Inicio Blog Páxina 1919

A provincia de Pontevedra celebra a vida e obra de María Victoria Moreno no Día das Letras Galegas

Galicia estima e divulga a labor cultural exercida por María Victoria Moreno, homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas, a través de numerosos actos como presentacións musicais, de libros e de pezas audiovisuais, ademais de exposicións e conferencias, que teñen como punto álxido o acto central organizado este xoves en Pontevedra pola Real Academia Galega (RAG).

Os actos polas Letras Galegas empezaron hai semanas e continuarán todo o ano, sendo Pontevedra a localidade que ten maior protagonismo, por ser a cidade na que a escritora e docente se estableceu en 1963, nada máis chegar a Galicia, e onde viviu até o seu falecemento no ano 2005.

Así, este día 17, ademais do pleno extraordinario que a Real Academia Galega organiza de mañá no Teatro Principal de Pontevedra, celebrarase o acto central do Día das Letras organizado pola Asociación Sociocultural do Burgo, ás 19:00 horas na Praza de Curros Enríquez. Hoxe mesmo, o Centro Dramático Galego fará unha xornada de portas abertas con visitas guiadas gratuítas.

Tras iso, o 18 de maio a Deputación de Pontevedra inaugurará a exposición ‘Os Bolechas e as variedades dialectais’ na avenida de Montero Ríos; e o 19 ás 20,00 horas na asociación de veciños Santa María de Ponte Sampaio inaugurarase unha exposición e Montse Fajardo impartirá unha conferencia.

Será xa a finais de maio, o día 30, cando se realice no Pazo de Mugartegui, en Pontevedra, a tradicional recepción do alcalde ás asociacións da cidade que colaboran activamente na promoción da lingua; e o 27 e 28 de novembro a RAG celebrará na súa sede un simposio adicado á escritora.

PLENARIO

O evento central, que se celebrará este Día das Letras Galegas, é o pleno extraordinario da RAG, que contará coa intervención dos académicos Marilar Aleixandre e Xesús Alonso Montero e a escritora Fina Casalderrey, quenes tiveron trato persoal con María Victoria Moreno. Pechará o acto o presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes.

O pleno extraordinario, que comeza ás 12:30 horas, é un encontro aberto ao público (até completar aforamento), e durante a súa celebración realizaranse alocucións sobre distintos aspectos da vida e da obra da escritora homenaxeada.

OUTRAS ACTIVIDADES E INICIATIVAS

No marco do ‘Ano de María Victoria Moreno’ tamén se creou o proxecto web ‘Primavera das Letras’, que fornece ao público infantil recursos lúdicos e didácticos ao redor do universo vital e literario da autora.

Coa mesma idea de “axudar a divulgar” a vida da escritora, aínda que neste caso da man da ilustración, a Xunta tamén inaugurou a exposición itinerante ‘María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes’. A exhibición, que percorre 11 localidades desde a última semana de abril, está comisariada polo ilustrador e humorista gráfico David Pintor, e conta coa participación de oito ilustradores.

Así mesmo, distintas editoriais reeditarán as obras de María Victoria Moreno ou publicarán edicións especiais e biografías sobre a autora. Ademais, dous dos seus libros, ‘Leonardo e vos fontaneiros’ e ‘Anagnórise’, así como a súa vida, serán adaptados para teatro por Galaxia coas compañías Ubú Teatro e Limiar Teatro.

A homenaxeada transcenderá fronteiras e a súa vida e obra tamén será enxalzada a través da proposta musical que preparou o gaiteiro e flautista de Poio Óscar Ibáñez baixo o título ‘Ao latexo das letras’. A súa xira arrincou o pasado día 5 e prolongarase até o 18 en diferentes localidades de Galicia e Portugal, nas que o músico contará con diferentes convidados.

UN PASEO POLA VIDA DA ESCRITORA

Doutra banda, para facer un percorrido pola traxectoria vital da protagonista do Día das Letras Galegas 2018 e pola evolución de Pontevedra nas últimas décadas, a académica Fina Casalderrey e a profesora da Universidade de Vigo Ana Cuña, puxeron en marcha un proxecto que consiste nunha ruta pola cidade de Pontevedra.

Así, deseñaron un itinerario (con versións normal, reducida e ampliada) que está dispoñible en edición dixital e en papel. Partindo desde antes de que María Victoria Moreno chegase a Pontevedra, o percorrido arrinca na Avenida de Vigo, onde viviu, e transcorre polos lugares nos que residiu, traballou e paseou.

Esta iniciativa empezou o pasado 6 de abril e os interesados en participar, só teñen que comunicalo previamente no correo electrónico normalizacionlingüistica@pontevedra.eu ou no teléfono 986.804.300, extensión 7107.

ACTOS PREVIOS

Os actos polas Letras Galegas continuarán todo o ano, pero xa en días previos a este 17 de maio celebráronse outros eventos, nos que Pontevedra tivo un gran protagonismo.

Entre estes actos atópase o I Premio de Narrativa Xuvenil María Vitoria Moreno, cuxo galardoado foi Antonio Manuel Fraga por ‘O bestiario científico de Anxos Nogueirosa’. Ademais, se deu o nome da autora á até agora rúa Fernández Ladreda, en Pontevedra, e se levou a cabo o descubrimento dunha placa no número 15 da Avenida de Vigo, onde viviu.

Tamén se presentou un documental sobre María Victoria Moreno e o libro de Montse Fajardo ‘O escalón de Ulises. Un paseo pola Pontevedra dous afectos de María Victoria Moreno’. Así mesmo, celebráronse as carreiras do Correlingua; e levouse a cabo o programa escolar ‘Ben Veñas, Maio’, con mostra de teatro, certame de música e unha entrega de premios.

Igualmente, distintos colexios de Galicia realizan nestes días diferentes actos, entre os que destaca o IES Torrente Ballester, a cuxa biblioteca a autora legou a súa colección de libros, e que organizou unha conferencia, unha proxección e unha mesa redonda. A maiores, a Xunta celebrou a IV Xornada do Día das Letras Galegas para o profesorado.

A HOMENAXEADA

María Victoria Moreno naceu circunstancialmente en Estremadura en 1939, creceu en terras de Castela, estudou sendo adolescente en Barcelona, fíxose filóloga en Madrid e escolleu ser galega e empregar a súa lingua en todos os contextos pouco tempo despois de establecerse en Galicia, onde chegou para exercer a docencia.

Entre 1965 e 1967 deu clases no Instituto Masculino de Lugo, unha etapa decisiva no espertar do seu activismo a favor da lingua galega en plena ditadura. Neste centro coñeceu o profesor Xesús Alonso Montero, de quen herdou, segundo ela mesma dixo, a súa actitude ante a lingua galega e a ética e o compromiso cos seus falantes.

na guarda

O Día das Letras Galegas comezará na Guarda unha intensa programación cultural e gastronómica orientada á exaltación da cultura galega e as súas letras que durará ata o domingo.

A festa comezará na vila o 17 de maio, co tradicional festival folclórico organizado pola Agrupación Musical Guardesa (17:00 h) e a posterior entrega dos diplomas aos gañadores e gañadoras dos concursos de redacción e debuxo.

Xa o venres, a programación continuará coa celebración da primeira fin de semana da ruta gastronómica «Tapearte», na que se ofertarán tapas elaboradas co mellor da nosa cociña a un prezo único de 2€. As elaboracións poderán degustarse os venres, sábados e domingos do 18 de maio ao 3 de xuño en 19 bares e restaurantes guardeses.

O gran día de exaltación da cultura e a idiosincrasia galega será, con todo, 19 de maio, cando se celebrará a pasarela do traxe tradicional galego, organizado polo Concello da Guarda e a Asociación para a Recuperación do Traxe Galego.

O espectáculo etnográfico celebrarase no recinto do Centro Cultural, onde preto dunha vintena de homes e mulleres da vila desfilarán amosando unha variada mostra das vestimentas tradicionais tanto galegas como especificamente guardesas. A pasarela acompañarase cunha explicación da composición e a historia de cada unha das pezas, aportadas pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

De seguido, inaugurarase na sala de exposicións do Centro Cultural a X Exposición do Traxe Galego, organizada pola Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda. A mostra permanecerá nas dependencias do emblemático edificio ata o 26 de maio, onde poderá visitarse en horario de mañá (10:00 a 13:00 horas) e tarde (18:00 a 21:00
horas) de luns a sábado. Os domingos, a exposición estará aberta ao público entre as 18:00 e as 21:00 horas.

A música tamén terá cabida durante esta xornada, na que os grupos de folk Sete Tarabelos e Boa Vila actuarán polas rúas do municipio, amenizando a xornada a
veciños, veciñas e visitantes.

Concello da Guarda

O mesmo sábado, ademais, aquelas persoas interesadas en coñecer máis polo miúdo o Monte Santa Trega e a súa riqueza patrimonial, poderán facelo con visitas guiadas gratuítas. Poderán realizarse tres percorridos: unha visita ao monte, incluíndo visita ao castro e ao MASAT (17:00 h); un percorrido específico polo castro (ás 11:00 e ás 16:00 h); e unha visita especial ao barrio Mergelina, co acompañamento do arqueólogo Rafael Rodríguez.

A fin de semana concluirá na Guarda coa celebración da XI Feira do Libro, na que participarán cinco librarías da Guarda e a comarca con descontos do 20%. O festexo literario terá lugar na Praza do Reló entre as 11:00 e as 20:00 horas do domingo, cunha ampla programación de actividades lúdicas e actuacións musicais para todos os públicos.

en bueu

O lugar de Sanamedio, pertencente á parroquia bueuesa de Beluso, acollerá este xoves a
Romaría das Letras Galegas, un evento que se recuperou o ano pasado e que conta
cunha gran diversidade de actividades a favor da lingua, da tradición e da cultura
galegas.

Os eventos comezarán ás 12.00 h da mañá co pregón a cargo de Nela Álvarez
Lozano, e continúan coa actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque e Os
Liboreiros.

Ás 13.00 h é a quenda do grupo Bandas e Percusión María Soliña acompañados do
grupo de pandereteiras Trikoloma, e un recital de poesía a cargo da poeta local Míriam
Ferradáns. Ás 14 horas, comezará unha xornada de xogos populares para os máis
pequenos e pequenas con corda, aros, zancos, sacos, pesca, cadeiros, busca do tesouro,
concurso de debuxo…

Cartel / Concello de Bueu

Xa pola tarde será a quenda do festival infantil, con actuación de Polo Correo do Vento
ás 15.45, seguido d’ Os Chaneiros de Marín, o Grupo de Danzas Pais de San Roque e
Os Liboreiros, a actuación de Retrouso, Os Mulos e entrega de agasallos ás agrupacións
por parte do concelleiro de cultura, Xosé Leal.

Para rematar, ás 18.30 horas desenvolverase un concurso de debuxo con entrega de
premios aos gañadores/as. Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural de Sanamedio, o Grupo de Danzas Pais de San Roque e o Grupo de Gaitas Os Liboreiros, coa colaboración do Concello de Bueu e da Deputación de Pontevedra, amais de diversas entidades. Para pasar un día en familia, a organización destaca que no recinto da romaría haberá cantina, postos artesáns, tómbola e sorteos.

O BNG pide a intervención pública en Barreras

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxe ao Goberno central a intervención pública en Barreras, tras manter unha reunión coa CIG Naval para pór en común as iniciativas rexistradas no Congreso.

Ante a situación “de grave crise do sector”, Rego pide intervir para manter a actividade e os postos de traballo, ademais de propor o impulso dun holding público-privado entre os distintos estaleiros, empresas auxiliares e empresas transformadoras do metal.

Así mesmo, o Bloque expón a creación dunha mesa do naval para a ría de Vigo, xa que a construción e a reparación naval constitúen “unha actividade estratéxica” para a industria desta comarca.

Na reunión participaron o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas; o responsable local Serafín Otero e a deputada no Parlamento Carme González.

Caballero destaca que a actuación policial permitiu “controlar o botellón” esta fin de semana

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou que a actuación policial, a coordinación co sector hostaleiro e o peche dalgunhas zonas da cidade permitiu “controlar o botellón” na cidade durante este fin de semana.

En rolda de prensa, o rexedor remarcou que se actuou de modo “coordinado”, o que permitiu obter “un resultado moi bo” e indicou que, tras unha reunión que tivo lugar este luns, volverá manter un encontro con representantes do sector hostaleiro este xoves. “Seguimos xuntos, a hostalaría e o Concello facendo fronte á pandemia”, proclamou Caballero, que augurou que “se terán bos resultados en dez días” de “a boa acción” deste fin de semana.

Así, afirmou que foi posible “controlar o botellón” co peche dalgunhas zonas e a actuación da Policía Local e Nacional, aínda que se requiriu de “moito esforzo” dada a presenza dalgúns grupos, que levou que se realizase “un seguimento e unha vixilancia intensa”.

Por outra banda, Abel Caballero indicou que o servizo de axuda no fogar ofrece novas prestacións ás persoas con dependencia entre as que se inclúen a atención psicolóxica, a podoloxía e a barbaría.

PRAIA DE MANQUIÑA

Noutra orde de cousas, remarcou a súa “oposición total” á incorporación da praia da Manquiña, en Teis, como zona de servizo da Autoridade Portuaria, o que sinalou que se trasladou nas alegacións presentadas á Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP). En concreto, este documento está  en tramitación e o equipo redactor está a recoller suxestións e alegacións.

Así as cousas, o alcalde explicou que o goberno local trasladou ao Porto “por escrito e en reunións” a súa “oposición” a que o areal se converta en zona portuaria, o que suporía que se deixaría de permitir o seu uso a bañistas. Ademais, sinalou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se atopa en tramitación, clasifica esa zona como chan rústico de especial protección de costas “e, por tanto, de libre utilización cidadá”. “É o de sempre. É Núñez Feijóo sempre danando a esta cidade”, lamentou.

Uns 9.000 traballadores da área de Vigo pasarán un cribado para a detección de COVID

Sanidade iniciou o cribado simultáneo de traballadores de diversos sectores na área de Vigo, aos que se realizarán 9.000 probas para detectar posibles casos de infección por coronavirus, segundo confirmaron fontes do Sergas.

Así, os test rápidos de anticorpos de dobre branda empezaron a realizarse este xoves a uns 885 traballadores de escolas infantís, que se suman aos 7.500 docentes aos que xa se lles empezaron a facer as probas este mércores.

Ademais, de forma simultánea, puxéronse en marcha o test para xornaleiros da vendima, e someteranse a eles uns 500 temporeros.

A finalidade do Sergas é “ter cribados a estes colectivos nos próximos 15 días“. Para iso, habilitáronse outro punto de toma de mostras, na planta 0 do Hospital Álvaro Cunqueiro, que se suma ao xa existente no Hospital Meixoeiro.

As persoas ás que se lles vai a realizar a proba están a ser citadas mediante chamada telefónica ou mensaxe SMS, para indicarlles o lugar, día e hora da toma da mostra.

A extracción realízase mediante unha punción no dedo, coa que se obtén unha pinga de sangue, e o resultado da mostra pode coñecerse nuns 10 minutos. Se fose positivo, activaríase o protocolo establecido e realizaríanse novas probas diagnósticas.

Este test de dobre banda permite non só detectar casos positivos de COVID-19, senón tamén saber cales son casos activos e cales son persoas inmunizadas. Así, pódense diferenciar as infeccións agudas, as máis avanzadas ou aquelas xa curadas.

Este tipo de probas xa se fixeron no seu momento no cribado do persoal do Sergas, así como de traballadores de servizos esenciais: corpos e forzas de seguridade, bombeiros, gardacostas, oficinas de farmacia, etc.

Detido tras causar molestias nun local e tentar agredir a un axente

Un home de 39 anos nado e domiciliado en Vigo, J.B.G., foi detido tras causar molestias nun local da cidade e tentar agredir a un axente que tentou acougalo dada a agresividade que mostraba mentres se atopaba en estado ebrio.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar sobre as 20,24 horas deste luns, cando se recibiu aviso de que un cliente que se atopaba ebrio comezara a causar molestias nunha cafetaría da rúa Emilia Pardo Bazán. Ademais, aínda que se rexeitou servirlle máis consumicións dado o seu estado, este home negouse a abandonar o local.

Tras desprazarse ao lugar, os axentes dirixíronse cara a este home e pedíronlle que se identificase, aínda que este negouse a achegar a súa documentación e comezou a ameazalos.

Os policías tentaron acougar a este home, pero el incrementou o seu nivel de agresividade e tentou abalanzarse sobre un deles para agredilo. Por este motivo, foi detido pola comisión dun suposto delito de atentado e posto a disposición xudicial.

TRÁFICO DE DROGAS

Un home de 47 anos domiciliado en Vigo que portaba unha gran cantidade de haxix e diñeiro en efectivo foi detido cando se dispuña a realizar varias vendas de drogas na cidade olívica.

Fontes policiais detallaron que a investigación, enmarcada no Plan Especial de Loita Contra o Tráfico Medio de Drogas da Comisaría de Vigo-Redondela, iniciouse a finais do mes de abril, despois de terse coñecemento dun posible punto de venda de drogas situado na zona da Dobrada.

Deste xeito, comprobouse que a presenza de toxicómanos na zona era constante, así como que estes esperaban en puntos determinados das rúas Doutor Carracido e Xílgaro e os seus adxacentes por un home co que realizaban un intercambio rápido tras o que abandonaban o lugar. Ademais, observouse que o home tomaba medidas de seguridade cando contactaba cos seus clientes.

Por este motivo, estableceuse un dispositivo policial con axentes situados nas inmediacións que, este mércores de madrugada, observaron a este home cando se dispuña a realizar varias vendas. Así, abordárono e realizáronlle un cacheo preventivo mediante o que lle interviñeron unha gran cantidade de haxix e diñeiro en efectivo, ademais de varias papelinas.

Posteriormente, este home foi detido e trasladado a Comisaría, onde se comprobou que contaba con oito antecedentes policiais e tomóuselle declaración. Finalmente, todo o actuado pasou a disposición xudicial.

Detido por fuxir e tentar agredir a un axente por incumprir o estado de alarma en Vigo

Un home de 44 anos domiciliado en Vigo, I.A.C., foi detido tras agredir a un axente que lle ordenou identificarse por incumprir o estado de alarma en Vigo, onde foi atopado na rúa xunto á súa parella, de 42, á que se denunciou por este segundo motivo.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar ao redor das 21,30 horas deste domingo na rúa Marín, onde unha patrulla localizou a unha parella sentada nun banco. Dado que non xustificaron a súa presenza na rúa por algún motivo dos contemplados para iso, un axente indicoulles que os sancionarían e ordenoulles identificarse.

Con todo, o home negouse a facilitar os seus datos e comezou a fuxir, aínda que foi alcanzado por un policía. Así, este home presentou resistencia e tentou golpear ao axente, polo que foi detido. Mentres, indicouse á súa parella que sería denunciada por infrinxir o estado de alarma.

DENUNCIAS

Por outra banda, a Policía Local de Vigo denunciou (proposto para sanción) a 136 persoas este fin de semana, sábado e domingo, por vulnerar o Real Decreto do estado de alarma e estar na vía pública ou en reunións en grupo sen causa xustificada.

Así o confirmou nunha comparecencia o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen puxo de relevo o notable descenso no tráfico de entrada á cidade por unha das principais vías de acceso, a Avenida de Madrid.

O incendio na cociña dunha vivenda en Vigo sáldase cunha muller afectada

0

Un incendio declarado na noite deste xoves na cociña dunha vivenda en Vigo saldouse cunha muller afectada polo fume e a estancia calcinada por completo.

Segundo informou o 112 Galicia, a persoa afectada foi atendida no lugar dos feitos polos servizos sanitarios e descartouse o seu traslado a un centro médico.

O incendio rexistrouse no número 10 da rúa de Álvaro Cunqueiro, na cidade olívica, sobre as 20,40 horas deste xoves, apuntaron as mesmas fontes.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar e, tras ter constancia, o CIAE pasou o aviso aos Bombeiros de Vigo, aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local.

En Común pide ao Goberno que rescate Vulcano “como Francia, Alemaña ou Italia fan cos seus estaleiros”

0

Os traballadores de Vulcano continúan a súa marcha cara a Santiago, onde este venres esperan ser recibidos polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; un encontro no que, de confirmarse, reclamarán ao mandatario que “cumpra a súa palabra” e “busque investidores” do estaleiro vigués, que se atopa en proceso de liquidación.

Este xoves, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Pontecesures, os traballadores recibiron o apoio das deputadas Yolanda Díaz (En Común) e Luca Chao (Común da Esquerda), que instaron aos Gobernos central e autonómico a implicarse na “superviviencia” deste estaleiro “centenario” e “unha icona do país”.

O portavoz do comité de empresa, Nicolás Sangabriel, recoñeceu que non existe confirmación de que vaian ser recibidos polo titular de Economía, ao que queren reclamar que “cumpra” co seu compromiso de buscar investidores.

Para Yolanda Díaz, tanto o Goberno central como a Xunta deben “reflexionar” sobre un sector estratéxico “clave” para a economía galega como é o naval, pois “non atender esta situación é dicir que deixarán caer a unha parte de nós”.

“Sería un erro catastrófico que as administracións implicadas deixen caer este estaleiro”, subliñou a deputada, que insta a Feijóo e a Pedro Sánchez a “pór o mesmo interese en Vulcano como teñen noutras empresas”.

Tras lembrar que o presidente do goberno en funcións estará en Galicia o vindeiro sábado para participar nun foro na illa da Toxa (Pontevedra), Yolanda Díaz reclamou a Sánchez que “mova as súas pezas” e “rescate” este estaleiro “como Francia, Alemaña ou Italia fan cos seus”.

Pola súa banda, a parlamenataria de Común da Esquerda Luca Chao cualificou de “drama” a posible desaparación de Vulcano, “un estaleiro fundamental para Vigo” cuxos problemas se suman aos que atravesa o sector naval en Galicia, como as auxiliares de Navantia ou Barreiras.

A Xunta, convencida de que a estación de autobuses de Vigo será intermodal coa chegada dos peregrinos do Xacobeo 21

0

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, defendeu este luns que “o traballo da Xunta” permite que este mes de outubro as obras das estacións intermodais que corresponden á Administración autonómica estean en marcha en Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra, mentres se avanza nos deseños das estacións de autobuses da Coruña, Lugo e Ferrol.

En resposta ao parlamentario popular Gonzalo Trenor, quen destacou o labor do Executivo autonómico e contrapúxoo co dalgúns gobernos locais, Maestro fixo un repaso do estado actual das actuacións que desenvolve o departamento autonómico nas distintas cidades galegas.

Sobre as actuacións da Xunta en Vigo, o director xeral defendeu que as obras da terminal de autobuses recibiron “un gran impulso” durante este verán. A previsión das administracións é finalizalas en 2021.

Ignacio Maestro afirmou que as estacións de autobuses serán intermodais cando cheguen os viaxeiros chamados polo Xacobeo de 2021, e expresou a “preocupación” da Xunta polo “descoñecemento” dos prazos previstos polo Ministerio de Fomento para adaptar as estacións de tren á chegada do AVE.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed