InicioSociedadeOs círculos de silencio multiplícanse en Vigo: descobre a súa orixe

Os círculos de silencio multiplícanse en Vigo: descobre a súa orixe

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os círculos do silencio, nados hai unha década en Francia, estendéronse xa por toda Francia e boa parte de Europa. Agora chegan a Vigo. Este 21 de marzo un gran círculo ocupou o centro da nosa cidade.

Praza da farola, protesta co círculo do silencio/ Miguel Núñez

O obxectivo destas estruturas humanas é a protesta, un berro estático contra a cultura da violencia. “Un xesto pacífico permanente de denuncia, a través dunha acción sinxela e asumible para todo o mundo”, subliñan os seus promotores, Rede Social Galicia Sur.

Praza da farola, protesta co círculo do silencio/ Miguel Núñez

“O silencio como forma de diálogo, que apela á conciencia de quen fai as leis, de quen as aplica e da cidadanía que as asume, ás veces de forma pasiva e acrítica. Silencio como forma de acción que aglutina a persoas de boa vontade, que podendo ter ideoloxías, culturas ou crenzas diferentes, atopan nese silencio solidario coas persoas e comunidades oprimidas unha linguaxe común”, subliñan.

Así, neste mundo repleto de ruídos, pensaron que o máis revolucionario sería o silencio, para reivindicar outros escenarios, sen tanto eslogan e sobreinformación, “infoxicación” que lle chaman. Confusión, neurose.

O primeiro círculo de silencio de Vigo celebrouse en Vigo o día 17 de outubro de 2018, para denunciar a política fronteiriza do Estado e para dar ánimos ás persoas migrantes. O segundo chegou o 30 de xaneiro deste ano, contra as guerras, e o pasado xoves centrouse na loita contra o racismo.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...