Inicio Blog Páxina 1927

Sen acordo entre afectados, Xunta e Concello do Porriño para solucionar a contaminación do lindano

A portavoz da Plataforma Antilindano do Porriño, Patricia Sío, explicou que este grupo se concentrou este luns fronte ao Consistorio da localidade pontevedresa para esixir un plan “global” de descontaminación, así como a colaboración entre as distintas administracións.

En declaracións a Europa Press, denunciou a falta de medidas tomadas por parte do Concello e a Xunta ante a contaminación por este composto químico na zona e insistiu na importancia dun Plan de Descontaminación e Sanitario.

Detallou que, no marco da mobilización, os membros da plataforma tentaron acceder ao Consistorio para reunirse cos responsables da Consellería de Sanidade que acudiran ao Porriño para entregar os resultados das segundas probas realizadas ás persoas expostas a este composto no Contrasto e na Pereira.

No entanto, criticou que “non lles aclararon nada” respecto desta situación ao sinalar que non traballaban na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Patricia Sío reivindicou, por tanto, a necesidade dunha “solución” ante a presenza de lindano na localidade.

A Consellería de Sanidade informou así mesmo de que os resultados entregados este luns –correspondentes ás probas realizadas o pasado outubro– presentan unha diminución dos valores máis altos detectados na primeira analítica. Os parámetros rexistrados nun total de 62 persoas non se relacionaron con consecuencias relevantes para a saúde, aínda que se lles propuxo a realización dunha nova proba dentro dun ano.

CRÍTICAS DA ALCALDESA

Mentres, a alcaldesa do Porriño, Eva García da Torre, denunciou mediante un comunicado intereses ” partidistas” da plataforma e acusou aos seus membros de utilizar o “medo dos veciños” para buscar “rédito electoral”.

Ademais, negou que o Concello leva a cabo “obras sen control” e que permitise que se expandisen as terras con lindano; unhas acusacións polas que, segundo advertiu, a Alcaldía exporase se acudir aos tribunais. Así mesmo, sinalou que remitiu unha carta á Consellería de Medio, Territorio e Vivenda co obxectivo de crear unha comisión técnica entre ambas as entidades que permitise retomar o plan de descontaminación do lindano.

O goberno local afirmou que o documento, que aborda a aparición de supostas aparicións de lindano na parroquia de Torneiros, foi recibido o 28 de marzo pero que a Xunta aínda non remitiu unha resposta. Ademais, incidiu en que se demanda esta actuación desde a aparición de restos deste composto químico nas obras de saneamento realizadas na zona de Torneiros en 2017.

Fotografía das zonas do Porriño onde se detectou lindano / Xunta.gal
Zonas do Porriño onde se detectou lindano / Xunta.gal

ESTUDOS DA XUNTA

Pola súa banda, nun comunicado, a Xunta resaltou que asumiu a realización dos estudos necesarios para confirmar a presenza do composto e que se verificou que se atopaba na zona de Fonte Contrasto.

Así, incidiu en que no Porriño “non hai chans declarados contaminados” polo que non se poden empregar os fondos europeos consignados para este fin. Indicou así mesmo que a Lei 22/2011 de chans afectados indica que se pode actuar sobre unha zona non declarada como contaminada a través dun proxecto de recuperación voluntaria “ante o órgano competente”.

Neste sentido, a Administración autonómica afirmou que contratou a redacción dun plan de contaminación para eliminar residuos que afecten a zonas de titularidade municipal e que este se remitiu ao Concello do Porriño en xuño de 2018 xunto a investigacións previas. O investimento necesario para levar a cabo as obras ascende a 2,4 millóns de euros, segundo concretou a Xunta.

SOLICITUDE AO GOBERNO CENTRAL

O Executivo autonómico tamén insistiu en que solicitou a axuda económica do Goberno central e leste rexeitouna, así como en que licitou un plan de investigación integral para as zonas afectadas polo lindano que se atopa na fase previa á súa adxudicación para definir as medidas máis apropiadas para enfrontar esta situación.

A maiores, lembrou que en novembro de 2018 licitou os traballos de estudo dunha zona de Torneiros e que remitiu ao Concello do Porriño un protocolo a seguir durante as accións que levasen traballos de movementos de terra.

Denunciado outro ancián en Vigo por facer “tocamentos” a varias mulleres na rúa

0

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias de denuncia contra un veciño da cidade, E.R.C., de 77 anos de idade, por realizar supostamente “tocamentos” a varias mulleres na vía pública.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a última hora da tarde do sábado, cando unha dotación do 092 desprazouse á rúa Príncipe con Urzáiz, alertada pola presenza dun individuo que estaba a facer “tocamentos” ás viandantes.

Unha vez alí, o marido dunha desas mulleres explicou que o sospeitoso se achegou á súa esposa, cando ambos paseaban en compañía da súa filla de 4 anos, á altura do Museo MARCO. Segundo relatou, o home púxose á beira da súa muller e estendeu o brazo para tocarlle a entreperna.

A continuación, seguiu camiñando e repetiu a mesma acción con outras mulleres, e mesmo, segundo esta testemuña, chegou a gravar algún destes “tocamentos” cun teléfono móbil.

Grazas á descrición achegada, os axentes puideron localizar ao septuaxenario, cando se atopaba na confluencia das rúas Urzáiz con Gran Vía, e informáronlle de que quedaba denunciado en dilixencias xudiciais.

Os bombeiros insisten en que con 14 efectivos non se pode defender Vigo: “Levamos moitos anos facendo horas extras”

Como xa adiantou este xornal, a situación do colectivo de bombeiros na cidade de Vigo é crítica, como ocorre noutros sectores como a sanidade, ámbolos dous indispensables para a calidade de vida dos cidadáns.

Horas extras interminables, imposibilidade de desfrutar das vacacións, envellecemento e diminución do persoal, incumprimento dos protocolos de seguridade pola precarización, falta de confianza no proceso de selección (oposicións)…

Acción dos bombeiros en Esturáns/ Miguel Núñez

Tralo anuncio por parte do Concello dun expediente informativo para investigar a baixa simultánea de seis bombeiros no parque de Balaídos, este martes o colectivo, representado por Gerardo Fernández Costa, subliñou que “probablemente o concelleiro de seguridade (Carlos López Font) non esté ao tanto, por el ou porque non esté ben asesorado”.

Gerardo Fernández, voceiro dos bombeiros vigueses/ Miguel Núñez

Gerardo non cree que foran malintencionadas as declaracións dadas desde o Concello, pero defendeu ante os medios que “habería que comentar que ese turno, o número dous, é un dos que maior media de idade ten”.

“Nestes momentos estamos a sufrir gripes, e non é o mesmo traballar nunha oficina que no corpo de bombeiros. E se estás enfermo debes ser responsable e non acudir ao posto, para non contaxiar ao resto de compañeiros. Que deses 6 non están de baixa os 6 por gripe, senón 3, e nin sequera teríamos por que dar esa información, que para iso é a lei de protección de datos”, aclarou.

 

“Demostramos moitas veces que cando se nos pide estamos alí, nos incendios de 2017 e 2016, en Fandicosta, en Freiremar…”, destacou, lamentando a falta de fe no corpo.

“Deses seis bombeiros de baixa, tres son por procesos gripais e outros por distintas cuestións, os xeonllos, as costas, porque non somos uns mozos, temos unha media de idade de 50 anos. E o noso traballo non é xogar ás damas, senón estar facendo un esforzo tanto físico como psicolóxico”, subliñou Gerardo.

“Con 14 efectivos a cidade ten a seguridade garantida: son palabras textuais que se dixeron nas declaracións en prensa. Eu levo 18 anos no corpo e cando entrei no ano 2001 éramos un mínimo de 24 na cidade, en 2010 báixase a 20 efectivos. A razón, que aparecen outras figuras de parques comarcais, o cal en teoría significa que non sairemos do termo municipal, cousa que é falsa”, denuncia.

Incendio asilo
Un bombeiro observa o lume do antigo asilo / Miguel Núñez

“FandiCosta, a pirotecnia de Tui, son fóra de Vigo, verdade? En todo caso, estando 20 efectivos prodúcese o incendio de Freiremar. E que sucedou con 20 efectivos? Que non se controlaba o incendio. E voluntariamente tivemos que ir a apoiar aos compañeiros que estaban traballando para que o incendio non fose á seguinte á nave e se convertera nun caos. Con 20 efectivos non se cubre nin sequera un incendio de embergadura. E agora estamos 14″, compara.

Nesta mesma liña falou para Xornal de Vigo Miguel González, portavoz da CIG no sector de bombeiros, que lamentou como mentras a cidade medrou enormemente nas últimas décadas o número de bombeiros reduciuse cada vez máis.

 

“Dixo a prensa que o 1 de febreiro ían entrar 12 compañeiros. Pero loxicamente acaban de aprobar unha oposición, á marxe de como se fixo ou non, e agora teñen que pasar por un período de prácticas en cada turno, para aprender materiais, vehículos, etc. e ademais teñen que aprobar un curso especializado nunha empresa de lumes. Así que non é certo que se incorporen en febreiro”, destacou Gerardo.

Ademais, como destacou o bombeiro e representante da CIG Miguel González, moitos deles poderían ser botados fóra nun ano, segundo o avance nos xulgados do escándalo das derradeiras oposicións, denunciadas por irregulares.

Lume paixase desolador despois dos incendios
Despois dos incendios, unha paisaxe desoladora/ Miguel Nuñez

“Segundo as declaracións verquidas parece que os bombeiros danse de baixa para boicotear o servizo, iso non é verdade e non o podemos tolerar”, advertiu Gerardo: “Xa levamos moitos anos realizando servizos extraordinarios para cubrir as necesidades dos vigueses”.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

“Chega un momento que xa nos cansamos, e para presionar ao Concello e que entre xente, ademais de negarnos de facer os servizos extraordinarios solicitamos que se paguen as horas extras de acordo á lei, porque agora lles sae máis barato desta maneira. Que as horas extraodinarias se paguen como se teñen que pagar para que sexa máis caro que contratar gente, e que entren máis”, concluí Gerardo. Desde o goberno vigués, o conselleiro de seguridade Carlos López Font falara desta “inminente” convocatoria de ofertas de emprego.

Ademais, subliñou e culpou á tasa de reposición de Rajoy, pero a un tempo insistiu en que as necesidades en materia de emerxencia están cubertas.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Pola súa banda, xa Dámaso Pena González, Secretario General de SICO (Sindicato Independente do Concello de Vigo), advertira de que “os parques do Servizo de Extinción de Incendios do Concello de Vigo atravesan unha idiosincrasia en canto a necesidades de persoal, que con boa vontade está a ser paliada con sobrecarga de horas por parte do colectivo de bombeiros, que son conscientes de que o seu traballo é sempre en beneficio da súa cidade”. Pero esta vontade pode estar chegando ao seu límite.

Unha rapaza mira como avanza o lume durante a noite/ Miguel Núñez

Dámaso criticou “que o Comité de Persoal do Concello de Vigo non tomase cartas no asunto, cando xa é unha constante a escaseza de persoal, habendo días onde só hai 14 efectivos entre os dous parques, outros 12, e mesmo ocorreron casos de 10 efectivos entre os parques de Balaídos e Teis. O Comité de Persoal desapareceu na súa faceta de apoiar e defender as reclamacións sociais, laborais e económicas do colectivo do persoal de bombeiros”.

Bombeiros vigueses/ Miguel Núñez

“A retirada da autoridade da cúpula de mandos, que son os que organizan o servizo levou á ausencia dunha cúpula ou estrutura de mando con certo equilibrio. É dicir, hai días que bombeiros fan de cabos, cabos que fan de sarxento, e mesmo teñen que dar cobertura ás funcións de responsable dos dous parques”, subliñou.

A mobilización continúa. Así, este mércores o sindicato CUT programou unha rolda de prensa ao respecto.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

O Iberconsa Amfiv vence ao Basketmi ferrolán e trae de novo a Vigo a Copa Galicia

O conxunto de César Igrexas confirmou de forma rotunda a súa superioridade nunha descafeinada Copa Galicia, na que o Basketmi, con importantes baixas como os ex xogadores do Amfiv Vicky Vilariño e o polaco Karol Szulc, apenas puideron aguantar un cuarto aos vigueses.

O encontro, que habitualmente se disputa durante a pretemporada, variou a súa data afeita a petición dos ferroláns para poder dispoñer do seu equipo ao completo, circunstancia que finalmente non puido darse e que achandou un pouco máis se cabe a revalidación do título copeiro autonómico por parte dos vigueses unha campaña máis.

Así, ante a evidente diferenza de potencial entre un equipo que compite na División de Honra e outro que o fai na Primeira División, César Igrexas aproveitou o encontro para repartir minutos entre os seus xogadores, probar diferentes combinacións e manter enchufados a todos os seus pupilos para os próximos encontros ligueiros, ademais de para recuperar sensacións despois da última derrota cultivada na cancha do Fundación Grupo Norte.

Porque a Copa Galicia non tivo moita historia máis aló dese primeiro cuarto de toma de contacto, no que o Iberconsa Amfiv aínda estaba a afinar o seu punto de mira (6-13, min.20).

Un pouco máis de acerto no segundo parcial permitiu aos vigueses chegar ao intermedio co partido encarrilado (14-36, min.20), confirmando plenamente o triunfo no terceiro período (22-58) co que os dez minutos finais convertéronse nun mero trámite á espera de que o asubío final confirmase que a Copa Galicia marchaba un ano máis a Vigo.

Novas concentracións pola readmisión das camareiras de pisos do Hotel Bahía

Continúa o conflito entre o Hotel Bahía de Vigo, sindicatos, as 20 camareiras de pisos despedidas e a contrata Mantelnor-Nortempo. De feito, este martes 12 de xuño, de 17:00h a 19:00h, houbo unha nova concentración ante a oficina de Mantelnor-Nortempo (Avda. das Camelias, nº 42).

O pasado 07 de maio, fai xa máis dun mes, todas as camareiras de pisos do Hotel Bahía de Vigo eran despedidas sen previo aviso, ao non renovar o hotel o contrato con Alliance Outsourcing, a contrata do servizo de limpeza anterior, e o martes 08 entraba xa Mantelnor-Nortempo (a nova contrata) coa súa propia plantilla e con condicións laborais máis precarias.

CNT en Nortempo
Protesta en Nortempo polo despido das mulleres traballadoras do Bahia /Miguel Nuñez

A CNT denuncia a “complicidade neste despedimento masivo” entre o Hotel Bahía de Vigo e Montelnor-Nortempo, e continúa coa súa convocatoria de concentracións reivindicativas para reclamar a readmisión de todas as traballadoras, que continuarán o próximo xoves 14 de xuño de 19:00h a 21:00h, desta vez ante o Hotel Bahía de Vigo (Avda. Cánovas del Castillo, nº 24).

Dende a CNT engaden ademais a necesidade de “visibilizar publicamente o panorama precario e de humillacións laborais que envolve novamente ao sector das camareiras de pisos por parte da patronal hosteleira”.

Un raio provoca o incendio de dous edificios e o desaloxo de 40 persoas en Moaña

0

Ao redor de 40 veciños foron desaloxados por mor dos incendios provocados por un raio que caeu en dous edificios situados na Avenida José Costa Alonso, en Moaña, ao redor das 23:00 horas deste venres 17 de marzo.

O servizo de Emerxencias 112 Galicia indicou que, segundo informaron os bombeiros, o raio alcanzou unha tubaxe de gas nun edificio e un tellado no outro, situado a uns 30 metros de distancia, o que provocou que o lume se propagase até o punto de calcinar a totalidade dos trasteiros.

Foron os veciños do inmoble situado enfronte os que alertaron tanto aos afectados como ao persoal do 112 Galicia, que puxo en marcha un operativo no que participaron os bombeiros de O Morrazo, Vigo e O Baixo Miño.

Por unha banda, as actuacións centráronse en neutralizar o lume na tubaxe de gas. Sufriu fugas que enseguida foron controladas mediante a interrupción da subministración e a ventilación do edificio. Por outra banda, actuouse para sufocar o incendio do tellado do outro inmoble e que chegou a calcinar a totalidade dos trasteiros.

Co fin de garantir a seguridade dos veciños, os axentes da Garda Civil procederon ao desaloxo de ambos os edificios mentres duraron os traballos de extinción. Unha vez finalizados, os veciños puideron regresar ás súas vivendas.

O operativo activouse ás 23:00 horas do venres, cando se recibiron no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 varias chamadas de particulares informando o suceso.

Suspendida a folga na planta de Faurecia do Porriño tras un acordo coa empresa

0

O comité de empresa da planta de Faurecia Interior Systems do Porriño (Pontevedra) acordou suspender a folga indefinida convocada a partir deste mércores, tras presentar a empresa unha proposta para aceptar os incrementos salariais e o pago de atrasos negociados cos representantes do persoal.

Así o confirmou o portavoz de CC.OO., Fran Estévez, quen precisou que a folga “se suspende como sinal de boa vontade, pero temporalmente”, en tanto o comité non analice con detemento a proposta e esta “quede reflectida por escrito no convenio”, que está pendente de asinar.

Por outra banda, Estévez incidiu en que o persoal (algo máis dun centenar de persoas) segue coa “incerteza” de que pasará cando, a partir de outubro, se faga efectiva a entrada dos novos propietarios da fábrica, o fondo alemán Callista Private Equity.

Respecto diso, o portavoz de CC.OO. explicou que o comité se dará un prazo “dunha semana ou 10 días” para que, por unha banda queden recollidas as melloras pactadas no convenio e, por outro, os novos propietarios da planta senten cos representantes dos traballadores para aclarar cal será o seu futuro. Se estas cuestións se resolven, “desconvocarase definitivamente” o paro.

En estudo cinco casos en Vigo da cepa india

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou estudos para determinar se o tipo de covid-19 co que se contaxiaron cinco mariñeiros que chegaron o pasado martes a Vigo a bordo dun buque con bandeira de Singapura se corresponde coa variante da India.

Fontes do Sergas manifestaron que no barco viaxan 22 tripulantes –todos eles de orixe asiática e 15 deles en concreto da India–. A maioría dos contaxiados atópanse leves ou asintómaticos, fóra de dous mariñeiros que están ingresados no Hospital Vithas de Vigo.

O Sergas comunicou que o servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro “está secuenciando as mostras” deste cinco persoas para “determinar o tipo de variante do virus”. Trátase dun proceso “longo e complexo”, polo que os resultados tardarán varios días.

Os profesionais da área Sanitaria de Vigo decidiron secuenciar as mostras destas persoas porque “algúns” dos tripulantes do buque proceden da India, entre eles os cinco positivos, así como polo perfil clínico que presentan.

Os dous mariñeiros con covid-19 que se atopan ingresados no Hospital Vithas son un home de 67 anos e outro de 28. O primeiro acudiu o pasado martes ao servizo de urxencias do hospital “con sospeitas de enfermidade respiratoria”. Tras realizarlle a proba de antíxenos e unha PCR, os médicos “aconsellaron o seu ingreso en planta para a súa recuperación”. Pola súa banda, o mozo ingresou en planta “debido a complicacións derivadas” da covid-19.

O barco no que chegaron a Vigo, de nome ‘Prometheus Leader’, é un barco de mercadorías con bandeira de Singapura. Chegou á cidade olívica procedente de Reino Unido, concretamente do porto de Southampton. Na tarde do martes atracou no peirao de Bouzas, aínda que este mércores trasladouse ao Peirao de Transatlánticos, onde a previsión é que permaneza amarrado ata o 10 de maio.

Dous dos mariñeiros contaxiados por covid atópanse ingresados no Hospital Vithas de Vigo. Tal e como puido saber Europa Press, trátase dun home de 67 anos e outro de 28, ambos de orixe estranxeira.

O sexagenario acudiu o pasado martes ao servizo de urxencias do hospital “con sospeitas de enfermidade respiratoria”. Tras realizarlle a proba de antígenos e unha PCR, os médicos “aconsellaron o seu ingreso en planta para a súa recuperación”. Pola súa banda, o mozo ingresou en planta “debido a complicacións derivadas” do covid.

Luz verde á ampliación do Ifevi, que terá un investimento de “5 a 7 millóns” de euros

0

A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia informou favorablemente este martes a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), tras un acordo unánime de todos os seus membros, de maneira que, tras o seu paso por Consello da Xunta, a administración galega poderá licitar e executar as obras, a condición de que o Concello poña os terreos necesarios á súa disposición.

Segundo informou o Goberno galego, agora a Consellería de Economía elevará a proposta ao Consello para o visto e prace do Executivo autonómico.

O visto e prace da Comisión de Urbanismo produciuse unha vez que a Xunta recibiu xa todos os informes preceptivos para esa actuación, o último dos cales, da Demarcación de Estradas do Estado, chegou o pasado 19 de outubro.

A Xunta lembrou que a licitación das obras está “condicionada” a dispor dos terreos, “unha tarefa que lle corresponde ao Concello de Vigo”, polo que instou ao Goberno vigués a “cumprir a súa parte” e proceder á expropiación deses espazos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que este martes estivo en Vigo para visitar o barrio de Navia con motivo da súa ampliación, tamén se referiu ás obras do Ifevi, nas que a administración autonómica investirá “entre 5 e 7 millóns de euros”.

Esa dotación estará recollida no orzamento de 2021 e, no caso de que se puidese licitar antes, tramitaríase un expediente anticipado de gasto, segundo sinalou, á vez que reafirmou o “compromiso” do seu Goberno coa ampliación do recinto feiral de Vigo e a súa disposición a empezar as obras “en canto estean os terreos”.

Persoal de Maderas Iglesias manifestarase o xoves para pedir a implicación da Xunta e evitar o peche

0

O persoal de Madeiras Igrexas, empresa fabricante de tarima flotante situada no Porriño, sairá á rúa de novo para pedir a implicación do goberno galego na procura dunha solución que impida a desaparición da factoría e a perda de case 150 empregos.

Con esta marcha, que sairá ás 11,00 horas das instalacións da empresa, en dirección ao Concello do Porriño, o persoal quere forzar a implicación da Xunta “dunha vez”, xa que Maderas Iglesias “ten os días contados” se saen a poxa os seus terreos, tal e como decretou o xulgado.

Nas últimas semanas os traballadores intensificaron os contactos a nivel institucional para chegar a unha solución ‘in extremis’ que poña remedio á grave crise da empresa, que chegou a ser un importante provedor no sector da construción e a ter 800 empregados (a maioría mulleres).

Os representantes dos traballadores denunciaron que seguen “esperando” a que o goberno galego contacte con eles, como “se comprometeu”, e instaron á Administración a “dar un paso á fronte” porque “o tempo se esgota”. A ese respecto, lamentaron que tanto a Consellería de Industria como o IGAPE “están a deixar morrer unha compañía galega que foi punteira a nivel mundial no sector da madeira”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed