InicioMovementos SociaisOs bombeiros insisten en que con 14 efectivos non se pode defender...

Os bombeiros insisten en que con 14 efectivos non se pode defender Vigo: “Levamos moitos anos facendo horas extras”

"Hai días que bombeiros fan de cabos, cabos que fan de sarxento", "quedan máis coches e camións que condutores", "estamos nunha folga de brazos caídos".. Os bombeiros denuncian a precarización deste servizo de emerxencia.

PUBLICADO O

Como xa adiantou este xornal, a situación do colectivo de bombeiros na cidade de Vigo é crítica, como ocorre noutros sectores como a sanidade, ámbolos dous indispensables para a calidade de vida dos cidadáns.

Horas extras interminables, imposibilidade de desfrutar das vacacións, envellecemento e diminución do persoal, incumprimento dos protocolos de seguridade pola precarización, falta de confianza no proceso de selección (oposicións)…

Acción dos bombeiros en Esturáns/ Miguel Núñez

Tralo anuncio por parte do Concello dun expediente informativo para investigar a baixa simultánea de seis bombeiros no parque de Balaídos, este martes o colectivo, representado por Gerardo Fernández Costa, subliñou que “probablemente o concelleiro de seguridade (Carlos López Font) non esté ao tanto, por el ou porque non esté ben asesorado”.

Gerardo Fernández, voceiro dos bombeiros vigueses/ Miguel Núñez

Gerardo non cree que foran malintencionadas as declaracións dadas desde o Concello, pero defendeu ante os medios que “habería que comentar que ese turno, o número dous, é un dos que maior media de idade ten”.

“Nestes momentos estamos a sufrir gripes, e non é o mesmo traballar nunha oficina que no corpo de bombeiros. E se estás enfermo debes ser responsable e non acudir ao posto, para non contaxiar ao resto de compañeiros. Que deses 6 non están de baixa os 6 por gripe, senón 3, e nin sequera teríamos por que dar esa información, que para iso é a lei de protección de datos”, aclarou.

 

“Demostramos moitas veces que cando se nos pide estamos alí, nos incendios de 2017 e 2016, en Fandicosta, en Freiremar…”, destacou, lamentando a falta de fe no corpo.

“Deses seis bombeiros de baixa, tres son por procesos gripais e outros por distintas cuestións, os xeonllos, as costas, porque non somos uns mozos, temos unha media de idade de 50 anos. E o noso traballo non é xogar ás damas, senón estar facendo un esforzo tanto físico como psicolóxico”, subliñou Gerardo.

“Con 14 efectivos a cidade ten a seguridade garantida: son palabras textuais que se dixeron nas declaracións en prensa. Eu levo 18 anos no corpo e cando entrei no ano 2001 éramos un mínimo de 24 na cidade, en 2010 báixase a 20 efectivos. A razón, que aparecen outras figuras de parques comarcais, o cal en teoría significa que non sairemos do termo municipal, cousa que é falsa”, denuncia.

Incendio asilo
Un bombeiro observa o lume do antigo asilo / Miguel Núñez

“FandiCosta, a pirotecnia de Tui, son fóra de Vigo, verdade? En todo caso, estando 20 efectivos prodúcese o incendio de Freiremar. E que sucedou con 20 efectivos? Que non se controlaba o incendio. E voluntariamente tivemos que ir a apoiar aos compañeiros que estaban traballando para que o incendio non fose á seguinte á nave e se convertera nun caos. Con 20 efectivos non se cubre nin sequera un incendio de embergadura. E agora estamos 14″, compara.

Nesta mesma liña falou para Xornal de Vigo Miguel González, portavoz da CIG no sector de bombeiros, que lamentou como mentras a cidade medrou enormemente nas últimas décadas o número de bombeiros reduciuse cada vez máis.

 

“Dixo a prensa que o 1 de febreiro ían entrar 12 compañeiros. Pero loxicamente acaban de aprobar unha oposición, á marxe de como se fixo ou non, e agora teñen que pasar por un período de prácticas en cada turno, para aprender materiais, vehículos, etc. e ademais teñen que aprobar un curso especializado nunha empresa de lumes. Así que non é certo que se incorporen en febreiro”, destacou Gerardo.

Ademais, como destacou o bombeiro e representante da CIG Miguel González, moitos deles poderían ser botados fóra nun ano, segundo o avance nos xulgados do escándalo das derradeiras oposicións, denunciadas por irregulares.

Lume paixase desolador despois dos incendios
Despois dos incendios, unha paisaxe desoladora/ Miguel Nuñez

“Segundo as declaracións verquidas parece que os bombeiros danse de baixa para boicotear o servizo, iso non é verdade e non o podemos tolerar”, advertiu Gerardo: “Xa levamos moitos anos realizando servizos extraordinarios para cubrir as necesidades dos vigueses”.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

“Chega un momento que xa nos cansamos, e para presionar ao Concello e que entre xente, ademais de negarnos de facer os servizos extraordinarios solicitamos que se paguen as horas extras de acordo á lei, porque agora lles sae máis barato desta maneira. Que as horas extraodinarias se paguen como se teñen que pagar para que sexa máis caro que contratar gente, e que entren máis”, concluí Gerardo. Desde o goberno vigués, o conselleiro de seguridade Carlos López Font falara desta “inminente” convocatoria de ofertas de emprego.

Ademais, subliñou e culpou á tasa de reposición de Rajoy, pero a un tempo insistiu en que as necesidades en materia de emerxencia están cubertas.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Pola súa banda, xa Dámaso Pena González, Secretario General de SICO (Sindicato Independente do Concello de Vigo), advertira de que “os parques do Servizo de Extinción de Incendios do Concello de Vigo atravesan unha idiosincrasia en canto a necesidades de persoal, que con boa vontade está a ser paliada con sobrecarga de horas por parte do colectivo de bombeiros, que son conscientes de que o seu traballo é sempre en beneficio da súa cidade”. Pero esta vontade pode estar chegando ao seu límite.

Unha rapaza mira como avanza o lume durante a noite/ Miguel Núñez

Dámaso criticou “que o Comité de Persoal do Concello de Vigo non tomase cartas no asunto, cando xa é unha constante a escaseza de persoal, habendo días onde só hai 14 efectivos entre os dous parques, outros 12, e mesmo ocorreron casos de 10 efectivos entre os parques de Balaídos e Teis. O Comité de Persoal desapareceu na súa faceta de apoiar e defender as reclamacións sociais, laborais e económicas do colectivo do persoal de bombeiros”.

Bombeiros vigueses/ Miguel Núñez

“A retirada da autoridade da cúpula de mandos, que son os que organizan o servizo levou á ausencia dunha cúpula ou estrutura de mando con certo equilibrio. É dicir, hai días que bombeiros fan de cabos, cabos que fan de sarxento, e mesmo teñen que dar cobertura ás funcións de responsable dos dous parques”, subliñou.

A mobilización continúa. Así, este mércores o sindicato CUT programou unha rolda de prensa ao respecto.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

ÚLTIMAS

Segundo gran concerto de Castrelos 2024: Dani Fernández, o 13 de xullo

O músico español Dani Fernández actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o sábado 13 de xullo. Nun audio...

O goberno de Vigo acusa a ecoloxistas de facer “política antivigo” por criticar a “política arboricida” do Concello

O goberno de Vigo acusou a veciños e ecoloxistas de facer "política antivigo" ao...

Dous detidos na desarticulación dun punto negro de venda de drogas en Navia

A Policía Nacional detivo este pasado xoves en Vigo a dous homes tras desarticular un punto negro...

Un camión guindastre choca contra o tendido eléctrico en Mos e provoca retencións e danos nunha vivenda

Un camión guindastre chocou na mañá deste venres contra o tendido eléctrico en Mos...