InicioSociedadeO Rosal, Tomiño e A Guarda suman 54 casos activos de COVID-19

O Rosal, Tomiño e A Guarda suman 54 casos activos de COVID-19

A maioría de casos son de persoas entre 10 e 19 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os concellos do Rosal, A Guarda e Tomiño suman 54 casos activos de coronavirus, segundo trasladaron fontes sanitarias aos rexedores destes municipios, nunha reunión telemática celebrada para informar da evolución epidemiolóxica na zona.

No caso do Rosal Sanidade confirmou que hai 18 casos activos de coronavirus, vinculados a tres brotes familiares e un do ámbito laboral, segundo trasladaron fontes municipais. Así mesmo, non se notificaron casos novos a pasada fin de semana.

A rexedora do Rosal, Ánxela Fernández, sinalou que esta é a primeira reunión das que se manterán a partir de agora con estes municipios do Baixo Miño (dúas por semana) para coñecer de primeira man a situación epidemiolóxica nestes territorios. Así, a rexedora valorou que é “unha boa medida” que os concellos agradecen “despois de moitos días reclamando á Xunta datos contrastados do número de persoas afectadas”.

A alcaldesa tamén sinalou que os veciños do Rosal, municipio no que se decretaron restricións (xunto coa Guarda) desde a pasada fin de semana para controlar a evolución da pandemia, están “comprometidos” e cumprirán “de modo exemplar” coas medidas decretadas, “como en anteriores ocasións”.

Con respecto ao municipio da Guarda, o alcalde, Antonio Lomba, confirmou que o número de casos activos notificados por Sanidade é de 29. Este concello tamén está afectado por novas restricións desde a pasada fin de semana e, de feito, xa finais de agosto decidiuse o peche dunha residencia de maiores e dous centros de día.

Na resolución sobre as restricións publicada no DOG o pasado venres, precísase que O Rosal e A Guarda son os municipios da zona máis afectados, “tanto en casos como en taxas, moi por enriba do resto de concellos desa comarca”. Así mesmo, sinálase que a maioría de casos son de persoas entre 10 e 19 anos.

No caso de Tomiño, fontes municipais informaron de que, segundo as autoridades sanitarias, hai 7 casos activos de COVID-19, e tampouco se notificaron contaxios a pasada fin de semana. Neste municipio non se impuxeron restricións extraordinarias, pero o seu estreito contacto coa Guarda e O Rosal fixeron que Sanidade o inclúa na previsión de reunións informativas semanais.

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...