Inicio Blog Páxina 1756

Regreso emocionado da Brigada Galicia

0

Os últimos 132 soldados da Brilat despregados en Mali regresaron a casa este venres, cando aterraron no aeroporto vigués de Peinador, onde os agardaban os seus emocionados seres queridos.

Os militares da Brigada Galicia regresan tras cumprir seis meses de misión en Mali, onde mesmo chegaron a atallar un ataque terrorista con dous coches bomba contra o cuartel das tropas europeas en Koulikoro.

Os que chegaron este venres son os últimos efectivos da Brilat, completándose o repregamento das misións en Líbano e Mali.

Caballero promete unha área municipal para impulsar a internacionalización de empresas

0

O alcalde de Vigo e candidato do PSOE á reelección, Abel Caballero, anunciou este martes a creación dunha área específica para o próximo mandato municipal, que se centrará no apoio á economía, á creación de chan industrial e á internacionalización de empresas.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, antes de participar nun xantar-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, e avanzou que esa área municipal estará dirixida por “unha persoa co maior nivel”.

Segundo subliñou Caballero, o próximos catro anos serán “os do chan industrial”, da “dinamización e flexibilidade” no apoio ás empresas e, especialmente, da internacionalización.

A ese respecto, o alcalde felicitouse porque Vigo xa ocupa un lugar referencial a nivel industrial e tamén noutros ámbitos da economía, como o turismo ou o comercio, e subliñou que hai “moitos axentes impulsando a economía” na cidade. “Vigo está ao nivel de Madrid e Barcelona”, sentenciou.

O rexedor e candidato socialista incidiu en que o Concello e a cidade contan “agora” coa implicación de institucións como a Deputación de Pontevedra ou o propio Goberno de España. A iso súmase a presenza de David Regades á delegación de Zona Franca, o que cualificou como un “movemento estratéxico”, porque este organismo estatal “ten que ser líder da economía e gran facilitador”.

Detidos e identificados varios homes na acampada instalada fronte ao Concello

Un home de 42 anos, J.E.C.C., sobre o que pesaba unha orde de busca e detención do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela, foi detido en Vigo.

Segundo informa a Policía Local, os feitos tiveron lugar este martes ao redor das 23,50 horas en Praza do Rei, onde este home foi localizado nunha das tendas de campaña situadas xunto ao Concello, da Acampada contra a pobreza.

Tras consultar os servizos informáticos, os axentes comprobaron que a orde de busca, detención e ingreso en prisión deste individuo estaba en vigor, polo que procederon a detelo.

Noutra orde de cousas, a Policía Local tamén identificou na mesma praza a outro home de 49 anos, J.M.R.G., ao que lle constaban varias ordes de investigación, domicilio e paradoiro dos Xulgados de Instrución 2 e 8 de Vigo e do Xulgado de Instrución número 3 de León. Por este motivo, os axentes trasladaron a estes xulgados a información relativa ao seu paradoiro.

“Ligar custa moito traballo”, “vou por negocios”…. Tódalas escusas dos clientes de prostitución

A entrada do edificio Politécnico do campus da UVigo en Ourense acolle esta semana a mostra Escusas, unha iniciativa de Médicos do Mundo que aborda o fenómeno da prostitución pondo o foco de atención nos argumentos dos demandantes de prostitución para consumir sexo de pago.

A exposición recolle testemuños reais de homes que explican por que compran sexo e mulleres en situación de explotación sexual que expresan o que elas opinan deses homes.

A mostra percorre estas semanas os tres campus da Universidade de Vigo co apoio da Unidade de Igualdade da institución académica e co gallo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata, o 23 de setembro.

“O estado español é o país europeo onde hai máis consumo de sexo comercial, estimándose que cada vez aumenta máis entre os homes máis novos. Esta exposición invita á reflexión sobre por que os mozos acoden a estes espazos prostitucionais, e no caso do alumnado universitario, convídao a utilizar as súas ferramentas de pensamento crítico para analizar este fenómeno”, comenta Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade.

A visión deles e delas

Con fotografías de Fernando Velasco, a mostra está composta por nove paneis cos que se pretende visibilizar “a un dos actores principais do fenómeno da prostitución, explotación sexual e trata de persoas, como é o cliente de prostitución”.

Algunha das “escusas” recollidas nos paneis son que “ligar custa moito traballo e ademais non tes ningunha garantía de éxito. Aquí en cinco ou dez minutos desafógaste e vaste”; “sempre que fun foi en despedidas de solteiro, aniversarios ou cando gana o meu equipo”; “coa mesma te cansas, gústame a variedade, as tes de todo tipo, edad e color”, “eu fun por curiosidade, para probar, e se o grupo vai eu non me vou quedar fóra” ou “vou por negocios, para firmar contratos e gratificar en especie”.

“Escusas”/ Duvi

Fronte a estas “escusas”, na exposición faise fincapé en que “o sexo de pago é imposible de conseguir sen a explotación sexual de mulleres e nenas que manteñan esta oferta en cantidade e variedade” e recolle tamén o que pensan as mulleres vítimas da prostitución.

Elas falan de como os seus clientes “pagan por liberar a súa agresividade”; “non nos compran a boca, a vaxina ou as tetas, cómprannos o dereito a humillarnos” ou “non o vivo como un traballo senón como unha violación detrás doutra”.

Baiona volve ao nivel máximo de alerta

0

Os municipios de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso soben a nivel máximo pola incidencia da Covid-19, mentres que as cidades da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo súmanse ás de Pontevedra, Vigo e Ourense no alto.

Así o anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para informar as decisións da reunión do comité clínico deste pasado martes, na que incidiu en que 112 municipios estarán desde este sábado en nivel máximo e 48 no alto, entre eles o sete grandes cidades galegas.

Ademais, o conselleiro, que admitiu que a situación “é mala”, puntualizou que desde a medianoite deste venres ao sábado haberá 52 municipios en nivel medio e 202 en nivel medio-baixo.

Os Maristas piden “perdón” e póñense “a disposición” das vítimas de abusos sexuais

A Provincia Marista Compostela reiterou a súa posta a disposición das vítimas de supostos abusos en Galicia, tras a información publicada polo diario ‘El País’ segundo a cal un dos catro maristas acusados de pederastia no colexio El Pilar de Vigo nos anos sesenta pasou despois polo centro da orde na Coruña, o Cristo Rey, onde, supostamente, seguiu cos abusos.

Tras a denuncia dunha exalumna, de acordo coa información publicada, remitíronse ao comunicado que enviaron tras os casos denunciados en Vigo con petición de “perdón” e posta a disposicion das vítimas.

Condenamos o ocorrido, lamentamos profundamente esta situación e pedímoslles perdón por fallarlles e non protexelos. Abrimos unha investigación e estamos a recibir e escoitando aquelas persoas que se puxeron en contacto connosco”, reiteran.

Por outra banda, no comunicado xa remitido, lembran que os catro maristas aos que fan referencia as vítimas xa faleceron.

Tamén defenden que a protección á infancia é para eles “unha prioridade e pómonos a disposición de quen puidesen sufrir calquera situación de malos tratos ou abuso” , din.

Profundo pesar en Salceda pola morte accidental de Xank Penabella

0

Dende a formación política Movemento Salceda amosaron o seu máis sentido pésame pola morte de Xank Penabella, veciño, amigo e marido da que fora concelleira de Cultura da mesma formación política, Teresa Pérez.

Xank Penabella, nado en Ponteareas, era un veciño moi coñecido na localidade salcedense pola súa faceta de cámara de televisión e fotógrafo.

O fatal accidente produciuse na mañá deste xoves no municipio lugués de Sarria ao sufrir unha caída desde o tellado dunha casa onde colocaba uns paneis solares.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os servizos mobilizados pola central de emerxencias non puideron facer nada pola vida de Xanq, que faleceu no lugar.

Un particular chamou á central do 112 ás 09,30 horas solicitando axuda para unha persoa que se precipitou desde o tellado dunha casa situada no lugar de Céltigos, en Sarria.

Ata o lugar mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 dende Ourense cuxos profesionais só puideron certificar o falecemento do traballador.

Abel Caballero pídelle á Xunta que lle dea a Vigo o mesmo trato que a Coruña nas restricións da covid

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este luns á Xunta de Galicia que alivie o nivel de restricións na cidade (actualmente ten as correspondentes ao nivel medio) xa que a evolución da pandemia de Covid é positiva e ten unha incidencia acumulada “practicamente igual” que a da Coruña, que ten medidas de nivel medio-baixo.

Así o trasladou o rexedor olívico, nunhas declaracións remitidas aos medios, e sinalou que, nas últimas horas, a incidencia a 14 días do Covid en Vigo volveu a baixar e situouse nos 124 casos por 100.000 habitantes. “Cada vez estamos máis por baixo do número crítico que é 150, estamos practicamente igual que A Coruña, que ten unhas normas brandas para hostalaría”, constatou.

A ese respecto, Abel Caballero lamentou que a cidade ten que aterse a unhas restricións máis severas para a hostalaría (30 % de aforamento no interior e 50 % de aforamento en terrazas), mentres que A Coruña pode ter nos seus locais de hostalaría unha ocupación maior (50 % no interior e 75 % en terrazas). “Esixo para Vigo o tratamento que lle corresponde segundo a incidencia acumulada, a Xunta non pode facer un trato discriminatorio”, aseverou.

Por outra banda, o alcalde informou de que a pasada noite “o comportamento na cidade foi bo”, “unha noite tranquila, sen incidencias”, e que os axentes da Policía Local tramitaron 26 propostas de sanción: 18 a persoas por non respectar as restricións relativas a persoas non convivientes, e outras 8 a locais “por temas pouco significativos”.

A área de Vigo baixa do milleiro de casos activos

0

Galicia inicia este venres, 26 de febreiro, a desescalada progresiva co alivio de restricións con 564 pacientes hospitalizados con coronavirus, 22 menos que a xornada anterior, e cos casos activos que manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 6.273.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, nos que se inclúen 117 pacientes con Covid-19 en UCI en toda Galicia, o que implica catro menos que a xornada anterior, e 447 noutras unidades –18 menos–.

Os pacientes ingresados con coronavirus descenden en Vigo, xa que os pacientes con Covid en UCI baixan a 16 –dous menos– e os ingresados noutras unidades caen a 52 –un menos-.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos proseguen a tendencia descendente ata situarse en 6.273, o que supón 499 menos. E a área de Vigo baixa do milleiro de contaxiados logo de meses sen baixar desta cifra e situarse nos 994 contaxiados.

MENOS CONTAXIOS

Tamén os últimos datos actualizados este venres reflicten un descenso lixeiro dos novos contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba en Galicia ata os 272 –fronte aos 320 da xornada anterior–, deles 222 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deses 222 positivos confirmados por PCR nas últimas horas, 65 corresponden á área de Vigo.

PCR E POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– descende a un 3,9% tras superar o 4% a xornada anterior, polo que se mantén por baixo dese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa como máximo para dar por controlada a pandemia.

Detido un condutor ebrio por causar danos a outros coches e negarse a realizar o test de alcoholemia

0

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, N.G.M., de 35 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, por conducir con síntomas de estar ebrio e negarse a realizar a proba de alcoholemia.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado domingo de madrugada, cando unha patrulla que circulaba pola rúa Oliveira recibiu un aviso sobre a presenza dun home nesa zona que estaba ebrio e moi agresivo.

Un cidadán abordou á dotación do 092 para informalos de que o home ao que estaban a buscar acababa de subir a un turismo e iniciara a marcha.

Os axentes localizaron ao condutor e observaron que o coche impactara contra outros tres turismos que estaban estacionados, ocasionándolles diversos danos. Cando ían darlle alcance, o sospeitoso fixo un xiro brusco e encaixouse contra o portal de ferro de acceso a unha vivenda, causando danos neste inmoble e noutras dúas leiras máis.

Un dos axentes achegouse ao coche e, ao abrir a porta do condutor para axudarlle, este precipitouse ao chan. Os policías solicitaron a presenza dunha ambulancia, xa que o condutor presentaba feridas sanguentas na cara.

Con todo, o home levantouse e comezou a proferir insultos contra os funcionarios, a quen tentou agredir. Axentes e sospeitoso loitaron ata que os policías lograron reducilo.

NEGATIVA A REALIZAR O TEST DE ALCOHOLEMIA

No lugar presentouse unha dotación do servizo de Ateigados para realizarlle unha proba de alcoholemia, pero o condutor, a pesar de que ter síntomas de atoparse ebrio, negouse a facer o test, e seguiu insultado e ameazando aos axentes, polo que foi detido.

Así mesmo, rexeitou a asistencia dos servizos sanitarios de emerxencia, aos que tamén insultou. Finalmente, os técnicos do 061 administráronlle un tranquilizante e trasladárono ao Hospital Álvaro Cunqueiro, escoltado por unha unidade policial.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed