Inicio Blog Páxina 1746

A UVigo, pioneira nun dispositivo de almacenamento de enerxía nos nanosatélites

0

A Universidade de Vigo participa nun proxecto, coordinado pola Universidade de Porto (Portugal) e no que participan institucións académicas doutros países, para desenvolver un dispositivo de transferencia de potencia sen fíos, co que se poida almacenar enerxía en ‘cubesats’ (nanosatélites con forma de cubo).

Segundo informou a UVigo, trátase da iniciativa WIpTherm, que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros e unha duración de tres anos, ao amparo da convocatoria Fet Open do H2020. Esta convocatoria está orientada ao desenvolvemento de tecnoloxías disruptivas e, neste caso, “este tipo de solucións non están dispoñibles actualmente para pequenos satélites”, segundo apuntou Fernando Augado, coordinador da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo.

Os ‘cubesats’ almacenan enerxía a partir de paneis fotovoltaicos recargados con luz solar, unha enerxía que lles permite funcionar cando están en fases de ‘sombra’. Con todo, estes nanosatélites non poden usar eses paneis en misións no espazo profundo e lonxe do Sol, de maneira que este sistema permitiría a transferencia de potencia desde un satélite maior, no que estarían integrados e que si podería usas as súas placas fotovoltaicas.

No proxecto WIpTherm, desenvolverase unha primeira fase na que se definirán os requisitos que debe cumprir este novo subsistema de xeración de potencia. A continuación, identificaranse as funcionalidades e interfaces dese subsistema e, por último, construirase un prototipo integrable nun nanosatélite.

Finalmente, o prototipo probarase nunha campaña de medidas ambientais que inclúen probas de termovacío e de vibración, que simulan as condicións de operación en órbita e de lanzamento.

Con respecto á participación da Universidade de Vigo, os seus investigadores definirán os requisitos, funcionalidades e especificidades técnicas para que o dispositivo sexa compatible con nanosatélites de tipo ‘cubesat’. “Tamén desenvolveremos un prototipo de almacenamento da enerxía xerada, así como a execución da campaña de medidas ambientais”, sinalou Fernando Augado.

Esta achega supón unha “continuidade na liña de traballo” da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, segundo engadiu Augado, que precisou que a institución viguesa contará con 463.187 euros para desenvolver a parte que lle corresponde.

A Asociación Galega de Dislexia relaciona este trastorno co fracaso escolar

0

A presidenta da Asociación Galega de Dislexia (Agadix), Esther López, reivindicou a necesidade de “relacionar” este trastorno da aprendizaxe co fracaso escolar dos estudantes que o padecen e criticou que, en ocasións, non se dea cumprimento á normativa autonómica vixente que regula a atención a estas persoas en centros escolares.

Así se pronunciou nunha rolda de prensa na que presentou o IV Xornadas Galegas de Dislexia, que terán lugar durante este venres e este sábado en Vigo. Respecto ao encontro, detallou que aspira a “concienciar” á cidadanía sobre este problema da aprendizaxe e insistiu na importancia de “adaptar o sistema educativo” ás necesidades dos nenos que padecen dislexia, que supoñen en torno ao 10 por cento do alumnado.

A presidenta de Dislexia Canarias e outras Dificultades de Aprendizaxe (Dislecan), Anita Pestana, que intervirá nas xornadas como relatora, remarcou que a dislexia e a discalculia supoñen un “proceso diferente” de adquisición de coñecementos. Ademais, o profesor da Universidade de Barcelona (UB) Josep María Serra resaltou a necesidade de realizar unha “detección precoz” e un seguimento destes trastornos para “minimizar” as súas consecuencias.

A ese respecto, Esther López lembrou que, tras a aprobación da Lei Orgánica de Educación (LOE), abriuse a porta ao desenvolvemento de normativas autonómicas relativas coa atención a estes trastornos. En concreto, indicou que, en Galicia, o decreto 229/2011 regula a atención ao alumnado con diversidade dos centros educativos da comunidade.

No entanto, advertiu de que familiares de nenos con dislexia e discalculia contactan con Agadix para solicitar asesoramento debido ao incumprimento desta normativa nos colexios aos que asisten os seus fillos, que non reciben a atención necesaria. Por iso, sinalou a necesidade de incidir na formación do profesorado co obxectivo de que estes profesionais estean capacitados para detectar e tratar estas dificultades da aprendizaxe.

XORNADAS

En concreto, as xornadas estarán destinadas a docentes, profesionais de gabinetes psicopedagógicos e familiares de nenos que padecen dislexia ou discalculia, que poderán inscribirse mediante a páxina web de Ataquilla. Así, este venres terán lugar distintas relatorios que abordarán o tratamento familiar destes trastornos, así como os procesos de detección e intervención da discalculia. Ademais, ás 18,30 horas, celebrarase unha mesa redonda na que participarán Esther López, a psicopedagoga Marta Fariña, a logopeda Marisol Caamaño e o graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte Adrián Maroñas.

Así mesmo, este sábado estudaranse as opcións que expón a intelixencia artifical para o tratamento da dislexia e a súa relación coa aprendizaxe de idiomas, así como as súas consecuencias. Adicionalmente, abordarase o marco normativo que regula a atención aos nenos que presentan estas dificultades.

A Comisión Europea investiga a concesión de case 21 millóns de euros á planta de PSA en Vigo

A Comisión Europea anunciou este luns a apertura dunha investigación en profundidade para avaliar se o plan de España de conceder 20,7 millóns en axudas á planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo cumpre coas normas europeas sobre axudas de Estado con finalidade rexional.

España notificou en novembro de 2017 ás autoridades europeas a súa intención de conceder 20,7 millóns en axudas públicas a esta planta dentro do seu proxecto para investir 500 millóns en novas liñas de produción para lanzar novos vehículos e en melloras do proceso produtivo da fábrica. Os traballos en ambos os casos comezaran en abril de 2015.

“A Comisión investigará meticulosamente se as axudas previstas de España son realmente necesarias para que Peugeot invista en procesos de produción verdadeiramente innovadores en Vigo e se van desenvolver a rexión sen falsear indebidamente a competencia ou ir en detrimento da cohesión na UE”, resumiu a comisaria de Competencia, Margrethe Vestager.

A danesa subliñou que o investimento público “é importante para fomentar o crecemento económico das rexións desfavorecidas en Europa”, pero o Executivo comunitario debe “evitar as competicións prexudiciais” entre os países do bloque comunitario.

Os Estados membros poden impulsar o desenvolvemento económico e o emprego de rexións consideradas como “desfavorecidas” e fomentar a cohesión rexional a través de axudas públicas, pero para poder ser aprobadas por Bruxelas deben cumprir determinadas condicións. Por exemplo, deben incentivar o investimento privado, limitarse ao mínimo necesario e non atraer investimento dunha rexión igual ou máis desfavorecida doutro socio comunitario.

SOSPEITAS

En concreto, o Executivo comunitario ten a sospeita de que estas axudas poden atraer o proxecto de investimento en detrimento doutra rexión europea máis desfavorecida. Tamén pensa que PSA podería realizar o investimento en Vigo sen a necesidade de que houbese axudas estatais.

Bruxelas tamén dubida de que o novo proceso de produción na planta sexa o suficientemente innovador como para que a empresa poida acollerse á excepción das normas que permite conceder axudas públicas a proxectos de grandes compañías en instalacións xa existentes.

Ademais, a Comisión non está convencida da contribución desas axudas ao desenvolvemento rexional, así como da súa idoneidade e proporcionalidade. Por último, non pode descartar que teñan efectos negativos na competencia de determinados segmentos do mercado de turismos.

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo denuncia “persecución” por parte do PSOE

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo (Favec) denunciou este luns a “persecución” que, afirma, sofre por parte do PSOE vigués, despois de que este partido presentase denuncia ante a Xunta Electoral de Zona pola celebración dun debate entre candidatos á Alcaldía olívica, e que foi organizado por esta entidade veciñal.

Segundo explicou a presidenta da Favec, María Pérez, esta entidade decidiu organizar un debate con todos os candidatos en vista do interese dos partidos por trasladar as súas propostas, e tamén para dar oportunidade aos veciños de expor as súas dúbidas ou demandas. Para ese debate, que terá lugar este martes ás 20,00 horas, se elegió como escenario o Centro Cultural Helios de Bembrive, “por cuestión de espazo”.

“A nosa sorpresa é que é PSOE de Vigo e, no seu nome, Jaime Aneiros, denunciou ao Centro Cultural por este debate. Parécenos dunha gravidade absoluta que se queira coartar a democracia participativa”, proclamou María Pérez.

Segundo incidiu, fanse outros debates “pero a quen denuncian é á Favec”. “Por que nos perseguen?, cuestionou, á vez que avanzou que os candidatos de PP, Marea, BNG e Cidadáns confirmaron a súa presenza no acto; non así o candidato á reelección, o socialista Abel Caballero, que “nin sequera contestou á invitación”.

Segundo a denuncia presentada polo PSOE, o debate que se celebrará en Bembrive “non foi autorizado pola Xunta Electoral” e non está confirmada a presenza de “todos” os candidatos, polo que pide que se inste á entidade veciñal a deixar de publicitalo.

O organismo electoral respondeu á demanda dos socialistas, resolvendo que carece de competencias “respecto do solicitado”.

O espazo artístico vigués Halcón Milenario morre matando cunha exposición retrospectiva final

Mentres proliferan corporacións internacionais con millóns de euros en beneficios, pequenas iniciativas artísticas e sociais loitan por sobrevivir en entorno hostil ata que, ás veces, non lles queda outro fin que a morte.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

Desde Xornal de Vigo falamos co ilustrador Federico Fernández, “Fredy” para os amigos e coñecidos, e de como o seu Halcón Milenario (Rúa Cervantes, 18) comezou de maneira casual, cunha exposición que levaba por nome”10 jóvenes valores”, e cuxo éxito social e mediático levou a continuar unha aventura chea de paixón e cor, durante 8 anos que rematan agora.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

“Dá mágoa, pero como con calquera ruptura toca mirar hacia diante”, recomenda Fredy, coa ledicia de ter aportado o seu gran de area á cultura viguesa. As portas do Halcón Milenario pecharán por sempre o día 13 de abril (sábado pola mañá), cunha sesión vermú.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

Todo remata da mellor maneira posible, cunha retrospectiva das obras que Federico Fernández foi levando a cabo durante estes longos anos de traballo. Estas ilustracións estiveran presentes en espazos artísticos de Bolonia, Frankfurt ou Pontevedra, pero nunca as expuxera de maneira conxunta.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

O espazo foi derrotado polo sector financieiro: está embargado por un banco. Cae por pura lóxica mercantil.

Halcón Milenario/ Miguel Núñez

“Foi o meu estudo, pero sobretodo foi un espazo expositivo con 4 ou 5 exposicións anuais, levadas adiante con esforzo extra, sen pensar no económico”, lembra Fredy.

Fredy,no Halcón Milenario/ Miguel Núñez

Monte Real Club de Yates reforesta Baiona con carballos para reducir os incendios e a pegada de CO2

Unha vintena de alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, acompañados por un grupo de voluntarios, autoridades e membros do club, plantaron esta mañá de mércores en Baiona 200 árbores autóctonas.

Fixérono co obxectivo de reforestar e devolver vida a un terreo próximo á Virxe da Roca, un dos monumentos máis destacados da vila mariñeira, que quedou calcinado durante a vaga de incendios rexistrada en outubro de 2017.

“A reforestación realizouse con carballos autóctonos dado que é unha especie que tarda máis en arder e non favorece a expansión dos incendios, a diferenza de especies pirófilas como o eucalipto ou o piñeiro”, subliña.

Ademais de paliar a expansión do eucalipto, unha árbore moi inflamable que pola súa rendibilidade económica e o seu fácil e rápido crecemento estendeuse moito en Galicia, o Monte Real Club de Yates tentou compensar tamén a súa pegada anual de carbono, estimada en case 12 toneladas de CO2.

Segunda xornada da enorme vaga de lumes que arrasou Galicia en pleno mes de outubro / Miguel Núñez.

Durante o desenvolvemento da actividade reforestadora, o presidente e vicepresidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza, recibiron de mans da responsable de comunicación de Coca Cola European Partners, María Troncoso, o selo “Evento con bo ambiente Coca Cola”.

Trátase dunha distinción que recoñece a institucións, entidades e iniciativas polo seu respecto ao medio ambiente, concienciación ambiental e compromiso social; e que neste caso distingue ao club baionés non só pola reforestación realizada hoxe en Baiona senón pola suma de actuacións realizadas ao longo de 2018.

Entre as medidas postas en marcha polo club destacan a instalación de puntos de reciclaxe, a promoción de charlas sobre sensibilización ambiental, a programación de xornadas de limpeza de praias ou a contratación de persoal de difícil inserción social.

A Escola de Vela Adaptada do club para persoas con discapacidade, a limpeza constante durante os eventos, o feito de evitar usar artigos desechables e o minimizar os materiais fornecidos aos participantes foron outras das actuacións valoradas por Coca Cola á hora de outorgarlle o seu selo ao Monte Real.

Actividade do Monte Real Club de Yates/ Rosana Calv

O club suma esta nova distinción ás de Bandeira Azul, que mantén desde 1988; a Q de Calidade Turística, que recibiu en 2018; ou o recoñecemento da ADEAC pola eliminación de barreiras arquitectónicas e atención a persoas con discapacidade.

Ademais do presidente e vicepresidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza; e a responsable de comunicación de Coca Cola European Partners, María Troncoso; na reforestación levada a cabo polos alumnos da Escola de Vela MRCYB, participaron tamén o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o presidente do Centro Juan María de Nigrán, José Santoro; e varios membros da Comunidade de Montes de Santa María de Afora.

Reportaxe fotográfica: Os animais tamén teñen a capacidade de amar

Afecto de dous en dous, co grupo, con todos. Os animais, á luz destas fotografias, demostran apreciar a capacidade dun aloumiño. Se cadra máis nestes tempos tan difíciles para eles. Sempre é bo momento para unha aperta, e contentar un chisco o espírito.

Aperta entre mamíferos de catro patas/ Miguel Núñez

En compañía, os ollos iluminan menos tristes, búscanse uns a outros.

Solidariedade animal/ Miguel Núñez

É unha cuestión de solidariedade, incluso con quen non es capaz de entender.

Bichito/ Miguel Núñez

Non só se buscan os mamíferos: tamén as aves.

Tamén o becho máis repulsivo para uns terá o seu coraconciño e a súa beleza para outros.

Ás veces o amor móstrase moi preto.

Ás veces na lonxanía, e non fan falla os xestos.

Amor no zoo/ Miguel Núñez

Ás veces non podes agardar un segundiño máis.

E as cores non importan.

Amor no zoo/ Miguel Núñez

En xeral, quizais, só se trataba de precisar unha pequena axudiña.

Amor no zoo/ Miguel Núñez

Abel Caballero, ao líder de En Marea: “Luís Villares é un farsante en mans de Feijóo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tivo moi duras palabras para o portavoz de En Marea, Luís Villares, ao que acusou de ser un “farsante en mans de Feijóo”. O motivo desta acusación atópase na comisión de investigación que se vai abrir no Parlamento galego sobre o accidente ocorrido no Marisquiño. Unha comisión que, para Caballero, é froito dun “vergoñoso pacto” entre o presidente da Xunta e Villares.

“É vergoñoso o pacto de Villares con Feijóo e desautorízao para ser oposición para sempre, lémbranos a pactos do Bloque co PP en Vigo, contra o Partido Socialista de Vigo e xa nunca máis vai poder facer de oposición a Feijóo, porque é un farsante en mans de Feijóo“, engadiu Caballero, segundo recolle Galicia Confidencial.

O alcalde socialista considera que “Villares ten que responder diante de toda Galicia, porque fixo un pacto coa dereita dura de Feijóo” co “único obxectivo”, dixo, “de tentar erosionar o alcalde de Vigo”.

Caballero di que o portavoz de En Matea “se atopa moi cómodo pactando co contra o alcalde de Vigo” e acúsao de querer “usurpar a autonomía municipal levando ao parlamento cuestións que son exclusivas do Concello”.

O rexedor, moi molesto, aconsellou a Villares impulsar investigacións nos concellos onde gobernan as mareas ou no Parlamento sobre temas que poidan afectar a Feijóo. Ademais, foi moi duro ao dicir: “Todos sabemos que Villares non vai repetir como portavoz de En Marea, foi un pésimo candidato e un desastre contra Feijóo”.

Nesa liña argumentativa, sorprendentemente, tamén recomendou a Villares que “escoite moito a Beiras, que preste atención ao que lle din, que se cadra así aprende algo”.

Tomiño, no camiño de converterse nunha das Cidades Amigas da Infancia segundo UNICEF

O Concello de Tomiño deu luz verde tanto á creación do Consello da Infancia e Adolescencia, coma ao I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia, ambos os dous requisitos para presentarse á oitava convocatoria de recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia, promovida por UNICEF.

Con este fin, a corporación en pleno, aprobou na última sesión ordinaria, celebrada o día 24, a creación dun Consello da Infancia e Adolescencia e a realización do I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia Concello de Tomiño 2018-2021.

Dicho plan proponse enfrontar retos moi importantes, coma é “mellorar os niveis educativos”, dar resposta aos problemas que xera a dispersión poboacional típica do municipio”, ou “visibilizar a riqueza agrícola do territorio coma unha opción laboral” para mozos e mozas, ou xerar unha rede de apoios e recursos a nivel comarcal”.

Coma prioridades, a “participación protagónica de nenos, nenas e adolescentes de Tomiño na definición do público”, a educación destes colectivos en todos os seus ámbitos; a difusión e concienciación social dos dereitos da infancia e adolescencia, e o desenvolvemento integral e transversal das políticas deste grupo de poboación, no propio concello.

Entre as principais actuacións contempladas no plan, atópanse as de dar continuidade aos programas de Servizos Sociais do Concello; sobre todo a aqueles específicos para nenos/as e adolescentes (Programa de Educación Familiar); así coma aos programas de reforzo escolar, de igualdade e de actividades extraescolares de balde. Tamén aos investimentos de mellora e ampliación e creación de espazos infanto-xuvenís ao aire libre.

Pero o máis novidoso sexa quizais, a creación dun Departamento Municipal de Infancia e Adolescencia no que estean representados todos os axentes e sectores implicados.

Outros fins contemplados no plan son realizar charlas informativas e formativas destinadas á infancia e adolescencia, crear caixas de suxestións físicas e virtuais; crear e manter un espazo específico na páxina web municipal; consolidar a celebración de plenos infantís e realizar actividades de divulgación nos centros educativos públicos do municipio.

No referido ao seguimento do plan , prevese que un órgano de coordinación interna, con nenos, nenas e adolescentes, se ocupe de avaliar as actividades levadas a cabo.

Na mesma sesión plenaria, aprobouse de maneira oficial, a creación do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño (CIA). Constituído por nenos e nenas e adolescentes, este órgano ten coma presidenta a Sofía Areal, alumna do IES Antón Alonso Ríos, e leva funcionando dende o 15 de decembro do pasado ano, promovido polo Concello de Tomiño. 

Na actualidade está formado por 22 persoas, de entre 11 e 17 anos. O nome escollido é “Voces Novas” xa que queren converterse nunha ferramenta para facer que se escoiten as súas voces, opinións e ideas, e están a traballar nesta liña, participando na vida municipal.

O grupo segue aberto a novos membros que se animen a participar, na dirección web vocesnovas.tomino@gmail.com.

O terceiro zulo atopado en Tui ocultaba 1.150 quilos de material explosivo

0

O terceiro almacén clandestino do dono da pirotecnia La Gallega de Tui (Pontevedra) localizado este domingo na parroquia de Baldráns ocultaba 1.150 quilos de materias primas para a elaboración de explosivos e outros 11 quilos de pólvora, segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación.

Este terceiro almacén ilegal foi rexistrado este domingo pola Guardia Civil e é propiedade de F.G.L., investigado polos supostos delitos de homicidio imprudente, danos imprudentes, lesións imprudentes e risco catastrófico na modalidade de risco provocado por explosivos e outros axentes.

O material intervido estaba almacenado en bidóns nunha leira a 100 metros das instalacións de La Gallega e foi trasladado polo Equipo de Desactivación de Explosivo (EDEX) da Guardia Civil para a súa posterior destrución.

Este material sumar ao localizado o sábado noutro zulo onde había 500 quilos de pólvora e outros 100 quilos de sustancias preparadas para fabricar explosivos. Así mesmo, os investigadores cren que F.G.L. almacenaba máis dunha tonelada de material explosivo no anexo da vivenda da parroquia de Paramos que explotou o pasado mércores provocando dous falecidos e máis de 30 feridos.

Fontes da investigación manifestaron a Europa Press que, de momento, non se prevén máis rexistros.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed