InicioVigo e contornaVigoA sede da UVigo no Berbés avanza a paso de xigante

A sede da UVigo no Berbés avanza a paso de xigante

O proceso de construción foi complexo por mor das características do terreo no que se encadran as antigas casas de Pescadores do Berbés, das que se manteñen os baixos orixinais dos tres inmobles que ocupa a nova sede. Un dos elementos novedosos é que está feita con madera laminada.

PUBLICADO O

A nova sede da Universidade de Vigo no Berbés comeza a conta atrás para a súa apertura. A estrutura de madeira do edificio xa está preparada. Un dos puntos máis novidosos é a utilización da madeira como material para a construción material, xa que segundo os responsables da edificación “é a primeira obra pública en Galicia destas características. Neste caso, a materia prima está importada de Austria e os responsables da obra destacan “o escaso impacto ecolóxico que causa”.

A presentación contou coa presenza arquitectos da obra, Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, o director técnico de Infraestruturas da UVigo, Hector Álvarez, o director director da Axencia Galega de Industrias Forestais (XERA), José Ignacio Lema e técnicos de XERA-CIS Madeira e o presidente do Colexio de Arquitectos de Vigo, Manuel Martínez.

Interior da nova sede da Universidade de Vigo no Berbés / Miguel Núñez

O proceso de construción foi complexo por mor das características do terreo no que se encadran as antigas casas de Pescadores do Berbés, das que se manteñen os baixos orixinais dos tres inmobles que ocupa a nova sede, que albergará unha parte administrativa, a universidade de maiores, unha sala de prensa, unha tenda, despachos e “espazos multifuncionais de uso flexible”, tal e como destacou Alonso. O edificio levántase sobre un terreo que no seu momento foi adquirido polo Consorcio do Casco Vello de Vigo por 1’1 millóns de euros e posteriormente cedidos á Universidade de Vigo para o seu uso nun período corenta anos.

A IMPORTANCIA DOS ARQUITECTOS

Martínez destacou a importancia dos responsables da obra. Lembrou a necesidade de darlles o pulo que se merece responsables da construción “porque a arquitectura a fan os arquitectos” e engadiu que non soamente son dignas de destacar as obras faraónicas senón que “os proxectos pequenos que se fan a diario. Son a choiva fina necesaria para que medre todo”

Alonso considera que esta obra do Berbés é “pequena pero importante” e destacou o carácter colectivo da mesma porque detrás da obra con independencia dos asinantes, “hai un equipo de dez ou doce persoas que detrás do que non nos podemos esquecer”.

Persoas presencias a explicación do proxecto da nova sede / Miguel Núñez

Tamén relata que houbo complicacións tanto polas diferentes alturas como por outros moitos factores: “Estámonos movendo en casas de entre 3 e 5 metros e por estar destinadas un uso público nos permitíanos usalas pero mantendo a súa pegada histórica”. Ademais o edificio está en costa “polo que o que nunha fachada é planta baixa, na outra é planta primeira. Hai máis de 6 metros de desnivel”.

Debido á especial incidencia que teñen as termitas en Vigo e o material sobre o que se está a traballar, protexer o edificio foi de vital importancia. “O primeiro foi evitar a humidade por todos os medios que nos foi posible, ademais puxemos dúas barreiras, unha física metálica e outra con produtos químicos”. Ademais, os responsables da obra denunciaron que noutros Estados europeos, como Francia, é obrigatorio pór barreiras antitermitas mentres que en España non.

“OS EUCALIPTOS TEÑEN USOS NA CONSTRUCIÓN”

Lema declarou que dende a Xunta estase fomentando que haxa máis obra pública feita en madeira e prometeu “próximos anuncios de obras con estas características porque é un elemento clave na estratexia de bioeconomía europea de deixar de utilizar recursos fósiles”. Considera que nun futuro próximo as empresas galegas producirán as madeiras para satisfacer esta demanda. “O que sería pechar unha economía circular: Tendo os nosos bosques a través da innovación tecnolóxica”.

O director do XERA indica “que se están a apoiar fundamentalmente -para fornecer a biodiversidade- o desenvolvemento de coníferas e castiñeiros” , Lema considera que non se pode esquecer que “o eucalipto galego ten aplicacións na construción”.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...