InicioSociedadeAbel Caballero quere construír outro parking gratis no Cunqueiro só para vigueses

Abel Caballero quere construír outro parking gratis no Cunqueiro só para vigueses

"Se a Xunta quere que o aparcadoiro gratuíto sexa para todos a cidadáns da área que os constrúan eles", di.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores que solicitará á Xunta a “cesión” ou a “venda” dunha parcela de titularidade autonómica próxima ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) na que pretenden instalar o “segundo parking gratuíto” para os usuarios do centro hospitalario.

O negocio da Xunta cobrando polo aparcadoiro no Álvaro Cunqueiro tense que acabar“, sostivo Abel Caballero, que explicou que esta parcela está situada no lado oposto do edificio onde está o actual parking gratuíto construído polo Concello. A parcela en cuestión é de titularidade autonómica e, segundo detallou o alcalde de Vigo, entre as súas cualificacións entra a de aparcadoiro. Está situada nun lateral da rotonda de acceso ao HAC desde a avenida Clara Campoamor.

“Queremos engadir máis prazas gratuítas e aforrarlle aos cidadáns de Vigo –por agora á da área– os prohibitivos prezos do parking privado do HAC”, explicou Caballero. Caballero sostivo que nesta nova parcela pódense instalar entre “300 e 350” prazas de aparcadoiro e que, deste xeito, sumarían entre “700 e 750” prazas gratis para aparcar nas inmediacións do centro hospitalario.

PARA VIGUESES

Por outra banda, o alcalde de Vigo recordou que traballan na ordenanza municipal que permita que tanto o parking gratuíto xa construído como o que agora planean instalar sexan de uso só para as persoas censadas en Vigo.

Esta ordenanza “aínda tardará uns meses” en estar lista, segundo comentou este mércores Abel Caballero. Mentres tanto, os aparcadoiros seguirán estando abertos ao público. A preguntas dos xornalistas, Caballero sostivo que se a Xunta quere que o aparcadoiro gratuíto sexa para todos a cidadáns da área “que os constrúan eles”.

Así mesmo, o rexedor vigués ha trasladado que lle parece difícil” que a Xunta se vaia a negar á cesión ou á venda da parcela que lle solicitan, actualmente sen edificar. “Non se me ocorre pensar que non nos vaia a vender un espazo que a cidade necesita para o seu desenvolvemento”, afirmou Caballero.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...