InicioSociedadeO PP pide á Deputación que facilite máscaras infantís e o ente...

O PP pide á Deputación que facilite máscaras infantís e o ente provincial traslada a petición á Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, solicitou á Deputación de Pontevedra que facilite aos concellos máscaras para os cativos menores de 14 anos, en previsión da aprobación do decreto que permitiría a saída dos menores para realizar pequenos paseos.

Nun comunicado o PP provincial critica ao Goberno central por ser “incapaz” de xestionar a centralización do material. “A Deputación é a única administración na provincia que segue sen repartir nin unha soa máscara, luvas ou outro material de prevención entre os concellos, cando é a administración máis próxima a eles”.

“As familias están preocupadas en como facelo con todas as garantías de seguridade e por iso os concellos, co apoio da Deputación, deben dar unha resposta urxente. É momento de sumar e traballar todos xuntos” manifestou o deputado provincial Jorge Cubela.

Pola contra sinala que Deputación de A Coruña (PSOE), repartiu 230.000 máscaras na provincia a través da plataforma loxística da Xunta. polo que “é difícil de explicar por que uns si colaboran coa Xunta e concellos, mentres outros rexeitan esta posibilidade“.

A deputación responde que o fará en canto reciba o material por parte da Xunta

O deputado Carlos Font agradeceu ao PP provincial a idea, e asegurando que “a levarán á práctica nos concellos da provincia en canto nos chegue o material”

Font asegura nun comunicado que xa se ten dirixido á Xunta de Galicia para que, “da forma máis inmediata posible, remita á Deputación de Pontevedra un total de 200.000 máscaras co compromiso de comezar o seu reparto nos municipios da provincia que, a súa vez, poderán distribuílas entre as familias con nenas e nenos de menos de 14 anos. “

O deputado asegura neste sentido que xa se dirixiron á Xunta “xa que é a autoridade competente e a que dispón do mando único para o reparto de material de protección”. Font engadiu que a Xunta “non terá problema algún en facernos chegar este material, tendo en conta que recibiu do Goberno do Estado case 2 millóns de máscaras”

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...