Inicio Blog Páxina 1900

Os dous menores que quedaron orfos na explosión de Tui reciben a alta médica aínda coa tutela pública da Xunta

A Xunta de Galicia mantén a tutela pública dos dous menores orfos após morrer os seus pais por mor da explosión de material pirotécnico rexistrada a semana pasada no municipio de Tui. Así o confirmaron a Europa Press fontes da Administración galega, que concretaron que a Consellería de Política Social “segue facendo un seguimento do caso” destes dous menores.

Os dous menores, que resultaron feridos por mor da explosión, recibiron o alta hospitalaria na tarde deste xoves no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo no que estiveron ingresados, segundo ratificaron fontes sanitarias.

O matrimonio de orixe marroquí que faleceu como consecuencia da explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico na parroquia de Paramos, en Tui, levaba máis de 10 anos afincado neste municipio pontevedrés.

Efectos da explosión da pirotécnica de Tui / Miguel Núñez

A parella, cuxos corpos foron localizados o pasado mércores 23 de maio e xoves 24 sepultos polos cascallos da súa vivenda, deixa a dous fillos menores, un de 13 anos e estudante de primeiro da ESO, e outro de oito anos de idade.

PROTOCOLOS HABITUAIS

Após a explosión a Xunta activou os protocolos habituais. Así, mentres os dous menores permaneceron hospitalizados no Álvaro Cunqueiro, a tutela exerceuna de oficio o xerente do hospital, á espera de que o equipo de técnicos tamén analizase a contorna familiar para determinar o futuro dos nenos.

Unha vez que recibiron o alta hospitalaria no HAC na tarde deste xoves 31 de maio, a Xunta mantén a tutela pública dos dous menores.

A Asociación Marroquí de Pontevedra: “Todos os marroquís están preocupados polo futuro dos dous nenos”

Xornal de Vigo falou con Mustapha El Abboubi, presidente da Asociación Marroquí de Pontevedra, quen recoñeceu que toda a comunidade marroquí está preocupada polo acontecido e o futuro dos dous nenos orfos que deixou a traxedia de Tui. Por este mesmo motivo xa visitou este luns a zona cero da explosión a cónsul de Marrocos en Bilbao, Fatiha El Kamouri.

A asociación cidadá posúe un pabillón en Tui ao que a xente está a acudir para preguntar como evoluciona a situación, pero de momento non hai respostas para eles, e a comunidade simplemente acode a visitar aos nenos no hospital, para amosarlles o seu cariño.

Pequena mostra dos destrozos / Miguel Núñez

Pero “da custodia aínda non se sabe nada, estamos á espera do que dicte a Xustiza, non sabemos quen acollerá finalmente aos nenos”, declarou Mustapha. Polo momento, os irmáns permanecen no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a cargo da xerencia.

“Comentáronme que vai vir unha tía de Francia a visitalos, pero aínda non chegou. Si que xa estivo cos nenos un tío deles, irmán do falecido, que incluso chegou a vivir en Paramos”, engadiu Mustapha.

“Chamáronme multitude de compañeiros que foron a xunto dos nenos, ao hospital. Agora toca agardar como evoluciona o tema. Este vai ser un proceso lento, a Xunta é a responsable e temos que esperar”, concluíu.

Trala explosión / Miguel Núñez

Todos están preocupados, pero á vez tranquilos, agardando a tarea da administración. Esperan tamén a repatriación dos cadáveres para poder envialos a Marrocos, onde residen as familias das vítimas.

A asociación encargouse do funeral dos mesmos e están á espera de coñecer se a Xunta vai sufragar os gastos, ou se estes son remitidos ao consulado marroquí.

Seis vilancicos en galego cantados lonxe da nosa terra nos séculos XVI e XVII

Para a Noiteboa e o Nadal presentamos seis vilancicos en lingua galega cantados, e probablemente producidos, en territorios de lingua española ou portuguesa antes do ano 1650: Valladolid, Toledo, Sevilla, Jerez de la Frontera, Lisboa e México. A achega faina Rosario Álvarez, académica numeraria da Real Academia Galega, catedrática da área Filoloxías galega e portuguesa, docente na Facultade de Filoloxía e investigadora do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Como explica a propia profesora, son vilancicos non paródicos producidos e difundidos en territorio non galegófono entre finais do século XVI e a primeira metade do século XVII —en plenos Séculos Escuros—, nos que a lingua é o trazo que mellor identifica os fillos de Galicia, homes e mulleres humildes que acoden a celebrar o nacemento doutro galego pobre, o meniño que está chamado a ser o seu novo señor e o seu redentor.

Rosario Álvarez tamén explica que estes textos presentan diversos graos de hibridación lingüística, debida ás características do sistema galego na altura, á acomodación a un público que fala español ou portugués, á transmisión textual ou a un impulso hipercaracterizador.

Seis vilancicos que a catedrática recompilou e analizou nun estudo publicado este ano en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, co título ‘A lingua galega no espello. Edición e estudo de seis vilancicos cantados fóra de Galicia antes de 1650’. Un traballo que se inscribe no marco do proxecto de investigación “Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Catalogación, multiedición, glosario e estudo”, que se desenvolve no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela con financiamento do Ministerio de Economía y Competitividad.

O obxectivo, ademais de contribuír ao coñecemento desta selección de seis vilancicos, é “borrar a sospeita de falsificación deitada inxustamente sobre todo o amplo corpus de vilancicos, sen facer distingos”, analizando “a hibridación lingüística e separando os trazos/textos imitativos dos verdadeiros trazos/textos galegos”, ademais de establecer “unha cronoloxía relativa entre variantes e o seu itinerario xeográfico”, e mais “arrequentar o coñecemento do galego deste período”, que para a autora está necesitado de n”ovos datos e de novos textos”. Asemade, di, estes vilancicos “serven para obter o conxunto de trazos con que noutros territorios hispánicos labraban o retrato lingüístico dos galegofalantes“.

Estes textos foron producidos e difundidos en territorio non galegófono entre finais do século XVI e a primeira metade do século XVII, até 1650. Son todos eles vilancicos non paródicos, é dicir, “neles o uso da lingua galega –real ou finxida, imitada– non ten unha intención cómica senón de caracterización verosímil duns personaxes (pastores, segadores, criados…: individuos humildes, traballadores pobres), galegos de nación, que se presentan perante o neno e a súa nai celebrando a chegada do seu novo señor”.

Ora ben, como subliña a propia autora, “a ausencia de comicidade non garante a fiabilidade lingüística dos textos: os autenticamente galegos están sometidos aos problemas derivados dunha transmisión escrita a cargo de persoas que non coñecen o idioma e para as que a letra do vilancico –secundaria respecto da música no marco do espectáculo– cumprirá mellor a súa función se non se distancia moito da falada polo público (ou se se achega, aínda que sexa forzadamente, a ela)”. Nos restantes textos, “os autores e transmisores conténtanse con repetir unhas cantas formas morfolóxicas e léxicas que fan parte das características do xénero e con usar unha serie de trazos que, supostamente, dan un ‘aire galego’ ao asunto”, explica Rosario Álvarez.

A autora ofrece, sempre que é posible, a transcrición estrita dos poemas dados ao prelo ou que figuran nos manuscritos da época, e nalgúns casos van acompañados pola propia edición da catedrática, que tenta ser respectuosa cos textos transmitidos, só modificados con criterios modernos aspectos formais que non alteran nin a pronuncia, nin a selección de variantes morfolóxicas e léxicas, nin o contido do poema

‘OLLOS TAN DIVINOS’

O primeiro dos vilancicos é ‘Ollos tan divinos’, un poema en forma de vilancico exhumado por García de la Concha e Álvarez Pellitero (1982), na edición do Libro de romances y coplas del Carmelo de Valladolid (c. 1590- 1609). Existe, ademais, outra versión conservada no acervo de poemas do Carmelo que obra na Biblioteca Colombina, con algunhas diferenzas textuais significativas.

A principal hipótese é que foi obra dunha monxa non galegófona que tería contacto coa lingua dos galegos a través dos que traballaban como criados ou similares oficios humildes, en Castela e noutros lugares.

Carmelo de Valladolid (CV) Biblioteca Colombina (BC) Edición
otro alo mismo

Ollos tan diuinos e por que chorais sabeis pucherinos e vos fatigais

Se algua cosa vos falta en belen ydvos santaren que e cosa preçiosa terra muyto honrrosa que vos muyto amais e esos pucherinos ja vos non jacais

se olanda quereis que vale un peru lenço calecu ylo portugues si en todo este mes e vos lo pagais tantos pucherinos ja vos non jacais

sois muyto fidalgo muyto cabaleiro e por ende queiro vos praçer enalgo pois q̄ tanto valgo deçey q̄ mandais e esos pucherinos ja vos non jacais

otras

Ollos tan diuinos he por que chorais sabeis pucheriños e vos fatigais.

Se alguna cosa vos falta e͂ bele͂ id vos santare͂ que es cosa preciosa, terra muito honrrosa que vos muito amais esos pucheriños ja vos nõ facaiz.

Soi muito fidalgo muito cauallero he por ende queiro vos placer enalgo pos que tãto ualgo decei que mãdais esos pucheriños ja uos nõ facais.

Se olãda quereis que vale un peru lenzo calecur ilo portugues si en todo este mes e vos lo pagais tamtos pucheriños ja vos nõ facais.

Ollos tan divinos, ¿e por que chorais, s’habeis pucheriños e vos fatigais?

Se algúa cosa vos falta en Belén, id vós Santarén que é cosa preciosa, terra muito honrosa que vós muito amais, e esos pucheriños ja vós non façais.

Soi muito fidalgo, muito cabaleiro, e por ende queiro vos pracer en algo. Pois que tanto valgo decei que mandais, e esos pucheriños ja vós non façais.

Se holanda quereis, que vale un Perú, lenço calecú, hilo portugués, si eu to do este mes e vólo pagais, tantos pucheriños ja vós non façais

‘VEÑA EMBORA, VEÑA’

“Beña nora buena” é foi cantado en Lisboa, na Capela Real, no Nadal de 1640. Consta dunha canción de 21 versos seguida de dúas coplas de 20 versos, ao final das cales se repite o estribillo.

Outra versión foi cantado na mesma Capela Real no Nadal de 1645, e outra na catedral de Toledo no Nadal de 1641. Con todo, estas tres non son as únicas versións que circularon, a un e outro lado da raia portuguesa, indica a autora do estudo.

Lisboa 1640 Toledo 1641 Toledo 1641 Edición
Beña nora buena
o ceo para a terra.
Beña minha vida
e seja de Galicia.
Beña o Sol divino
que nace garridiño.
Beña o Sol fermoso
que nace como un ouro.
Beña o lume, beña,
e fujão as tenebras.
E à bela sua Mãy
o parabem le day:
Que faga a mantiña
que bole a palliña.
o parabem le day,
tangey, tocay,
sonay a gaytiña.
Sonay a frautinha
tangey a baijon
que me retinha, retinha, retinha
que me retina, retina o som
1. Beña en bora, beña
o ceo para terra.
2. Beña.
1. Beña, miña vida,
y seja de Galicia.
2. Beña.
1. Beña o Sol diuiño,
que nace garridiño.
2. Beña.
1. Beña o Sol fermoso,
que nace como un oyro.
2. Beña.
1. Beña lume, beña,
fujan as tiniebras.
2. Beña, è seja.
1. E sua bela may
o parabein lle day,
que colle peroliña,
que faysa a mantiña.
2. O parabein lle day.
1. Que está ja paridiña,
e finca dounzeliña.
2. O parabein lle day.
1. Que bulle a paliña.
2. O parabein lle day.
1. Tangey, tocay,
sonay a gaitiña,
tocay a flautiña,
tanjei o baijón,
que me ritiña, ritiña, ritiña
que me ritiña, ritiña o son.
Veña embora veña
o ceo para a terra.
Veña miña vida
& seja de Galicia.
Veña o Sol divino
que nace garridiño.
Veña o Sol fermoso,
que nace como un ouro.
Veña a lume, veña,
& fujam as teniebras.
Veña, &seja,
& à sua bela mãy
o parabem lhe day,
que està ja garridiña,
& fica donzeliña.
Que colle peroliña,
que faija a mantiña.
Que bulle a palliña,
tangei.
Sonai a gaitiña
tangei a frautiña.
tocai o baijon,
que me retiña, retiña o son
1. Veña embora, veña
o ceo para a terra.
2. Veña.
1. Veña miña vida
e seja de Galicia.
2. Veña.
1. Veña o sol divino
que nace garridiño.
2. Veña.
1. Veña o sol fermoso
que nace como un ouro.
2. Veña.
1. Veña o lume, veña
e fujan as tenebras.
2. Veña, e seja.
1. E á súa bela mai
o parabén lle dai,
que está ja paridiña
e fica donceliña.
2. O parabén lle dai.
1. Que colle a peroliña,
que faixa a mantiña.
2. O parabén lle dai.
1. Que bole a palliña
2. O parabén lle dai.
1. Tangei, tocai.
Sonai a gaitiña,
tangei a frautiña,
tocai o baijón,
que me retina, retina, retina
que me retina, retina o son.

A catedrática da USC transcribe como mostras outros catro vilancicos galegos de diversas procedencias dentro do amplo dominio do español que foron cantados nas cerimonias de Nadal na catedral de Sevilla en 1626, na catedral de Toledo en 1638, na igrexa parroquial de San Miguel de Jerez de la Frontera en 1649 e na catedral de México en 1650. Na exemplificación tomamos datos doutros textos do mesmo teor e período.

SEVILLA 1626

O mancebino novo
que deitado está en portal
pois nace entre galegos
el de amores morrerá.
Ay que lo vi que lo vejo
ay que lo vi, que lo vi, que lo creigo.

Al pequenino que baxa del cielo
bordando los campos, legrand’os ventos
ay que lo vi, que lo veyo
los galeguiños le cantan contentos,
porque nos vene a donar el remedio,
ay que lo vi, que lo vi, que lo creigo.

Pois que conozco se deita enel feno,
chorando de amores temblando de yelo
ay que lo vi que lo veyo,
la súa may le aplica alo peito
cerrando dois soles rendidos al sueño
ay que lo vi, que lo vi, que lo creigo.

TOLEDO 1638

Ay miño señor,
si vos proua a terra,
víndivos acá
coa gente galega.

E vos dará musiquiña
con frautiña e rabiquiña,
cascabel, y cherumbela
ay víndivos acá coa gente galega.

Coplas.

Con ser Deus santo, e forte
os proua a terra de sorte,
que vos teyne de dar morte
porque sois fillo de Adán,
Ay víndivos, &c.

Miña terra non vos nego
vos será de máis sosego,
que achareis nela o galego
que vos veine agasallar.
Ay víndivos, &c.

Si chorais as lagrimiñas
por acharos sein mantiñas,
as mulleres galeguiñas
voso corpo abrigarán.
Ay víndivos, &c.

Folgareisvos da manida
coa gente, que é comprida,
e vos quere como a vida,
e con vos se folgará.
Ay víndivos, &c.

Véndouos o galeguiño
tangerá o panderetiño,
y ao son de tamboritiño
cantiguiñas vos dirá.
Ay víndivos, &c.

Passareislo meu señor
a pracer muyto mellor
que en Belén, donde rigor
malas noytes vos dará.
Ay víndivos, &c.

Tenemos muytas galiñas,
cabritiños, terneriñas,
mel, e queju, e mil cosiñas,
muyto viño, e muyto pan.
Ay víndivos, &c.

JEREZ DE LA FRONTERA 1649

Ay cachopiño belo
dóchome a Deus
como sois galego.

Ay miño pai diuino
dóchome a Deus
como sois galegiño.

Ay cachopiño de oiro
dóchome a Deus
como sois fermoso.

Ay miño pay de vida
dóchome a Deus
como sois de Galicia.

No vosso portaliño
para ser pao de os ceos
naceis entre as espigas
que comen os galegos.

Ay belo fermosiño
dóchome a Deus que os vejo
no portaliño pobre
donde estais encuberto.

Eu vos teño nos ollos
porque dizen os cregos
que vos sois a lusiña
dos ollos con que vejo.

Vestido de encarnado
en que estais encuberto
en Galisa de graça
vos querem os galegos.

Todos los galegiños
vem de Galisa a veruos
y na vossa choupiña
tocan o’seus instrumentos.

Tocay ao marotiño
que eu tambem cantar queiro
huas copriñas nouas
que cantão os galegos.
Ay cachopiño &c

MÉXICO 1650

Ay galeguiños ay,
ay que lo vejo
mas ay que lo miro
ay que lo vejo
en un pesebriño.
Ay, ay galeguiños ay…

Ay, ay o fillo de Deus
ay, ay que a la terra vino.
Ay o fillo de Deus ay,
que a la terra vino.
Ay galeguiños ay,
ay que lo vejo
mas ay que lo miro
ay que lo vejo
en un portaliño.

Ay, soen gaitiñas
e dai mil boltiñas
ay tocá las flautiñas
tamben los pandeiros
ay, ay que face pucheiros
por mis amoriños.
Ay galeguiños ay…
Ay fagámoslle festas
que entre duas bestas
ay que muito le cuesta
nace sendo nobre
ay, ay na terra tan pobre
por os pecadiños.
Ay galeguiños ay…

Renfe reforza con máis de 800 prazas os trens entre A Coruña e Vigo con motivo da apertura de Vialia

Renfe reforzou con máis de 800 prazas os trens que unen A Coruña e Vigo durante este fin de semana con motivo da apertura do centro comercial Vialia na cidade olívica.

Segundo detalla nun comunicado o operador ferroviario, este fin de semana, o primeiro no que estará aberto o centro comercial tras a súa inauguración o pasado mércores, os servizos do corredor atlántico contarán con 855 prazas máis.

Renfe indica que este reforzo se suma ás case 3.000 prazas adicionais da liña A Coruña-Vigo durante o curso académico, que se desarollan entre o venres e o domingo, períodos de maior mobilidade entre os estudantes.

Abre en Vigo o primeiro Hospital de Día Infanto-Xuvenil de Galicia para menores con trastorno mental grave

0

O primeiro Hospital de Día Infanto-Xuvenil de Galicia iniciou este martes a súa actividade en Vigo, nun pavillón remodelado do Hospital Nicolás Pena, que foi visitado polo xerente do Sergas, José Flores; o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Ponte; e o xefe do servizo de Saúde Mental, José Manuel Olivares.

Este novo dispositivo sanitario enmárcase na estratexia de Saúde Mental 2020-2024 do Sergas, que contempla incrementar os recursos dirixidos á poboación infanto-xuvenil. A previsión de Sanidade é contar cun centro deste tipo en cada unha do sete áreas sanitarias de Galicia no horizonte de 2023 e as próximas en porse en marcha serán as de Santiago, Lugo e Ourense, leste mesmo ano.

O Hospital de Día Infanto Xuvenil é un dispositivo asistencial intermedio, cuxa finalidade é proporcionar tratamento para trastornos mentais graves que aparezan na infancia ou adolescencia, e que vai máis aló das simples consultas externas, sen chegar ao paso seguinte, de hospitalización. No servizo ofrécese unha abordaxe dos problemas desde unha perspectiva biopsicosocial e familiar.

A previsión é que poida atender a case un centenar de pacientes ao ano, entre 8 e 16 anos de idade, con trastorno mental grave. Nunha primeira fase desenvolveranse varios programas terapéuticos intensivos dirixidos a pacientes con trastorno mental grave, con trastorno da conduta alimentaria e aqueles que presentan risco autolesivo e inestabilidade emocional grave.

O equipo profesional estará composto por un psiquiatra, unha psicóloga clínica, un enfermeiro especialista en Saúde Mental e un traballador social. Nos próximos meses incorporaranse un TCAE, un terapeuta ocupacional e un profesor (a través dun convenio coa Consellería de Educación).

INSTALACIÓNS E TERAPIA

O Hospital de Día está na primeira planta do pavillón 3 do Nicolás Peña, nunhas instalacións que foron reformadas e acondicionadas. Dispón de 5 consultas, salas de espera, sala de grupos, sala ocupacional e unha sala para comedor/estudo, para pacientes que realicen estancias en réxime de día.

O Sergas lembrou que, ante o peso significativo dos problemas de saúde mental na morbilidad e mortalidade dos nenos e novos (o suicidio é a terceira causa de morte en menores de idade), as intervencións terapéuticas en réxime de hospitalización psiquiátrica a tempo parcial “demostraron a súa eficacia no tratamento de múltiples problemas”, evitando ingresos posteriores. Unha das principais vantaxes deste dispositivo é que permite manter o contacto do menor coa súa contorna familiar e social, que axuda na súa recuperación.

PLAN DE SAÚDE MENTAL

Por outra banda, Sanidade apuntou que, no marco do Plan de Saúde Mental de Galicia, incorporáronse xa 95 novos profesionais (case o 80 % dos previstos) e que este persoal permitiu a creación de novas unidades de saúde mental en atención ambulatoria.

Así, para poboación infanto-xuvenil abríronse senllas unidades nos hospitais de Vigo e A Coruña, e para adultos, novas unidades en Ordes, Tui e Oleiros. A iso súmase o reforzo dos equipos de atención domiciliaria nas áreas de Santiago, Ourense e Pontevedra, entre outras medidas.

Cangas empeora a súa situación e pasa de restrición media baixa a media

0

O concello de Cualedro (Ourense) sumarase, a partir do próximo luns 19, ao grupo de municipios con restricións máximas, no que permanecerán tamén O Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras. Así, este catro municipios seguirán co peche perimetral e a hostalaría só poderá abrir con servizo a domicilio e para levar.

Así o decidiu o subcomité clínico na reunión deste venres, na que se analizaron os últimos datos da evolución da pandemia por coronavirus e que levou a cabo tamén a revisión dos niveis para o resto de municipios galegos.

Á marxe deste grupo, determinouse o nivel alto de restricións para nove concellos: Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre. Nestes municipios están pechados os interiores da hostalaría.

No nivel medio sitúanse O Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa de Arousa e Vilagarcía. Neste grupo de municipios a hostalaría pode servir en terrazas ao 50 por cento da súa capacidade e no interior, ao 30 por cento.

No resto de concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que principalmente afecta os aforamentos da hostalaría (50 por cento en interior e 75 por cento as terrazas).

CARRAL, A ILLA E MONTERREI MELLORAN

Unha das principais novidades son para Carral e A Illa de Arousa, que melloran e agora poderán reabrir os interiores da hostalaría, ao pasar de nivel alto de restricións ao nivel medio. Pola súa banda, Monterrei pasa de nivel de restricións alto a nivel medio baixo, co que tamén poderá reabrir e co máximo aforamento permitido en Galicia neste momento.

Pola súa banda, pasan a ter nivel alto de restricións o concello de Cambre, que este fin semana aínda estarán en situación media, polo que a partir de luns terán máis limitacións, especialmente, nos aforamentos da hostalaría. Tamén empeoran os municipios das Pontes, Cambados, Catoira e Cangas, que pasa de nivel medio baixo a nivel medio de restricións.

Vigo rexistra grandes focos de contaxios entre xente moza con dúas variedades diferentes da cepa brasileira

O número de casos que se estudan en Vigo de persoas contaxiadas por dúas variantes da cepa brasileira de coronavirus elevouse a 30, segundo confirmaron fontes de Sanidade, que ratificaron que se trata de dous grupos de persoas novas, menores de 30 anos de idade.

Segundo informaron fontes sanitarias a Europa Press, realizouse un proceso previo denominado ‘cribado de mutacións PCR‘, no que se detectaron 30 casos de contaxiados por dúas variantes desta cepa.

Tras este primeiro filtro, Sanidade está a levar a cabo un proceso de secuenciación xenética para ratificar eses casos e a variante á que pertencen. Nese proceso, foron xa confirmados 6 casos, aínda que “previsiblemente” o número aumentará nos próximos días, segundo o Sergas.

Os casos en estudo corresponden a dous grupos de persoas menores de 30 anos de idade e estase analizando o posible vínculo entre ambos, dado que “algúns casos teñen relación e outros non”.

Fontes sanitarias avanzaron que, en próximos días, realizaranse cribados para detectar posibles contagios en xente nova, posiblemente entre 16 e 35 anos, aínda que aínda se está “definindo” o grupo concreto de idade.

A orixe destes contaxios, segundo explicou o responsable do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Benito Regueiro, está en dúas persoas que estiveran no estranxeiro. En concreto, un dos brotes orixinouse por un caso dun traballador que chegou de Perú, e o outro por unha persoa que viaxara a México por motivos familiares.

“REDOBRAR ESFORZOS”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse a estes casos na súa rolda de prensa tras a celebración do Consello da Xunta, e expresou a “preocupación” das autoridades sanitarias respecto diso.

“Obríganos a redobrar esforzos”, manifestou o xefe do Executivo galego, quen avanzou que a Dirección Xeral de Saúde Pública levará a cabo un “estudo minucioso de todos os positivos e os seus contactos”. Ademais, vanse a intensificar os cribados de forma específica entre a poboación de menos de 30 anos.

“Necesitamos concretar o fío que conecta ás distintas persoas que están con esta variante brasileira, que son dúas variantes”, apuntou Feijóo na súa intervención. O mandatario autonómico subliñou que “convén pór un círculo de seguridade” e, para iso, vaise a facer un cribado, respecto diso do que chamou a acudir ás persoas chamadas.

López Veiga insiste en que Porto decidirá sobre a concesión de Vulcano tras a resolución do conflito xurisdicional

O presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, insistiu no consello de administración adoptará unha decisión sobre a concesión dos terreos do estaleiro Vulcano, que se atopa en liquidación, tras a resolución do conflito xurisdicional exposto.

Lembrou que as dúbidas do consello sobre a lexislación ou criterio que debía acatar para pronunciarse sobre o futuro dos terreos onde se asenta o estaleiro levaron que a presidencia solicitase remitir a controversia ao Tribunal de Conflitos Xurisdicionais.

A este respecto, explicou que se deu trámite de audiencia aos interesados e previu que se emita unha resolución “nun prazo razoable”. Así, chamou a esperar a “ver que prevalece”, os “resultados dunha sentenza” ou “as potestades administrativas que ten a Administración”.

En concreto, a Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou un recurso do Porto sobre a concesión de dominio portuario do estaleiro Vulcano e avalou que esta formase parte da unidade que se podía poxar no proceso de liquidación da empresa.

Así mesmo, o presidente do Porto referiuse ao ditame do Consello de Estado que concluíu que a disolución do estaleiro levaba a extinción da concesión e lembrou que, segundo a Lei de procedemento administrativo, “un non se pode separar dun ditame agás que haxa unha motivación xurídica”.

“Non podo facer nada en contra dun ditame do Estado. Se o fas e non tes a razón, iso chámase prevaricación”, resolveu. No entanto, incidiu en que se o Tribunal de Conflitos Xurisdicionais “non lle dá a razón ao Porto” e considera que a concesión non se atopa extinguida esta caducará de todos os xeitos en 2027.

A Xunta defende a actuación do Consorcio do Casco Vello de Vigo malia o “desinterese” do Goberno local

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, defendeu a actuación rehabilitadora levada a cabo polo Consorcio do Casco Vello de Vigo malia o “desinterese” do Goberno local.

Así se pronunciou despois de que o alcalde, Abel Caballero, afirmase que o labor rehabilitador do Consorcio –participado nun 90 por cento pola Xunta e nun 10 por cento polo Concello– é “lentísimo” debido á falta de investimento do Goberno galego.

A tamén presidenta do Consorcio do Casco Vello acusou a Abel Caballero de “faltar á verdade”, xa que, segundo afirmou, a actuación da entidade “nin é lenta” nin carece de recursos. “O que é unha realidade é a ausencia de colaboración institucional do Concello para a recuperación do barrio”, resolveu.

Neste sentido, puxo en valor o “indiscutible” labor rehabilitador levado a cabo pola entidade e chamou a darlle continuidade, para o que apelou á “complicidade do Goberno de Vigo, cuxo desinterese é evidente”.

Así as cousas, Marta Fernández-Tapias sinalou que se reclamou desde hai anos ao Concello que facilite a adquisición de cinco inmobles ao Consorcio a través da súa expropiación. Deste xeito, sinalou que a implicación do Concello nesta actuación resulta precisa para que a Xunta destine á entidade os 5 millóns de euros que lle reclama.

Ademais, remarcou que o Goberno galego investiu máis de 27 millóns de euros na rehabilitación do barrio, polo que concluíu que “non se pode dicir que non haxa recursos”. Así, afirmou que “falta que o alcalde arrime o ombreiro e deixe de torpedear todo canto proxecto se anuncia desde a Xunta” para recuperar a zona e fixar poboación na mesma.

FOTOGALERÍA: En estado de alarma

0

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed