Inicio Blog Páxina 1918

AER traslada ao BNG a necesidade da dimisión da alcaldesa de Redondela para “conservar un goberno progresista”

0

Agrupación de Electores de Redondela (AER) trasladou a “necesidade” de que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, dimita para “conservar un goberno progresista” ao BNG, ao que expuxo que, en caso de conformarse un novo executivo, sómese ao mesmo.

Así se manifestaron representantes de AER nunha reunión mantida co Bloque e enmarcada na rolda de contactos que leva a cabo coas distintas forzas políticas “para buscar unha solución quegarantice a estabilidade do goberno do Concello de Redondela”.

Neste contexto, AER subliñou a necesidade de que a rexedora dimita e animou aos representantes do BNG a que se incorporen a un novo equipo de goberno se se conforma “polo ben da estabilidade institucional” e “para poder atender adecuadamente os principais problemas do Concello, especialmente en materia social”.

A agrupación de electores valorou o clima “cordial” no que se desenvolveu o encontro e lembrou que “Digna Rivas é alcaldesa de Redondela grazas aos apoios tanto de AER como do BNG, aínda que que o grupo nacionalista no seu momento declinou entrar a formar parte do goberno”.

Esta semana AER tamén mantivo unha reunión coa agrupación local do PSOE na que reclamou a dimisión da alcaldesa, unha petición que non descartou manter aínda que a súa formación recupere as competencias en materia de limpeza de praias.

PACTO DE GOBERNO ROTO

Esta situación prodúcese despois de que este domingo AER dese por roto o pacto de goberno local co PSOE tras unha resolución ditada pola rexedora pola que se “retiraron” ao concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, as competencias sobre a limpeza de praias.

Por iso, a agrupación decidiu pedir a dimisión da alcaldesa por ser a “única responsable da ruptura unilateral do pacto de investidura” asinado entre ambas as formacións tras as eleccións de 2019.

Os socialistas liderados por Rivas, a actual alcaldesa, contan con sete edís nun pleno de 21. Para ser elixida en 2019 necesitou o tres votos de AER, máis os dous do BNG. As eleccións gañounas con nove concelleiros o PP, que quedou a dous de obter a maioría absoluta.

A “resaca” do Nadal tradúcese nun record de positivos nos centros de ensino en Galicia

Os datos de positivos nos centros escolares en Galicia toca o seu máximo histórico con 1441 positivos, 25 aulas pechadas e 1 centro de ensino pechado.

Supón un ascenso do 40% en apenas catro días lectivos dende o pasado venres 8 de xaneiro, cando Galicia reanudou o curso escolar.

Este incremento choca frontalmente coa petición feita polo sindicato ANPE Galicia, que pedían a mediados de decembro retrasar a volta ao colexio ata o día 11 de xaneiro, logo das vacacións de Nadal, dado o levantamento de libre circulación para reagrupamento familiar decretado pola Xunta para as celebracións de Nadal.

A proposta do sindicato foi denegada pola Xunta alegando a un problema de conciliación para as familias, que podería supor un maior perigo de propagación ao ter que deixar aos escolares ao cargo de outras persoas.

Para atopar unha cifra de positivos similar hai que remontarse ao 7 de novembro de 2020 cando a crifra de positivos sumaba 1302 casos e 71 aulas pechadas.

Casos por áreas sanitarias

Área Sanitaria de A Coruña con 374 casos positivos repartidos e 139 centros educativos, onde os centros CPR Liceo La Paz suma 15 casos, o CPR Santa María del Mar 14, sendo os centros con máis positivos da área.

Vigo con 272 positivos repartidos en 145 centros onde persisten os casos no CPR Apóstol Santiago con 6 casos activos.

Na área sanitaria de Santiago a crifra é de 262 positivos repartidos en 119 centros, onde o CPR Compañía de María conta con 14 positivos.

Ourense suma 187 positivos repartidos en 86 centros, sendo o CIFP A Carballeira o máis afectado con 8 positivos.

A área de Pontevedra suma 141 casos repartidos en 76 centros onde o CEIP da Torre-Illa en Arousa, O IES Armando Cotarelo e o IES Castro Alobre suman 6 casos cada un.

Lugo suma 115 contaxios repartidos en 66 centros sendo o IES Vilar Ponte de Viveiro o que suma máis casos con 10 positivos.

A área menos “tocada” é a de Ferrol con 90 positivos repartidos en 43 centros onde o centro máis afectado sería o IES Concepción Arenal con 10 positivos.

Médicos e enxeñeiros de Vigo cooperan nunha tese pioneira sobre a ruptura de aneurismas cerebrais

0

Enxeñeiros da Universidade de Vigo (UVigo) e médicos do Hospital Álvaro Cunqueiro cooperaron no desenvolvemento da primeira tese doutoral que analiza causas que poden incidir na ruptura de aneurismas cerebrais.

O especialista en Neurociruxía José Luís Thenier presentou a súa tese doutoral, cualificada con sobresaliente ‘Cum laude’, sobre a dinámica dos fluídos en aneurismas cerebrais recentemente, segundo trasladou a xerencia da área sanitaria de Vigo nun comunicado.

O traballo foi dirixido pola neurocirurxiá do hospital vigués Rosa Martínez e o profesor de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica aplicada e Construción da universidade Antonio Rivero. Así, foi froito dunha colaboración xestada desde a posta en marcha do Grao de Enxeñaría Biomédica nese centro educativo, no que participa o Álvaro Cunqueiro.

En concreto, o proxecto ‘Análise xenética e hemodinámico do risco de ruptura de aneurismas intracraniales’ aborda factores clínicos e a idade, o sexo e patoloxías previas dun paciente que poden influír na ruptura de aneurismas cerebrais. A través do traballo confirmouse a relación de alteracións do fluxo como as secundarias e os tratamentos múltiples e a asincronía do pulso cun maior risco.

Deste xeito, empregáronse modelos matemáticos para estudar factores físicos dos vasos sanguíneos, como a xeometría e as presións, que poden favorecer a ruptura e o sangrado. Mediante estudos radiológicos de pacientes e a aplicación do software da Escola de Enxeñaría creáronse modelos tridimensionais e desenvolvéronse simulacións que recrearon o fluxo das arterias e aneurismas.

No marco da investigación analizáronse os casos de 96 pacientes tratados na última década no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Así, contempláronse distintos escenarios, a existencia de aneurismas múltiples nun paciente, os efectos da sincronía das pulsaciones e os derivados do tratamento dunha complicación dun aneurisma, a hidrocefalia. As simulacións permitiron contrastar alteracións do patrón do fluxo en situacións concretas para cada tipo de pacientes.

O coñecemento de circunstancias específicas nas persoas favorece a realización de predicións e o establecemento dun tratamento cunha maior personalización. O obxectivo é minimizar perigos relativos ás terapias e mellorar os resultados destas.

Vigo achégase ós 2.000 postivos logo dunha xornada de récord con 215 casos rexistrados

Os contaxios de COVID-19 detectados nas últimas 24 horas en Galicia volveron a alcanzar unha nova marca histórica, con 755. De todas as áreas sanitarias, a de Vigo disparouse a 215, tamén a cifra máis alta de toda a pandemia, con 30 máis que o día anterior.

En canto ás altas, nas últimas 24 horas curáronse 363 persoas, o que coloca o total desde o inicio da pandemia en 26.900. Ademais, ata o momento faleceron 910 persoas con coronavirus na Comunidade galega, tras engadirse ao cómputo oito vítimas notificadas na tarde do venres –tres delas relacionadas con residencias de anciáns–.

Así, a cifra de casos activos –persoas que aínda parecen a enfermidade– está este sábado no total de 8.762, un ascenso de 399 nun día. Tamén neste sentido disparáronse en Vigo, que se sitúa á cabeza con 1.924 pacientes de coronavirus (+166).

Todas as áreas rexistraron ascensos no número de casos activos. En Lugo, subiron a 894 (+93); en Ferrol, a 807 (+50); na Coruña, a 1.437 (+41); en Santiago, a 1.394 (+27); e en Pontevedra, a 918 (+19). Pola súa banda, Ourense con 1.397 estabilizáronse ao sumar tan só 3 pacientes novos con respecto ao venres, respectivamente.

PCR E POSITIVIDADE

Así mesmo, ata a data realizáronse en Galicia un total de 682.669 PCR, o que reflicte que en 24 horas fixéronse 10.234 probas. De todas elas, o 7,6% arroxou un resultado positivo, unha cifra aínda por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde.

Todas as áreas sanitarias salvo a de Ourense e Santiago, cun 4,8% ambas, exceden este limiar. A Coruña sitúase á cabeza co 10,2% das PCR positivas e séguenlle Ferrol (9,6%), Vigo (9,5%), Lugo (7,9%) e Pontevedra (5,8%).

A CIG concéntrase no Porriño tralo cuarto falecemento por precariedade laboral en 2020

A Confederación Intersindical Galega (CIG) protagonizou este mércores unha concentración no Porriño (Pontevedra) para denunciar o cuarto falecemento nun accidente laboral rexistrado na localidade no que vai de ano e reclamar a adopción de maiores medidas de seguridade.

Segundo trasladou o sindicato, delegados da central mobilizáronse ante a empresa Sólido Feed, na que traballaba o operario falecido, e percorreron a contorna das instalacións que esta comparte con outra compañía na parroquia de Atios.

Deste xeito, baixo consignas como ‘Emprego estable e con seguridade‘ e ‘Accidente laboral, terrorismo patronal‘, buscaron alertar de que “a precariedade mata” e demandar a adopción de máis medidas de seguridade durante a protesta.

Nesta liña, a CIG achacou á “elevada precariedade laboral“, os “altos ritmos de traballo” e a “falta de seguridade e de medidas de protección” a maior parte dos accidentes laborais rexistrados.

Así mesmo, os delegados da central lembraron que este último accidente laboral representa o cuarto que levou o falecemento dun traballador no Porriño no que vai de ano. Por este motivo, instaron ás empresas a extremar a seguridade e a protección do seu persoal.

Neste sentido, advertiron de que manterán as súas demandas para que se cumpran as medidas que garantan a integridade física dos traballadores e esperaron que non sexa precisa unha nova mobilización en recordo dun empregado.

Detidos un home e unha muller en Vigo por roubo con forza nunha vivenda

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un home de 32 anos de idade e a unha muller de 29 anos, ambos de nacionalidade romanesa, como presuntos autores dun roubo con forza cometido nunha vivenda da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do sábado, cando unha veciña alertou ao 091 sobre a presenza dos sospeitosos forcexeando na porta de acceso a un domicilio da rúa Covadonga, na zona de Bouzas.

Ao lugar desprazouse unha dotación policial, e contactou coa propietaria da vivenda, que vive na mesma rúa. Así, ao entrar no interior do domicilio, atopáronse con que a porta de entrada fora forzada e o interior estaba revolto.

Tras facilitar unha descrición dos sospeitosos aos indicativos policiais, unha dotación localizou a dúas persoas, á beira dun supermercado na rúa Camilo Veiga, que coincidían coa descrición dos supostos ladróns.

Os axentes identificáronos e cacheáronos, e puideron comprobar que levaban encima diversos efectos dos que non puideron xustificar a súa procedencia, polo que foron detidos.

Unha vez en Comisaría tomóuselles declaración e confirmouse que o home ten antecedentes policiais. Os detidos e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución 7 de Vigo.

Abel Caballero di que ERC terá que aceptar “un acordo dentro da Constitución”

A portavoz no Congreso do PSOE, Adriana Lastra, asegurou que en política é posible facer pactos e ser fiel aos propios principios e que o problema non é dialogar, senón tratar de impor un punto de vista. Pola súa banda, o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou que ERC terá que aceptar “un acordo dentro da Constitución” e insistiu en que PP e Cs se absteñan.

Lastra presentou este xoves unha conferencia do presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), do que destacou a súa capacidade para estar en contacto cos seus veciños e escoitalos. A dirixente socialista dixo neste punto que en política “dialogar non é un problema” senón que “o problema o teñen os que se negan a dialogar e os que queren impor a súa visión a toda a sociedade”.

A continuación, asegurou que o resultado dese diálogo pode ser un acordo e que “o pacto non está rifado coa fidelidade aos teus principios”. “Na España de hoxe é un exercicio de responsabilidade que nos corresponde facer a todos”, dixo.

No caso do PSOE, quixo subliñar que sempre traballou dentro da Constitución, “que este partido fixo da súa propia man e defende desde o preámbulo ata a última palabra”. “É a nosa folla de ruta”, concluíu.

Foron as súas únicas alusións ás negociacións entre partidos no día en que está prevista a reunión do PSOE e ERC para buscar un pacto que facilite a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno. En declaracións aos xornalistas antes e despois do acto, e preguntada respecto diso, limitouse a dicir que o seu partido “sempre vai con ánimo” ás reunións.

CABALLERO APELA O PP

Caballero, pola súa banda, dixo sobre a negociación con ERC que o partido independentista “ten que vir ao mundo da posibilidade do acordo dentro da Constitución” e mostrouse seguro de que o candidato socialista, Pedro Sánchez, vai actuar dentro da constitucionalidade “e con liñas vermellas que non vai traspasar xamais“.

“Quen se atreve a dubidar, que broma é esta?”, expuxo a quen lanzan sospeitas de que o PSOE cederá ante as reivindicacións independentistas.

O presidente da FEMP insistiu en reclamar a abstención do PP e de Ciudadanos e esixiu ao líder ‘popular’, Pablo Casado, que anuncie esta posición. “Ten case 90 deputados e a posibilidade de cooperar”, engadiu.

Identificado o condutor dun camión que tirou cascallos na vía pública e obrígao a retiralos

A Policía Local de Vigo identificou ao condutor dun camión e tramitou denuncia por un suposto delito ambiental, por depositar cascallos e outros residuos na vía pública. Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar o pasado luns pola tarde, cando un veciño alertou ao 092 de que vira un camión envorcando a súa carga de plásticos e sacos de cascallos na vía pública, á beira dun colector na parroquia de Bembrive.

A Policía logrou localizar ao condutor do vehículo e unha dotación trasladouse á empresa á que pertence. Como primeira medida, obrigárono a retirar os residuos que deixara, e tamén se reclamaron os albaráns da carga para verificar os permisos administrativos e trasladar os feitos a Medio Ambiente, por se procede cursar sanción por incumprir a normativa.

A Real Sociedad iguala no último momento en Balaídos un novo gol de Aspas

Para comezar a Copa do Rei, Antonio Mohamed decidiu dar entrada a algúns dos menos habituais e incluso tirou de canteira, pero buscou o equilibrio coa presenza de Aspas ou Lobotka, ambos moi participativos. Non é sinxelo xestionar dous partidos difíciles na mesma semana.

Aspas apareceu en tódalas frontes: baixaba a defender, tocaba o balón en campo propio e o da Real, cortaba xogadas, axudaba na elaboración e tamén, por suposto, exercía de capitán protestando ao colexiado as xogadas máis polémicas.

Aspas protesta no chan/ Liga Santander

E todo parecía facelo ben, pero lonxe da área, ata que apareceu no gol, despois dun córner botado por Brais Méndez, que ingresou na cancha despois dunha primeira parte que rematara ‘a gafas’: 0-0.

Dous dos xogadores con máis potencial ofensivo do equipo, Pione Sisto e Emre Mor, xogaron 45 minutos cada un e deixaron luces e sombras. Sisto deu co pau e case marca de falta, pero tamén sacando raso un balón estivo a piques de conceder unha ocasión clara de gol ao rival.

Eckert e Sisto/ Liga Santander

Mor tamén participou nunha xogada de moito perigo, amosando a súa calidade, pero perdeu bastantes balóns, xerándose algunha contra. Nos últimos minutos, cando non quedaban cambios, acusaba dor na súas costas e non puido loitar con normalidade algúns balóns, máis a bancada agradeceu o seu esforzos con aplausos.

Dous xogadores necesitados de confianza, sobre todo Mor. Sobre el pesa unha ‘lenda negra’ de indisciplina, sexa máis ou menos certa, tras ser criticado publicamente por Mohamed e apartado a meirande parte do que levamos de Liga.

Brais Méndez no córner que termina en gol/ Liga Santander

Foi un partido de ‘cabeciña’, sen demasiadas ocasións claras, no que ambos equipos tentaban coidar o balón, de feito o Celta arriscou se cadra de máis á hora de sacar o balón xogado desde a portería.

A idea principal era non cometer erros e o 0-0 parecía un resultado xusto e incluso bo. Co inesperado gol de Aspas (non estabamos xerando moito perigo) a ledicia chega a Balaídos, pero o tanto final de Juanmi calmou os ánimos. Queda moito por loitar aínda.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed