InicioSociedadeA área de Vigo suma unha nova vítima mortal pola covid-19

A área de Vigo suma unha nova vítima mortal pola covid-19

Galicia rexistra xa 2.390 mortes pola pandemia tras un falecemento no Hospital Álvaro Cunqueiro e outro no CHUAC na Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Outras dúas persoas diagnosticadas con covid-19 faleceron en Galicia, que suma xa 2.390 vítimas mortais da pandemia desde marzo de 2020.

Segundo trasladaron as autoridades sanitarias, unha das mortes produciuse o 29 de abril e a outra este venres día 30. Ambas tiñan patoloxías previas.

O primeiro deceso corresponde ao dunha muller de 76 anos que se atopaba hospitalizada no CHUAC da Coruña, mentres que o óbito deste venres foi un home de 93 ingresado no Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...