InicioSociedadeO PP esixe o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo tras a "baixada...

O PP esixe o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo tras a “baixada de pantalóns” de Abel Caballero

Presentará iniciativas en diferentes cámaras como Senado, Congreso, Parlamento e Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo anunciou este venres a presentación de iniciativas nas diferentes cámaras (Senado, Congreso, Parlamento galego e Concello) para esixir o AVE directo Vigo-Madrid pola variante de Cerdedo, tras a “baixada de pantalóns” de Abel Caballero.

Así o anunciou o grupo municipal ‘popular’ nunha rolda de prensa na que tamén participaron o deputado Diego Gago e o senador Javier Guerra.

O portavoz do grupo municipal, Alfonso Marnotes, lembrou que ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, “no seu momento parecíalle inaceptable” que os viaxeiros que van a Madrid teñan que facelo por Santiago. “Dicía que era do século XIX, pero agora xa lle vale, agora acéptao”, sinalou, despois de que o rexedor aceptase a viaxe pola variante de Santiago-Conxo (aínda que sen renunciar á variante de Cerdedo, asegurou).

A concelleira e deputada autonómica, Teresa Egerique, anunciou que ese cambio de criterio do alcalde é “unha baixada de pantalóns”. “Abel Caballero claudicou ante o Goberno”, constatou, e criticou que “é o PSOE o que marxina a Vigo”, coa “complicidade” do partido en Galicia.

Egerique anunciou que o PP presentarán iniciativas nas diferentes cámaras para esixir a variante de Cerdedo e o AVE directo entre a cidade e a capital de España.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...