InicioSociedadeDesta vez, son os bombeiros de Vigo os que piden axuda: "Hai...

Desta vez, son os bombeiros de Vigo os que piden axuda: “Hai máis camións que condutores, estamos vendidos”

Os bombeiros vigueses advirten do progresivo deterioro do servizo, porque "non hai diálogo" e Vigo pode converterse nunha cidade "fermosa e insegura".

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Temos prohibido falar”, asegura un bombeiro vigués que prefire manterse no anonimato por temor a replesalias, “pero estamos nunha folga de brazos caídos“, denuncia, porque “aínda non desfrutamos as vacacións do ano pasado”.

Hace 30 anos desfrutábamos de 140 profesionais no sector, Vigo creceu pero xa só a defenden 108 bombeiros: “Hai días que no parque de Teis están só tres bombeiros efectivos. Hai máis coches e camións que condutores, estamos vendidos”.

“O cadro de persoal está envellecido. Podes atoparte con que nun parque só estemos catro  e dous teñan máis de 50 anos“, lamenta. A culpa, asegura, está nun criterio excesivo de rendibilidade: “Os bombeiros non facturamos, non poñemos multas, só se acordan de nós cando hai un problema como o do neno de Málaga (Julen), e avanza un abandono progresivo”.

Acción dos bombeiros en Esturáns/ Miguel Núñez

Miguel González, delegado da CIG en bombeiros, incide en moitos destes puntos: “Levamos incidindo desde hai meses a falta de persoal, pola que xa tivo que permanecer pechado durante 24 horas o parque de bombeiros de Balaídos (en Vigo temos dous, Teis e Balaídos). Non hai ningún tipo de diálogo. Leva avisándose desde hai 4 anos”.

A oferta pública que está aprobada só sería operativa a partir de 2020, e nin sequera resolve a problemática de toda a xente que se está a xubilar, senón que a agrava. A oferta para os seguintes anos é de entre 32 e 37 bombeiros, pero xubilaranse nese tempo máis de 50, cando xa faltan a día de hoxe 45 prazas.

“Esta é unha situación que nunca se dera, están xubilándose todos os que comezaron nos primeiros tempos da democracia. E todo está a salvarse, polo momento, a base de horas extra, nun traballo de risco, sen ter en conta ademais o quecemento global, que está causando catástrofes naturais”, denuncia.

Incendio asilo
Un bombeiro observa o lume do antigo asilo / Miguel Núñez

“En Vigo deberiamos ter 20 bombeiros simultaneamente de garda, según os estudos, e hai ocasións nas que non chegan a 11. Isto, para comezar, fai imposible a solidariedade cos concellos da contorna”, advirte.

“Os bombeiros estamos fartos, e non estaremos así sempre”, engade: “Este problema é sistémico dentro das administracións locais, pero algunhas decatáronse e rectificaron, como en Barcelona, onde se sacaron dunha vez 300 prazas a Policía Local”.

A ironía é que unha vez que tes unha praza aprobada, está dentro do presuposto. En Vigo hai 149 prazas aprobadas e presuposto para elas. Pero traballamos só 104“, denuncia.

“Vigo é unha cidade fermosa e insegura. Hai que actuar en concordancia co que se di. Se Vigo é centro neurálxico e unha urbe de importancia, a realidade é que en bombeiros non é así. Vigo non ten un servizo de bombeiros á altura. Non se cumplen as garantías nin os protocolos de seguridade fundamental, xerando estrés entre os compañeiros, e aumentando os riscos”, lamenta González.

Opositores a bombeiro e bombeiros en Vigo/ Miguel Núñez

“Estamos avisando dos riscos, unha vez que se produza algunha traxedia haberá culpables e cada un terá que asumir a súa culpa. Eu teño claro que me xogo a vida. Canto menos seamos e máis tardemos en chegar, peor, e falamos tamén de vidas e de bens que poden ter moito valor”, e fala claro: “Hai que ser moi serio en estes asuntos. Cando suceda algo cada un asumirá a súa responsabilidade, non imos permitir outro circo”.

A situación agravouse co acontecido nas derradeiras oposicións a bombeiro na cidade, cheas de irregularidades, polo que os novos bombeiros entrarán coa inseguridade de que pode que nun ano estén fóra. González fala de ambiguidade das bases, intencionalidade dos vogais e preguntas dadas fóra do temario, algo que rematou coa paciencia de parte do colectivo.

ÚLTIMAS

O buque vigués ‘Robin M. Lee’, ao rescate dos tripulantes do palangreiro en perigo nas Malvinas

Os 27 tripulantes do palangreiro 'Argos Georgia', que nas últimas horas solicitaba axuda a 170 millas...

Unha carpa situada nas inmediacións do centro comercial A Laxe acolle unha experiencia de realidade virtual para concienciar sobre a ciberseguridade

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) organiza esta semana en Vigo a exposición '#ExperienciaIncibe' de realidade...

Encontran o cadáver dun home dentro dun piso de Vigo despois da alerta dos veciños polo mal cheiro

Os servizos de emerxencia acharon o cadáver dun home nun piso de Vigo despois...

Case 1.300 empresas galegas logran algún dos 10 indicadores Ardán

Un total de 1.289 empresas galegas lograron algún dos 10 indicadores Ardán, co almacenista...