Inicio Blog Páxina 1607

A zona da explosión de Tui, convertida en “circuíto turístico”

0

O arquitecto municipal de Tui, Javier Antoñón, criticou este venres que a zona 0 da explosión de Paramos estase convertendo nun “circuíto turístico”.

Así llo trasladou á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ao alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e ao delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante unha xuntanza no centro de atención aos afectados pola traxedia con empresarios da construción.

Antoñón explicou que os peritos xudiciais expuxeron facer primeiro un estudo técnico e económico de cada vivenda, por tramos dentro da zona cero. “Entendo que é mellor manter o perímetro acoutado porque se está convertendo nun circuíto turístico e para evitar males maiores”, sinalou durante esa xuntanza. Ademais, apostou por empezar a reconstrución polas vivendas “máis facilmente recuperables”.

En canto aos inmobles con máis danos, nesa xuntanza, na que a Xunta animou aos construtores a reconstruír a zona 0, pediuse a participación de bombeiros para escoltar aos propietarios e que, con total garantía de seguridade, poidan acceder á zona a recuperar as súas zonas.

Irlanda e Galicia, unidas por unha alfombra floral

0

 Tuia, fiuncho, coca de eucalipto, casca de arroz, caraveis ou queiroa son algúns dos materiais naturais que deixaron o seu arrecendo na mans de estudantes ponteareáns e irlandeses.  Xuntos participaron este mércores nun obradoiro impartido por alfombristas de Ponteareas no que ademais de coñecer os materiais naturais que se empregan introducíronse na técnica de alfombrar ao xenuino estilo “Ponteareas”.

Tratábase de quince alumnos e alumnas irlandeses que un ano máis visitan Ponteareas dentro do programa ERASMUS. A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández Dávila, trasladoulle ao alumnado a importancia social e turística do Corpus e as actividades que se desenvolven no marco destas festas.

Co obxectivo de promocionar a nosa arte efímera única no mundo polo seu sentir e pola súa longa tradición, a concelleira, que tamén é alfombrista colaborou na confeción desta alfombra na que se reproducía o escudo das dúas cidades.

Os estudantes galegos e irlandeses tamén participaron nun partido de fútbol gaélico no que os de Tuam amosaron parte das súas tradicións deportivas aos de Ponteareas.

Evacuadas nove persoas dun edificio en Baiona tras o incendio nun restaurante

0

Nove persoas tiveron que ser evacuadas dun edificio de Baiona despois de declararse un incendio nun restaurante na planta baixa. Todas elas, segundo confirma o 112 Galicia, están en perfecto estado de saúde. Ao parecer, o lume orixinouse nun conxelador do almacén deste local de hostalaría, situado na rúa do Reloxo, tras o cal o fume propagouse por todo o establecemento.

Ocorreu sobre as 8,15 horas da mañá deste domingo. Nese momento, a Policía Local contactou co 112 para alertar do incendio. Deste xeito, a central de emerxencias puxo a situación en coñecemento dos bombeiros de Baixo Miño e de Vigo, do GES de Val Miñor, de Protección Civil e, como medida preventiva, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Feridas dúas persoas nun choque múltiple en Mos

Unha colisión múltiple con seis vehículos implicados saldouse este luns con dúas persoas trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia no municipio pontevedrés de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar pasados poucos minutos das 7,30 horas deste luns na autovía A-55, sentido Vigo, á altura da gasolineira, ao seu paso pola parroquia de Tameiga.

Así o indicaron usuarios da vía que chamaron ao 112 Galicia para informar o sinistro. Con estes datos, os xestores de Emerxencias alertaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.

Ao lugar o 061 enviou dous ambulancias que asistiron no punto dos sinistros a dous homes de 42 anos, C.R.C., e 44, J.M.N.M., que foron trasladados a un centro hospitalario por unha terceira ambulancia, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Do mesmo xeito, informaron os Bombeiros do Porriño e voluntarios de Protección Civil da localidade por se fora precisa a súa intervención. Ademais, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos servizos de mantemento da vía para recuperar as condicións de seguridade.

Detido un home cunha orde xudicial de ingreso en prisión

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha persoa á que lle constaba en vigor unha orde de procura, detención e ingreso en prisión emitida polo Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica.

Tal e como informou Policía Local, esta persoa foi localizada na mañá do pasado mércores no transcurso dun control policial situado na rúa García Barbón.

Os axentes procederon á identificación de M. L. F. A., de Vigo e 42 anos de idade, e ao verificar os seus datos comprobouse que lle constaba unha orde de detención e ingreso en prisión, polo que se procedeu ao seu arresto e posta a disposición xudicial.

SEGURIDADE VIARIA

Noutra orde de asuntos, nun control de tráfico localizado sobre as 14,00 horas do xoves entre Pizarro e Vázquez Varela foi interceptado un condutor de Barcelona de 38 anos de idade, que responde as siglas A. T. R.

Ao facer as comprobacións pertinentes tívose coñecemento de que o home nunca obtivo o permiso de conducir e de que ía ao volante dun vehículo sen seguro obrigatorio. Por iso, instruíronselle dilixencias xudiciais e tramitóuselle unha denuncia administrativa.

Posteriormente, ás 1,30 horas da madrugada deste venres, a Policía Local instruíu dilixencias xudiciais a un home de 66 anos ao que observaron cando realizaba unha manobra antirreglamentaria e que deu positivos de 0,89 e 0,92 mg/l na proba de alcoholemia.

Veciños de Teis, Chapela e Trasmañó convocan outra manifestación contra a peaxe

As asociacións de veciños de Teis (Vigo), Chapela e Trasmañó (Redondela) convocaron para o sábado 27 de marzo unha nova manifestación para reclamar a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e Redondela, e para esixir a adopción de melloras na contorna da autoestrada ao seu paso por estas parroquias.

A marcha sairá ás 17,30 horas da rotonda das Torres Padín, para acabar no acceso á autoestrada na Avenida de Buenos Aires.

Esta nova protesta pretende esixir ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que fixe “xa” uns prazos concretos para a liberación da peaxe de Redondela, e para converter en tramo urbano a entrada da autoestrada en Vigo pola parroquia de Teis. Así mesmo, os veciños volven pedir medidas “contra a contaminación acústica”, a mellora dos pasos elevados da Trapa e A Xorxa, e a reposición de viarias e servizos danados en Chapela polas obras de ampliación da autoestrada.

Os veciños lembran que hai partida nos orzamentos do Estado para eliminar esa peaxe e é “incomprensible” que non haxa prazos para executar esa medida que, por outra banda, xa fora anunciada en 2018 polo anterior Goberno, do PP. “Non queremos máis enganos”, engadiron.

Tamén lamentan que, a pesar de que o ministerio anunciou a licitación das obras de reposición en Chapela, os veciños seguen sen coñecer prazos concretos, “despois de tres anos desde que se inaugurou a ampliación da AP-9”. Ademais, tachan de “absurdo” que agora a administración alegue que debe facer estudos para eliminar a peaxe.

Interceptado en Mos un camioneiro que cuadriplicaba a taxa máxima de alcoholemia

A Garda Civil de Tráfico interceptou o xoves a un camioneiro que, ao hablerle realizado a proba de alcholemia, deu un resultado de 0,58 miligramos por litro en aire respirado, case o cuádruplo do 0,15 máximo permitido para a súa profesión.

Segundo informa a Benemérita, ocorreu sobre as 19,45 horas da tarde, no marco dun control de transportes establecido por axentes do Destacamento de Tráfico do Porriño na N-550.

Ao dar o alto a un vehículo articulado, o seu condutor, un veciño de Cangas de 63 anos, foi requirido para realizar a preceptiva proba de alcoholemia, na que deu positivo cunha taxa de 0,58.

Por isto mesmo, a Garda Civil denunciouno por unha infracción moi grave, que supón a detracción de seis puntos do seu permiso de conducir, así como unha sanción de 1.000 euros e a inmovilización do vehículo. Ademais, foi denunciado por dúas infraccións á normativa de transportes por estrada.

Investigado por finxir ser empregado dunha firma de venda de coches para estafar 4.000 euros

0

A Garda Civil de Pontevedra, en colaboración coa Garda Civil de Alacante, destapou unha suposta estafa e identificou a un veciño de Alacante por facerse pasar por empregado dunha empresa de venda de coches de Vigo para estafar 4.000 euros na venda dun vehículo por internet.

A investigación iniciouse por parte dun xulgado de Denia cando unha cidadá británica, fincada nesta localidade, denunciou que fora vítima dunha estafa na compra dun coche. Segundo sinalou á Garda Civil, pactara esa operación a través de internet e fixera un pago anticipado de 4.000 euros nunha conta corrente, pero non volvera a ter noticias do suposto vendedor.

A Garda Civil de Alacante iniciou a investigación e comprobou que o vendedor estaba supostamente vinculado a unha empresa afincada en Vigo, polo que trasladou as dilixencias ao Instituto Armado na provincia de Pontevedra.

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial comezou as pescudas e constatou que o vendedor había suplantado a identidade comercial da empresa, unha compañía que existe realmente e que ten unha afianzada reputación no sector automobilístico (do que se serviu o estafador para gañarse a confianza da vítima).

Así mesmo, no transcurso da investigación evidenciouse que os datos que o suposto vendedor dera á compradora non se correspondían cos da empresa á que estaba suplantando. Así, este veciño de Alacante creou unha conta de correo falsa, facéndoa pasar polo contacto dos responsables da empresa.

Ademais, tanto a factura que elaborou como os datos do vehículo que vendía eran manifestamente falsos, o que confirmou que se trataba dunha armazón para cometer unha estafa. O suposto estafador foi identificado e notificado como investigado nestas dilixencias.

Disolven unha festa estudantil en Vigo con 18 mozos sen máscara nin distancia social

0

A Policía Local de Vigo disolveu unha festa nunha residencia de estudantes da cidade, e identificou e propuxo para sanción a 18 mozos que participaban na celebración, sen máscara nin distancia social.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 1,30 horas da madrugada deste venres, cando o 092 recibiu queixas dos veciños polo ruído que supostamente proviña dunha festa nunha residencia de estudantes na rúa Príncipe, en pleno centro de Vigo.

Cando os axentes chegaron, a porteira do inmoble informoulles de que a festa se estaba celebrando no terceiro piso. Unha vez alí, a Policía comprobou que se reuniron 18 mozos, de entre 18 e 20 anos de idade, nunha habitación.

Os mozos, estudantes universitarios procedentes de diferentes provincias de España, vulneraban as normas de prevención ante a pandemia de COVID-19, xa que ningún levaba máscara e, dado o reducido do espazo, non se respectaba a distancia interpersoal.

Ademais, os axentes tamén comprobaron que estaban a compartir botellas de bebidas alcohólicas e fumando no interior da habitación. A Policía identificounos e, tras disolver a reunión, tramitou dilixencias de denuncia, que se remitirán á Subdelegación do Goberno para que instrúa expedientes sancionadores.

O Rosal, Tomiño e A Guarda suman 54 casos activos de COVID-19

0

Os concellos do Rosal, A Guarda e Tomiño suman 54 casos activos de coronavirus, segundo trasladaron fontes sanitarias aos rexedores destes municipios, nunha reunión telemática celebrada para informar da evolución epidemiolóxica na zona.

No caso do Rosal Sanidade confirmou que hai 18 casos activos de coronavirus, vinculados a tres brotes familiares e un do ámbito laboral, segundo trasladaron fontes municipais. Así mesmo, non se notificaron casos novos a pasada fin de semana.

A rexedora do Rosal, Ánxela Fernández, sinalou que esta é a primeira reunión das que se manterán a partir de agora con estes municipios do Baixo Miño (dúas por semana) para coñecer de primeira man a situación epidemiolóxica nestes territorios. Así, a rexedora valorou que é “unha boa medida” que os concellos agradecen “despois de moitos días reclamando á Xunta datos contrastados do número de persoas afectadas”.

A alcaldesa tamén sinalou que os veciños do Rosal, municipio no que se decretaron restricións (xunto coa Guarda) desde a pasada fin de semana para controlar a evolución da pandemia, están “comprometidos” e cumprirán “de modo exemplar” coas medidas decretadas, “como en anteriores ocasións”.

Con respecto ao municipio da Guarda, o alcalde, Antonio Lomba, confirmou que o número de casos activos notificados por Sanidade é de 29. Este concello tamén está afectado por novas restricións desde a pasada fin de semana e, de feito, xa finais de agosto decidiuse o peche dunha residencia de maiores e dous centros de día.

Na resolución sobre as restricións publicada no DOG o pasado venres, precísase que O Rosal e A Guarda son os municipios da zona máis afectados, “tanto en casos como en taxas, moi por enriba do resto de concellos desa comarca”. Así mesmo, sinálase que a maioría de casos son de persoas entre 10 e 19 anos.

No caso de Tomiño, fontes municipais informaron de que, segundo as autoridades sanitarias, hai 7 casos activos de COVID-19, e tampouco se notificaron contaxios a pasada fin de semana. Neste municipio non se impuxeron restricións extraordinarias, pero o seu estreito contacto coa Guarda e O Rosal fixeron que Sanidade o inclúa na previsión de reunións informativas semanais.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed