Inicio Blog Páxina 1764

Crespóns negros: a outra homenaxe ás vítimas da COVID que Feijóo non quere ver

0

Familiares de persoas falecidas e usuarias da residencia DomusVi en Aldán, en Cangas do Morrazo, achegáronse hoxe ás instalacións para colocar crespóns negros nos valados que pechan os terreos das instalacións.

O número de falecidos segundo os familiares serían “para nós 38, contando coa persoa que faleceu esta semana”. Isto é así pola que consideran falta de información e de datos das autoridades sanitarias e de DomusVi.

A residencia de Aldán, propiedade de DomusVi, foi xunto coa de Barreiro en Vigo, intervida pola Xunta de Galicia ante o número elevado de falecementos, así como ante as acusacións de desatención e falta de medios, tanto de traballadoras da empresa como familiares.

Os e as usuarias que non presentaron síntomas da COVID-19 foran trasladadas a un albergue xuvenil en Nigrán. Alí estaba esperando a ex-delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, actual número dous das listas do PP pola provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas do 12 de xullo.

Coche prende lume na saída da AP9 dirección Peinador

0

Os feitos tiveron lugar esta mañá ás 8:50h na saída 157 da AP9 dirección ao areoporto de Peinador.

O lume iniciouse na parte traseira do vehículo, por causas aínda non confirmadas, pero todo parece indicar a que o coche transportaba baterías eléctricas que puideron prender lume no interior do vehículo.

Na manobra de parada o coche alcancanzou a outro vehículo que circula no mesmo sentido sen lamentar danos persoais en ningún dos vehículos.

Grazas a que ás choivas destes días o lume dos noiros ralentizouse, quedando arestora o lume totalmente apagado

Os veciños de Paramos recordan a explosión que cambiou as súas vidas “para sempre” hai dous anos

0

Os veciños da parroquia de Paramos e Guillarei, no concello pontevedrés de Tui, lembraron este sábado a explosión do almacén ilegal de material pirotécnico que o 23 de maio de 2018 cambiou as súas vidas “para sempre”.

Dous anos despois de que se producise esta traxedia, que afectou “a máis de 400 familias”, os veciños lembraron este sábado nun acto ás dúas persoas que perderon a vida coa colocación dunha pequena placa para que “nunca se esquezan as vidas inxustamente arrebatadas e o amor duns pais que non se recupera nin con todo o diñeiro do mundo”.

Por outra banda, tamén lanzaron unha mensaxe “de esperanza” a todos os afectados para “seguir unidos” ata “levantar a última pedra das súas casas e que, aínda que quedan veciños que ven lonxe o final”, non pararán “ata que todos poidan volver ao seu fogar”.

Despois de manifestacións, reunións con cargos políticos e “dous anos de dura batalla contra os muros da burocracia”, os veciños lembraron a “onda de solidariedade” que se creou entre Paramos e Guillarei para “reconstruír o barrio e as súas vidas”. Saben que “a xustiza é lenta” e non podían permitirse esperar tanto para “seguir pelexando”.

Con todo, non esquecen que hai familias que seguen vivindo de aluguer a través dunha prestación que cando finalice quedarán “desprotexidas ante un gasto que non saben como sufragar” e outras “que seguen esperando polas axudas do Concello para saber que será das súas vidas”.

Denuncian pasar “de ser afectados a apestados ante os demais veciños de Tui”, porque parece que non lles chega co que lles deron e que “sempre queren máis”. Con todo, os afectados queren deixar claro que só piden que necesitan “para pechar este amargo capítulo”.

Tamén fixeron fincapé en que os veciños sempre se mostraron “fortes” e que tras “pasar o seu propio inverno de inclemencias”, agora comezan a “rexurdir con esperanza no futuro”, concluíron.

Galería.- A miragre de Pedro Sánchez en Vigo

Nun mitin en Vigo ante unhas 2.000 persoas — 400 persoas tiveron que seguilo por unha pantalla desde o exterior do Auditorio Mar de Vigo–, Sánchez atacou duramente a PP e Ciudadanos por branquear a ultradereitia.  “Cando escoito á dereita que quere reconquistar España eu penso que Nós somos a esperanza, a ilusión e o futuro dos españois”.

Durante o acto puideronse ver imaxes curiosas, como a miragre do reencontro entre Abel Caballero e Gonzalo Caballero, enfrontados durante anos; a complicidade entre os dirixentes socialistas, a efusividade do público ou as protestas dos traballadores de Ence.

Así foi o mitin en fotos:

Pedro Sánchez abraza a Abel Caballero en Vigo / Miguel Núñez

Abel Caballero diríxe a Pedro Sánchez no mitin de Vigo / Miguel Núñez

Pedro Sánchez, nun mitin en Vigo / Miguel Núñez

Mitin de Pedro Sanchez en Vigo © Miguel Nuñez

Pedro Sánchez con Abel Caballero e Gonzalo Caballero / Miguel Núñez

Traballadores de Ence protestan en Vigo durante o mitin de Pedro Sánchez / Miguel Núñez

Un camioneiro dá positivo en catro tipos de drogas en Vigo

0

A Policía Local de Vigo denunciou administrativamente cunha sanción de mil euros e a retirada de seis puntos do carné ao condutor dun camión que deu positivo en catro clases de sustancias estupefacientes tras unha infracción.

Os feitos producíronse pasadas as 7,00 horas do pasado xoves, cando unha patrulla lle deu o alto ao condutor dun camión na confluencia das rúas Sanjurjo Badía con Doutor Corbal, por non respectar o sinal de límite de tonelaxe en sentido centro cidade.

Os policías sospeitaron que o condutor circulaba con presenza de drogas no organismo, polo que foi sometido ao test indiciario salival, que deu un resultado positivo en cocaína, anfeteminas, metaanfetaminas e THC (tamén coñecido como tetrahidrocannabinol).

Por este motivo, o condutor terminou cunha sanción de mil euros por conducir baixo os efectos das drogas, considerado un delito contra a seguridade viaria, e a retirada de seis puntos do permiso de circulación.

Última hora: Iago Aspas, convocado coa selección española

Diego Costa, superado por Aspas no encontro entre Celta e Atlético, causa baixa na concentración da selección por “asuntos familiares”, e o de Moaña si participará finalmente no debut de España na Nations League, aínda que con poucas opcións de contar con minutos por ser “o último” da lista.

O pobo de Vigo sae á rúa indignado trala sentenza á “Manada”

Ponteareas xa ten unha plataforma en defensa da sanidade pública

0

Nace a Plataforma en defensa da sanidade pública en Ponteareas como resposta “á continua degradación e empeoramento do servizo de atención primario no Centro de Saúde do municipio”, indica o concello nun comunicado. O obxectivo desta organización é a de reinvindicar máis medios materiais e humanos “para que a veciñanza de Ponteareas poida recibir un servizo asistencial de calidade”.

O Concello impulson a creación da Plataforma e anima a todas as entidades e colectivos a unirse a ela nunha reunión inicial entre venres, 13 de agosto, ás 20:30 horas na Sala Multiusos do Auditorio.

“A atención primaria en Ponteareas presenta unha falta de recursos materiais e humanos que cada vez son máis preocupantes”, sinala o concello. Explica que en verán, debido á falta de persoal que poida asumir baixas e vacacións, se interromperon todas as consultas ordinarias en horario de tarde. Para a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, “non é aceptable que moitos veciños teñan que aprazar aquelas revisións que non se precisen de xeito inmediato”.

Fernández lembra que en “numerosas ocasións” o Concello reclamou unha solución á falta de servizos e persoal sanitario pero que, polo de agora, a situación continúa no mesmo punto. Por iso, tanto o Concello, como colectivos e veciñanza deciden crear a Plataforma para reclamar “a atención sanitaria que merece Ponteareas”.

A Universidade de Vigo ofertará o próximo curso un grao de Filoloxía Aplicada Galega e Española

A Universidade de Vigo contará a partir do próximo curso cun novo grao, que virá renovar a súa oferta no ámbito das Humanidades, o de Filoloxía Aplicada Galega e Española, para o que haberá 50 prazas dispoñibles, e que substituirá o grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.

A nova ‘carreira’ distribúe os estudos en dous ciclos, un primeiro de dous anos de formación básica e obrigatoria, e un segundo ciclo doutros dous anos para a formación máis especializada.

Ademais do galego e o español, os alumnos cursarán dous idiomas modernos, a elixir entre alemán, francés, inglés ou portugués, e a formación complétase coa incorporación de Lingua de Signos nun módulo optativo de especialización.

A nova titulación ten un marcado carácter aplicado e práctico e, segundo apuntou o decano da Facultade de Filoloxía e tradución, José Montero, que sinalou que, ademais das prácticas externas, no Traballo de Fin de Grao recóllese de modo “explícito” esa orientación.

Ademais, a estrutura do grao permite compartir 90 créditos comúns con outra titulación que se imparte nesta facultade, a de Linguas Estranxeiras, e 30 créditos específicos de galego e español. A isto engádese a posibilidade de libre deseño do currículo por parte do alumnado.

GRAO “MODERNO” E IMPORTANCIA DAS HUMANIDADES

O decano da Facultade de Filoloxía e Tradución destacou que o novo título, aínda que “asentado na tradición”, “mira cara ao porvir” para que os alumnos poidan adquirir as competencias filológicas necesarias para aplicalas de forma práctica.

Así mesmo, lembrou que, co informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug), culmínase un proceso de dous anos e medio, “complexo e difícil”, ata chegar a poder ofertar este grao na UVigo.

Pola súa banda, o reitor da institución académica viguesa, Manuel Reigosa, trasladou o seu “orgullo” polo traballo realizado pola Facultade para articular “un grao moderno, que inclúe aspectos aplicados que multiplican a capacidade do alumnado”.

Ademais, o reitor recalcou que unha unversidade ten que aspirar a ter un catálogo de titulacións que inclúa as Humanidades, “que xogan, xogaron e xogarán un papel transcendental na formación da conciencia crítica da sociedade, e que supoñen unha parte moi importante do progreso”.

Moaña e Tomiño súmanse ós municipios galegos en alerta vermella, que chegan ós 50

O mapa ‘semáforo’ que cada día actualiza a Consellería de Sanidade para sinalar a incidencia do covid por municipios marca xa en vermello –grao máximo– a 50 concellos situados maioritariamente nas provincias da Coruña e Pontevedra.

A actualización deste domingo eleva a alerta aroja a seis novos municipios: Viveiro, Cerceda, O Grove, Poio, Moaña e Tomiño. Algúns deles, como o caso de Cerceda, regresan á alerta máxima tras baixar ao nivel laranxa nos últimos días.

Por contra, o municipio coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago, abandona este domingo a alerta máxima e pasa a estar marcada en laranxa no mapa de incidencia.

Así as cousas, ademais do citados seis concellos que ingresan no grupo de municipios en alerta máxima, tamén se atopan nesta situación as sete cidades galegas –Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e A Coruña–, que están pechadas perimetralmente desde o mediodía do venres.

Na provincia de Pontevedra, continúan na situación 3 Cangas, A Estrada, Marín, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui e Vilagarcía de Arousa. Así mesmo, en Lugo, despois de días nos que só figuraban a capital e Monforte, a alerta estendeuse a Cervo, A Fonsagrada e Viveiro.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Santiago –máis de 112–, Lugo –máis de 112–, Ourense –máis de 120–, A Coruña –máis de 276– e Vigo –máis de 332–.

ALERTA LARANXA

Mentres, en situación dúas –na cor laranxa do mapa– sitúanse 20 municipios, un máis que o sábado, dos que dez están na provincia da Coruña: Ares, Arzúa, Betanzos, Cerceda, Ordes, Sada, Santa Comba, Malpica, Valdoviño e Oza-Cesuras; tres na de Lugo: Cospeito, Bóveda e Burela; e dous na de Ourense: Allariz e Xinzo.

No caso de Pontevedra, son cinco os que figuran neste nivel de alerta –dúas menos, ao pasar O Grove, Tomiño e Poio a estar marcados en vermello e entrar Caldas, o sábado en cor amarela–: Lalín, Caldas de Reis, Fornelos de Montes, Gondomar e Cercedo-Cotobade.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed