Inicio Blog Páxina 1924

O estaleiro Rodman Polyships entrega dúas lanchas de instrución á Armada Española

0

O estaleiro galego Rodman Polyships entregou á Armada Española dúas lanchas de instrución do modelo Rodman 66 redeseñadas de acordo cos requirimentos técnicos e de funcionalidade esixidos polo armador para permitir a mellor adaptación á finalidade para a que se empregarán.

As Rodman 66 foron bautizadas como ‘M.M. Bustelo Pavón’ e ‘M.M. Pérez Verdú’ e o seu porto base situarase en Ferrol. En concreto, foron encargadas por Navantia, que as cedeu á Armada Española para que operen como lanchas de instrución na Escola Superior de Especialidades da Estación Naval da Graña (Esengra).

Segundo detallou o estaleiro, representantes de Navantia e a Armada Española mostráronse satisfeitos coas embarcacións e as súas prestacións, que comprobaron durante as probas oficiais e o acto de entrega, celebrado nas instalacións de Rodman Polyships en Meira, en Moaña.

Así, destacou que a entrega deste novo modelo de patrulleira consolida a súa posición como “un dos líderes mundiais na construción de embarcacións profesionais en PRFV”.

Deste xeito, resaltou que os barcos profesionais e embarcacións de recreo que se constrúen nas súas instalacións “son recoñecidos e altamente valorados polos armadores máis esixentes”, ademais de por “organizacións e administracións gobernamentais de todo o mundo”.

CARACTERÍSTICAS

O modelo Rodman 66 de patrulleiras de vixilancia costeira conta con 20 metros de eslora e, neste caso, adaptouse ás necesidades do seu novo armador mediante a súa conversión nunha lancha de instrución de 20,5 metros de eslora e 4,9 metros de manga.

As lanchas deseñáronse para que operen en zonas próximas ao litoral español e realicen tarefas de instrución dos alumnos da Esengra. Así, estimouse unha vida mínima activa de 20 anos no desenvolvemento e construción das embarcacións, un período durante o que se prevé que se realicen os labores de mantemento precisas.

A construción do casco e a cuberta levouse a cabo con fibras de poliéster reforzado con fibra de vidro e resinas de vinil éster e isoftálicas, homologadas para uso mariño.

Ademais, as embarcacións poden alcanzar velocidades de máis de 20 nós e contan cunha autonomía de 500 millas. Tamén poden operar de noite e sumar ata 16 tripulantes para os que dispoñen de camarotes.

Audasa di que o prezo por quilómetro na AP-9 é máis baixo que a media do Estado

O tráfico diario da AP-9 descendeu un 59% en maio respecto dese mes do ano anterior, aínda que o volume de vehículos que circularon cada día pola vía incrementouse en 4.614 en comparación con abril.

En concreto, un total de 10.054 vehículos transitaron cada día de media en maio pola AP-9, o que representa unha subida do 84,82%, segundo detallou a concesionaria, Audasa. No entanto, a cifra acumulada en maio resulta inferior á rexistrada en marzo, cando se decretou o estado de alarma, un mes no que se contabilizaron 12.727 vehículos diarios.

En concreto, Audasa lembrou que a Intensidade Media Diaria (IMD) contabiliza todos os desprazamentos, incluídos aqueles que resultan gratuítos e que representan o 51% do total. Así, lembrou que os tramos sen peaxe suman 37 quilómetros e sitúanse nas circunvalacións de Vigo, Pontevedra, Santiago e Ferrol, así como que son os que representan unha maior intensidade de tráfico.

Adicionalmente, destacou que a AP-9 representa unha das autoestradas que conta con “as peaxes máis baixas en 2020” tras a aplicación dos incrementos de tarifas. De feito, sinalou que o prezo medio da Autoestrada do Atlántico na actualidade ascende a 11,64 céntimos de euro por quilómetro e remarcou que se sitúa “un 7,2% por baixo da media das 25 autoestradas do Estado”, que supoñen un custo de 12,54 céntimos por quilómetro.

Así mesmo, este luns comezou a reapertura dos restaurantes da autoestrada. A área de Ameixeira, situada en Ordes (A Coruña), foi a primeira na que se renovou a actividade, para o que se puxo en marcha un protocolo de seguridade e hixiene que busca priorizar a protección dos empregados e reducir o impacto económico do peche do establecemento.

O comité de empresa do transporte de Vigo demanda limitar o aforamento dos autobuses

O comité de empresa da concesionaria do transporte urbano de Vigo, Vitrasa, apostou por limitar o aforamento dos autobuses para garantir a distancia de seguridade entre os pasaxeiros e os condutores co obxectivo de evitar o contaxio por coronavirus.

Mediante un comunicado, cualificou de “insuficientes” as medidas adoptadas pola empresa e o Concello de Vigo e avogou pola colocación de biombos para separar os condutores dos usuarios do servizo de transporte, cuxa instalación lembrou que se reclamou desde 2016.

Así mesmo, o comité de empresa esixiu que se establezan medidas que permitan garantir o mantemento dunha distancia de seguridade entre os condutores e os pasaxeiros, ademais de propor que se elimine o pago en efectivo co obxectivo de minimizar o contacto entre ambos os colectivos.

Tamén se expuxo que as subidas e baixadas de viaxeiros se realicen pola porta traseira, así como que se impida o acceso á parte dianteira. Ademais, instouse aos usuarios do transporte público a evitar as consultas aos condutores e a manter unha separación que permita evitar a propagación do virus.

O comité de empresa de Vitrasa denuncia o “incumprimento” dos tempos de descanso

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo polo “incumprimento” por parte da compañía dos tempos de descanso durante a xornada laboral dos condutores.

Así o sinalou nun comunicado a Confederación Intersindical Galega (CIG), quen lamentou que Vitrasa “siga sen respectar as medidas preventivas que figuran na súa propia avaliación de riscos”.

Na denuncia, a representación do persoal de Vitrasa fai mención a que na avaliación de riscos da empresa se establecen como medidas preventivas que “ningún traballador poderá conducir de maneira ininterrompida máis de catro horas e media sen facer unha pausa” e que a duración mínima desa pausa será de 45 minutos, “podendo fraccionarse en interrupcións de polo menos 15 minutos cada unha ao longo do período de condución”. Segundo a CIG, a pesar dos “incumprimentos reiterados” destas medidas de seguridade, a resposta da empresa “foi que hai que revisar a avaliación”. 

Así mesmo, o comité tamén puxo en coñecemento de Inspección de Traballo que a compañía “non atendeu o requirimento da autoridade laboral a respecto dos aseos para condutores“. “Unicamente se instalou un aseo público, e non nos constan negociacións da empresa co Concello ou cafetarías, e moito menos un mínimo de vontade de solucionar este problema”, sentenciou a asociación sindical.

A sede da UVigo no Berbés avanza a paso de xigante

A nova sede da Universidade de Vigo no Berbés comeza a conta atrás para a súa apertura. A estrutura de madeira do edificio xa está preparada. Un dos puntos máis novidosos é a utilización da madeira como material para a construción material, xa que segundo os responsables da edificación “é a primeira obra pública en Galicia destas características. Neste caso, a materia prima está importada de Austria e os responsables da obra destacan “o escaso impacto ecolóxico que causa”.

A presentación contou coa presenza arquitectos da obra, Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, o director técnico de Infraestruturas da UVigo, Hector Álvarez, o director director da Axencia Galega de Industrias Forestais (XERA), José Ignacio Lema e técnicos de XERA-CIS Madeira e o presidente do Colexio de Arquitectos de Vigo, Manuel Martínez.

Interior da nova sede da Universidade de Vigo no Berbés / Miguel Núñez

O proceso de construción foi complexo por mor das características do terreo no que se encadran as antigas casas de Pescadores do Berbés, das que se manteñen os baixos orixinais dos tres inmobles que ocupa a nova sede, que albergará unha parte administrativa, a universidade de maiores, unha sala de prensa, unha tenda, despachos e “espazos multifuncionais de uso flexible”, tal e como destacou Alonso. O edificio levántase sobre un terreo que no seu momento foi adquirido polo Consorcio do Casco Vello de Vigo por 1’1 millóns de euros e posteriormente cedidos á Universidade de Vigo para o seu uso nun período corenta anos.

A IMPORTANCIA DOS ARQUITECTOS

Martínez destacou a importancia dos responsables da obra. Lembrou a necesidade de darlles o pulo que se merece responsables da construción “porque a arquitectura a fan os arquitectos” e engadiu que non soamente son dignas de destacar as obras faraónicas senón que “os proxectos pequenos que se fan a diario. Son a choiva fina necesaria para que medre todo”

Alonso considera que esta obra do Berbés é “pequena pero importante” e destacou o carácter colectivo da mesma porque detrás da obra con independencia dos asinantes, “hai un equipo de dez ou doce persoas que detrás do que non nos podemos esquecer”.

Persoas presencias a explicación do proxecto da nova sede / Miguel Núñez

Tamén relata que houbo complicacións tanto polas diferentes alturas como por outros moitos factores: “Estámonos movendo en casas de entre 3 e 5 metros e por estar destinadas un uso público nos permitíanos usalas pero mantendo a súa pegada histórica”. Ademais o edificio está en costa “polo que o que nunha fachada é planta baixa, na outra é planta primeira. Hai máis de 6 metros de desnivel”.

Debido á especial incidencia que teñen as termitas en Vigo e o material sobre o que se está a traballar, protexer o edificio foi de vital importancia. “O primeiro foi evitar a humidade por todos os medios que nos foi posible, ademais puxemos dúas barreiras, unha física metálica e outra con produtos químicos”. Ademais, os responsables da obra denunciaron que noutros Estados europeos, como Francia, é obrigatorio pór barreiras antitermitas mentres que en España non.

“OS EUCALIPTOS TEÑEN USOS NA CONSTRUCIÓN”

Lema declarou que dende a Xunta estase fomentando que haxa máis obra pública feita en madeira e prometeu “próximos anuncios de obras con estas características porque é un elemento clave na estratexia de bioeconomía europea de deixar de utilizar recursos fósiles”. Considera que nun futuro próximo as empresas galegas producirán as madeiras para satisfacer esta demanda. “O que sería pechar unha economía circular: Tendo os nosos bosques a través da innovación tecnolóxica”.

O director do XERA indica “que se están a apoiar fundamentalmente -para fornecer a biodiversidade- o desenvolvemento de coníferas e castiñeiros” , Lema considera que non se pode esquecer que “o eucalipto galego ten aplicacións na construción”.

 

Os círculos de silencio multiplícanse en Vigo: descobre a súa orixe

Os círculos do silencio, nados hai unha década en Francia, estendéronse xa por toda Francia e boa parte de Europa. Agora chegan a Vigo. Este 21 de marzo un gran círculo ocupou o centro da nosa cidade.

Praza da farola, protesta co círculo do silencio/ Miguel Núñez

O obxectivo destas estruturas humanas é a protesta, un berro estático contra a cultura da violencia. “Un xesto pacífico permanente de denuncia, a través dunha acción sinxela e asumible para todo o mundo”, subliñan os seus promotores, Rede Social Galicia Sur.

Praza da farola, protesta co círculo do silencio/ Miguel Núñez

“O silencio como forma de diálogo, que apela á conciencia de quen fai as leis, de quen as aplica e da cidadanía que as asume, ás veces de forma pasiva e acrítica. Silencio como forma de acción que aglutina a persoas de boa vontade, que podendo ter ideoloxías, culturas ou crenzas diferentes, atopan nese silencio solidario coas persoas e comunidades oprimidas unha linguaxe común”, subliñan.

Así, neste mundo repleto de ruídos, pensaron que o máis revolucionario sería o silencio, para reivindicar outros escenarios, sen tanto eslogan e sobreinformación, “infoxicación” que lle chaman. Confusión, neurose.

O primeiro círculo de silencio de Vigo celebrouse en Vigo o día 17 de outubro de 2018, para denunciar a política fronteiriza do Estado e para dar ánimos ás persoas migrantes. O segundo chegou o 30 de xaneiro deste ano, contra as guerras, e o pasado xoves centrouse na loita contra o racismo.

Galería de fotos: Xinzo de Limia, o entroido máis espectacular

0

O entroido de Xinzo de Limia xa é de interese turístico internacional.

A pantalla, símbolo de Limia, xa é moito máis que un disfraz.

Unha máscara que os habitantes de Xinzo de Limia, e os seus fillos, e os fillos destes, visten antes incluso de chegar a este mundo.

Un orgullo singular que vai máis aló das xeracións.

E, ademais de todo iso, agora ten un título: o de Interese Turístico Internacional.

Unha fronteira para os ‘sen teito’ en Vigo

Nas escaleiras do edificio dos Pescadores, do Barrio de Torrecedeira, instalouse un valo para evitar unha realidade que os veciños levaban meses denunciando, sen recibir contestación algunha por parte do Concello. A dos centos de persoas que semana tras semana se sentaban nelas para beber alcol, chegando a mexar ou pelexar nas mesmas.

Torrecedeira patio interior de Torrecedeira / Miguel Nuñez

O albergue está fronte ao lugar e centos de persoas quedan fóra del cada mes, 201 en agosto, moitas delas con problemas de bebida. Tanto a Acampada contra a pobreza, por tódalas persoas que non caben no edificio do albergue e teñen que durmir nas rúas, como os veciños de Torrecedeira, para evitar este tipo de situación, claman pola creación doutro albergue que se sume a este, noutra zona da cidade.

edificio dos pescadores
edificio Dos pescadores, patio interior na zona de torrecedeira /Miguel Nuñez

Non chegou a contestación por parte do ente municipal, si o “parche”: este valo que non soluciona o problema e dificulta o tránsito de persoas pero aforra aos veciños unha pequena parte das incomodidades que sofren.

Patio interior bloque dos pescadores Torrecedeira / Miguel Nuñez

Abel Caballero, criticado por Alfonso Rueda por “xacobeofobia”

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, manifestou este martes que, nunha repartición “obxectiva”, Galicia “debería ter máis” asignación dos fondos europeos por parte do Goberno de España. Rueda, que participou no ‘Foro Turismo’ de Europa Press, resaltou que “primeiro” teñen que saber “cantos fondos” van ter e “en que van consistir”, pero que, tras algunhas reunións, á Xunta non “lle gustan as cifras que se asignan”.

Así mesmo, o vicepresidente galego recalcou que necesitan coñecer as condicións de execución destes fondos, que terán unhas condicións “estritas e uns prazos de execución”, como “debe ser”, pero para o que tamén é necesario tempo. Rueda tamén pediu ao Goberno central que estes fondos se utilicen “con planificación”.

Rueda subliñou que polo momento non se celebrou a conferencia sectorial para coñecer as condicións definitivas pero recalcou que en Galicia “hai moito interese”, cun sector turístico “disposto a soportar o seu parte e beneficiarse da iniciativa pública deses proxectos transformadores”.

O vicepresidente primeiro mostrouse esperanzado en que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo maniféstese o compromiso co Ano Xacobeo e criticou algúns xestos do Goberno central, como a presentación deste plan nacional en Oviedo. “Se hai un sitio para presentalo é Santiago de Compostela”, matizou, engadindo que espera que se “reconduza ese compromiso que se di que vai haber” con Galicia.

Rueda indicou tamén que os fondos en turismo servirán para transformar o modelo de turismo “que xa estaba a vir antes da pandemia”, con novas tecnoloxías e unha “participación importante do sector privado”, e que sirva para revitalizar zonas de Galicia “con moito potencial ás que lle faltaba investimento”.

TACHA A ‘XACOBEOFOBIA’ DE “ABSURDA”

Roda tamén sinalou que é “absurda” a ‘xacobeofobia’ que se está producindo nalgúns sectores e apuntou en concreto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero. Neste sentido, indicou que Vigo “é a única cidade de Europa e probablemente do mundo onde o goberno municipal”, dixo, renega do Camiño de Santiago.

O vicepresidente galego explicou que, ademais, o camiño portugués da costa, que é o que atravesa dita cidade, “está a crecer moito”, pero que o goberno municipal “non deixa nin sinalizalo”. Nesta liña, agradeceu aos hostaleiros que colocan indicacións nos seus establecementos e que os peregrinos non se perdan. “Cóntao por aí fóra e non llo cre ninguén”, subliñou, facendo alusión tamén á campaña iniciada polas mocidades do BNG, Galiza Nova, contra o Xacobeo. “Se o Xacobeo non é bo para Galicia que falen cos hostaleiros”, remachou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Condenado un vigués a 2 anos de cárcere por violación de morada, abusar da súa ex parella e quebrantar unha orde de afastamento

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a unha pena de dous anos e dous meses de prisión a un home polos delitos de quebrantamento de condena, violación de morada e abuso sexual, tras quebrantar por segunda vez unha orde de afastamento da súa ex parella.

O xuízo por estes feitos estaba previsto mediante tribunal de xurado na mañá deste luns, no entanto, non chegou a celebrarse ao chegar todas as partes a un acordo de conformidade, polo que o home, que permanece en prisión provisional desde xaneiro de 2021, viu rebaixadas as penas que pedía a Fiscalía de 5 anos de prisión a 2 anos e 2 meses de cárcere.

Segundo o escrito do Ministerio Público, o acusado mantivo coa muller unha relación sentimental de catro anos que terminou en agosto de 2020, cando o home foi condenado como autor dun delito de malos tratos familiares a 50 días de traballo en beneficio da comunidade e á prohibición de aproximarse ou comunicarse coa súa ex parella por tempo de 18 meses.

A pesar diso, o home “non cumpriu as penas de prohibición de achegarse e comunicarse coa súa ex parella sentimental”, polo que “apenas transcorrido un mes foi de novo condenado (…) como autor dun delito continuado de quebrantamento de condena” a 6 meses de prisión. Dita pena foi suspendida durante dous anos condicionado a que o home non cometese novos delitos.

O acusado “desde agosto de 2020 non asumía a ruptura da relación sentimental”, polo que en xaneiro de 2021, a pesar de ser coñecedor da anterior condena e de que seguían en vigor as penas de prohibición de achegarse e comunicarse coa muller, presentouse no domicilio dela e, despois de manter un encontro cara a cara ausentouse do lugar.

Na madrugada dese día, “guiado polo propósito de vulnerar a privacidade e intimidade dela” e sen o seu consentimento, accedeu á vivenda dela, onde foi descuberto pola muller e atopou a un amigo dela. Desta forma, ao “comprobar con quen ía pasar a noite ela, non abandonou de forma voluntaria a vivenda”.

Así, tivo que ser a muller a que o conduciu cara á porta de entrada para que se fose, onde o acusado para evitar saír colocou un dos seus pés na porta de entrada, de forma que ela non puidese pechar totalmente a porta da casa. Foi entón cando o home, “guiado polo ánimo de satisfacer os seus instintos sexuais tocoulle os peitos, á vez que lle dicía: ‘A ver cando follamos'”. Nese momento ela díxolle que ía chamar á Policía, tras o que el se marchou.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed