Inicio Blog Páxina 1995

Pazos de Borbén desinfecta todas as igrexas tras case tres meses sen celebrar misas

0

O Concello de Pazos de Borbén, coincidindo co retorno da celebración de oficios relixiosos, comezou a realizar tarefas de desinfección nas igrexas de todas as parroquias do municipio. A iniciativa pretende incrementar a seguridade nestes espazos.

As tarefas de desinfección no exterior dos templos realízanse mediante a aplicación de auga xabonosa, xa que se trata de bens culturais sobre os que non se poden aplicar produtos químicos. No interior dos templos a limpeza realízase aplicando desinfectante sobre os elementos de uso comúns, como os bancos e pasamanos, e a continuación coa instalación dun equipo de ozono para garantir a desinfección mesmo dos puntos menos accesibles e a gran altura.

Segundo apunta o concello, as tarefas de desinfección están a realizarse por unha empresa especializada de maneira periódica. A estes traballos hai que engadir varias iniciativas persoais, como a limpeza realizada por varios veciños na igrexa de Amoedo, e de membros do goberno local, na parroquia de Cepeda, que tamén están desinfectando os templos para asegurarse que reducen ao máximo posible o tempo entre cada limpeza.

A medida, segundo destacou o alcalde, Andrés Iglesias, pretende aumentar a seguridade dos veciños que, tras meses sen poder asistir, demandan poder volver aos templos en plenas condicións de seguridade. “Hai moitos veciños que levan tempo demandando a reapertura dos templos e a maioría son de idade avanzada. Son o maior grupo de risco e por iso é necesario extremar as precaucións”, finalizou o alcalde.

O estaleiro Rodman Polyships pon en marcha a fabricación de protectores impermeables para o Sergas

0

O estaleiro Rodman Polyships puxo en marcha este martes un proceso de fabricación de protectores impermeables que doará ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) co obxectivo de que poidan ser utilizados por profesionais que tratan pacientes con coronavirus.

Segundo precisou a empresa, cuxas instalacións se atopan en Meira, en Moaña, un total de 15 voluntarios comezaron a producir estes equipos e espérase que se poidan entregar uns 800 esta fin de semana.

En concreto, os protectores fabrícanse con plásticos dos que dispuña o estaleiro nos seus almacéns e que se adoitan empregar nos seus procesos industriais de construción naval.

Ademais, cooperativas lácteas e empresas agrarias, lideradas por Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), colaborarán neste proxecto a través da doazón de materiais plásticos que se utilizarán na fabricación destes produtos.

Así mesmo, o Sergas apoiou a execución desta iniciativa ante a necesidade de incrementar a protección dos profesionais sanitarios galegos. Por este motivo, o estaleiro puxo en valor as “facilidades” achegadas desde a Xunta e a Delegación do Goberno en Galicia para que se poida realizar esta doazón e recoñeceu o traballo realizado polas institucións e os profesionais sanitarios para conter a expansión da pandemia.

Nove meses de loita das traballadoras das residencias DomusVi contra a “vulneración” dos seus dereitos

Os traballadores das residencias para persoas maiores do Grupo DomusVi volveron concentrarse, por noveno mes consecutivo, ante a sede da firma líder dos servizos xeriátricos en España, para denunciar a “sistemática vulneración dos dereitos laborais dos traballadores”. A concentración foi convocada polo colectivo Trega ( Traballadores de Residencias de Galicia), e conta co apoio das dúas asociacións de familiares de usuarios de residencias máis activas de Galicia: ASFAREBA (Vigo) e Vellez Digna (O Morrazo).

“O grupo empresarial DomusVi incumpre e vulnera de forma sistemática o convenio colectivo en vigor do sector de residencias privadas da terceira idade de Galicia”, aseguran os protestantes, que din que a empesa “se aproveita dunha forma mesquiña das precarias condicións que rodean nestes últimos anos as economías española e galega, en xeral, e ás traballadoras e traballadores das residencias de maiores, en particular”.

DomusVi é líder do sector de servizos xeriátricos en España e en Galicia, e é propiedade de fondos capitalistas de Inglaterra e Francia. En Galicia posúe ou xestiona 30 residencias para persoas maiores, 13 na provincia da Coruña, 6 en Pontevedra e en Ourense, e 5 en Lugo. A capacidade de cada unha destas residencias rolda as 150 prazas, e cada un dos usuarios paga polos servizos asistenciais e residenciais uns 2.000 euros mensuais. Na provincia de Pontevedra, as residencias de DomusVi sitúanse en Vigo (3), Ribadumia, Lalín e Aldán-Cangas. As tres residencias de Vigo están situadas en Bembrive, Barreiro e Montecelo-Teis.

O persoal (mulleres na súa maioría) “soporta un trato case esclavista imposto pola empresa” que se traduce no “abusivo incumprimento da xornada anual, excedéndose con fartura o cómputo máximo de 1.776 horas traballadas que regula o convenio colectivo en vigor”, denuncian.

Tamén din que se incumpren os contratos e as funcións das categorías profesionais; que non se compensan os festivos traballados e que se impoñen quendas de traballo “devastadoras” de ata 10 xornadas de traballo consecutivas, sen descanso, cando o convenio marca claramente que “os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal dun día e medio (36 horas) sen interrupción”.

Estas “condicións de abuso”, engaden, “tamén conlevan unha presión daniña sobre a saúde física e psíquica das traballadoras, o que fragua un índice de baixas, temporais e de longa duración, altísimo”.

Para os protestantes, DomusVi é “o paradigma do boiante e expansivo negocio do sector residencial e asistencial para persoas maiores en mans de poderosas multinacionais ou grupos de ‘capital investimento’, e nunha sociedade envellecida como a galega (ou a española)”.

Pero, agregan, “mentres os beneficios empresariais crecen, os usuarios e usuarias, a maior parte deles anciáns con enfermidades ou trastornos físicos e/ou psíquicos graves, “enfróntanse a unha deterioración paulatina do servizo asistencial que reciben, resultado dos recortes no número de persoal que vén producindo no sector e das precarias condicións laborais que redundan nunha atención deficiente ás persoas maiores”.

Vigo móstrase en Madrid baixo o lema ‘O fenómeno Vigo, non tentes explicalo, víveo”

O Concello de Vigo mostrará a súa oferta turística en Fitur baixo o lema ‘O fenómeno Vigo, non tentes explicalo, víveo’, nun acto que terá lugar no recinto feiral madrileño, na caseta de Galicia, ás 13,00 horas do xoves.

Así o avanzou en rolda de prensa o rexedor olívico, Abel Caballero, quen explicou que o concepto de “fenómeno” axústase ao ocorrido na cidade nos últimos anos, grazas a accións de promoción turística como a campaña do Nadal, a celebración da Reconquista, ou os concertos de verán no auditorio de Castrelos.

Segundo celebrou o alcalde, Vigo “xa se converteu nunha cidade turística central”, da que se fala en medios estatais e internacionais. En definitiva, volveuse “un fenómeno do que fala todo o mundo”.

Por iso, confirmou, a presentación da súa oferta en Fitur reflectirá atractivos como o Nadal, a Reconquista, o Entroido, O Marisquiño e, de maneira singular, as Illas Cíes, como espazo de atracción de visitantes e na súa vertente como aspirante a ser candidata a Patrimonio da Humanidade.

A Semana de Cinema Submarino de Vigo proxectará traballos que ofrecen “a beleza ás ameazas que sofren os océanos”

0

A XXIX Semana de Cinema Submarino, organizada pola Universidade de Vigo e que se celebrará entre o vindeiro mércores día 20 de novembro e o venres 22 no Teatro Afundación, proxectará sete traballos audiovisuais que contrapoñen “a beleza ás ameazas que sofren os océanos”.

“O fío condutor desta semana de Cinema Submario é o reflexo do que hoxe en día clama a sociedade por resolver: a contaminación por verteduras e plásticos, a sobrepesca ou o desxeo dos polos, e como contrapartida a beleza dos comportamentos dos animais nos diferentes mares e océanos do mundo ou a conservación das últimas zonas salvaxes“, destacou o director da Semana, José Luís González.

Neste sentido, serán proxectados sete traballos audiovisuais dos cales tres se analizarán polos seus propios autores: Nuno Sá, David Álvarez e Jorge Candán. Precisamente, o realizador galego será homenaxeado o mércores 20 en recoñecemento á súa recente vitoria no campionato do mundo de vídeo submarino 2019 polo seu traballo ‘O retorno’, que se proxectará ese mesmo día.

Dúas proxeccións de National Geographic, que contan coa participación do biólogo español Manu San Félix, ‘Guerreiros dos océanos’ e ‘Salvemos noso Mediterráneo’, e a participación do investigador da UVigo Ángel Mena, completarán o programa do primeiro día. Todos os días as proxeccións, que son gratuítas ata completar aforamento, empezarán ás 20,00 horas.

“CITA INELUDIBLE”

Na presentación do certame, que tivo lugar este mércores en Vigo, a vicerreitora de Captación de Alumnado, Natalia Caparrini, referiuse a este evento como “unha cita ineludible para os especialistas e amantes do mar“, á vez que lembrou o compromiso da Universidade co mar a través do Campus do Mar.

“A Universidade de Vigo está comprometida cos compromisos da Axenda 2030 e máis concretamente co obxectivo 14 de vida submarina e por iso, a través desta semana, traballaremos para achegar o mar a todos os vigueses, para que aprendan a amalo e respectalo”, subliñou Caparrini.

Veciños de Paramos, tres anos despois da explosión: “Estásenos criminalizando por recibir axudas do Concello”

0

Os veciños de Paramos, en Tui, lembran este domingo a explosión dunha pirotecnia ilegal ocorrida o 23 de maio de 2018, despois de tres anos “moi intensos e de loita constante coas administracións”, tras os que o barrio se mostra “case recuperado”, coa “maior parte das casas” rehabilitadas.

O portavoz da Asociación de Afectados de Paramos-Guillarei Salvador García destacou que os veciños levan “tres anos moi intensos” pola situación vivida e a necesidade de ter que mobilizarse ante as administracións para solicitar e recibir axudas, e xestionar e vixiar os proxectos para a súa recuperación.

Tal e como indicou, froito da explosión houbo un total de 345 vivendas afectadas con danos diversos. Así, houbo xente que non chegou a necesitar axudas públicas, mentres que a outros estas non lles chegaron a cubrir os gastos. Do total de domicilios afectados, houbo 30 vivendas na zona cero “arrasadas”.

Neste tres anos, destacou, recuperáronse “case a totalidade” de vivendas. No entanto, hai cinco actualmente en reconstrución “que aínda non recibiron o adianto do Concello das axudas”, e hai unha sexta vivenda dunha familia con poucos recursos “que quedou en mans do Concello e aínda non ten nin a primeira pedra”.

A pesar de todo, García reparou en que “despois de tres anos, o bo é que está todo moi avanzado”. Desta forma, indicou que, “coa maior parte das casas feitas”, “vese case o final” e na asociación de afectados móstranse optimistas para que no cuarto aniversario se poida “pechar este episodio”.

Neste contexto, este domingo realizarán un acto en homenaxe ás dúas vítimas mortais da explosión, no que lerán un manifesto, entregarán un ramo e celebrarán un minuto de silencio. O acto será ás 16,00 horas no parque da Torre, zona cero do suceso.

“LOITA CONSTANTE COAS ADMINISTRACIÓNS”

Segundo dixo o portavoz da plataforma, aínda “quedan algunhas cousas polas que loitar e que conseguir”. Así, remarcou que durante este tres anos mantiveron “unha loita constante con todas as administracións”, aínda que “con algunhas houbo mellor sintonía que con outras”.

“Desde o cambio de goberno municipal empezamos a dar coa parede”, criticou acerca da súa relación co Goberno local de Tui, sobre o que denunciou que se dedicou a “retardar, entorpecer, dilatar” e, de feito, “hai xente a día de hoxe que segue sen cobrar”.

Así, indicou que nos últimos anos presentaron no xulgados catro recursos contencioso-administrativos contra o Concello para reclamar un maior importe nas axudas concedidas, dos que gañaron dous e outros dous foron desestimados –todos eles foron recorridos polas respectivas partes ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia–.

“Estásenos criminalizando por recibir axudas do Concello. É triste que nos teñamos que sentir culpables por recibir un diñeiro para axudarnos; fixéronnos sentir como ladróns, estafadores“, censurou, insistindo en que “algúns levan dous anos pelexando por volver construír a súa casa”.

POSICIÓN MUNICIPAL

En canto ás vivendas do barrio de Paramos, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, trasladou que hai dous tipos de afectados, os que consideran na zona cero do incidente e o resto. A iso súmase a urbanización da contorna, que “xa se finalizou”.

De acordo coas súas palabras, na zona cero as axudas “están a tramitarse con total normalidade”. Así, apuntou que o que se tarda é o tempo que leva facer o trámite, e descartou que haxa calquera motivación política.

Sobre as subvencións na zona cero, indicou que unha está xustificada e paga; dúas están xustificadas e pendentes de pago; seis solicitaron pagos anticipados do 50 %, das que dúas están pendentes de pago; e dúas solicitaron pagos a conta ata o 80 %, tamén pendentes de pago. No que respecta ás licenzas, hai nive completamente acabadas, 13 en execución e unha sen licenza, que está requirida.

Acerca da vivenda da familia con poucos recursos, indicou que “non houbo demora” por parte do Concello, senón que “o técnico encargado de redactar o proxecto presentouno hai menos dun mes”, polo que agora “se está viabilizando”.

“O comportamento do conxunto das administracións foi exemplar, e dedúcese de que, tres anos despois, agás a zona cero, o resto dos afectados xa foron indemnizados por distintas vías”, rematou.

Acepta pagar multas por 1.080 euros por enviar imaxes sexuais por redes sociais a un menor en Vigo

Un home acusado de dous delitos contra a liberdade sexual por enviar imaxes con contido pornográfico a un menor a través de redes sociais aceptou a condena imposta pola sala do Penal número 3 de Vigo, que foi de dúas multas que suman 1.080 euros.

Así se confirmou este martes na vista celebrada tras un acordo de conformidade entre as partes. A sentenza, que xa foi declarada firme, tamén recolle que o acusado deberá indemnizar en 1.500 euros ao menor por danos morais e, de feito, o home xa consignou tanto o importe da multa como a indemnización.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o procesado contactou cun menor a través dunha rede social en maio do ano pasado. O menor fíxose pasar por unha moza de 15 anos, mentres que o acusado afirmou ter 35 anos.

Ao longo de dúas semanas ambos mantiveron contacto a través desa rede e o acusado, crendo que conversaba cunha moza, pediulle que lle enviase fotos espida, e mantivo co menor (de 13 anos de idade) diálogos sobre sexo explícitos, chegando a simular que mantiña relacións sexuais co seu interlocutor. O acusado tamén pediu á suposta moza que fose con el á praia, e instoulle a intercambiarse fotos espidos por WhatsApp.

Posteriormente contactou coa vítima a través de Twitter e envioulle un vídeo con escenas explícitas de sexo entre adultos, así como unha ligazón para ver unha conta de Twitter con contido pornográfico.

O procesado ten antecedentes médicos por unha minusvalía conxénita con cardiopatía, alteracións óseas e discapacidade intelectual, cun coeficiente intelectual normal-baixo e limitacións comunicativas e cognitivas que afectan as súas capacidades de maneira leve. Por iso aplícaselle a circunstancia atenuante de anomalía psíquica.

A UVigo lanza un programa para manter contacto con exalumnos e traballadores

0

A Universidade de Vigo presentou este mércores formalmente a súa comunidade Alumni, un servizo para conectar a antigos titulados, empregados e estudantes que pasasen nalgún momento pola institución. No acto de presentación desta plataforma, que xa está operativa neste enlace, o reitor da UVigo sinalou que este novo “servizo” é unha iniciativa “longamente esperada”, á vez que sinalou que, nunha institución “nova” como a universidade viguesa, na que “se fan as cousas ben”, “faltaba” esta comunidade.

Así, establécese un “vínculo” entre a Universidade de Vigo “e os que xa non están nela”, polo que animou a todos os que formaron parte da comunidade universitaria, e que son “os mellores embaixadores” da institución, a unirse a Alumni e “sacar partido” desta plataforma de encontro.

A vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, explicou o funcionamento desta web, na que os interesados poderán solicitar adherirse á comunidade Alumni. Esta comunidade ofrecerá aos seus membros vantaxes en ámbitos como a formación, o acceso a recursos da Universidade ou orientación laboral.

Pero o máis importante, destacou a vicerreitora, é a creación dunha “rede social” na que antigos alumnos, PDI, PAS ou estudantes estranxeiros que pasaron pola UVigo poderán estar conectados. Ademais, os membros de Alumni poderán adquirir diferentes “roles” para achegar as súas experiencias, coñecementos, etc. (embaixadores, patrocinadores, mentores, mecenas ou expertos).

ALUMNI ESPAÑA

Pola súa banda, o presidente da Federación de Asociacións de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españois, Antonio José Redondo, celebrou a adhesión da UVigo á comunidade Alumni, e sinalou que ese paso suporá importantes “beneficios” para a institución viguesa. Redondo, así mesmo, aproveitou a presentación para convidar formalmente o presidente do Consello Social da UVigo, Ernesto Pedrosa, a formar parte do Consello Asesor de Alumni España.

Pedrosa, que aceptou o ofrecemento, tamén valorou a incorporación da UVigo á comunidade Alumni, e recalcou, entre outras cuestións, que os membros desa comunidade “son observadores privilexiados para saber se a formación recibida na Universidade e o mercado laboral están en sintonía”.

Feijóo valora o novo albergue en Vigo como elemento para “mellorar a cidade e a experiencia xacobea”

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou este venres as obras do novo albergue de peregrinos de Vigo, na Ribeira do Berbés, e subliñou que as instalacións contribuirán a “seguir mellorando a cidade e a experiencia xacobea”.

Tras a visita, na que estivo acompañado polo vicepresidente do goberno galego e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, entre outros cargos da Xunta, Núñez Feijóo puxo en valor o papel do Camiño de Santiago para “transformar aldeas, pobos e cidades”.

A ese respecto, no caso do albergue de Vigo, en pleno Casco Lanuxe da cidade, a construción deste servizo (cun investimento de 1,6 millóns de euros) supuxo a recuperación de dous edificios, entre a rúa Berbés e a Prazo do Peñasco.

O albergue, que forma parte dos traballos preparatorios do Ano Santo Xacobeo, contará en total con 6 plantas e capacidade para aloxar a 93 persoas.

Feijóo lembrou que a Xunta segue “traballando” para aproveitar a oportunidade deste Xacobeo, que se estenderá ata 2022, con medidas como a posta en marcha do proceso de certificación dos albergues coa Q de calidade.

Ademais, no marco do Plan Director do Camiño, destináronse ata agora 33 millóns de euros aos albergues, tanto para melloras como para a construción de novas instalacións, e confirmou a construción de catro novos albergues en Ferrol, Piñor, Sobrado dos Monxes e A Coruña.

As residencias de Pazos de Borbén e a de Tui, entre as que teñen maior número de contaxiados

0

Entre os centros con máis residentes contaxiados con Covid-19 inclúense A miña Casa de Pazos de Borbén, con 14 e Paz e Ben de Tui con 14 contaxiados.

Dentro do cadro de persoal, nestes momentos contabilízanse tres traballadores contaxiados na residencia As Angélicas de Vigo e 20 na Residencia Paz e Ben en Tui.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed