InicioEconomíaAbel Caballero tacha de "vergoña" as axudas da Xunta á hostalaría

Abel Caballero tacha de “vergoña” as axudas da Xunta á hostalaría

O rexedor pregunta "onde están" os 745 millóns "que Feijóo recibiu do Goberno de España".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tachou de “vergoña” e “escándalo” as axudas anunciadas pola Xunta para a hostalaría e avanzou apoio municipal para este sector, aínda que non desvelou medidas concretas.

O rexedor subliñou que as novas restricións para loitar contra a pandemia de COVID, que entran en vigor a próxima medianoite, terán un custo para a hostalaría “inmenso”, e pediu á Xunta que dea “axudas superiores”.

Caballero sinalou que o montante de axudas de 12 millóns de euros anunciado polo Goberno galego é “bochornosamente baixo”, e criticou que a Vigo lle corresponde un millón de euros. “É unha vergoña, un escándalo. Feijóo recibiu 745 millóns de euros do Goberno de España”, apuntou, e preguntou “onde están” e “a que os dedica” a Administración autonómica.

Segundo lembrou, o Concello vigués apoia o sector coa excención da taxa de terrazas, por valor de 2 millóns de euros e avanzou que, o vindeiro luns, presentará medidas de apoio á hostalaría, aínda que sen concretar máis.

RESTRICIÓNS

Por outra banda, o rexedor confirmou que, a partir desta fin de semana, na que entrará en vigor o peche perimetral de Vigo e os municipios da súa contorna, así como outras restricións, pecharase por un mes o recinto de Vigozoo, manterase a limitación ao 50 % o aforamento dos cemiterios (con visitas dun máximo de 4 convivientes), e reducirase ao 30 por cento a capacidade do Auditorio Municipal.

Na mesma liña, informou de que o horario de peche das instalacións deportivas manterase ás 22,00 horas, e ratificou que, en próximos días, continuarase coa repartición de máscaras na contorna dos mercados municipais.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...