InicioSociedadeAceptará Audasa o levantamento das peaxes en caso de atascos mentres non...

Aceptará Audasa o levantamento das peaxes en caso de atascos mentres non finalizan as obras?

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, deu por feito que o Ministerio de Fomento pediría este mércores a Audasa o levantamento das barreiras da peaxe en caso de atascos, sen delimitar “cando, en que momento” e “con que criterios”.

“Estamos a falar de moitas incidencias e moitos problemas na ponte de Rande”, advertiu Vázquez en Lugo, antes de indicar que espera que “acabarán pronto”, xa que Fomento “trasladou que o 31 de maio acabarán esas molestias”, polas obras que afectan o tráfico.

En declaracións aos medios de comunicación, a conselleira apuntou a “atascos moi importantes durante moito tempo” na ponte, motivo polo que o Ministerio de Fomento avanzou que exporía este mércores a Audasa a posibilidade de abrir as barreiras da peaxe cando se produzan esas retencións.

A titular de Infraestruturas engadiu que a ampliación da ponte é unha obra “moi complexa” e lembrou que a Xunta “sempre” demanda “unha calidade do servizo”, que “é importante” en canto a seguridade, tempos de percorrido na AP-9 “e tamén en Rande”.

“CANTO ANTES”

Por iso, esperou que Fomento tome nota, que “canto antes se adopte unha decisión” e que ese “criterio” sexa trasladado ao Goberno galego.

Vázquez lembrou por último que a Xunta “non está convocada” ao encontro deste mércores, entre responsables do ministerio e os titulares da concesión da autoestrada.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...