InicioSociedadeDetido en Vigo por agredir a súa muller en presenza dos seus...

Detido en Vigo por agredir a súa muller en presenza dos seus catro fillos menores

Foi a cativa de 11 anos quen chamou ao 092 para alertar de que o seu pai estaba a maltratar a súa nai na cociña da vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 40 anos de idade, T.C.M., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir A súa muller, en presenza dos seus fillos de 1, 3, 11 e 17 anos de idade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado sábado, cando unha nena de 11 anos chamou ao 092 para alertar de que o seu pai estaba a agredir á súa nai na cociña da vivenda.

Unha dotación desprazouse ao lugar e entrevistouse coa nena, que explicou que os seus pais tiveran unha discusión e que o proxenitor comezara a golpear á nai. A vítima corroborou a versión da menor.

Segundo explicou aos axentes, a agresión produciuse no medio dunha rifa, e os seus fillos foron testemuñas da mesma. Nun momento determinado, o neno de 3 anos interpúxose entre os seus pais e, aínda que a nai tratou de abandonar a cociña, o pai suxeitouna e impediullo, polo que pediu á outra filla, de 11 anos, que chamase á Policía.

A muller relatou aos policías que non era a primeira vez que o seu marido a agredía, pero que “non o soportaba máis” e tiña intención de denuncialo. Por estes feitos foi detido o marido, T.C.M., de 40 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...