InicioEconomíaA Xunta defende a actuación do Consorcio do Casco Vello de Vigo...

A Xunta defende a actuación do Consorcio do Casco Vello de Vigo malia o “desinterese” do Goberno local

Acusa a Abel Caballero de "faltar á verdade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, defendeu a actuación rehabilitadora levada a cabo polo Consorcio do Casco Vello de Vigo malia o “desinterese” do Goberno local.

Así se pronunciou despois de que o alcalde, Abel Caballero, afirmase que o labor rehabilitador do Consorcio –participado nun 90 por cento pola Xunta e nun 10 por cento polo Concello– é “lentísimo” debido á falta de investimento do Goberno galego.

A tamén presidenta do Consorcio do Casco Vello acusou a Abel Caballero de “faltar á verdade”, xa que, segundo afirmou, a actuación da entidade “nin é lenta” nin carece de recursos. “O que é unha realidade é a ausencia de colaboración institucional do Concello para a recuperación do barrio”, resolveu.

Neste sentido, puxo en valor o “indiscutible” labor rehabilitador levado a cabo pola entidade e chamou a darlle continuidade, para o que apelou á “complicidade do Goberno de Vigo, cuxo desinterese é evidente”.

Así as cousas, Marta Fernández-Tapias sinalou que se reclamou desde hai anos ao Concello que facilite a adquisición de cinco inmobles ao Consorcio a través da súa expropiación. Deste xeito, sinalou que a implicación do Concello nesta actuación resulta precisa para que a Xunta destine á entidade os 5 millóns de euros que lle reclama.

Ademais, remarcou que o Goberno galego investiu máis de 27 millóns de euros na rehabilitación do barrio, polo que concluíu que “non se pode dicir que non haxa recursos”. Así, afirmou que “falta que o alcalde arrime o ombreiro e deixe de torpedear todo canto proxecto se anuncia desde a Xunta” para recuperar a zona e fixar poboación na mesma.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...