InicioDeportesVigo acolle este sábado a X edición da carreira solidaria 'Érguete e...

Vigo acolle este sábado a X edición da carreira solidaria ‘Érguete e Corre’

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo acollerá este sábado unha nova carreira do circuíto Run run Vigo do Concello, e será a décima edición de “Érguete e Corre”, organizada pola asociación Érguete e cuxa recadación se destinará a un programa de intervención que a entidade desenvolve con La Canalla, para traballar coas persoas usuarias a través do “superreciclaxe” (transformación de produtos usados noutros de maior valor).

A proba comezará na Alameda da Praza de Compostela ás 10.00 horas e irá pola costa ata Bouzas, nun novo circuíto, xa que en edicións anteriores os corredores saían da terraza do centro comercial Vialia. Na edición do ano pasado participaron nesta proba máis de 900 deportistas.

A carreira conta con catro modalidades: ás 9.55 horas sairán os participantes da proba de bicicletas, e ás 10.00 horas comezará a carreira de 5 km e 10 km e a andaina, e ás 11.00 horas empezará a carreira dos nenos e nenas nados entre 2014 e 2023.

ÚLTIMAS

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...

Condenan a Adif por vulneración do dereito á folga da CXT e dun afiliado en Vigo

O Tribunal Supremo ditou sentenza condenatoria contra Adif e favorable ao exposto pola CGT,...

Retencións quilométricas na AP-9 en Vigo por un choque múltiple con 10 vehículos implicados

A AP-9 volveu rexistrar na mañá deste mércores longas retencións na entrada de Vigo,...

Autónomos en campaña electoral: rebaixas, medias verdades e “trampantojos”

Quitar o IVE, non subir as cotas, cota cero. As promesas electorais parecen diñeiro...