Inicio Blog Páxina 1862

Seguen crecendo os positivos na área de Vigo

O número de casos activos de COVID en Galicia segue en aumento, con 87 casos máis que este martes, e sitúase en 827 –tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Pontevedra–, dos que 463 corresponden á da Coruña e Cee –57 máis que a xornada pasada–, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo con máis de medio centenar de casos. Tamén soben en oito casos en Vigo.

Así se reflicte nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 35 permanecen en unidades de hospitalización convencional –catro máis que este martes– e tres na UCI –un máis–, mentres que 789 atópanse en seguimento domiciliario –22 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 827 casos activos, 463 corresponden á área da Coruña e Cee –57 máis que este martes–; 84 á de Lugo –catro máis–; 116 á de Vigo –oito máis–, 45 á de Pontevedra e O Salnés –sen cambios–; 54 á de Ourense –cinco máis–; 45 á de Santiago –catro máis– e 20 á de Ferrol –nove máis–.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.476 persoas, 22 máis que a xornada anterior, e faleceron 622 pacientes con COVID. A última vítima mortal notificada foi unha muller de 89 anos da área sanitaria da Coruña, confirmou a Consellería.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 269.448 fronte ás 266.893 contabilizadas ata este martes, indicou Sanidade.

Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño e Salceda suspenden os campamentos de verán para “salvagardar a seguridade de nenos”

Os concellos de Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño, e Salceda de Caselas decidiron non organizar este ano os campamentos de verán para nenas e nenos, ao non poder “garantir a súa seguridade” e ante as limitacións de aforo nesta nova normalidade. A decisión únese á da Deputación de Pontevedra, que xa decidira suspender os seus,.

Con todo, contrasta esta decisión coa adoptada pola Xunta que, apela á seguridade para manter pechadas as escolas infantís e os colexios ata setembro pero, en troques, celebrará os campamentos de verán con certas limitacións a partir do 15 de xullo. Estes catro concellos defenden a decisión en que, para  a realización destas actividades, hai que gardar distancias de seguridade, uso de medidas de protección e un número máximo de 15 participantes por actividade, o que imposibilitaría dar entrada ás mesmas a moitas das crianzas interesadas.

“Os campamentos de verán son unha actividade lúdica complementaria, que cada ano organizan os nosos concellos, nalgúns casos en colaboración coas ANPAS dos colexios, para axudar á conciliación da vida familiar”, indican nun comunicado conxunto. Pero, este ano, din, a obriga de gardar a distancia de seguridade, as normas restritivas que impiden xuntarse grupos máis aló de 15 persoas ou o uso da máscara, “fai que estas actividades non poidan manter a esencia das mesmas”.

Ademais, estes concellos suliñan que, en determinadas idades e ambientes, é moi difícil poder obrigar a manter unhas normas de conduta molestas cando se trata de ocio. Así, e segundo as empresas do sector que consultaron “sería moi difícil poder salvagardar a seguridade dos nenos e nenas fronte á COVID-19, no caso de que puidese darse algún contaxio”.

Ritz Carlton toma o control do estaleiro Barreras tras acordar a reestruturación da empresa

0

O estaleiro vigués Hijos de J. Barreras anunciou este mércores que o acordo de reestruturación faise efectivo e a naviera de Ritz Carlton, que exerce os dereitos de gobernación sobre o 75,5 % das accións, nomeou xa unha dirección provisional na empresa.

Segundo trasladou Cruise Yatch Yardco Ltd (CYYL), o plan de reestruturación ten luz verde definitiva tras a homologación do xulgado mercantil 3 de Pontevedra (o pasado mes de febreiro) e tras o acordo coa propietaria do buque Evrima, Cruise Yatch 1 Ltd; a banca acredora, liderada por Caixabank; o organismo público CESCE; e os propietarios do 75,5 % das accións do estaleiro (a petroleira mexicana Pemex e Albacora).

CYLL destacou a “vontade” da empresa dona do cruceiro de “aumentar o prezo de compra” do buque, actualmente en construción na bancada viguesa. Na mesma liña, lembrou que realizou “un considerable investimento adicional para facilitar a transferencia dos dereitos de gobernación sobre o 75,5% das accións de Pemex e Albacora”, aínda que non detallou a cantidade investida.

NOVA DIRECCIÓN

A división de cruceiros de luxo de Ritz Carlton nomeou xa un equipo directivo provisional e, segundo avanzou, proximamente nomeará “novos directores experimentados procedentes da industria marítima”. Así mesmo, engadiu, cando estea operativa a nova dirección do estaleiro, “engadiranse novos equipos de xerencia” para “garantir a finalización en prazo do Evrima, o cruceiro inaugural de Ritz-Carlton Yacht Collection, e desenvolver outros contratos viables para o estaleiro”.

Así mesmo, lembrou que a Xunta, a través do IGAPE, outorgou préstamos para o capital circulante destinados a mellorar a liquidez dos provedores locais.

“Esperamos traballar co equipo de Hijos de J. Barreras e os numerosos provedores de Galicia, doutras partes de España e do mundo mentres nos embarcamos nesta nova viaxe xuntos”, sinalou Douglas Prothero, CEO de Cruise Yacht 1 Limited e Cruise Yacht Yardco Ltd. “Estamos entusiasmados polo feito de poder avanzar cara ás etapas finais do Evrima e de crear novas oportunidades para todos”, engadiu.

A Fiscalía Superior de Galicia mantén abertas seis dilixencias penais contra residencias de maiores pola xestión do COVID19

Así o confirmaron este mércores fontes da Fiscalía, despois de que o mesmo órgano a nivel estatal remitise os datos actualizados a día 5 de maio sobre os procedementos de investigación que se están levando a cabo nestes centros.

Ler a información compelta en Galicia Confidencial

As saídas laborais dos estudantes e a internacionalización, retos da UVigo para o 2020

0

A Universidade de Vigo (UVigo) incrementou o seu orzamento para 2020, que ascenderá a 194,9 millóns de euros, nun 6,8 por cento en relación á partida orzamentaria deste ano.

Segundo trasladou a universidade, a cifra foi presentada este martes no marco da sesión ordinaria do Claustro. Durante a reunión, o vicerreitor de Economía, José María Martín, detallou que o aumento do orzamento foi posible grazas ás axudas do programa europeo Horizonte 2020 e a convocatorias competitivas de infraestruturas de investigación e de eficiencia enerxética.

En concreto, en 2019, a universidade conseguiu máis de 60 proxectos de investigación por un importe de 17,8 millóns de euros e alcanzou axudas por valor de tres millóns de euros para infraestruturas.

Ademais, en 2020, a maior partida orzamentaria será a destinada ao persoal, que ascenderá a 113 millóns de euros, catro máis que os consignados o ano anterior, e representará o 60 por cento do total. Mentres, os investimentos reais suporán case 41,9 millóns de euros, o que leva un incremento do 17,6 por cento respecto de 2019; e, os gastos, ascenderán a un 16 por cento do orzamento de 2020.

Así mesmo, traballarase para conseguir o abono das pagas extra íntegras ao persoal docente e investigador en 2022 e apostarase pola taxa máxima de reposición, un 108 por cento, para as convocatorias de oposicións para estes empregados. Tamén se buscará reducir por baixo do 8 por cento a taxa de temporalidade do persoal de administración e servizos e reorganizaranse as relacións destes postos de traballo.

Adicionalmente, potenciarase a inserción do novo alumnado e elaborarase unha guía de saídas laborais, ademais de mellorarse a visibilidade dos servizos destinados a estudantes doutras universidades que realicen programas de intercambio. Tamén se continuará a celebración de xornadas de captación de alumnado e abordarase a posta en marcha de másteres de Visión por Computador, Nanociencia e Tecnoloxía e Enxeñaría Aeronáutica.

Na sesión, apuntouse que, no ámbito do I+D+i, traballarase en políticas de agregación e especialización de centros, en agrupacións e campus e na posta en marcha dunha oficina de proxectos internacionais. Ademais, apostarase por axudas á produción científica e realizaranse distintas actividades no ámbito da responsabilidade social.

UNIVERSIDADE PRIVADA

Por outra banda, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, lembrou que, xunto aos seus homólogos nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela, opúxose á creación dunha universidade privada en Galicia no Consello Galego de Universidades, aínda que este avalou a proposta.

Ante esa situación, o representante de Ideas que Suman, Emilio Fernández, avogou pola inclusión dun punto na orde do día do próximo claustro sobre ese tema, iniciativa apoiada polo reitor. Ademais, Manuel Reigosa explicou que traballará para que o Consello Social da universidade referende un documento en defensa da universidade pública.

Vigo recibe case 40.000 visitantes en xuño, un 1,7% máis respecto dese mes no 2018

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que a cidade recibiu 39.500 visitantes en xuño, o que supuxo un incremento do 1,7 por cento respecto ao mesmo mes do ano pasado e a mellor cifra obtida desde que existen rexistros.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes na cidade olívica, destacou que as pernoctacións se incrementaron case un 14 por cento respecto de xuño do ano pasado e que ascenderon a máis de 87.200, de acordo cos datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ademais, detallou que a estancia media incrementouse de 1,98 noites a 2,21. “Isto é economía. Isto é emprego”, resaltou á vez que catalogou os datos solicitados como “excepcionais”. Así, defendeu que esta “senda” comezou co traballo realizado para que as Illas Cíes se convertesen en candidatas a Patrimonio da Humanidade.

Tamén acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de non abordar a situación do turismo na cidade olívica, así como de querer “rirse” da iluminación do Nadal.

A Xunta destina máis de 15 millóns de euros á construción da nova estación de autobuses, que levará uns 18 meses

A Xunta licitou por case 15,2 millóns de euros as obras de construción da nova estación intermodal de autobuses de Vigo e de parte dos accesos e túneles que desembocarán na mesma. O prazo estimado de desenvolvemento do proxecto é de 18 meses.

Ao incluír os gastos adicionais de asistencias técnicas das obras e outros investimentos nos accesos, o investimento elévase a case 16 millóns de euros, segundo indicou a Consellería de Infraestruturas e Vivenda nun comunicado. As empresas interesadas en executar os traballos poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 6 de marzo.

En concreto, a nova terminal de autobuses contará con dúas plantas que se adaptarán ao desnivel existente entre a praza da Estación, onde se situará a entrada peonil, e o acceso intermodal á parada de ferrocarril. Ademais, as dársenas articularanse a través dunha illa cuberta que se despregará desde o patio central.

Mentres, as instalacións destinadas ao servizo dos viaxeiros situaranse na planta baixa da terminal, baixo a plataforma das dársenas.

Así mesmo, o edificio disporá dun patio interior aberto que contará con dúas zonas axardinadas nos extremos e no que se realizarán as comunicacións verticais. Esta estación tamén estará adaptada ás necesidades das persoas con mobilidade reducida.

Conxemar, Feira Internacional do conxelado, xunta por unhas horas a Feijóo e Caballero

Conxemar é unha das maiores feiras mundiais do sector dos produtos do mar. A celebración da mesma comezou este martes 2 de outubro no Ifevi, nunhas instalacións que sumaron 5000 metros ao espazo preexistente.

Ante un evento desta envergadura, o “desfile” de autoridades non tardou en chegar. Estivo o Ministro de Agricultura e Pesca do goberno de Pedro Sánchez, Luis Planas, e tamén os eternos rivais, Feijóo e Caballero, cordiais por unhas horas.

 

No que respecta ás reivindicacións, o sector dos produtos elaborados do mar convocou unha protesta para este xoves no Ifevi, aproveitando o eco desta cita ineludible para empresarios e políticos, e baixo a atención dos focos.

Feijóo e Caballero/ Miguel Núñez

Os tres tripulantes do buque illado en Vigo contaxiados coa cepa india evolucionan favorablemente

Os tripulantes do buque ‘Prometheus Leader’, que permanece en corentena no porto de Vigo, contaxiados por covid-19, tres deles coa variante india, evolucionan favorablemente.

Segundo confirmaron este domingo fontes do Sergas a Europa Press, nas últimas horas non se produciron variacións respecto ao estado de saúde dos positivos detectados no buque, que “evolucionan ben”. En concreto, o Sergas confirmou este sábado que o Servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo detectara a presenza da variante india en tres do cinco mostras analizadas de tripulantes contaxiados.

O servizo de saúdo indicou que se trata da variante B1.617, subvariante 2, que “é sensible á vacina”, aínda que sinalou que o brote se atopaba “localizado e controlado”. O barco ro-ro ‘Prometheus Leader’, con bandeira de Singapura, permanece atracado no peirao de transatlánticos do Porto de Vigo desde principios de semana, despois de que desen positivo por covid-19 seis dos seus 22 tripulantes.

Do total de tripulantes infectados hai dous que tiveron que ser hospitalizados, e que permanecen “estables” en planta do Hospithal Vithas de Vigo. O resto de contaxiados presentan síntomas leves ou son asintomáticos.

O Sergas chama a 3.500 persoas de Redondela a realizar un cribado no Álvaro Cunqueiro

A área Sanitaria de Vigo convida ás 3.500 persoas do Concello de Redondela a realizarse a proba diagnóstica da covid-19, desde este martes ata o venres, no Covid-Auto do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Diso informou a Xerencia nun comunicado, no que explica que a decisión se adoptou dada a elevada incidencia da covid–19 mantida nos últimos 14 días nesta localidade. O obxectivo é captar o maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica.

A área Sanitaria de Vigo oferta participar neste cribado a todos os cidadáns que teñan entre 18 e 65 anos, que non realizasen unha PCR nas últimas dúas semanas e que dispoñan dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos ‘Lembra’, que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de SMS. A proba será unha PCR e a participación é voluntaria.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed