InicioSucesosDetido un home cunha orde xudicial de ingreso en prisión

Detido un home cunha orde xudicial de ingreso en prisión

Tal e como informou Policía Local, esta persoa foi localizada na mañá do pasado mércores no transcurso dun control policial situado na rúa García Barbón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha persoa á que lle constaba en vigor unha orde de procura, detención e ingreso en prisión emitida polo Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica.

Tal e como informou Policía Local, esta persoa foi localizada na mañá do pasado mércores no transcurso dun control policial situado na rúa García Barbón.

Os axentes procederon á identificación de M. L. F. A., de Vigo e 42 anos de idade, e ao verificar os seus datos comprobouse que lle constaba unha orde de detención e ingreso en prisión, polo que se procedeu ao seu arresto e posta a disposición xudicial.

SEGURIDADE VIARIA

Noutra orde de asuntos, nun control de tráfico localizado sobre as 14,00 horas do xoves entre Pizarro e Vázquez Varela foi interceptado un condutor de Barcelona de 38 anos de idade, que responde as siglas A. T. R.

Ao facer as comprobacións pertinentes tívose coñecemento de que o home nunca obtivo o permiso de conducir e de que ía ao volante dun vehículo sen seguro obrigatorio. Por iso, instruíronselle dilixencias xudiciais e tramitóuselle unha denuncia administrativa.

Posteriormente, ás 1,30 horas da madrugada deste venres, a Policía Local instruíu dilixencias xudiciais a un home de 66 anos ao que observaron cando realizaba unha manobra antirreglamentaria e que deu positivos de 0,89 e 0,92 mg/l na proba de alcoholemia.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...