Inicio Blog Páxina 1864

Soutos de castaños e carballos, a defensa contra os lumes e o futuro económico dos montes do Val Miñor, Vigo e Baixo Miño

O confinamento provocou un descenso na demanda dos produtos do bosque que comercializa a Comunidade de Montes de Couso, en Gondomar. Tamén paralizou as actividades escolares da súa homóloga de Teis, en Vigo, así como as xornadas de voluntariado para erradicar especies invasoras. A de Areas, en Tui, non chegou a convocar a asemblea que tiña que celebrar en marzo. Son algunhas das consecuencias da epidemia de coronavirus nestas entidades que, a nivel galego, suman 2.800 comunidades.

“A situación que estamos a vivir, por desgraza, vaise a repetir máis anos e condiciónanos moito”, sinalou o presidente da Comunidade de Couso, Xosé Antón Araúxo. “Co confinamento apenas vendemos e as vendas en liña non as temos moi desenvolvidas“, explicou, en declaracións a Europa Press.

Recoñecida o pasado ano pola Organización das Nacións Unidas (ONU) co rexistro de Áreas Conservadas por Comunidades Locais con proxectos como o cultivo e venda de cogomelos shiitake, marmeladas de framboesas e arandos vermellos –esta última coa etiquetaxe paralizada tamén pola alarma sanitaria.-, a nova iniciativa á que aspiran, a partir deste outono, consiste en comercializar a súa primeira colleita de castañas.

“Queremos involucrar aos comuneiros e que reciban unha parte dos beneficios”, precisou Araúxo, polo que están a concretar a fórmula a través da súa asesoría xurídica. Actualmente contan con cinco hectáreas de castiñeiros adultos para a obtención de froito, ás que se sumarán outras oito que nos próximos anos estarán en condicións de producir “a lume de biqueira”. A estas engádense catro hectáreas máis de aproveitamento madeireiro, na súa liña de apostar “pola produción de madeiras nobres como alternativa ao eucalipto”.

ACCESO CON CARNÉ

Os únicos que terán acceso aos castiñeiros serán os comuneiros a través dun carné acreditativo da Comunidade de Couso. “A aqueles que non o teñan convidaráselles a irse do monte”, advertiu Araúxo, e será a súa propia “brigada de vixiantes”, formada por comuneiros voluntarios, a que avise ás autoridades en caso de negativo.

Aínda que non fixeron ningunha estimación sobre a cantidade, o presidente de Couso xa conta cunha cooperativa para a recollida da produción en fresco, sen descartar “facer algún derivado da castaña, como fariñas”. A deste outono será “unha experiencia piloto, a ver como funciona”, precisou.

“Tiñamos o monte en moi malas condicións e estámolo recuperando a pasos axigantados”, asegurou Araúxo. Non só calcula que en Couso está “o castañal máis grande do Val Miñor” con 15 hectáreas –que aspiran a converter en 20–, senón tamén a maior extensión de carballeiras da comarca, con “nove hectáreas continuas”. “O que ingresamos do monte vai practicamente todo para o monte”, insistiu o presidente desta comunidade, entre cuxos próximos proxectos figura a creación dunha nova ruta sinalizada de sendeirismo, para a cal buscan financiamento.

Xornada organizada pola Comunidade de Montes de Teis en contra do rebrote da acacia na Madroa / Miguel Núñez

REFERENTE AUTÓCTONO

Ser un “referente de monte autóctono” é tamén o “principal obxectivo” da Comunidade de Montes de Teis que, como a de Couso, obtivo un ano antes a mesma distinción da ONU. Como a súa homóloga de Gondomar, esta comunidade viguesa creada en 1998 atopouse o monte “en moi mal estado e invadido de acacia negra”, explicou o seu presidente, Eduardo García, e sometida a unha gran presión urbanística pola presenza de numerosas infraestruturas no monte da Madroa: o zoolóxico, os campos de fútbol do Celta, do Candeán e do San Paio, unha estación de bombeo e catro liñas eléctricas, entre outras obras.

Ademais de afectar á unidade didáctica coa que estaban a traballar con escolares ao redor da recuperación da senda botánica do Regato dos Banquetes, a crise sanitaria paralizou os traballos de eliminación de acacia negra iniciados en setembro de 2018 e que estaban a dar “un resultado espectacular”. O parón na actividade académica tamén suspendeu un proxecto coa Universidade de Vigo “sobre o valor científico” da loita contra esa especie invasora.

Con todo, Eduardo García cualificou o confinamento de “beneficioso” para o monte ao “deixar de ter tanta carga urbanística” pola súa situación periurbana. “A natureza renacera, todo estaba menos pisado e había menos danos”; unha situación que cambiou desde a autorización das saídas.

DENUNCIAS

“A xente está a saír en bicicletas e motos, a pasear ou a xuntarse para beber e estanse incumprindo as normas”, criticou García, o que xa motivou a presentación de varias denuncias ante a Garda Civil, o Seprona, a Policía Nacional e Medio Rural pola presenza de lixo e os danos rexistrados nas franxas de seguridade contra incendios: “Collen troncos e paus, fan circuítos para os seus vehículos e non os repoñen no seu sitio”, denunciou García sobre esta “terrible falta de civismo”, o que obriga á Comunidade a recolocar a madeira para evitar caídas.

Ademais de responsabilizar á Xunta polo “descontrol” sobre prácticas deportivas ás que a Comunidade de Teis culpou de cometer “barbaridades” nos montes, Eduardo García tamén acusou á Administración autonómica de ser “lesiva” cos intereses dos comuneiros: “Calquera persoa que vaia a conducir, pescar, embarcar nunha chalana ou mariscar, necesita unha licencia pero, calquera que vaia ao monte pode recoller castañas, cogomelos ou cereixas sen dar explicacións”.

O presidente de Teis apelou ao “apoio da Administración” para habilitar “carnés de recolección” pero “tiña que haber vontade e agora mesmo non a hai”, lamentou. “Os comuneiros non somos policías, senón veciños que xestionamos terras, democraticamente e o mellor posible, xerando un proxecto altruísta para achegar ás próximas xeracións”, engadiu.

AREAS EN TUI

O vogal da Comunidade de Montes de Areas, Manuel Pereira, tamén se mostrou partidario de dotar aos comuneiros dun “carné de asociado colaborador” para acceder ás súas plantacións de frondosas con micorrizas durante a tempada micolóxica. A diferenza de Couso, esta entidade tudense non ten vocación comercial, aínda que os seus produtos contan coa certificación ambiental Forest Stewardship Council (FSC).

“Entendemos o monte como un equilibrio da parte forestal, a ambiental e a social”, sinalou, argumentando que “os recursos económicos son necesarios” para manter o tres vertentes. “Buscamos un monte que non só produza madeira e que ecoloxicamente sexa sustentable”, destacou Pereira.

Precisamente, as facetas ecolóxica e social resultaron trastornadas pola emerxencia sanitaria, en tanto das dúas plantacións que tiñan previstas en abril coa colaboración de escolares de Tui, unha aprazouse ata que se retomen as clases e a outra se realizou sen a presenza dos nenos.

Do mesmo xeito que os seus homólogos de Teis, que tan só suman 49 comuneiros, en Areas tamén tiñan que celebrar a súa asemblea o pasado mes de marzo: “Esperaremos a que se levante o estado de alarma e a ver en que condicións pódese celebrar”, sobre os requisitos para reunir aos 218 integrantes desta entidade.

A directiva de Areas, que xestiona o aluguer de dúas naves e un pavillón no seu territorio, decidiu “perdoar” a renda destes dous meses aos seus inquilinos. “Non repartimos dividendos e apoiamos á xente que está connosco”, xustificou Manuel Pereira sobre esta situación que “nos ensina que non todo é diñeiro”.

Interceptado en Nigrán un condutor cos seus fillos que duplicaba a taxa máxima de alcoholemia

0

Un home de 37 anos domiciliado en Baiona foi interceptado mentres conducía un vehículo en Nigrán no que transportaba aos seus dous fillos menores e duplicaba a taxa máxima de alcoholemia permitida ao volante.

Fontes da Benemérita precisaron que os feitos tiveron lugar este martes pola tarde en Nigrán no marco dun control levado a cabo polo Destacamento de Tráfico do Porriño para vixiar o cumprimento das restricións de mobilidade impostas pola crise sanitaria.

Así, os efectivos deron o alto ao condutor dun vehículo e, ao identificalo, percibiron un cheiro a alcol que motivou que fose sometido ás probas de alcoholemia. O resultado do test foi positivo e arroxou unha taxa de 0,51 miligramos por litro en aire expirado a pesar de que a máxima permitida sitúase en 0,25.

Ademais, cuestionado polo motivo do desprazamento, o home explicou que, tras pasar o fin de semana cos seus fillos, levaba aos menores ao domicilio da súa ex muller de acordo co réxime de visitas establecido.

Dada a situación, os nenos foron entregados á súa nai e o condutor foi retornado ao seu domicilio. Mentres, o vehículo quedou inmobilizado no lugar dos feitos.

Falta de persoal no 061 ante o incremento de chamadas polo coronavirus

0

A CIG denunciou este venres que a empresa subcontratada polo 061, Grupo Norte, para xestionar o servizo de atención telefónica dos números 061 e 900 400 116, nos que se informan sobre dúbidas relativas ao coronavirus, “chama ao persoal operador para que vaia traballar de día libre a cambio de pagarlle como horas extraordinarias”.

Podes consultar aquí o artigo completo en Galicia Confidencial

O acusado do asasinato de Ana Enjamio di que a noite do crime tivo “un escarceo con ela no baño”

O acusado como presunto autor do asasinato da moza enxeñeira Ana Enjamio negou matala e afirmou que mantiña con ela unha “relación clandestina”, posto que a moza era, ao mesmo tempo, parella doutro mozo.

Así o explicou César A.O., para quen a Fiscalía pide 27 anos de prisión, e que está a ser xulgado por un tribunal de xurado na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

O procesado aceptou responder as preguntas de todas a partes e, a preguntas da fiscal, negou que matase a Ana, a quen definiu como unha “cabeciña tola”, que “non tiña reparos en mentir” e capaz de “disimular” ata o punto de ocultar a súa relación con el porque estaba preocupada “pola súa reputación”.

O acusado admitiu que enviou mensaxes ao noivo de Ana para “polos a mal” pero asegurou que ela lle “perdoou” e que, de feito, a noite do crime, pensaran “facer unha escapada” para estar xuntos despois da cea de empresa, tras estar bailando durante esa celebración e ter “un escarceo” no baño.

DETENCIÓN E INTENTO DE SUICIDIO

O acusado afirmou que, tras esa cea, e dado que Ana temía que o seu noivo os sorprendese, optou por volver a casa. Segundo afirmou, non só non se dirixiu ao domicilio da moza para esperala, senón que “nunca” estivo nese piso porque as compañeiras de Ana “non lle deixaban levar mozos”.

Segundo a súa versión, decatouse do asasinato de Ana ao día seguinte, por boca dos seus compañeiros de traballo, cando acudiu a declarar a Comisaría. “Quedei en shock, nunha nube”, afirmou e recoñeceu que, tras coñecer a noticia, tentou suicidarse cortándose as veas.

O procesado deixou unha carta de despedida na que, entre outras consideracións, apuntaba: “Ana, perdóame, queríache tanto, non o puiden soportar“. Tal e como explicou ante o tribunal, con esa frase referíase a que non puidera soportar a morte da moza e pedíalle perdón por quitarse a vida.

Con respecto ás circunstancias da detención, César A.O. explicou que non entregou á Policía a roupa que levaba posta a noite da cea porque lle roubaron “o abrigo e temía que non lle cresen e o inculparan”. De feito, esa roupa, así como a arma do crime e o teléfono de Ana Enjamio nunca apareceron, aínda que si se recolleron mostras de sangue da moza no coche do acusado.

Segundo os informes forenses, a vítima sufriu unha trintena de coiteladas, das que 12 alcanzáronlle o corazón, e presentaba tamén feridas defensivas nas mans e marcas na boca, coma se lla taparan con moita forza.

ALEGACIÓNS INICIAIS

Antes de comezar a declaración do acusado, as partes presentaron as súas respectivas alegacións ante o tribunal de xurado. Así, tanto a Fiscalía como a acusación popular (exercida pola Xunta) insistiron moito en que, o que se xulga neste caso, “non é o comportamento da vítima, nin se tiña relacións cun, con outro ou con varios”.

Non se está xulgado a moralidade dunha persoa morta, nin as súas relacións nin a súa personalidade”, incidiu a letrada da Xunta, quen lembrou que Ana Enjamio foi atacada “nun momento de vulnerabilidade” e cando estaba “totalmente indefensa”.

Mentres, o avogado da familia da vítima fixo fincapé en que César A.O. converteu a vida de Ana “nun auténtico inferno”, cheo de “pequenos actos de vinganza” porque non asumía a ruptura da relación, e mantiña un “comportamento obsesivo”. “A Ana non a asasinou un maleante ao azar para roubarlle. Quen a asasinou tiña intención de matar, de causar unha morte brutal”, recalcou.

Por contra, o seu letrado defensor proclamou que “César é inocente e non cometeu este horrible crime contra a persoa que máis quixo na súa vida”, unha moza que, segundo aseverou, “daba mostras de que o elixiu a el”, en lugar de o seu noivo. “Non hai ningún elemento obxectivo que o incrimine”, subliñou este avogado, quen lamentou que “os medios de comunicación xa o condenaron” .

Así, mentres que as acusacións solicitan penas de prisión que van desde os 27 aos 39 anos (polos delitos de asasinato, acoso e vulneración da intimidade), o avogado defensor reclamou a libre absolución do seu patrocinado.

Vídeo da Acampada contra a Pobreza en Vigo, onde morreu un dos integrantes

0

Neste vídeo fala Juan Carollo, integrante da Acampada contra A Pobreza na Praza do Rei en Vigo. Explica algunhas das circunstancias persoais do falecido, José Comesaña,

así como a situación da mesma acampada.

Detido un veciño de Mondariz por unha ducia de roubos con forza entre xullo e agosto

0

A Garda Civil detivo a un veciño de Mondariz, JF.I.G., de 34 anos, como presunto autor de preto dunha ducia de roubos con forza en empresas, chiringuitos de praias fluviais e vivendas deste municipio.

A raíz da sucesión de roubos que se viñan producindo durante os dous últimos meses en distintos establecementos de Mondariz, estableceuse un dispositivo especial de vixilancia en devandito termo municipal.

Froito deste operativo, a madrugada do pasado luns, unha patrulla de seguridade cidadán sorprendeu durante a noite a unha persoa cando estaba intentando forzar o quiosco da praia fluvial do Val en Mondariz, que se deu á fuga ao verse sorprendido deixando abandonados varios obxectos e unha bolsa coa que se cubría a cabeza.

As investigacións levaron á localización e identificación da persoa que se deu á fuga, que ten un amplo historial de antecedentes por delitos contra a propiedade, ao que se lle considera responsable dun total de once delitos de roubo cometidos entre finais de xullo e principios de agosto.

No marco desta investigación puidéronse recuperar varios efectos subtraídos que xa foran vendidos por esta persoa en distintos establecementos de compra-venda de obxectos de segunda man, que xa foron devoltos aos seus lexítimos propietarios.

O autor foi investigado pola comisión de once delitos de roubo con forza nas cousas. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Garda de Instrución de Ponteareas.

Navia Verde: O barrio vigués móvese para salvar os seus espazos naturais

Navia (Vigo) está en constante crecemento. En 2013 xa vivían só en Teixugueiras, a súa rúa principal, 7.409 persoas. Hoxe, cinco anos despois, superáronse xa os 9.390 habitantes. Os veciños non están de acordo coas modificacións por parte da Xunta do seu plan inicial, case triplicando o número de edificios estipulados para a última fase do proxecto.

A asociación veciñal Novo Vigo leva máis de 1.200 alegacións firmadas. O día 7 termina o prazo para presentar alegacións, e ese mesmo día ás 11:00 organizan unha concentración na praza da Estrela, fronte ao edificio da Xunta.

Falamos con Ana, a súa presidenta: “Cando viñemos aquí, chegamos a un barrio cunhas condicións e unhas zonas verdes. E non estamos dispostos a que resten espazos naturais. É un dos barrios que máis está crecendo de Galicia. O de Teixugueiras é digno de mirar, a de denside de poboación que hai nunha única rúa. Ten máis poboación que a gran maioría de municipios de Galicia”.

“No 96 xa se sabía que ían continuar na construción de vivendas, pero eran 613 as que restaban. Agora queren facer 1.796 vivendas, máis de mil por riba do plantexado. E quérense levar as carballeiras, como as que xa se levaron para montar un parque que é puro cemento, botaron escombros e fixeron unha montaña”, denuncia.

Barrio de Navia .Asociacion de veciños .
Ana, Presidenta da Asociación de Veciños de Navia Novo Vigo, ensina os planos da novo proxecto de construción / Miguel Núñez

Están na loita por que se respete o máximo de masa forestal, parte dela incluso forma parte do esteiro do río Lagares. Pero non é a súa única reivindicación: “Temos un grave problema de contaminación acústica coa VG20. É a zona de Vigo máis saturada, e pedimos o soterramento da autovía ou como mínimo un estudo acústico actual, porque se basan nun de 2012, e estamos crecendo ano a ano”.

Tamén esixen novos servizos sociais e culturais, porque “o que fixeron aquí foi plantar edificios e nada máis”. E engade: “O Centro de Saúde leva dende novembro abrindo polas tardes, e por manifestacións que fixemos. Tamén precisamos un instituto. En Navia hai 529 rapaces e rapazas entre 11 e 15 anos. É o barrio máis novo de Galicia, e non sei se de España, e sen instituto. A nosa gráfica de poboación non é habitual, seguen chegando moitos nacementos”.

O 1 de febreiro de 2018, a rúa Teixugueiras contabiliza 1.220 nenos entre 0 e 5 anos, 980 entre 6 e 10 anos, 529 entre 11 e 15, 352 entre 16 e 20… E só 95 persoas entre 66-70, 97 entre 71-75, 38 entre 76 e 80, e só 72 anciáns con máis de 80 anos. O grupo de idade máis abundante sería o de 36 a 40. Unhas cifras nas antípodas da situación xeral galega, nun constante envellecemento progresivo.

“NAS ACTUACIÓNS PREVIAS ÁS DA ACTUALIDADE, NON QUEDOU UNHA SOA ÁRBORE DAS PREEXISTENTES”

Nestas circunstancias, dende Novo Vigo denuncian que “cun afán claramente economicista, e sen considerar que na actualidade xa van construídas 3.732 vivendas, quedando por construír, segundo os anteriores plans 613 vivendas, esta segunda modificación elévaas en 1.180, case o dobre do previsto. Polo que o total das vivendas, contando coas 3.732 xa construídas sería de 5.525 vivendas ao final da promoción”.

Ademais, a ficha técnica do PAU de Navia, aprobado pola Xunta de Galicia en 1993, nos criterios de ordenación e normativa de aplicación dicía textualmente que: “As zonas verdes serán situadas preservando as masas forestais existentes”.

Planos do proxecto da Xunta / Asociación Novo Vigo

Pero dende Novo Vigo denuncian que “a realidade constatable é que tal norma, nas etapas ata agora desenvolvidas I, II e IIIA, foi totalmente incumprida. Nas actuacións previas ás da actualidade, non quedou nin unha soa árbore das existentes. Os terreos de Poza Cabalo, Os Limpiños ou Lamelas estaban ocupados dunha importante masa forestal, principalmente carballos, piñeiros, bidueiros, bidóns e salgueiros. Non ficou nin un en pé… ademais de que unha das cousas polas que se caracteriza o novo parque é a ausencia de masa arbórea”.

De tal xeito, propoñen que as edificacións deben adecuarse ás masas forestais aínda existentes. Tamén denuncian a proposta por parte da Xunta de crear novos aparcadoiros, xa que “o incremento da dotación de prazas faise á conta da redución de 17.716 m2 en zonas verdes tan sensibles como son as situadas entre edificios ou directamente enfronte, e/ou a poucos metros das vivendas”.

Concentración Navia Verde, o luns 7 ás 11:00 na Praza da Estrela / Asociación Novo Vigo

Por outra banda, a activista Ana María Fernández, pertenecente á Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), participará este sábado ás 17:00 nun roteiro polo espazo verde de Navia, descoñecido pola maioría dos veciños e veciñas.

Será un acto no que eloxiará á natureza, porque “é primavera e a natureza na súa xenerosidade énchese de vida, as plantas silvestres florecen, os lagartos saen ao sol, as bolboretas voan de ledicia, os paxariños fan os niños nos que incuban aos seus fillos”.

E, ademais, criticará a relación do ser humano coa natureza: “Unha vez máis ignoramos a vida e a súa esencia e planeamos a devastación, a aniquilación, a erradicación deste ecosistema, desta biodiversidade por unha nova urbanización”.

E todo, ademais, cando “na cidade de Vigo xa hai un gran número de vivendas e chan construido desaproveitado. Edificios que poderían ser rehabilitados ou derrubados para abrir zonas verdes no casco urbano. E en lugar de por solución a este desaproveitamento,  estanse a cometer os mesmos erros dos anos 60 e 70, destruindo o valor único e irrepetible do enclave natural da cidade de Vigo, en concreto, de Navia”.

Ana lamenta como a cidade de Vigo segue a medrar “de costas ao seu máximo valor e privilexio, que é a súa natureza, o seu enclave natural coas súas carballeiras e humedais. E o que estamos a facer eiqui é só unha das millóns de agresións e crimenes que o ser humano comete tódolos días a un ritmo trepidante, en contra da nosa nai (a natureza) e de nós mesmos. Moitos pobos indíxenas e persoas están a perder as súas vidas en defensa dos últimos redutos de vida e biodiversidade do noso planeta como Berta Cáceres e miles doutras persoas anónimas”.

E recorda que estamos a permanecer impasibles antes a destrucción do último bosque de Navia, algo posible porque non coñecemos os seus camiños, “nin os nomes das súas prantas e o que non se nomea non se ama, non existe para ao ser humano“.

carballeira de Navia
Ana María Fernández, activista en fabor de manter a carballeira de Navia / Miguel Nuñez

Sobre o parque de Navia, denuncia: “Temos aquí a proba do magnicidio. Este parque é o parque máis inhóspito e feo do planeta Terra. Érguese sobre o que no pasado era unha frondosa carballeira. Agora é un cemiterio. O plan pretendía respetar a masa forestal e éste foi o respeto que mereceu. Non deixemos que ocorra de novo. Unámonos en defensa do bosque de Navia, en defensa das nosas vidas e da súa calidade, o noso dereito a respirar aire fresco, e ver a curuxa, o merlo, os pardais e cheirar as flores en primavera, a ver o verde das carballeiras e escoitar o asubío das súas follas mecidas polo vento”.

Para ela, é o único futuro grato posible: “Fagámolo polos noso fillos, para non deixarlles un mundo onde o ser humano cada vez vive máis enfermo lonxe da natureza, máis cheo de violencia, máis ocupado en banalidades polas que deixa pasar as súas horas de vida, producindo un mundo virtual, inexistente, que nos levará a enfrontarnos á morte rodeados de morte, de obxectos construidos por nós”.

“EN VIGO CONTINÚA A PRÁCTICA DUN URBANISMO CADUCO”

“O noso afán por dominar e aniquilar a natureza, por domesticala, por escravizala á nosa vontade só nos leva a nosa propia demencia“, advirte.

Ao mesmo tempo, recorda que noutras cidades, coma Pontevedra ou Santiago de Compostela, “afianzan un novo modelo urbanístico sostible e amable co entorno natural, vendo recoñecida a súa labor a nivel nacional e internacional. Un modelo baseado en integrar, aproveitar e realzar o seu entorno natural. En Vigo continúa a práctica dun urbanismo caduco, que recorda aos 70, que aposta polo feísmo e a destrución do seu medio natural”.

“En moitos países do mundo, como Alemania ou Xapón, aprendeuse a lección da industrialización, e dende comenzos do século XX inténtase integrar a masa forestal e os seus hábitats naturais dentro da cidade. Leipzig, en Alemania, con 500.000 habitantes, ten un kilómetro de bosque de ancho e sete de longo que conforman o seu centro urbano, tan monumento como a igrexa onde Bach compuxo a súa música que se erixe xunto ao bosque. Os edificios integran no seu interior illas de masa forestal a modo de patios interiores de 300 metros cuadrados”, engade. Ela defende que “existen outras formas de facer as cousas”, e pregúntase se “imos permitir isto”.

Carballeira bosque de Navia
Bosque autóctono: unha das carballeiras de Navia en perigo /Miguel Núñez

Ela e outros veciños tamén presentaron outras alegacións xa que entenden que non estén a valorarse os acuíferos e manantiais que existen na zona: “Esta omisión é especialmente chamativa se consideramos que aproximadamente un 50% da zona afectada está incluida na zona delimitada como “esteiro do Lagares” .

E no documento do plan de Navia podemos ler o seguinte: “O ámbito non está atravesado por ningún elemento da rede hidrográfica superficial e na contorna non se aprecian valores naturais que merezan unha especial protección. Nin nas etapas pendentes de execución do PP, correspondentes con baleiros de contorna urbana e rural, nin nas xa executadas, se insiren espazos naturais contemplados na Rede galega de espazos naturais protexidos ou da rede natura 2000”.

Ana denuncia que existe unha valiosa rede superficial, e simplemente os regatos que chegaban ata o Lagares foron desaparecendo pola urbanización da zona. E compara a actualidade de Navia co que ocorrera en Coia, “un barrio que saíu en defensa do humidal da Bouza, co seu grito “A bouza é nosa”, o que conseguiu a conservación de hábitats naturais en contra da presión urbanística defendida polas administracións”.

Polo tanto, fronte a que a Xunta considere que non existen “elementos naturais protexidos nin no ámbito nin na súa contorna inmediata”, Ana defende a pertenza da zona natural ao esteiro do Lagares, a masa forestal con especies a protexer coma o carballo e a falta de avaliación dos manantiais de auga existentes na zona.

Ana aclara que “esta zona é húmida, estaba asolagada pola auga gran parte do ano, e os edificios xa construídos teñen que bombear auga dos seus sótanos para que non se lles inunden, e é de dominio público que a auga, o cambio climático e a protección da terra son temas prioritarios na nosa sociedade”. 

Nesta dirección posiciónanse organismos como a UNESCO (“as augas subterráneas son esenciais para alimentar moitos ríos, lagos, humidais e outros ecosistemas e son un valioso recurso natural que constitué unha das principais fontes de auga para a agricultura e usos domésticos e industriais no mundo”), ou BBC Mundo (“a auga subterránea representa a maior reserva a nivel mundial de auga potable para o futuro. É unha reserva enerxética para loitar contra os impactos do cambio climático e os problemas de sequía e contaminación da auga superficial”).

Os bombeiros extinguen un incendio nun local comercial de Vigo

0

Os bombeiros extinguiron un incendio orixinado nun local comercial situado en Vigo que se sospeita que puido iniciarse por un curtocircuíto no cableado eléctrico e que non deixou danos persoais.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar pouco antes das 15,00 horas deste mércores, cando un particular contactou cos axentes para alertar de que saía fume por baixo da porta dun establecemento situado na rúa López de Neira.

Unha vez no lugar, os axentes observaron que nese momento o establecemento se atopaba pechado ao público e que unha gran cantidade de fume manaba do seu interior. Por iso, solicitaron a presenza dos bombeiros, tras o que dúas dotacións do parque dirixíronse a esa zona.

Ante a gran cantidade de fume xerada polas chamas e a temperatura que alcanzou o interior do local, foi necesario forzar a porta de acceso para que as dotacións de bombeiros puidesen intervir. Finalmente, os efectivos extinguiron o lume, que se sospeita que iniciarse na zona do mostrador por un curtocircuíto no cableado eléctrico. Ademais, localizouse ao propietario do local, que se fixo cargo do mesmo tras sufocarse as chamas e ventilarse o lugar.

Abel Caballero carga contra a Xunta por destinar “miles de anuncios do Xacobeo” e “nin un” para o Nadal vigués

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar este mércores a falta de apoio da Xunta á campaña do Nadal da cidade que, segundo aseverou, “move máis xente que o Camiño de Santiago”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico lamentou que “a Xunta só mira por Vigo para levar diñeiro“, ao fío dos pagos que fai a administración municipal e que son “competencia exclusiva” do goberno galego, como as escolas infantís ou os centros de día de titularidade autonómica.

Paréceme moi ben que fagan publicidade do Xacobeo, non o critico pero, ven que fagan o mesmo do Nadal de Vigo? Sabían que move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño? Medido obxectivamente”, proclamou Caballero, en alusión aos datos da ruta xacobea e da campaña do Nadal do ano 2019.

Segundo o alcalde de Vigo, hai “miles de anuncios do Xacobeo” pero “nin un” para apoiar o Nadal da cidade. “Isto é un escándalo, porque os impostos os paga Vigo”, advertiu Caballero, quen sinalou que “é obrigado” que o goberno galego apoie a campaña do Nadal da cidade, á que “non lle dedican atención”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed