Inicio Blog Páxina 1799

Arquivada a denuncia do PP ao Concello de Ponteareas por “certificar obras sen rematar”

0

O goberno local de Ponteareas está a celebrar o arquivo das denuncias presentadas polo grupo municipal do Partido Popular no Concello contra o goberno e os técnicos municipais e da Deputación Provincial pola certificación de catro obras realizadas con cargo ao Plan Concellos.

Salvador Solla e Belén Villar, en nome do Partido Popular, presentaron ante o Tribunal de Contas e a Fiscalía de Vigo as denuncias presentando incluso actas notariais nas que acusaban ao goberno de Ponteareas, conformado por BNG, PSOE e ARDT, de ter certificado e recepcionado obras sen rematar.

O Partido Popular denunciara as obras realizadas no parque infantil da Perillana, as do centro de intrerpretación do Tea (CITEA) e senda fluvial, as do parque exterior da escola infantil e as de mellora de seguridade viaria en Canedo, alegando en todas que foran certificadas sen estar rematadas ou de certificar partidas non executadas ou non contar coas autorizacións da Deputación e da Confederación Hidrográfica para as modificacións no proxecto.

A Fiscalía concluíu que “analizados os tres proxectos subvencionados poderíamos dicir que dous de eles estaban rematados e só no caso do proxecto de remodelación da zona de xogos na gardería infantil se asinou a certificación de obra e acta de recepción da mesma sabendo que faltaba unha pequena parte da obra por executarse, pero facéndose así para que non se perdera a subvención da Deputación e na previsión e seguridade de que a obras se rematarían escaso tempo despois”.

Nos informes técnicos presentados consta que esa pequena parte que quedaba sen facer foi por mor da mala climatoloxía e que en poucos días quedou realizada.

Represas, alcalde da cidade, lembrou os casos xudiciais nos que Solla e Villar estiveron imputados con graves acusacións e responsabilidades políticas, evidentes nas escoitas telefónicas gravadas polo xulgado á Belén Villar.

“O PP, coa corrupción que está no seu ADN sempre fai o mesmo, buscar desesperadamente de salpicar aos demáis para decir que todos somos iguais”, concluíu.

Unísono vai á folga en Vigo: “Aumentan cada ano beneficios a costa dos traballadores”

O comité de empresa das instalacións que a multinacional dos centros de chamadas Unísono ten en Vigo vén de convocar un paro este vindeiro día 16 de outubro “ante a continua vulneración de dereitos e abusos reiterados sobre o cadro de persoal en materia de contratación, horarios, horas médicas ou vacacións, entre outros”, defenden os sindicatos.

A medida, que veu precedida de mobilizacións o pasado día 9 antes as portas da empresa, terá lugar entre 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 19:00 a 21:00 á noitiña.

Desde a sección sindical da CIG apuntan que Unísono, sexta no ranking estatal do sector dos centros de chamadas, “incrementa ano tras ano os seus beneficios a custa de recortar dereitos do persoal”.

Unha denuncia que se concreta, defende o comité, “no incumprimento sistemático da lexislación, mesmo de sentenzas e acordos negociados coa representación dos traballadores”.

Na convocatoria dos paros denúnciase a vulneración da lei no tocante á contratación, “dado que Unísono move o persoal desde empresas de traballo temporal á principal e viceversa, así como o encadeamento de contratos que obrigan á denuncia constante ante Inspección para que as persoas afectadas logren a condición de indefinidas”.

Indican, ademais, que a empresa incumpre acordos xudiciais no tocante á publicación das vacantes, impedindo cambios de posto ou quendas, así como outros referentes a asignación de preferencias horarias por cargas familiares ou estudos.

Alén disto, “négase a cumprir o establecido tanto en convenio como en diversas sentenzas no que atinxe a permisos retribuídos e horas médicas”, salienta a CIG. Por último, subliñan que nestes últimos meses a empresa implanta de xeito unilateral “un procedemento de vacacións que non se axusta ao acordado en sede xudicial, sen negociar co comité, e que dificulta as solicitudes ao non permitir introducir mediante o programa as diferentes casuísticas persoais”.

Por todo isto, “e tras esgotar todas as vías de diálogo”, o comité de empresa acordou a convocatoria de dous paros de dúas horas para o vindeiro martes 16 de outubro, en horarios de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00.

Como anticipo da medida, o comité desenvolveu o pasado martes 9 de outubro concentracións ante as portas das instalacións da empresa, facéndoas coincidir cos descansos do persoal para favorecer a súa participación.

Noite dramática no Marisquiño: máis de 130 feridos, 4 deles graves

A caída dunha plataforma de madeira durante un concerto do Marisquiño provocou máis de 130 feridos, catro deles graves, esta pasada medianoite, segundo as últimas informacións. Ademais, outras catro persoas aínda non foran localizadas polas súas familias, nin polos servizos de emerxencias.

O accidente aconteceu ás 23.58 horas, antes do concerto do rapeiro Rels B., e suspendéronse todas as actuacións restantes. Un gran número de ambulancias aproximáronse á zona para atender os feridos.

 

O primeiro en avisar dos feitos, por Twitter, foi Jacobo Pérez, que advertiu ás 00.06 horas do afundimento do peirao do Porto de Vigo, así como da chegada dos servizos de emerxencia e do alcalde ao lugar.

A partir de aí, unha avalancha de informacións, algunhas confusas e varios “bulos” relacionados coa catástrofe, alertando de dous ou seis falecidos, algo desmentido pola Policía Nacional. Pouco a pouco, os feridos foron trasladados a Povisa, Fátima, Concheiro, PAC (Punto de Atención Continuada) ou o Cunqueiro, dependendo das lesións.

Tamén se desprazou ate alí o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen falou aos medios de comunicación e afirmou que os servizos de emerxencia traballarían toda a noite nas pescudas, ata que aparezan todos os desaparecidos.

O alcalde confirmou que a posibilidade de que alguén quedase atrapado no derrubamento é case inexistente. Si falou de máis de 130 feridos, “a inmensa maioría leves”, e 4 graves.

 

Pola súa banda, o 112 desprazou 6 ambulancias de soporte vital avanzado, 10 ambulancias de soporte vital básico e 25 de apoio. Tamén había zodias no mar, avanzando na procura de feridos. A zona foi explorada dúas veces polos bombeiros con cámaras térmicas.

A portavoz do PP de Vigo, Elena Muñoz, xa avisara a pasada semana do mal estado do Paseo das Avenidas. Estas “madeiras rotas e puntas ao aire” ás que se refire levaban meses en mal estado.

Poden chegar as praias de pago a Galicia?

A número 2 do PP de Pontevedra precedeu a Cifuentes na aparición de títulos falsos

0

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, vicepresidenta do PP de Pontevedra e voceira deste partido na deputación provincial tamén tivo o seu “mastergate”, como Cristina Cifuentes ou Juan Merlo. O que pasa é que a diferencia da presidente da Comunidade de Madrid ou do xa deputado de Podemos, ninguén lle pediu que dimitira, agás o grupo municipal de GañaMos.

 Foi esta formación vinculada a En Marea a que, hai un ano, desvelou que Arévalo non tiña título ningún. Ela mesma se presentaba (e así figuraba na web do propio PP de Pontevedra) como licenciada en Químicas pola Universidade de Vigo. Unha licenciatura que nunca obtivo, aínda que logo tentou negalo ante as cámaras da Sexta.

“CAL É O PROBLEMA?”

Tras as denuncias de GañaMos, a alcaldesa defendeuse nun pleno: “Eu non acabei a carreira porque comecei a traballar no Concello de Mos. E cal é o problema?”, preguntouse. No seu currículo político deixaba claro que era licenciada en Químicas, unha licenciatura que logo desapareceu por “estudos en Químicas”, despois da presión exercida por esta marea municipal.

En declaracións á La Sexta, único gran medio que naquel momento se fixo eco desta situación, a alcaldesa, que tivo a unha xornalista desta canle agardando toda unha mañá para coñecer a súa versión, espetou: “É incríble que teña a La Sexta toda a mañá esperando por min para preguntarme pola miña vida privada. Pero eu son unha tía transparente”, dicía.

Carlos Mouriño, Ana Pastor, Nidia Arévalo e Alberto Núñez Feijóo nun acto do Celta
Carlos Mouriño, Ana Pastor, Nidia Arévalo e Alberto Núñez Feijóo nun acto do Celta / vigoe

Tras estas declaracións, e en ton chulesco, espetou: “Para ser alcaldesa de Mos ten que votarte a xente. Algo que a xente de GañaMos non me chega nin aos nocellos. Por iso eu teño maioría absoluta e eles teñen catro concelleiros”.

Curiosa, cando menos, a reacción de Nidia Arévalo que non mereceu ningún comentario do seu partido entón e que contrasta co acontecido co xa deputado de Podemos, Juan Merlo, que tivo que dimitir por ter posto no seu curriculum que tiña a licenciatura en Inxeñaría Naval, cando só cursara estudos. Un caso case idéntico ao da número dous do PP.

 

Por outra banda, o PP tamén modificou o currículo dunha deputada por Ourense no Congreso, Ana Belén Vázquez, e suprimiu do mesmo o seu máster en Xestión pública en IESE Business School. A parlamentaria explicou que si cursou os estudos de posgrao e que, o “único que habería que corrixir” é a “denominación” do curso, que “cambia” co novo plan de estudos.

TRAXECTORIA FULMINANTE

A traxectoria no PPdeG de Nidia Arévalo foi fulmintante grazas ao apoio que obtivo do seu gran valedor, Rafael Louzán, ex presidente da Deputación de Pontevedra. Chegou á alcaldía de Mos en decembro de 2008 grazas a unha moción de censura contra a alcaldesa María Xesús Escudeiro Lago (PSdeG-PSOE) co apoio do concelleiro Gerardo Alonso, tránsfuga do PSdeG.  Unha moción que a Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo declarou en setembro de 2009 como “caso claro de tránsfugas”.

Pero esa moción cun tránsfuga valeulle para dar o gran salto na política. A partir de entón encadenou maiorías absolutas e tamén foi aumentando o seu poder no PP de Pontevedra ata situarse como número dous, primeiro con  Louzán, e agora con Rueda, como vicepresidenta.

OUTRAS POLÉMICAS

Nidia Arévalo xa ten protagonizada outras polémicas sen que iso lle teña restado protagonismo dentro do PP.  En marzo do ano 2013, Nidia Arévalo foi denunciada por un membro do Bloque Nacionalista Galego por presuntas irregularidades duranto os anos 2011 e 2012 na contratación de vehículos, reparacións e seguros por parte do concello de Mos por un importe superior aos 100.000 euros, sendo esa empresa dirixida pola parella sentimental da alcaldesa.

Pero quizais a acción máis escándalosa protagonizada por Arévalo foi o acontecido no congreso de Fitur do ano 2008. Alí acudiu co seu mentor, Rafael Louzán, co obxectivo de promocionar a galiña de Mos, unha galiña que, non é orixinaria dese concello, senón do barrio de San Xulián de Mos, en Castro de Rei. Tamén chamaron a atención as elevadas facturas existentes de máis de 9.000 euros gastados a cargo dos orzamentos da deputación nunha cea no Ritz de Madrid, hotel no cal tamén se aloxaron varios políticos do PPdG, indluída Nidia Arévalo.

Convocados case 1.200 veciños de 14 a 40 anos da Lama e Soutomaior para participar en senllos cribados

O Servizo Galego de Saúde convocou a case 1.200 veciños das localidades pontevedresas da Lama e Soutomaior para a realización de senllos cribados masivos este xoves e este venres, en busca de casos asintomáticos de infección por Covid.

Segundo informaron fontes de Sanidade, o cribado na Lama terá lugar este xoves pola mañá no multiusos da localidade, onde se convocou a 440 persoas de entre 15 e 40 anos de idade, vía SMS. Ata o recinto desprazaranse dous equipos de enfermaría da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés para a toma de mostras.

Así mesmo, este venres (en quenda de mañá e de tarde) realizarase un cribado no concello de Soutomaior, concretamente no multiusos de Arcade, dirixido a poboación de entre 14 e 29 anos de idade. Así, convocouse a 750 persoas que serán atendidos por dous equipos de enfermaría.

Todas as mostras recollidas (mediante probas PCR) serán procesadas polo servizo de Microbiología do CHOP e os resultados serán comunicados a cada persoa por SMS, sempre que sexan negativos. No caso de que o resultado sexa positivo, o Sergas comunicará individual e persoalmente devandito resultado.

Por outra banda, a área sanitaria de Ferrol confirmou que, no cribado realizado este martes no municipio de Ares, para o que estaban convocados uns 500 mozos de entre 15 e 30 anos de idade, participaron finalmente 258 citados (o 49,2 %). Nas probas realizadas detectáronse dous casos positivos.

Detido un veciño da muller atopada sen vida na súa vivenda de Moaña

Un veciño da muller de 72 anos localizada sen vida no interior dunha vivenda situada na parroquia de Tirán, no municipio pontevedrés de Moaña, foi detido pola suposta comisión dun delito de homicidio.

Fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que a detención deste home, que reside “moi preto” da vivenda na que se atopou o corpo, tivo lugar este domingo. Ademais, realizouse un rexistro na vivenda do detido, que conta cun amplo historial de antecedentes.

Os feitos tiveron lugar este sábado sobre as 15,15 horas, cando as forzas da orde se personaron na vivenda propiedade da vítima, que non representaba a súa primeira residencia, tras recibir un aviso.

En concreto, tiveran constancia do suceso pola central do 112, á súa vez avisada por un familiar que se presentou no fogar. Deste xeito, trasladáronse ao inmoble, en cuxo interior localizaron o corpo sen vida da muller, de 72 anos de idade. Unha da hipótese exposta inicialmente apuntaba a unha posible morte violenta nun intento de asalto á vivenda.

“Controlado e en fase de remisión” o brote do Meixoeiro, di Sanidade

0

A Consellería de Sanidade informou este luns de que o brote de COVID-19 detectado no Hospital Meixoeiro de Vigo xa está “controlado e en fase de remisión”, tras alcanzar os 86 positivos, dos que quedan actualmente activos 26.

Fontes do Sergas informaron de que o servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria de Vigo considera “controlado e en fase de remisión” este brote, tras o estudo epidemiolóxico do segundo cribado realizado no hospital nos últimos días.

Así, o resultado final do brote sáldase con 86 casos, 45 pacientes e 41 profesionais, aínda que “a maior parte deles xa están curados” e, no momento actual, permanecen 26 pacientes activos coa enfermidade.

VARIANTE BRITÁNICA

Destes casos, o servizo de Microbioloxía detectou a presenza da chamada variante británica do COVID en 6 pacientes positivos secuenciados.

Así, o alto nivel de transmisibilidade do virus fixo sospeitar aos servizos de Medicamento Preventivo e Microbioloxía que podería tratarse desta variante, polo que se decidiu facer unha secuenciación completa do virus nunha mostra de casos positivos. Nos 6 casos seleccionados detectouse esta cepa do COVID, que ten máis capacidade de contaxio.

Segundo os especialistas, o máis probable é que todos os casos positivos do brote correspóndanse con esta variante, no entanto, farase un cribado xeral de positivos a través dunha PCR específica para detectar as posibles variantes e concretar se se tratou dun único brote ou máis dun (tendo en conta de que, en ocasións, nun só brote poden rexistrarse varias cepas en circulación).

Piden a retirada de dúas fotos dunha exposición en Baiona por ser “unha vexación ás mulleres católicas”

0

A Asociación Española de Abogados Cristianos presentou un escrito ante un xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra para solicitar medidas cautelarísimas con respecto a unha exposición instalada no Concello de Baiona, para que se retiren dous das fotografías da mostra.

Segundo comunicou esta organización, a petición afecta a dúas imaxes da exposición ‘Corpos, Feminismo e Territorio’, do fotógrafo Alexandre Folgoso, nas que ven mulleres espidas “con referencias á simboloxía católica”. Unha das fotos mostra a unha muller cun manto que lle cobre a cabeza, cruces pintadas sobre os peitos e un cáliz ocultándolle os xenitais; mentres que a outra é dunha muller sentada, tamén cun manto como única vestimenta, cunha fouce nunha man e unha pandeireta na cabeza “imitando a aurelola dunha virxe”, coa frase ‘Na miña cona mando eu’ escrita no torso.

A organización de xuristas denunciou que a mostra, que pode verse ata o 23 de novembro, “supón un ataque aos sentimentos dos cristiáns”. Así, a presidenta da Asociación, Polonia Castellanos, lamentou que a exposición “pretende falar de feminismo, pero dun feminismo que non defende a todas as mulleres, xa que esas imaxes son unha vexación ás mulleres católicas”.

A ese respecto, Abogados Cristianos advertiron de que non descartan interpor unha querela contra o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado (PSOE) e a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira (BNG), e criticaron que “son sempre persoas ou partidos vinculados coa esquerda máis radical os que se empeñan en atacar aos cristiáns”. “Os cristiáns estamos cansados dos continuos ataques (…), é intolerable que apelen á liberdade de expresión para insultar e vexar aos cristiáns e ofender as nosas crenzas”, engadiron.

Antes que este colectivo, o PP xa pedira retirar a exposición, por considerar que as imaxes que se mostran non son apropiadas nun espazo público, ao que pode acceder calquera, incluídos nenos.

“NON ENTENDERON NADA”

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, lamentou que esta asociación interpretase a mostra como “ofensiva”, e lembrou que a finalidade da exposición é promover unha “reflexión” sobre o papel da muller ao longo da historia e na actualidade, “e como son oprimidas”. “Non entenderon nada”, apuntou.

“Se consideran que a exposición é ofensiva cara á relixión católica é que nin se molestaron en visitala, nin se informaron”, lamentou e, tras sinalar que a denuncia de Abogados Cristinanos produce “vergoña allea”, confirmou que a mostra se manterá. “Eu defendo a liberdade de expresión e o meu traballo como concelleiro de Igualdade, que precisamente é promover a igualdade e educar na igualdade”, resolveu.

Abel Caballero tacha de “vergoña” as axudas da Xunta á hostalaría

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tachou de “vergoña” e “escándalo” as axudas anunciadas pola Xunta para a hostalaría e avanzou apoio municipal para este sector, aínda que non desvelou medidas concretas.

O rexedor subliñou que as novas restricións para loitar contra a pandemia de COVID, que entran en vigor a próxima medianoite, terán un custo para a hostalaría “inmenso”, e pediu á Xunta que dea “axudas superiores”.

Caballero sinalou que o montante de axudas de 12 millóns de euros anunciado polo Goberno galego é “bochornosamente baixo”, e criticou que a Vigo lle corresponde un millón de euros. “É unha vergoña, un escándalo. Feijóo recibiu 745 millóns de euros do Goberno de España”, apuntou, e preguntou “onde están” e “a que os dedica” a Administración autonómica.

Segundo lembrou, o Concello vigués apoia o sector coa excención da taxa de terrazas, por valor de 2 millóns de euros e avanzou que, o vindeiro luns, presentará medidas de apoio á hostalaría, aínda que sen concretar máis.

RESTRICIÓNS

Por outra banda, o rexedor confirmou que, a partir desta fin de semana, na que entrará en vigor o peche perimetral de Vigo e os municipios da súa contorna, así como outras restricións, pecharase por un mes o recinto de Vigozoo, manterase a limitación ao 50 % o aforamento dos cemiterios (con visitas dun máximo de 4 convivientes), e reducirase ao 30 por cento a capacidade do Auditorio Municipal.

Na mesma liña, informou de que o horario de peche das instalacións deportivas manterase ás 22,00 horas, e ratificou que, en próximos días, continuarase coa repartición de máscaras na contorna dos mercados municipais.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed