Inicio Blog Páxina 1723

Detectados en Vigo un caso da variante nixeriana da COVID e tres da variante brasileira

O Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Vigo detectou tres novos casos de pacientes contaxiados coa variante brasileira de covid-19, co que xa hai catro pacientes con esta variante, aos que se suma unha persoa coa variante ‘B.1.525’ –coñecida como variante nixeriana–.

Así o confirmaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que indicaron que os tres novos casos da variante brasileira de covid-19 foron confirmados este mércores, sendo todos eles pacientes locais. Súmanse así ao caso primeiro caso desta variante en Galicia, detectado nun mariñeiro peruano procedente de Sudamérica.

No caso deste home, Medicina Preventiva fixo as comprobacións ao ter en conta os datos de procedencia e as características clínicas do paciente. Así, fíxose a secuenciación que confirmou a variante brasileira.

En todo caso, en Galicia a variante máis predominante é a británica, que se sitúa no 95 por cento, segundo confirmou este mércores a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e ratificou o xefe de Microbiología da área Sanitaria de Vigo, Benito Regueiro.

Regueiro remarcou que hai que entender a pandemia “dunha maneira dinámica”, posto que “o virus aprende e adáptase, xerando variación na súa secuencia xenética”. “Esas variacións danlle maiores facilidades para adaptarse á contorna, aumentar a súa capacidade de transmisión e eventualmente aumentar a severidade das infeccións”, explicou.

De feito, indicou que están a xurdir variantes “a un ritmo dunha cada 77 días”, polo que é necesario “vixiar a aparición” das mesmas, “vacinar o máis rápido posible para evitar precisamente o efecto potencial desas variantes que están a aprender formas para escapar do sistema de defensa” e “no futuro deseñar vacinas máis axustadas aos perfís que están a aparecer”.

MARIÑA CÍES

Doutra banda, no relativo ao brote de covid-19 vinculado a un local de hostalaría de Vigo (Mariña Cíes, situado no paseo de Samil) e os seus contactos, o número de positivos xa ascende a 23, segundo confirmaron este xoves fontes do Sergas.

Despois de detectarse un primeiro caso positivo de coronavirus, o pasado luns o Sergas solicitou a colaboración cidadá para localizar ás persoas que estiveron no local na tarde do 27 de marzo e realizarlles unha proba diagnóstica.

O responsable de Mariña Cíes insistiu en que o establecemento e os clientes estaban a cumprir rigorosamente as normas anticovid e que en ningún momento superouse o aforamento permitido. Ademais, trasladou a súa sospeita de que os contagios puideron producirse fose do local, nalgún encontro ou reunión no que se xuntaron varias das persoas que previamente estiveran no local.

Caen os contaxios, pero aumenta a presión hospitalaria na área de Vigo

Galicia arrincou febreiro en cifras máximas da pandemia con máis de 22.000 casos activos de covid-19 e case 1.500 ingresados, pero o último día do mes os datos da Consellería de Sanidade confirman a tendencia descendente tras semanas de máximas restricións. En concreto, os enfermos por coronavirus sitúanse agora en 5.485, o 24% que os que había o día 1, e en 532 os hospitalizados, en torno ao 37% que no arranque do mes.

Ademais, de acordo cos datos deste domingo solicitados ata as 18,00 do sábado, nas 24 horas previas detectáronse 208 novos contaxios por coronavirus –en todo tipo de probas, non só PCR–, cando un mes atrás superaban o milleiro.

Con todo, no que respecta á presión hospitalaria, obsérvase un estancamento na caída, xa que os 532 ingresados que rexistra Sanidade son só un menos que os que notificaba o sábado. E é que, aínda que son seis menos os pacientes en unidades de coidados intensivos (UCI), un total de 108, os que se atopan en planta subiron en cinco, ata os 424.

Por áreas sanitarias, as de Vigo, Lugo-A Mariña-Monforte e Pontevedra-O Salnés sofren unha repunta nos datos deste domingo. A viguesa rexistra 74 ingresados en total, cinco máis, aínda que en críticos hai 15, un menos.

Na pontevedresa, os hospitalizados alcanzan os 59 tras subir en dous máis, pero os que están en UCI descenden en tres, ata os 14; e na lucense os ingresados soben en cinco, a 43, mentres que os críticos mantéñense estables, en 13

O resto rexistran tímidas baixadas. A área sanitaria da Coruña-Cee continúa á cabeza con 176 hospitalizados, aínda que diminúen nun, dos que están na UCI 38, dous menos.

Tamén cae a presión hospitalaria na área de Santiago-Barbanza, a 72 ingresados (-1), 17 deles (sen cambios) en coidados intensivos; na de Ferrol, con 71 en total (-4), oito en UCI (-2); e en Ourense-Verín-O Barco, con 37 ingresados (-6), tres destes en críticos (-2).

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos proseguen a tendencia descendente ata situarse en 5.485, tras baixar en 415 nun día. A última vez que Sanidade notificou un número máis baixo de enfermos totais de covid habería que remontarse ao 19 de outubro, en pleno ascenso da segunda onda da pandemia.

Todas as áreas sanitarias continúan en caída e soamente a da Coruña-Cee supera o milleiro, ao rexistrar 1.810 casos activos, 80 menos que os notificados 24 horas atrás.

Séguelle a de Vigo, con 927 casos activos de coronavirus, tras descender en 18 no último día. Tamén caeron na área de Pontevedra-O Salnés, a 783 (-59); na de Santiago-Barbanza, a 588 (-57); e na de Ferrol, a 544 (-77).

As que menos pacientes teñen son a de Lugo-A Mariña-Monforte, cun total de 511, tras baixar en 80 nas últimas 24 horas; e a de Ourense-Verín-O Barco, con 322, ao descender en 44.

NOVOS CONTAXIOS

Así mesmo, o parte deste domingo recolle que, desde o inicio da pandemia, contaxiáronse de coronavirus un total de 112.518 persoas en Galicia. Isto permite saber que, entre as 18,00 do venres e as 18,00 do sábado, detectáronse 208 novos contaxios a través de todo tipo de probas, 64 menos que o día anterior. De todos estes, 194 foron confirmados cunha PCR.

Na área sanitaria da Coruña, nas últimas 24 horas detectáronse 90 positivos, un descenso de 20 sobre os do día anterior. Tamén destacan as áreas de Vigo, con 45 novos contaxios –un menos que a xornada previa–; e Pontevedra, con 33 –dez menos–.

En canto ao resto, atópanse en cifras mínimas. A de Santiago suma 15 novos positivos (-2); Ourense nove (-11); Ferrol oito (-5); e Lugo outro oito (-15).

Ata a data as persoas que se contaxiaron de covid-19 en Galicia ascenden a 112.518. A área da Coruña-Cee foi a máis afectada, con 26.845 infectados desde o inicio da pandemia. Vigo acumula 21.167; Santiago-Barbanza, 17.956; Ourense-Verín-O Barco, 14.537; Pontevedra-O Salnés, 12.360; Lugo-A Mariña Monforte, 11.694; e Ferrol, 7.959.

FALECIDOS E CURADOS

Desde o inicio da pandemia, 2.227 persoas faleceron en Galicia tras ser diagnosticadas con coronavirus, despois de notificar Sanidade na noite deste sábado a morte doutras sete.

Ata o momento curáronse de coronavirus 104.823 persoas, o que nun día recibiron o alta 616.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Iván Sanz, novo director de Soporte da área sanitaria de Vigo

0

O doutor Iván Sanz asumirá este mércores a Dirección de Procesos de Soporte da área sanitaria de Vigo tras resolverse a convocatoria oficial para a provisión do posto.

Así, o novo directivo substituirá á doutora Esther Casal, quecesó no cargo a petición propia, segundo detallou este martes a xerencia da área sanitaria de Vigo.

Iván Sanz Falque, nacido en Vigo, licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade Rovira i Virgili de Tarragona e é un facultativo especialista en Radiodiagnóstico. Así mesmo, realizou diversos cursos e un máster relacionados coa administración e dirección sanitaria.

Durante o últimos tres anos, o doutor Iván Sanz exerceu como xerente do distrito sanitario de Monforte de Lemos da área de Lugo, onde foi coordinador do servizo de Admisión con anterioridade.

Un home mata á súa muller en Gondomar

0

Un home matou á súa muller na tarde deste mércores na parroquia de Mañufe, no municipio pontevedrés de Gondomar, tras o que tratou de suicidarse.

Segundo informaron fontes da investigación, o suceso tivo lugar ás 16,25 horas, cando a Garda Civil recibiu un aviso sobre un posible caso de violencia machista nesta localidade.

Unha vez na vivenda, os axentes atoparon a unha muller falecida con feridas presumiblemente de arma branca. Ademais, acharon ao presunto agresor, a súa parella, ferido tras, supostamente, tratar de suicidarse.

O home foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo, onde se atopa ingresado polas súas feridas en calidade de detido.

LOITO OFICIAL

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, explicou que o Concello non ten constancia de que o presunto agresor tivese antecedentes por violencia de xénero nin da existencia de expedientes no departamento de Benestar Social ou Axuda á Muller.

O alcalde, que condenou os feitos, sinalou que o matrimonio ten dous fillos maiores de idade, un deles dependente e do que se fixo cargo a familia.

Ademais, avanzou que na xornada do xoves analizará co resto de portavoces municipais a posibilidade de declarar loito oficial no municipio así como de organizar un acto en repulsa do sucedido.

A área de Vigo comeza a perder casos activos malia rexistrar outros 140 contaxios

Os contagios de Covid-19 volveron a incrementarse tras outros 523 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia, mentres os casos activos de coronavirus seguen en descenso na Comunidade galega e sitúanse en 9.554, o que supón 315 menos.

Con todo, tamén os datos de PCRs reflicten un descenso cuantitativo. Na xornada de onte foron realizadas un total de 8.128, un 20’5% menos que en xornadas como o 31/10, antes de que Feijóo comunicara ós sanitarios que debían de deixar de facer PCRs a contactos próximos de contaxiados.

Por outro lado, se facemos a media de PCRs realizadas dende a xornada do día 5, no que Feijóo emite a orde, comprobamos que hai un descenso conxunto do 21’5% das PCR realizadas; unha redución que á súa vez permite explicar por que caen os casos activos mentres seguen a subir os ingresos en UCI.

Os datos actualizados na mañá deste xoves na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, nos que se inclúen 143 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas na área sanitaria de Vigo; 122 na da Coruña e Cee; 66 na de Pontevedra e O Salnés; 65 na de Lugo; 62 na de Santiago e Barbanza; 41 na de Ourense e 24 na de Ferrol.

En canto aos casos activos, descenden no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza ao rexistrar 2.426 –37 menos que este mércores–; seguida da da Coruña e Cee, con 1.855 –66 menos–; a de Pontevedra e O Salnés, con 1.250 –13 menos–; a de Santiago, con 1.148 –38 menos–; a de Lugo, con 1.064 –65 menos–; a de Ferrol, con 931 –47 menos– e a de Ourense, que conta con 880 –49 menos–.

Ata a data curáronse en Galicia 32.984 persoas, o que implica 823 máis que a contabilizadas ata este mércores. E leváronse a cabo 772.344 PCR, o que supón 8.128 máis que a xornada anterior, e 408.165 probas serológicas –610 máis–.

VÍTIMAS MORTAIS

A Comunidade galega suma 43.575 contaxiados desde o inicio da pandemia pola Covid e 1.039 persoas falecidas, tras as 15 vítimas mortais notificadas por Sanidade na tarde deste mércores, delas media ducia vinculadas a residencias.

Deste xeito, Galicia rexistrou 15 falecidos por segundo día consecutivo, que representa unha das maiores cifras da segunda onda da pandemia. Todas as persoas mortas presentaban patoloxías previas.

Ignorancia ou vandalismo? O desleixo polo patrimonio en Galicia

0

Destrución de mámoas con maquinaria pesada, pintadas en esculturas e fachadas de edificio protexidos, riscado de petróglifos.

As agresións ao patrimonio material en Galicia sucédense semana tras semana. A maior parte dos casos quedan impunes pese ás continuas denuncias de colectivos e veciños verdadeiramente conscientes do valor do ben patrimonial e o dano que ditas agresións supoñen para estes elementos que forman e dan sentido a identidade propia de Galicia.

O último caso, e por desgracia tamén frecuente, o uso dos dólmenes e as viviendas dos castros como espazos de ocio nocturno, ou mesmo de vertedoiro.

Así o demostran as imaxes de Kike Estévez Hernández, un ciclista que atopouse e con esta estampa nun dos dólmenes máis singulares de Galicia. A Casa dos Mouros ou Dolmen de Candeán. Unha imaxe que ilustra este desleixo polo patrimonio en Galicia. Por ignorancia nuns casos, e por vandalismo noutros tantos.

Abel Caballero deféndese das críticas ao polémico acordo da FEMP co Goberno central sobre o superávit dos concellos

0

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, saíu ao paso das críticas ao acordo sobre remanentes de concellos alcanzado co Goberno e acusou o PP de facer “pura política partidaria”.

Caballero e o presidente Pedro Sánchez formalizaron este martes no Palacio da Moncloa o acordo alcanzado entre a FEMP e o Ministerio de Facenda para a liberación dos remanentes e o uso do superávit por parte dos concellos.

Sánchez e Caballero rubricaron o denominado ‘Acordo entre o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias para contribuír desde os municipios a desenvolver unha mobilidade sustentable, a axenda urbana, políticas de coidados e apoio á cultura e ao deporte’.

A escena, que apenas durou cinco minutos, serviu para ver a sintonía entre o Goberno central e a cúpula da FEMP despois de varias semanas de negociación entre o Ministerio de Facenda e a agrupación municipalista para liberar estes remanentes.

APROBOUSE POLO SEU VOTO DE CALIDADE

Este mesmo luns, a Xunta de Goberno da FEMP deu luz verde á proposta de Facenda con 12 votos a favor (PSOE), 12 en contra (PP, Junts per Catalunya e Ciudadanos) e unha abstención (Grupo Municipalista Esquerda Unida-Podemos-Comúns). O voto de calidade do presidente socialista da federación resultou determinante para aceptar a iniciativa.

Isto provocou numerosas críticas desde moitas partes do municipalismo e en concreto desde os alcaldes do PP, que lamentaban que este acordo rompese o histórico consenso que se dá na FEMP. Os ‘populares’ acusaban o Executivo de apropiarse dos aforros dos concellos e de non axudar ás entidades que non tivesen superávit e remanentes.

A este respecto, Caballero sinalou que o PP parece que “non soporta” que o Goberno de Pedro Sánchez aprobase este “grande acordo” e acusou os ‘populares’ de facer “pura política partidaria”.

DETALLES DO ACORDO

En concreto, o acordo establece que os concellos que o desexen poderán pór os seus remanentes a disposición do Goberno central, que achegará 5.000 millóns que non serán devoltos de forma inmediata en proporción ás cantidades entregadas. Posteriormente, a partir de 2020, o Executivo central reverterá aos municipios o 100% dos remanentes recibidos nun prazo de 10 anos, así como intereses.

Así mesmo, as deputacións poderán formalizar préstamos e realizar transferencias finalistas non reintegrables a administracións locais que se atopen nunha situación económica vulnerable. O Goberno revisará tamén as condicións financeiras dos préstamos dos fondos de financiamento que teñen institucións locais.

Mentres, en 2020 non será efectiva a regra de gasto, polo que as corporacións locais non contarán con esta limitación. O acordo establece a prórroga para 2020 da regra especial do destino do superávit de 2019 e a do procedemento de execución de investimentos financieramente sustentables iniciadas en 2019 con cargo ao superávit de 2018. Tamén mantén as entregas a conta ás corporacións locais e a liquidación do exercicio 2018, positiva para os concellos en 600 millóns de euros.

A ‘versión b’ de Queen pasou por Vigo

0

Dr. Queen pasou por Vigo coa súa xira ‘A Queen of Magic Tour’ no Auditorio do Mar, un espectáculo co que rememoraron a época dourada da banda británica, percorrendo a historia do grupo e do seu cantante falecido, Freddie Mercury, ata a actualidade, como nos shows de Queen xunto a Adam Lambert.

Un investigador da UVigo estuda a efectividade de técnicas baseadas no ADN para distinguir especies de peixes

0

O investigador da Universidade de Vigo (UVigo) David Barros estudou a efectividade de técnicas baseadas na utilización do ADN como un “código de barras” para identificar e distinguir especies de augas profundas segundo as súas similitudes.

Esta técnica utilízase principalmente para delimitar ‘stocks’ pesqueiros e non é habitual que se empregue para estudar especies de augas profundas.

En concreto, o investigador analizou na súa tese a utilización de técnicas moleculares con datos morfolóxicos para estudar especies de augas profundas xa coñecidas, así como os procesos de evolución das mesmas.

Deste xeito, comprobou que as dúas especies de ‘Lepidion lepidion’, correspondentes á zona Atlántica e a Mediterránea, constitúen unha soa. Así mesmo, verificou como o volume da especie variou durante miles de anos, en lugar de manterse estable.

En canto ao ‘Gaidropsarus’, que dispón de oito variantes no Oceáno Atlántico e o Mar Mediterráneo, investigou tres posibles casos de parellas de especies que poden representar unha soa. Ademais, estudáronse outros catro individuos desta clase de peixes procedentes de augas profundas que non encaixaban en ningunha das especies coñecidas. De feito, investigadores portugueses bautizaron un novo subtipo como ‘Gaidropsarus mauli’.

Adicionalmente, David Barros analizou un tipo de peixes primitivos emparentados coas anguías que habitan nos fondos mariños do norte do planeta, ‘Notacanthiformes’, e levou a cabo a primeira análise completa da súa evolución mediante ADN e morfoloxía interna e externa. Así, puido confirmar que a especie ‘Lipogenys gilli’ pertence á subfamilia ‘Lipogenyinae’ dentro da familia ‘Notacanthidae’, unha hipótese exposta por investigadores xaponeses.

O investigador estimou a orixe da especie ‘Notacanthiformes’ durante o Cretácico, un período fixado entre 145 e 65 millóns de anos atrás. Ademais, investigou a diversificación do grupo tras a quinta extinción masiva, na que pereceron os dinosauros, o que coincide cun evento xeral de diversificación de peixes ocorrido tras ese suceso.

Ante estes resultados, David Barros considerou que os ecosistemas de augas profundas están suxeitos ás mesmas presións que os máis próximos á superficie dada a súa sensibilidade aos cambios. Así, na súa opinión, trátase dunha conclusión relevante ante o quecemento global rexistrado.

Piden 27 anos de prisión para o presunto asasino de Ana Enjamio

A Fiscalía pide penas que suman 27 anos de cárcere para César A.O., presunto asasino da moza enxeñeira Ana Enjamio, e que será xulgado por un tribunal de xurado a partir do luns, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Este xuízo estaba sinalado inicialmente para mediados de novembro, pero problemas na configuración do xurado obrigaron a pospoñelo ata a semana do 9 de decembro.

O ministerio público considera probado que o acusado, que era compañeiro de traballo da vítima e mantivera unha relación sentimental con ela durante uns meses, a someteu a unha total “fustrigación” e acoso desde a ruptura da dita relación, en xullo de 2016, ata que acabou coa súa vida, o 16 de decembro dese ano, no portal do edificio no que a moza vivía, en Vigo.

No seu escrito de acusación, sinala que César A.O. non aceptou o fin da relación e insistíalle constantemente para que volvese con el, chegando mesmo a subtraerlle o teléfono para enviar fotos de ambos á anterior parella de Ana, coa que ela retomara o contacto.

COMPLETAMENTE “OBSESIONADO”

O acusado, que chegou a inscribirse no mesmo ximnasio que a vítima, instalou unha aplicación no móbil para controlar as súas chamadas e mensaxes, presentábase na súa casa, mesmo de madrugada, para reprocharlle que se vise con ese outro mozo e pedirlle que volvese ser a súa parella, e chegou a “obsesionarse completamente” con Ana.

De feito, apunta no seu escrito o Ministerio Público, César comentou aos seus achegados que rompera a súa familia para estar con ela (estaba casado e tiña dous fillos cando iniciou a relación) e que, se Ana non estaba con el, tampouco estaría co outro mozo.

O grao de acoso chegou ata tal punto que a moza deixou a súa vivenda por temor e foi a vivir temporalmente co mozo co que retomara amizade, antes de trasladarse definitivamente a unha vivenda compartida na Avenida de Madrid.

DESENLACE FATAL

Esa espiral de fustrigación tivo o seu desenlace fatal na madrugada do 16 de decembro de 2016. Esa noite, ambos coincidiron nunha cea de empresa e, durante todo o tempo, César estivo pendente de Ana, chegando a seguila a ela e ao seu grupo de amigos cando saíron dar unha volta despois da cea.

Nun momento determinado, o acusado desapareceu sen despedirse, ao darse conta de que Ana ía regresar á súa casa (no coche dunha amiga, xunto a outras persoas que a acompañaban). César desprazouse a fume de carozo ás inmediacións do piso onde vivía Ana e unha vez alí, rachoulle as rodas do seu coche, que estaba aparcado na zona, e esperouna, ata que a moza chegou e os seus acompañantes se foron.

Entón, abordouna de forma sorpresiva cando entraba no portal e atacouna cun coitelo ou navalla. Sen darlle posibilidade de defenderse, arrastrouna ata o fondo do portal, onde lle asestou polo menos 28 coiteladas en abdome, peito e pescozo, das que 12 lle alcanzaron o corazón.

Despois, o acusado foi á casa dos seus pais, duchouse e cambiou de roupa, e desfíxose da arma do crime, do teléfono de Ana (que levou consigo), e das roupas que vestía cando a atacou.

DELITOS E PENAS

Por estes feitos, a Fiscalía considera a César A.O. autor dun delito de asasinato con aleivosía e ensañamento, ademais dun de acoso. Polo primeiro dos delitos pide para el 25 anos de cárcere, e dous anos polo segundo, ademais de reclamar que se lle prohiba achegarse durante 10 anos á familia da vítima, á que deberá indemnizar en 450.000 euros por danos morais.

Pola súa banda, a acusación popular, que exerce a Xunta de Galicia, pide que o acusado sexa condenado a 33 anos de prisión. Así, reclama 25 anos polo delito de asasinato, 3 anos por un delito continuado de coaccións (ou subsidiariamente 2 anos por un delito de acoso ilexítimo) e outros 5 anos de cárcere polo delito de vulneración da intimidade.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed