizados que realizou diferentes traballos e emprendeu en multitude de ocasións. Foi representante dunha casa de lencería e corsetería, tivo unha empresa de construción con 17 obreiros que afundiu a crise.Tamén abriu bares e cafetarías, pero todo terminou indo para atrás co tempo. Co traspaso do seu último bar, perdeu 28.000 euros.
É un home con mala sorte, ata o punto de que no 2009 ardeulle o piso con todos dentro, ao caerse unha manta sobre unha estufa eléctrica: “rebentaron as ventás, estaba cheo de lume”.
Por favor, non golpeen as máquinas / Miguel Núñez
El, a diferenza dos seus coetáneos, que polo común miran con nostalxia o pasado; quere que pasen os anos, como lles ocorre aos nenos no seu fervoroso desexo de autonomía, para así alcanzar ao fin a súa xubilación.
Mentres, resiste coma pode. Non se retira aínda para que a súa pensión non mingüe, quizais mereza un respiro trala súa valentía ou temeridade de coller a testemuña dun videoclub no 2014, manobra que, nos ollos de hoxe, parece optimista en exceso.
de xuízo en xuízo
Agora, vítima desa decisión, paga a cota de autónomos, paga impostos, paga 260 euros ó mes de luz polo alto gasto enerxético das máquinas, paga seguros e constantes reparacións, vai de xuízo en xuízo porque á xustiza tamén a ten en contra, e á sociedade enteira, que evolucionou cara novos modelos e lonxe quedan os anos nos que cada barrio tiña un videoclub, ou varios.
As máquinas expendedoras proporciónanlle a gran maioría de seus beneficios, pese aos constantes roubos e desfeitas nelas. Son tan vellas (nin sequera aceptan os novos billetes de euro) que non atopa pezas. En realidade, trátanse dunhas instalacións caras, aínda que o seu estado actual faga pensar o contrario: “quen montou isto gastou 260.000 euros”.
Temos ovos super grandes/ Miguel Núñez
Ten instaladas cámaras de vixilancia, así que sempre “descobre” a seus asaltantes, non moito menos habituais que os clientes. Logo amósalle as gravacións aos policías. O normal é que xa os coñezan de roubos anteriores. Un día presentouse a denunciar a un home, e alí había xa unha ducia de persoas para o mesmo caco, que fora cunha panca levantando e rompendo o que puidera.
Antonio amosounos o penúltimo traballo destes visitantes, outra máquina expendedora rota, roubándolle 200 euros en moedas e 140 de mercancía. Este foi en xullo de 2017, pero aínda non solucionouse nada.
sei quen son, os teño gravados en vídeo, pero non podo nin colgar fotos do seu rostro
O seguro que tiña contratado non lle cubriu: “ao ser unha parte do local sen rexa, tiña que abonar por un apartado máis. Agora xa o contratei, e pago o dobre. Son cousas que as aseguradoras non che din, estás pagando e por nada. Hai que ler a letra pequena…”
Espera con resignación e sen especiais esperanzas o que ocorra nos xulgados: “Se os declaran insolventes, esquécete… Eu sei quen son, os teño gravados en vídeo, pero non podo nin colgar fotos de seu rostro porque aínda denúncianme e gañan, ou en todo caso veñen seus amigos para arrincalas”.
E o peor de todo, lamenta, é que “existen salteadores profesionais que raian a ferradura e nada máis, pero estes chapuzas rompen o triplo do que rouban. E os`policías os collen, logo os volven a sacar e outra vez a roubar. Eu xeralmente paso xa de estar tres ou catro horas dando parte, para nada. É perder o tempo”.
Rara é a máquina de vending que non presenta danos. O cristal novo válelle 260 euros, 300 a soldadura, se o que esnaquizan é a máquina en si mesma, pois unha de segunda man custa 4.0000.
Intentouno todo. Incluso tiña contratado un servizo de alarma rápida á policía, a través dunha das empresas máis prestixiosas e coñecidas do sector, senón a que máis, pero tampouco: “Soaba a alarma á madrugada, e dábame tempo a espertar con calma, vestirme sen présas, ir alí e chegaba antes que os policías, todo desfeito por suposto. Logo fas amigos no corpo e explícante que o fan a posta o de non chegar, para aforrarse papelorios inútiles, que é o único que poden facer: pouco máis tarde están na rúa de novo”.
Vende de todo / Miguel Núñez
Non critica ao corpo policial: “A policía aquí en España é moi boa, non ten culpa. Pero, que importa que sexan bos? Se collen 100 e en dous días están fora a metade”.
Ás veces, Antonio, esgotado, tómase a xustiza pola súa man. A tódolos clientes mándalles presentar DNI e grava a súa dirección, e son tantos os que non devolven as películas que preséntase na súa casa a cobralas. Ten ido ata Porriño por catro películas de nada. Pero moitas veces incluso isto é inútil: cambiaron de domicilio.
Antes alugaba tamén xogos da Play Station 4. Pero de cada seis, catro os roubaban: “Rinse de ti. Valen tanto eses xogos, uns 60 e pico euros, que tiña que alugalos 20 veces para que foran rendibles. E coma os mangaban constantemente, era imposible”.
“Estás denunciado” / Miguel Núñez
Ningúen pode dicir que non sexa un home de recursos. O local ten dous pisos e o superior, cheo de cadros de estrelas do cine, o aluga para cumpleanos. Tamén ten unha sala de cine, cando Vigo a descubra seguramente sexa tarde.
Nela, tirou os prezos e nin así, a 8 euros unha parella, 2,50 por cabeza se son ata 5 persoas e 2 euros ao superar as 5. Ademais, non só podes visualizar unha das películas da tenda (a que queiras), senón calquera que traias, incluso chámanlle familias para ver bautizos, estudantes para expoñer traballos.
A pesar dos seus 61 anos, intenta actualizarse e ter iniciativas, ten pensado ata cobrar por xogar á Wii. Fixo 10.000 carteis en branco e negro que repartiu por todo Vigo. Pero de momento vai perdendo o seu pulso. Vai a contra corrente: “considérome inquedo, hai que buscar a sorte. Pero hai xente que con moito menos a ten. Unha alegría son vinte desgracias”, lamenta.
Unha estrela máis / Miguel Núñez
Ten 6.000 películas, e desfaise delas: as que están á venda, custan só un par de euros. Pero non vende só cintas, ten ata spinners (o derradeiro xoguete de moda) e empanadillas. Coas películas saca entre 100 e 200, 100 euros co cine…Vai rascando como pode.
Antes abría polas mañás, pero gañaba tan pouco que se tiña a luz acesa, xa non cadraban as contas desas horas, así que desistiu. Mantense grazas a un despacho de pan en Fragoso. Á mañá están a súa dona e máis el atendendo, e á tarde el abre o videoclub, que non pecha ata máis aló das 11 e 12, xa que á noite son ás “horas punta”, e ela continúa despachando no seu posto.
A este home azoutado por tódalas mareas non lle presta o drama, pero si a acción. As súas películas favoritas son O Renacido, Depredador e Misión Imposible. “Gústame pasar o rato, sen tensións”, afirma.
En calquera caso, a este home, que acaba de ser avó o 1 de marzo, quédanlle catro anos para xubilarse, e resiste trala barra, soñando coa chegada dun plan que o rescate antes.
A escalada de novos contaxios diarios de Covid mantense en Galicia, onde se confirmaron, nas últimas 24 horas, outros 710 casos. Con todo, grazas ás altas epidemiolóxicas, segue caendo o número global de casos activos na comunidade, 382 menos que na última xornada. Tamén cae a presión hospitalaria, con 309 persoas hospitalizadas.
Segundo os datos feitos públicos este sábado pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas deste xoves), a área de Vigo colócase en segunda posición (logo da Coruña) en incremento de contaxios detectados. Así pois, A Coruña lidera con 151 novos casos, e a ela séguelle Vigo con 149 casos. As infeccións activas caen máis dun centenar, 139 concretamente, e queda con 2.796 casos activos.
En canto á presión hospitalaria, Vigo conta con 76 pacientes ingresados (-4), onde mantén 11 en UCI e baixa a 65 os hospitalizados en planta.
Con respecto ás probas de detección do virus, ata agora realizáronse en Galicia 2.694.223 probas PCR (máis de 5.691 nas últimas 24 horas). Segundo os datos publicados este venres polo Sergas, a porcentaxe de resultados positivos nas probas PCR practicadas ascendeu ata o 10,65 %, moi lonxe do 5 % que a OMS fixa como limiar para dar por controlada a pandemia.
Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 40 anos de idade, T.C.M., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir A súa muller, en presenza dos seus fillos de 1, 3, 11 e 17 anos de idade.
Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado sábado, cando unha nena de 11 anos chamou ao 092 para alertar de que o seu pai estaba a agredir á súa nai na cociña da vivenda.
Unha dotación desprazouse ao lugar e entrevistouse coa nena, que explicou que os seus pais tiveran unha discusión e que o proxenitor comezara a golpear á nai. A vítima corroborou a versión da menor.
Segundo explicou aos axentes, a agresión produciuse no medio dunha rifa, e os seus fillos foron testemuñas da mesma. Nun momento determinado, o neno de 3 anos interpúxose entre os seus pais e, aínda que a nai tratou de abandonar a cociña, o pai suxeitouna e impediullo, polo que pediu á outra filla, de 11 anos, que chamase á Policía.
A muller relatou aos policías que non era a primeira vez que o seu marido a agredía, pero que “non o soportaba máis” e tiña intención de denuncialo. Por estes feitos foi detido o marido, T.C.M., de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.
O buque ‘Rainbow Warrior’ de Greenpeace, que busca concienciar sobre o cambio climático, atracará o vindeiro mércores no porto de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), onde permanecerá ata o martes 30 de xullo, ante a “hostilidade” mostrada polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, que a organización considerou “desproporcionada”.
Así se pronunciou a entidade ecoloxista despois de que López Veiga acusase a membros de Greenpeace de “desprestixiar” o sector pesqueiro galego con accións contra os seus buques.
A organización explicou que a localización facilitada pola Autoridade Portuaria non permitía a realización das actividades planificadas, entre as que se atopan un concerto, visitas guiadas polo barco e talleres para os cidadáns, así como reunións con representantes políticos.
O director da entidade en España, Mario Rodríguez Vargas, acusou a López Veiga de pór “todos os obstáculos ao seu alcance” para que Greenpeace non puidese realizar as actividades públicas previstas. Nese sentido, responsabilizouno de que “a cidadanía viguesa non poida recibir ao ‘Rainbow Warrior'”.
Os casos activos seguen coa tendencia descendente e sitúanse por baixo dos 3.000, con cifras similares ás de finais do mes de agosto do pasado ano, con 2.931. Tamén se volve a reducir a presión hospitalaria ata os 330 ingresados con Covid, 18 pacientes menos, deles 73 en UCI.
Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, hai 73 pacientes Covid en UCI en Galicia –catro menos– e 257 noutras unidades de hospitalización –14 menos–.
Con todo, os contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba aumentaron lixeiramente ata os 167 –nove máis que este xoves–, tras comezar a semana con 88. Deles, 133 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deses 133 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, 32 corresponden a áea de Vigo que mantén 532 contaxiados aínda activos.
Os ingresados por coronavirus na área de Vigo seguen en 16 na zona de críticos e 41 noutras unidades.
TAXA DE POSITIVIDADE
En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– subiu lixeiramente a un 1,86%, tras situarse nun 1,78% este xoves. Así, Galicia continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.
As autoridades galegas notificaron este venres a morte de oito persoas diagnosticadas con covid-19, que elevan a 910 as vítimas mortais ligadas á pandemia en Galicia. Tres das últimas falecidas procedían de centros xeriátricos, unha de OGozos, de Pereiro de Aguiar (Ourense), e dúas da residencia de Salvaterra de Miño (Pontevedra).
Segundo informa Sanidade, nas últimas horas perdeu a vida un home de 82 anos que estaba ingresado no Hospital da Mariña, unha anciá de 86 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), un home de 72 anos que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP); e un home de 83 anos ingresado no Hospital Quirón-Saúde da Coruña.
Así mesmo, faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) un home de 81 anos e unha muller de 96, esta procedente da residencia Os Gozos. No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), Sanidade comunica o deceso de dúas mulleres de 76 e 86 anos, ambas as usuarias da residencia de Salvaterra de Miño. Sanidade informa de que todos os falecidos tiñan patoloxías previas.
Galicia rompeu na pasada xornada a barreira dos 900 mortos vinculados co coronavirus. A primeira morte computada na Comunidade na denominada ‘nova normalidade’ foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.
Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a unha veciña da cidade de 23 anos de idade como presunta autora dun delito contra a saúde pública.
As investigacións iniciáronse por mor das denuncias cidadás pola existencia dun posible ‘punto negro’ de venda de drogas na zona das Travesas. A Policía despregou un dispositivo de vixilancia e comprobou a constante trasfega de ‘compradores’ pola zona, á vez que identificou a unha moza como posible vendedora.
Á primeira hora da madrugada, varios dispositivos policiais situáronse estratexicamente para interceptar á sospeitosa, que foi localizada cando camiñaba pola Avenida de Castrelos. Cando os axentes a abordaron e realizáronlle un cacheo de seguridade, atopáronlle varios anacos de haxix, así como unha importante cantidade de diñeiro en efectivo.
A moza foi detida e trasladada a comisaría, onde se comprobou que tiña antecedentes policiais. A detidas e as dilixencias practicadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución número 8 de Vigo.
A Universidade de Vigo convértese na primeira institución de educación superior en España na que as mulleres que forman parte da súa comunidade poderán acceder de xeito gratuíto e universal produtos de hixiene feminina.
“Esta medida é un exemplo real do compromiso deste equipo de goberno por facer unha universidade máis igualitaria e xusta, e que pretende loitar contra a chamada pobreza menstrual, que afecta sobre todo ás mulleres”, explica Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo.
Así, será a partir do vindeiro xoves, 11 de marzo, cando nas delegacións de alumnado das facultades e escolas dos tres campus, as alumnas, docentes e investigadoras e persoal de administración e servizos poderán acceder de xeito gratuíto e universal a compresas e tampóns, que nun prazo breve de tempo, estarán a súa disposición en dispensadores, que se localizarán nos baños de mulleres da universidade.
CUSTOS DA HIXIENE FEMININA
Calcúlase que as mulleres pódense gastar ata 6.000 euros ao longo da súa vida en produtos de hixiene íntima como compresas ou tampóns que, ademais, no caso de España, están gravados cun 10% de IVE, e non cun 4%, que se aplica aos bens considerados de primeira necesidade.
“A menstruación é un proceso natural e esta medida resulta un xeito de normalizar unha necesidade das mulleres”, sinala a directora da Unidade de Igualdade, que destaca a proactividade da UVigo á hora de acabar coas dinámicas sociais que historicamente excluíron e infravaloraron ás mulleres e as súas necesidades específicas.
A Federación Galega de Atletismo realizará un ciclo de charlas informativas en liña onde abordará, de mans de profesionais especializados/as, distintos enfoques de actualidade relacionados coa pandemia polo COVID19
“A iniciativa xurdiu como consecuencia da gran incertidume existente en moitos aspectos que afectan de maneira moi especial e directa ó noso deporte.” apunta nun comunicado a propia federación.
Os temas a abordar nas charlas serán sobre economía, saúde, xestión e planificación.
A primeira das mesmas dará comezo este mesmo venres ás 20.30h horas a través da páxina de Facebook da Federación Galega de Atletismo coa participación de Rafael Alonso Martínez, responsable dos Servizos Xurídicos da FGA.
A charrla afondará nos aspectos económicos que poden afectar aos clubes e o seu persoal.
O ciclo de charlas repitirase todos os venres ás 20.30h horas e os participantes poderán preguntar a través do chat.