Inicio Blog Páxina 1917

O PP pide á Deputación que facilite máscaras infantís e o ente provincial traslada a petición á Xunta

0

O portavoz do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, solicitou á Deputación de Pontevedra que facilite aos concellos máscaras para os cativos menores de 14 anos, en previsión da aprobación do decreto que permitiría a saída dos menores para realizar pequenos paseos.

Nun comunicado o PP provincial critica ao Goberno central por ser “incapaz” de xestionar a centralización do material. “A Deputación é a única administración na provincia que segue sen repartir nin unha soa máscara, luvas ou outro material de prevención entre os concellos, cando é a administración máis próxima a eles”.

“As familias están preocupadas en como facelo con todas as garantías de seguridade e por iso os concellos, co apoio da Deputación, deben dar unha resposta urxente. É momento de sumar e traballar todos xuntos” manifestou o deputado provincial Jorge Cubela.

Pola contra sinala que Deputación de A Coruña (PSOE), repartiu 230.000 máscaras na provincia a través da plataforma loxística da Xunta. polo que “é difícil de explicar por que uns si colaboran coa Xunta e concellos, mentres outros rexeitan esta posibilidade“.

A deputación responde que o fará en canto reciba o material por parte da Xunta

O deputado Carlos Font agradeceu ao PP provincial a idea, e asegurando que “a levarán á práctica nos concellos da provincia en canto nos chegue o material”

Font asegura nun comunicado que xa se ten dirixido á Xunta de Galicia para que, “da forma máis inmediata posible, remita á Deputación de Pontevedra un total de 200.000 máscaras co compromiso de comezar o seu reparto nos municipios da provincia que, a súa vez, poderán distribuílas entre as familias con nenas e nenos de menos de 14 anos. “

O deputado asegura neste sentido que xa se dirixiron á Xunta “xa que é a autoridade competente e a que dispón do mando único para o reparto de material de protección”. Font engadiu que a Xunta “non terá problema algún en facernos chegar este material, tendo en conta que recibiu do Goberno do Estado case 2 millóns de máscaras”

Abel Caballero recomenda que os municipios poidan usara remanentes para “cooperar co ben común”

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, defendeu a necesidade de que os gobernos locais poidan utilizar os seus remanentes para “cooperar co ben común” ante as consecuencias económicas xeradas pola crise sanitaria derivada da propagación do coronavirus.

A preguntas formuladas telematicamente polos medios tras unha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que a FEMP expón “desde hai tempo” a utilización dos aforros municipais. Nese sentido, asegurou que “comparte na súa totalidade” o estudo do Grupo de Investigación de Gobernación e Economía (XENE) da Universidade de Vigo (UVigo) que, entre outras medidas, propón mobilizar o superávit dos municipios para que se dispoña de liquidez.

No entanto, Abel Caballero asegurou que a normativa europea non permite a utilización de remanentes, que, segundo apuntou, no caso do Concello de Vigo superan os 50 millóns de euros.

Deste xeito, considerou que a crise sanitaria representa un “bo momento” para que os concellos poidan colaborar deste xeito con pequenas e medianas empresas, así como na creación de emprego. Tamén expuxo que o superávit acumulado póidase utilizar para “dar máis facilidades” aos contratistas de obras municipais, así como aos provedores dos concellos.

Destacan a importancia das “mulleres do mar” para a economía galega

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou este mércores no V Xornadas de Divulgación sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro organizadas en Vigo pola Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar) e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (Anfaco), onde destacou a importancia das “mulleres do mar” para a economía galega.

“Non se entende o sector do mar sen a achega das mulleres e non se entende a economía galega sen a muller do mar”, subliñou Silva, tras facer un recoñecemento “obrigado” ás mulleres pola súa “gran achega” a este sector produtivo e polo seu “marcado papel” na defensa da sustentabilidade.

Neste sentido, a presidenta provincial defendeu “todo o achegado” polas mulleres “en traballos durísimos” do mar, como o das mariscadoras, as conserveiras ou as rederas, colectivo este último a quen se dirixiu para apoiar as súas “reivindicacións tan xustas como o seu dereito á xubilación anticipada”.

Ante un público feminino, Silva asegurou que “son un orgullo para Galicia e para a economía galega” e reivindicou que sectores como o conserveiro “levan nome de muller”. “Non nos postos de dirección, pero no traballo estabades todas as mulleres. Sentirvos grandes, orgullosas, porque achegastes moito á sociedade. Somos herdeiras de mulleres como vós”, destacou.

DEREITOS

“Os homes conseguiron moitos dereitos que as mulleres que tamén traballaron no mar non lograron porque eran invisibles, porque non estaban organizadas. E hoxe están a reclamar que queren os mesmos dereitos. E eu téñoo claro, contades coa presidenta da Deputación e co seu goberno para defender os dereitos das mulleres do mar. Temos que reclamar e a reclamación é xusta”, insistiu Carmela Silva.

Ademais, anunciou a posta en marcha de actividades de formación e información dirixidas ás mulleres do mar para aquilo que teña que ver con tributos e cos impostos e subvencións.

Abel Caballero quere construír outro parking gratis no Cunqueiro só para vigueses

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores que solicitará á Xunta a “cesión” ou a “venda” dunha parcela de titularidade autonómica próxima ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) na que pretenden instalar o “segundo parking gratuíto” para os usuarios do centro hospitalario.

“O negocio da Xunta cobrando polo aparcadoiro no Álvaro Cunqueiro tense que acabar“, sostivo Abel Caballero, que explicou que esta parcela está situada no lado oposto do edificio onde está o actual parking gratuíto construído polo Concello. A parcela en cuestión é de titularidade autonómica e, segundo detallou o alcalde de Vigo, entre as súas cualificacións entra a de aparcadoiro. Está situada nun lateral da rotonda de acceso ao HAC desde a avenida Clara Campoamor.

“Queremos engadir máis prazas gratuítas e aforrarlle aos cidadáns de Vigo –por agora á da área– os prohibitivos prezos do parking privado do HAC”, explicou Caballero. Caballero sostivo que nesta nova parcela pódense instalar entre “300 e 350” prazas de aparcadoiro e que, deste xeito, sumarían entre “700 e 750” prazas gratis para aparcar nas inmediacións do centro hospitalario.

PARA VIGUESES

Por outra banda, o alcalde de Vigo recordou que traballan na ordenanza municipal que permita que tanto o parking gratuíto xa construído como o que agora planean instalar sexan de uso só para as persoas censadas en Vigo.

Esta ordenanza “aínda tardará uns meses” en estar lista, segundo comentou este mércores Abel Caballero. Mentres tanto, os aparcadoiros seguirán estando abertos ao público. A preguntas dos xornalistas, Caballero sostivo que se a Xunta quere que o aparcadoiro gratuíto sexa para todos a cidadáns da área “que os constrúan eles”.

Así mesmo, o rexedor vigués ha trasladado que lle parece difícil” que a Xunta se vaia a negar á cesión ou á venda da parcela que lle solicitan, actualmente sen edificar. “Non se me ocorre pensar que non nos vaia a vender un espazo que a cidade necesita para o seu desenvolvemento”, afirmou Caballero.

A ollada de Jorge Lens ás capitais europeas: “Cidades que soñan, pero aínda lles custa saír adiante”

50 fotografías tomadas en catro capitais europeas, que retratan unha cidade distante de estereotipos ou imaxes turísticas, unha cidade habitada, á que dan sentido as xentes que a habitan e transitan.

Esta é a idea sobre a que o fotógrafo e profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo Jorge Lens articulou City Blues, unha exposición fotográfica que, da man da Agencia Española para la Cooperación y el Desarrollo (AECID) percorre ao longo de tres anos diferentes países de América Latina.

Tras a súa estrea, o pasado mes de setembro, no Centro Cultural de España en El Salvador, este medio cento de fotografías tomadas en Atenas, Londres, Madrid e Lisboa, exhíbense desde novembro no Centro de la Imagen de Santo Domingo, como unha das exposicións que integran a bienal de fotografía PhotoImagen, e neste 2019 visitará en marzo Guatemala e, en novembro, Honduras.

Imaxe de Lisboa. Foto: Jorge Lens

“Para min nace case máis como un proxecto de vida, de volver un pouco a esa función case primaria da fotografía como documento, da fotografía un pouco case como experiencia catárquica, no sentido de que cando fas fotos proxectas os teus medos, os teus soños, as túas ambicións e ilusións…”, sinala Lens dun proxecto que naceu en Londres en 2016, vinculado “a unha idea primixenia de viaxe, de deixarte levar por unha cidade simplemente polos estímulos que che achegue unha rúa, un rótulo, o que sexa…”

A partires de aí, estadías en diferentes capitais europeas permitíronlle comezar a dar forma a un proxecto ao que deu o nome de City Blues, “porque é unha visión dunha cidade un pouco bluseira, un pouco tristeira, é unha cidade que soña, pero que tamén lle custa saír adiante, unha cidade con todos os seus defectos e con todas as súas ilusións, unha cidade vivida, habitada…”

Londres según Jorge Lens/ Jorge Lens

E foi esta visión precisamente a que espertou o interese da AECID polo proxecto. “Penso que a súa idea era amosar unha cidade europea en América Latina sen tanto estereotipo, sen que sexa unha postal, porque en certo modo ven desa forma a Europa”, apunta Lens, quen recoñece que “unha institución aposte por ti deste xeito está xenial”, posto que contou con “total liberdade e autonomía” á hora de seleccionar as 50 fotos que integran a exposición, nas que as imaxes das catro cidades preséntanse mesturadas entre si, respondendo deste xeito a esa concepción de “urbe global”.

El Salvador, primeira parada

Ata este domingo 13 de xaneiro, City Blues permanecerá na capital da República Dominicana, trala súa inauguración, a finais de novembro, como parte da programación de Photo Imagen, unha bienal que neste 2018 ten a España como país convidado e protagonista de catro exposicións, as protagonizadas por Lens, Alberto García-Alix, José Manuel Díaz Burgos e a mostra colectiva de fotografía contemporánea Un cierto panorama, que comisaría Jesús Micó.

Previamente, estas fotografías puideron contemplarse por primeira vez, nos meses de setembro e outubro, no Centro Cultural de España no Salvador, a primeira parada da itinerancia que a AECID coordina por diferentes cidades de América Latina “onde hai centros culturais de España propios ou asociados”, completándose este percorrido coa organización de diferentes actividades en cada sede, como o coloquio e a visita guiada que desenvolveu en Santo Domingo ou o taller para fotógrafos que levou a cabo en El Salvador.

“A experiencia foi moi positiva, son fotógrafos con outras referencias que traballan noutro contexto e foi moi interesante”, recoñece destas actividades complementarias á propia exposición.

Madrid/ Jorge Lens

Tralo seu paso pola República Dominicana, a exposición viaxará en marzo en Guatelamala e en novembro en Honduras, nun percorrido por diferentes países de América Latina que se estenderá tamén ao ano 2020 e que aínda ten as súas futuras paradas pendentes de definir.

“A AECID ten uns 15 centros en América Latina e está previsto que a exposición vaia a tres ou catro este ano e a outros tres ou catro no seguinte”, explica Lens dunha iniciativa que se viu complementada pola edición dun catálogo que suma ás fotografías seleccionadas outra serie de imaxes realizadas en Roma, que por motivos de prazos non puideron incorporarse á exposición.

Jorge Lens/ Duvi

Non en van, recoñece, City Blues é un proxecto que continúa. “Paréceme necesario que estea tamén Berlín, que estea tamén París…, para min é un proxecto aínda aberto”, conclúe.

Días intensos de cine, música, literatura e “agroglamour” no Festival de Cans

A 15ª edición do Festival de Cans comezou hoxe mércores, e, aseguran dende a organización, “mantendo o seu espírito de sempre, ese agroglamour que xunta o achegamento ás últimas novidades culturais e cinematográficas e a celebración da identidade da aldea”.

Así, este primeiro día do Festival acolle a proxección de Versogramas, un documental sobre o fenómeno da videopoesía dirixido por Belén Montero e Juan Lesta, que presentan o filme xunto con Antón Reixa e a poeta e produtora Celia Parra.

Pero ao tempo que se presta atención a esa nova tendencia, este mércores segue a ter lugar en Cans a Noite dos veciños e veciñas, a partir das 22:00. Logo da homenaxe do Festival aos veciños Chelo Casalmorto e Constante Romero, o Torreiro acollerá a actuación das Pandereiteiras de Cans e os acordeonistas Acordecans ou a presentación do xurado dos veciños e dos guías dos camiños, ademais da estrea de Dona Sara: a mestra rebelde.

Festival de Cans
Rolda de prensa no Festival de Cans/ Miguel Núñez

Este documental, realizado por persoas da aldea no marco do proxecto Cans303, céntrase na figura de Sara Quinteiro, que foi mestra en Cans durante varias décadas. Co gallo da estrea espérase reunir alí a moitas das súas antigas alumnas para completar a recuperación desa memoria local, un dos obxectivos primordiais deste proxecto que dota aos habitantes de Cans das ferramentas e coñecementos necesarios para crear pezas audiovisuais.

cine… e literatura

En paralelo a ese protagonismo da veciñanza, a programación do día inaugural do Festival de Cans destaca pola atención prestada á literatura. Ademais da proxección de Versogramas ás 17:00 no Baixo de Bugarín, ás 19:00 terá lugar no mesmo espazo a Final de ‘Ollo de Vidro’, o concurso de booktrailers que o Festival impulsou este ano partindo da iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro.

Os creadores e creadoras destas pezas audiovisuais resumen en poucos minutos o contido dun libro utilizando todo tipo de recursos imaxinativos para poñer imaxes ás palabras, e optarán a diversos premios outorgados por un xurado.

O camiño da lectura / Festival de Cans

Completa o programa literario o roteiro cinéfilo-literario que conducirá o escritor Carlos Meixide, autor da novela xuvenil Cans, ambientada na aldea. Meixide partirá ás 11:00 dende a Rotonda do Can para realizar estes paseos o mércores, xoves e venres, levando ás persoas asistentes polos enclaves que aparecen no seu libro e inundándoo de interesantes anécdotas e referencias cinematográficas.

Tamén ocuparán o mércores, xoves e venres os Coloquios AISGE, promovidos pola entidade de xestión de dereitos dos intérpretes. O encontro inicial leva o título de Pioneiros no oficio de interpretar e protagonizarano dous nomes fundamentais no teatro e o audiovisual galego: Manuel Lourenzo (de actualidade polo seu papel de Terito en Fariña) e Pilar Pereira repasarán os diferentes retos afrontados pola profesión ao longo da súa dilatada carreira.

Completa a programación do mércores a realización en directo do programa de Radio 3 El séptimo vicio, onde a xente de Cans volverá ser protagonista, e a apertura no Centro de día de Torneiros da exposición Cans Senior, na que maiores de máis de 25 centros de día de toda Galicia reinterpretaron a icona do festival: a silueta do Can de Cans.

o xoves, dous filmes de apertura do festival

Mañá xoves, o Festival de Cans terá filme de apertura por partida dobre. Se habitualmente é unha longametraxe a encargada de inaugurar o Festival logo da Noite dos veciños e veciñas do mércores, este ano o público terá a oportunidade de desfrutar de dúas películas moi esperadas: A estación violenta e British Winters.

A estación violenta é o filme debut de Anxos Fazáns, unha novísima do cinema galego que adapta aquí libremente a primeira novela de Manuel Jabois. Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato protagonizan esta historia de carácter xeracional que relata o reencontro entre tres amigos de xuventude nunha etapa complexa das súas vidas, dominada pola frustración e a ausencia dun futuro brillante.

A directora e os protagonistas presentarán o filme ás 20:00 no Círculo Recreativo Cultural xunto con parte do equipo, e participarán no desfile de chimpíns que sairá ás 19:30 da Praza do Concello, co acompañamento musical de Os Zoqueiros.

A estación violenta / Festival de Cans

Antes, ás 17:00, o Círculo acollerá a estrea en España doutro filme de carácter xeracional que reafirma o apoio do Festival ás novas camadas de profesionais do audiovisual: British Winters é a primeira longa de imaxe real do tudense Roque Cameselle, logo do seu debut na animación con O pequeno mago.

Co-dirixida co británico Andrew Turner, a película é unha comedia social na que un mozo “xa non tan mozo” busca cambiar o seu estilo de vida inspirándose na súa irmá pequena. Os dous cineastas estarán no Porriño para presentala.

British Winters / Festival de Cans

Outro dos momentos máis esperados do xoves é o concurso de videoclips do Festival de Cans, un evento que representa o gran escaparate do último que se está a facer en Galicia e que remata sempre cunha gran festa, este ano coa música a cargo de Esteban & Manuel, “reis da cumbia underground”.

A selección deste ano reflicte a rica diversidade de grupos e de creadores, con estilos moi variados no musical e no visual. Á tarde estas e estes cineastas compartirán as súas experiencias no encontro Dálle caña do Bar Liceum, acompañados polo xurado dos clips, que estará formado por Paloma Zapata -realizadora-, Fernando F. Rego -crítico musical e escritor-, e Eduardo Herrero, xornalista, músico e director.

Herrero estará tamén a cargo de presentar o evento principal ás 22h00 na Praza do Concello, onde se proxectarán os seguintes clips:

  • “Fai o que queiras”, de Montse Piñeiro para Peña
  • “Sobre el mismo alambre”, de Miryam Pato para Silvia Penide e Eladio Santos
  • “Sal y sangre”, de José Miguel Sagüillo para Selvática
  • “Papá borracho”, de Mar Catarina para Ataque Escampe
  • “The Battle of the Good Men”, de Pablo Banga e Antonio Caeiro para You dog
  • “Devalo”, de Rubén Domínguez para A Veces Ciclón
  • “Primavera negra”, de Sara Chuerches para Linda Guilala
  • “Volve a canción protesta”, de Xaime Miranda para Oh Ayatollah
  • “Hoy”, de Javi Camino para Disco las palmeras!
  • “Camiños”, de Adrián Canoura para Baiuca
  • “Acto I: O fío vermello”, de Juan Pirola para Ezetaerre
  • “Puertohurraco”, de Daniel Alonso e Gemma Marqués para Breakin’ Bones
  • “Mar”, de Rubén Domínguez para PANTIS
  • “Isla futura”, de Soledad Rebollo para Pólvora
  • “Eu non sei por que”, de Alicia Alonso para BoyankA KostovA
  • “Suicidio tímido”, de Xoan Escudero para Chicharrón
  • “Finlandia”, de Xaime Miranda para Mequetrefe
  • “Omertá”, de Gero Costas para BALA

MÉRCORES 23 DE MAIO, xornada de tarde

17h00 | Estrea: Versogramas. Cos directores Belén Montero e Juan Lesta e a produtora Celia Parra | Baixo de Bugarín

19h00 | Final de “Ollo de Vidro”, concurso de booktrailers e booktubers | Baixo de Bugarín

20h00 | Radio 3 en directo: El séptimo vicio, con Javier Tolentino | Baixo de Moncho

21h00 | Homenaxe ao Can e descuberta do traxe deste ano, coa música das Pandereiteiras de Cans | Rotonda do Can

21h30 | Colocación do Chimpín de Prata a Chelo Casalmorto e Constante Romero | Muro dos Chimpíns

22h00 | Noite dos veciños | Torreiro de Cans
Presentación do xurado dos veciños
Presentación dos guías dos camiños
Estrea de Dona Sara: a mestra rebelde, documental realizado no Proxecto Cans 303.
Avance do documental Catorce Cans, making of do 14º Festival de Cans.
Actuación das Pandereiteiras de Cans e os acordeonistas Acordecans.

xoves 24 de maio

10h00 | Cans do Futuro | Baixo de Bugarín

11h00 | Roteiro cinéfilo-literario con Carlos Meixide | Saída da Rotonda do Can

11h30 | Coloquio AISGE: Igualdade: avanzamos algo desde o ano pasado? Con Berta Ojea, Tamara Canosa e Mariana Fernández | Baixo de Moncho

13h00 | Encontro sobre subtitulado e linguas minorizadas con Pablo Romero-Fresco, Alfonso Zarauza e Álvaro Gago | Baixo de Moncho

16h00 | Radio 3 en directo: El séptimo vicio, con Javier Tolentino | Casa do Cid

17h00 | Filme de apertura: British Winters. Cos directores Roque Cameselle e Andrew Turner | Círculo Recreativo Cultural

18h00 | Dálle caña! Encontro de realizadoras e realizadores de videoclips. Con Paloma Zapata e Alfonso Pato | Bar Liceum

19h00 | Chegada de Os Zoqueiros para amenizar a procesión de chimpíns | Praza do Concello

19h30 | Saída da procesión de chimpíns | Praza do Concello

20h00 | Filme de apertura: A estación violenta. Coa directora Anxos Fazáns e os intérpretes Nerea Barros, Alberto Rolán, Xosé Barato, Antonio Durán “Morris” | Círculo Recreativo Cultural

20h30 | Showcooking cos cociñeiros Mahou Lucía Freitas, do restaurante A Tafona, e Beni Couso, do restaurante Patouro | Praza do Concello

21h30 | Inauguración da Can Parade | Praza do Concello

22h00 | Noite Gia. Concurso de videoclips. Presentado por Eduardo Herrero | Praza do Concello

23h30 | Concerto: Esteban & Manuel | Praza do Concello

A área de Vigo rexistra dous ingresados máis por COVID

0

A área sanitaria de Vigo rexistra dous ingresados en UCI e outros dous en planta, un máis en cada caso

Por outra parte, o número de contaxios ascendeu na área de Vigo a 91 casos.

O número de contaxiados na área é de 27.130 afectados. Máis información en Galicia Confidencial.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed