InicioVigo e contornaIgnorancia ou vandalismo? O desleixo polo patrimonio en Galicia

Ignorancia ou vandalismo? O desleixo polo patrimonio en Galicia

PUBLICADO O

Destrución de mámoas con maquinaria pesada, pintadas en esculturas e fachadas de edificio protexidos, riscado de petróglifos.

As agresións ao patrimonio material en Galicia sucédense semana tras semana. A maior parte dos casos quedan impunes pese ás continuas denuncias de colectivos e veciños verdadeiramente conscientes do valor do ben patrimonial e o dano que ditas agresións supoñen para estes elementos que forman e dan sentido a identidade propia de Galicia.

O último caso, e por desgracia tamén frecuente, o uso dos dólmenes e as viviendas dos castros como espazos de ocio nocturno, ou mesmo de vertedoiro.

Así o demostran as imaxes de Kike Estévez Hernández, un ciclista que atopouse e con esta estampa nun dos dólmenes máis singulares de Galicia. A Casa dos Mouros ou Dolmen de Candeán. Unha imaxe que ilustra este desleixo polo patrimonio en Galicia. Por ignorancia nuns casos, e por vandalismo noutros tantos.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...