InicioSucesosDetidos un home e unha muller en Vigo por roubo con forza...

Detidos un home e unha muller en Vigo por roubo con forza nunha vivenda

Os feitos ocorreron na zona de Bouzas este sábado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un home de 32 anos de idade e a unha muller de 29 anos, ambos de nacionalidade romanesa, como presuntos autores dun roubo con forza cometido nunha vivenda da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do sábado, cando unha veciña alertou ao 091 sobre a presenza dos sospeitosos forcexeando na porta de acceso a un domicilio da rúa Covadonga, na zona de Bouzas.

Ao lugar desprazouse unha dotación policial, e contactou coa propietaria da vivenda, que vive na mesma rúa. Así, ao entrar no interior do domicilio, atopáronse con que a porta de entrada fora forzada e o interior estaba revolto.

Tras facilitar unha descrición dos sospeitosos aos indicativos policiais, unha dotación localizou a dúas persoas, á beira dun supermercado na rúa Camilo Veiga, que coincidían coa descrición dos supostos ladróns.

Os axentes identificáronos e cacheáronos, e puideron comprobar que levaban encima diversos efectos dos que non puideron xustificar a súa procedencia, polo que foron detidos.

Unha vez en Comisaría tomóuselles declaración e confirmouse que o home ten antecedentes policiais. Os detidos e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución 7 de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...