Inicio Blog Páxina 1722

Marea súmase ao BNG e denuncia tamén a propaganda de Abel Caballero en Faro de Vigo en período electoral

A coalición Son En Común, rexistrada para as eleccións municipais de maio e cuxa marca en Vigo é Marea, denunciou ante a Xunta Electoral de Zona a inserción dunha páxina de publicidade en Faro de Vigo por parte do goberno socialista de Abel Caballero, ao considerar que vulnera a normativa aplicable en época electoral.

A denuncia de En Marea chega logo de que este domingo, o candidato á Alcaldía polo BNG, Xabier Pérez Igrexas, denunciase publicamente este feito, que considerou “escandaloso” e “obsceno”.

Marea e BNG denuncian o anuncio a toda páxina publicado no Faro de Vigo deste domingo, no que, baixo o epígrafe ‘Vigo, municipio polideportivo’, poden verse tres imaxes do rexedor rodeado de mozos deportistas de varias disciplinas. Ademais, as imaxes van acompañadas do texto “O Concello programa os mellores eventos para a promoción das modalidades”.

No escrito remitido á Xunta Electoral de Zona faise constar que na publicación dese anuncio se resaltan “supostas actuacións do goberno local, con especial énfase na presenza gráfica do alcalde de Vigo”. “Consideramos que esta publicidade vulnera a normativa legal de difusión de actuacións institucionais durante a convocatoria electoral municipal“, apuntou Marea.

Este grupo lembrou que a lei orgánica de réxime electoral (LOREG) establece que en período electoral non se pode facer propaganda mediante carteis ou insercións en prensa e outros medios, “non podendo xustificarse ditas actuacións polo exercicio das actividades ordinarias dos partidos, coalicións ou federacións”.

Do mesmo xeito, a lei recolle que, ata a celebración dos comicios, están prohibidos os actos organizados por poderes públicos que aludan a realizacións ou logros obtidos.

Precisamente, a vulneración desta ‘neutralidade’ levou hai unhas semanas á Xunta Electoral a apercibir tanto ao alcalde como á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que entón foron denunciados polo PP, partido que anunciou que tamén denunciará a publicación desa inserción publicitaria do domingo.

O candidato do BNG denuncia publicidade “escandalosa” do Concello en Faro de Vigo “por incumprir a normativa electoral”

Vigo lembra aos case 200 mortos dos atentados terroristas do 11M

A corporación viguesa, encabezada polo alcalde e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11M e, por extensión, de todos aqueles que sufriron o “despropósito terrorista”.

O rexedor lembrou aos falecidos nos atentados de Madrid, nun “día de barbarie” que deixou unha “pegada indeleble” e un “rastro de dor” na sociedade española. Así mesmo, Abel Caballero reafirmou o compromiso das entidades locais e do movemento municipalista coas vítimas, incidindo en que se debe “honrar a súa memoria e manter vivo o seu recordo”.

Finalmente, o alcalde e presidente da FEMP subliñou, tras reiterar a “repulsa total” dos cidadáns a estes actos violentos, a súa “firme convicción” de que se ten que “derrotar ao terrorismo desde a democracia”. “Todos xuntos, unidos, somos imbatibles”, sentenciou.

A finca dun veciño, á conquista da Subida ás Ánimas de San Paio

Incendios tan tráxicos como os que asolaron Galicia o pasado ano parecen sinxelos de explicar á vista de imaxes como a que encabeza este artículo, e que reflicten unha realidade cada vez máis coñecida pero aínda non contestada: o abandono de casas e fincas por toda a nosa terra, invadidas ata a bandeira por árbores ou herbas, alimento para calquera lume.

Aquí, un simple exemplo, neste caso practicamente urbano, perigoso e cheo de simbolismo. Os coches aparcados na Subida ás Ánimas de San Paio, en Vigo, teñen que sufrir a vexetación “invasiva” dun veciño, que non entende de muros. Que mantemento hai?

Bueu, a un chisco de mergullarse na Semana da Música

0

O Concello de Bueu organiza a Semana da Música con diversas actividades que terán lugar entre o 18 e o 24 de xuño, aproveitando a efeméride do Día da Música, que se celebra o 21 deste mes.

O concelleiro, Xosé Leal, destaca que se trata de “poñer en valor a música en clave local e o fomento da historia, ademais da atención a aspectos actuais como a xénese dun disco e a
lexislación”.

pontevedra é a segunda provincia de españa con maior número de bandas

As actividades arrancarán o luns coa inauguración ás 20 horas da exposición ‘Bandas de
Pontevedra: Homenaxe ás bandas da provincia’, que se poderá ver ata o 2 de xullo no
primeiro andar da Praza de Abastos.

A mostra, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, ten como finalidade revalorizar a riqueza cultural deste tipo de agrupacións musicais e en particular as dos concellos, de aí a colaboración da Banda de Música Artística de Bueu.

Na creación desta exposición, tívose en conta a particularidade de que Pontevedra é a segunda provincia do Estado español con maior número de bandas, só por detrás de Valencia.

 

Cartel / Concello de Bueu

O 19 de xuño, ás 21.00 horas, o contrabaixista bueués Juyma Estévez Trío presentará o seu disco de jazz ‘Viento del norte’ no Parque Ramal dos Galos. Sen dúbida, será unha boa oportunidade para gozar da música nun espazo que se busca revitalizar desde o goberno local. Ademais, o músico tamén explicará a orixe do seu disco e o proceso de gravación, que se fixo na vila bueuesa.

Continuará a semana coa charla sobre ‘Lei, músicos e festivais: respostas dun avogado a preguntas frecuentes’, a cargo do avogado experto Xabier Alonso quen intervirá na Sala Domínguez Búa o mércores ás 21 horas.

O obxectivo desta presentación é explicar a lexislación autonómica aprobada recentemente para o desenvolvemento de espectáculos musicais, polo que vai destinada sobre todo a colectivos da vila, así como a grupos musicais e locais de hostalaría.

O historiador local Arturo Sánchez Cidrás falará o xoves a partir das 21 horas sobre ‘A
música en Bueu no correr dos tempos’, buscando una perspectiva histórica do avance
das manifestacións musicais desde o pasado ata o presente.

E por último, o domingo 24 de xuño, e como vén sendo habitual cada ano, a Aula de
Música do Concello de Bueu celebrará o seu concerto de fin de curso, no que as persoas participantes nas clases de música activa, canto e solfexo e piano ofrecerán unha
demostración do aprendido, nun acto que se celebrará ás 20 horas no Centro Social do
Mar e que contará coa actuación da Asociación Folclórica Recordos da Nosa Terra e da
Coral Polifónica de Bueu.

Entre as novidades deste ano están a interpretación dunha canción inédita titulada “Ar o caldeiro” a cargo do alumnado de música activa.

O pleno do Concello de Tui decide este xoves se pide zona catastrófica e aprobará o fondo de emerxencia, dun millón de euros

A xunta de portavoces do Concello de Tui acordou levar ao pleno do próximo xoves a aprobación e os pormenores do fondo de emerxencia para os afectados pola explosión de material pirotécnico, así como a decisión final de se pedirán a declaración de zona catastrófica, zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil.

Así o comunicou aos medios o alcalde, Carlos Vázquez Padín, ao termo dunha reunión de ao redor de hora e media da xunta de portavoces do concello. En relación con iso, dixo que foi “frutífera e interesante” e agradeceu que todos os grupos mostraron “actitude construtiva e diálogo bo” no marco desta “situación tan difícil”.

No transcurso deste encontro, após o que Padín reuniuse coa cónsul xeral de Marrocos en Bilbao, Fatiha O Kamouri, a xunta de portavoces abordou os temas da orde do día: cantidade, destino e articulación do fondo de emerxencia, avaliación da declaración de zona catastrófica e pleno do xoves.

Sobre o fondo de emerxencia, o rexedor trasladou aos medios que estará dotado cun millón de euros, con cargo ao remanente de tesouraría, (aínda que outros concelleiros engadiron que se aumentará a cantidade se hai necesidade), e que consultarán cos servizos sociais como se deben repartir e dispor eses fondos, ben sexa a través de axudas ao transporte, para alimentación, roupa, ou outro tipo de conceptos.

En canto á posibilidade de pedir a declaración de zona catastrófica, indicou que están á espera de informes (uno da Secretaría municipal e outro dun técnico externo) para determinar “se é o que máis interesa”, xa que temen que “poida ir en contra doutro tipo de axudas”. Os propios veciños, na reunión que tiveron o pasado venres para unirse en plataforma, xa propuxeron estudar se lles interesa esta declaración.

A xunta de portavoces acordou volver reunirse ás 14:00 horas do próximo xoves para coñecer o contido dos informes encargados e ultimar os detalles antes de levar estes temas ao pleno municipal, previsto para as 20:00 horas.

RECADAN DOAZÓNS

De forma paralela, veciños de Tui iniciaron unha campaña de ‘crowdfunding’ na plataforma social GoFundMe co obxectivo de colleitar donativos para reconstruír os fogares dos afectados pola explosión. Estímase que “unha vintena” de casas quedaron “totalmente destruídas” e “un centenar” rexistraron diversos danos.

En concreto, a veciña de Tui Andrea Costa Amorín é a que puxo en marcha esta campaña para dar resposta a aqueles que “se quedaron sen fogar” e necesitan “unha resposta inmediata”. Engade na petición que “o diñeiro colleitado terá como prioridade ás persoas que se atopan desaloxadas e sen unha segunda vivenda á que recorrer”.

“Non temos nin idea de como axudarlles se non é tentando crear algo para que todos aqueles que quedaron sen fogar poidan reconstruílo de novo e o máis pronto posible”, explica a veciña. Até o momento, recadáronse ao redor de 700 euros.

A EXPLOSIÓN E Os ALMACÉNS

A explosión de material explosivo e pirotécnico produciuse o mércores da pasada semana nun anexo da vivenda da parroquia de Paramos, que supostamente utilizaba o dono da pirotecnia como almacén após o precinto do seu negocio. Como consecuencia da explosión, dúas persoas resultaron falecidas e máis de 30 feridas.

Por mor destes feitos, o mesmo mércores foi detido o dono da pirotécnica, de siglas F.G.L., que pasou a disposición xudicial o venres e posteriormente quedou en liberdade aínda que investigado polos delitos de homicidio imprudente, danos imprudentes, lesións imprudentes e risco catastrófico na modalidade de risco provocado por explosivos e outros axentes.

No entanto, durante a fin de semana a Garda Civil localizou na parroquia de Baldráns (onde se sitúa a pirotecnia precintada) un zulo onde había 500 quilos de pólvora e outros 100 quilos de sustancias preparadas para fabricar explosivos; e outro almacén ilegal no que gardaba 1.150 quilos de materias primas para explosivos e outros 11 quilos de pólvora.

Estes dous galpóns atópanse preto da pirotecnia e moi próximos a vivendas; ademais, nun dos casos sitúase a só uns metros dun supermercado. Algúns veciños desta zona indicaron a Europa Press que “ninguén sabía destes problemas” nin que houbese material pirotécnico nestes lugares, e dixeron que só vían ao home entrar “a limpar a leira, e pouco máis”.

Como resultado destes rexistros, na mañá deste luns volveu a ser detido o propietario da pirotecnia La Gallega, por tenencia de explosivos e delito de riscos. Está previsto que o home volva pasar a disposición xudicial sobre as 9:30 horas deste martes.

A Guarda celebra un ano máis o feitizo da lectura

A undécima edición da Feira do Libro da Guarda celebrarase o vindeiro domingo 20 de maio na Praza do Reló. Alí, entre as 11:00 e as 20:00 horas, librarías guardesas e da comarca ofrecerán o seu material cun desconto do 20% sobre o seu prezo orixinal.

A xornada completarase cunha variada programación cultural e de ocio para todos os públicos. Así, os cativos e cativas poderán participar nos obradoiros infantís que se celebrarán na praza entre as 11:30 e as 13:30 horas. Os e as participantes no curso de monitor/a de tempo libre organizado polo Concello da Guarda serán os encargados de amenizar a mañá aos máis pequenos, con xogos e diferentes actividades lúdicas.

Chegadas ás 12:30 horas, as persoas adultas poderán sumarse á festa na sesión vermú a cargo do grupo de hot jazz Low Bay Hot Band. Xa pola tarde, entre as 16:30 e as 18:30 h, as familias poderán compartir un espazo de diversión da man da empresa Brazolinda, que traerá ata A Guarda os seus orixinais xogos de mesa en galego, aptos para crianzas dende 1 ano.

Edición anterior / Concello de A Guarda

O grupo de música infantil e familiar Mamá Cabra será o encargado de pór o broche de ouro a esta xornada de exaltación da cultura, cunha actuación que dará comezo ás 18: 30 horas.

Ao remate do concerto, os membros do grupo asinarán discos a todas e todos aqueles que se acheguen cos seus exemplares. Tras a actuación de Mamá Cabra, ademais, as persoas presentes poderán participar nun sorteo con lotes de libros, camisetas, obras de María Victoria Moreno e outros agasallos de Mamá cabra e David Regueiro, de Low Bay Hot Band.

As librarías participantes nesta nova edición da Feira do Libro guardesa serán Atlántica, Ler e Cervantes (A Guarda), Ideas (O Rosal) e Libraida (Gondomar). En caso de choiva, as actividades trasladaranse á Casa dos Alonso.

Nova sentenza anulatoria das accións do Banco Popular

Outro xulgado de Primeira Instancia de Vigo,  o número 1, acaba de anular unha compra de accións correspondentes á ampliación de capital de 2016 do Banco Popular, a quen, ademais, condena a pagar as custas de avogado, procurador e perito ás que o pequeno investidor tivo que facer fronte no procedemento civil.

Segundo a xuíza, o Popular non ofreceu na súa contestación á demanda “explicación probada que xustifique a súa dispar situación económica antes e despois da emisión” de accións.

A entidade, hoxe propiedade do Santander, alegou que no seu día informouse
aos accionistas dos riscos propios deste tipo de produtos, pero a xuíza entende que a seguridade dos valores descansa, entre outros factores, na propia solvencia da entidade, e que “a variabilidade xeral dos valores de empresas consolidadas oscila en rangos moi inferiores ao sufrido polos accionistas do Banco Popular, con anulación e perda total do investimento”.

A sentenza, que pode ser recorrida perante a sección civil viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra, precisa que o Popular “incumpriu a obrigación de dar unha información fiel da súa situación financeira aos contratantes de accións”, de modo que se produciu un erro invalidante do consentimento que xustifica a anulación da compra, con devolución dos 5.059 euros investidos e os intereses legais desde a súa adquisición.

Xoán Antón Pérez-Lema, que dirixiu a demanda, prognostica para os
próximos meses “centenares de anulacións de compra de accións do Popular
en toda Galicia”.

O ranking de investigadores máis citados da Universidade de Stanford inclúe a 29 autores da UVigo

O ranking dos investigadores máis citados do mundo da Universidade de Stanford (Estados Unidos), que se nutre dunha base de datos conformada polos 186.000 científicos máis influentes en 22 campos, incluíu a 29 autores da Universidade de Vigo (UVigo). O catedrático David Posada lidera un ano máis a representación da UVigo nesta clasificación, que inclúe ao 2% dos científicos máis citados do mundo, segundo trasladou esta universidade.

En concreto, Posada é o décimo autor máis nomeado no campo da Bioloxía Evolutiva e o primeiro a nivel nacional neste ámbito con 158 publicacións ás que se fixo referencia en 64.416 artigos entre 1996 e 2020. Ademais, o investigador da UVigo Armando Caballero é o cuarto autor español máis citado neste mesmo campo e sitúase na posición 456 a nivel mundial.

O ranking da universidade estadounidense está elaborado por John P. A. Ioannidis, da mesma; Kevin W. Boyack, de SciTech Strategies, e Jeroen Bass, de Elsevier. Mediante esta base de datos búscase ofrecer “información estandarizada” sobre o número de citas a partir dun indicador creado para este proxecto e co que se establecen dúas clasificacións de investigadores segundo as autocitas a traballos anteriores.

A última actualización desta clasificación foi publicada por Plos Biology e sitúa a 29 investigadores da UVigo dentro dos máis citados do mundo na súa traxectoria, así como a 36 en relación á produción científica en 2020.

Detido un home de 71 anos por agredir a dous médicos e unha enfermeira nun centro de saúde de Vigo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, de 71 anos de idade, como presunto autor dun delito de agresión a persoal sanitario tras atacar a dous médicos e unha enfermeira dun centro de saúde da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron ao mediodía deste martes, cando o 091 recibiu un aviso desde o centro de saúde de López Mora, alertando da presenza dun paciente moi agresivo co persoal.

Os axentes desprazáronse ao lugar, a escasos metros da propia Comisaría, e observaron que había dúas persoas mantendo unha acalorada discusión. Ao preguntar, un médico e unha enfermeira explicaron aos axentes que o home discutira iradamente co persoal de recepción, e que a continuación foi pasado para ser atendido en consulta.

Unha vez na consulta, mentres lle explicaban o tratamento que debía seguir, o paciente comezou a mostrarse cada vez máis agresivo coa doutora e coa enfermeira e, aínd que tentaron tranquilizalo, este propinoulles un lapote e un empuxón. Ambas pediron auxilio e outro médico acudiu a ver que sucedía.

O paciente tamén se encarou con este facultativo e agarrouno polos brazos, á vez que o zarandeaba, momento en que chegaron os axentes ao centro de saúde.

O home foi detido polos policías, que tamén informaron o persoal agredido dos pasos que tiñan que dar se desexaban presentar denuncia. O detido, tras as dilixencias en sede policial, foi posto a disposición do xulgado de instrución de garda.

A área de Vigo suma unha nova vítima mortal pola covid-19

0

Outras dúas persoas diagnosticadas con covid-19 faleceron en Galicia, que suma xa 2.390 vítimas mortais da pandemia desde marzo de 2020.

Segundo trasladaron as autoridades sanitarias, unha das mortes produciuse o 29 de abril e a outra este venres día 30. Ambas tiñan patoloxías previas.

O primeiro deceso corresponde ao dunha muller de 76 anos que se atopaba hospitalizada no CHUAC da Coruña, mentres que o óbito deste venres foi un home de 93 ingresado no Álvaro Cunqueiro de Vigo.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed