Inicio Blog Páxina 1596

Un despacho vigués pide o embargo de Iveco España por estar en “rebeldía procesual”

0

O despacho vigués Balms Abogados pediu o embargo da sociedade Iveco España como medida para forzar o pago dos case 40.000 euros que debe pagar a unha empresa de Meis, tras a sentenza do xulgado do mercantil número un de Pontevedra que condenou a compañía polos sobrecustos polo cártel de camións.

Unha vez concluído o prazo de pago voluntario do montante decretado na sentenza, Balms Abogados pediu ao xulgado esta medida ao considerar que Iveco España se atopa “en rebeldía procesual”, é dicir, non aceptou, nin respondeu a ningún dos requirimentos que, durante o proceso, se lle remitiron desde o xulgado.

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra ditou o pasado mes de setembro sentencia condenatoria contra o fabricante de camións Iveco Spa en favor de Kartin SL, no que sería a primeira sentenza en firme en España contra o coñecido como cártel dos camións ao non recorrer a empresa en prazo.

Segundo cuantifica a propia sentenza, Iveco Spa debe abonar a Kartín SL unha indemnización por danos que ascende a preto de 20.000 euros, e outros 19.240 euros correspondentes aos intereses legais desde a data de compra do vehículo.

O mesmo xulgado tamén ditou sentenza condenatoria contra MAN Truck & Bus AG, aínda que neste caso foi recorrida, polo que aínda non pode considerarse como firme.

Audio: alertan da presenza dun grupo de orcas nas inmediacións das Rías Baixas

Salvamento Marítimo vén de lanzar un aviso de radio da presenza de orcas nas inmediacións das Rías Baixas baixo a premisa de que as embarcacións situadas na zona non se aproximen a elas. O anuncio, emitida nas últimas horas da xornada do domingo, dá conta da presenza dun grupo de cetáceos para a continuación solicitar a “todas as embarcacións” que, en caso de avistamento, “non tenten aproximarse” ás mesmas para evitar perigos.

O animal, que pode chegar a dez metros de lonxitude, é considerada unha especie perigosa; de aí a petición de Salvamento ós buques de que dean conta da presenza destas se volven a ser avistadas. Xornal de Vigo puido acceder ás declaracións dun radio operador que deu conta da validez do anuncio no que se comunicou a presenza dos cetáceos. A mesma fonte indica que o paso dos animais por esta zona non é novidade: “por Carnota xa as temos visto varias veces”, destaca.

A cúpula do PSdeG vigués acode en pleno ao 40 aniversario de Prensa Ibérica, propietaria do Faro de Vigo

“Broche de oro para una celebración histórica”. Con este titular comeza un especial de 12 páxinas co que o Grupo Prensa Ibérica, propietario dos xornais Faro de Vigo e La Opinión da Coruña, celebra o seu 40 aniversario. Unha celebración que tivo lugar este martes en Madrid e á que asistiron destacados representantes políticos, sociais e económicos de toda España, coa presenza de ministros, presidentes autonómicos e empresarios.

Entre eles estaba a presidenta do Congreso, Ana Pastor; os ministros de Fomento, Interior, Facenda e Sanidade, José Luis Ábalos, Fernando Grande-Marlaska, María Jesús Montero e María Luisa Carcedo, respectivamente; os presidentes da Generalitat de Valencia, Ximo Puig e de Canarias, Fernando Clavijo; o pesidente do PP, Pablo Casado; ou secretario general de Ciudadanos, José Manuel Villegas.

Tampouco faltou unha nutrida representación de políticos galegos, pero únicamente, de Vigo. Así, no evento estiveron o alcalde da cidade, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o da Autoridade Portuaria, David Regades. Todos eles da dirección do PSdeG vigués. Non acudiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nin ningún dos seus conselleiros, a pesar de que hai unhas semanas tanto el como a maior parte do seu gabinete estiveron nos premios Fernández Latorre, de La Voz de Galicia. Un feito que evidencia os apoios políticos cos que conta un e outro medio en Galicia.

Faro, La Opinión e El Progreso

A este 40 aniversario tamén asistiron o xerente do Faro de Vigo, Pedro Costa, e a directora de La Opinión da Coruña, Carmen Merelas, así como a adxunta á Presidencia do Grupo El Progreso, Blanca de Cora.

Editorial Prensa Ibérica, S.A., é un grupo de prensa autonómica que posúe 18 cabeceiras en todo o Estado. Francisco Javier Moll de Miguel é o presidente deste grupo catalán que tras a crise independentista trasladou a súa sede comercial a Madrid. Aínda que orixinariamente o grupo naceu en Canarias en 1978, o seu verdadeiro impulso terá pois lugar en 1984 ao acudir á poxa de xornais pertencentes ao organismo de Medios de Comunicación Social do Estado e proceder á compra das sociedades xestoras de La Nueva España de Asturias, Levante de Valencia e Información de Alicante. Con este movemento nace Editorial Prensa Ibérica na súa configuración actual, como un grupo familiar de empresas rexionais de comunicación con sede en Barcelona.

En Galicia, destaca a adquisición de Faro de Vigo á familia Lema en 1986. En Baleares, a editoral comprou Diario de Mallorca e Diario de Eivissa. En Cataluña, diversas publicacións integráronse en Prensa Ibérica: Diari de Girona en 1996, Empordà en 2005 e Regió en 2006.

Na actualidade o grupo está amplamente asentado na práctica totalidade de España e conta con 18 cabeceiras diarias, 17 de información xeral e 1 de información deportiva, a máis importante de España fóra de Madrid e Cataluña.

Desmantelada unha festa ilegal con 12 persoas en Vigo

O desmantelamento dunha festa ilegal en Vigo saldouse coa detención dun dos participantes por un atentado contra axente da autoridade e 12 propostas para sanción por incumprimentos das restricións establecidas para conter a propagación da pandemia. Fontes policiais confirmaron a Europa Press que os feitos tiveron lugar este domingo de madrugada, cando un particular alertou do ruído procedente dunha vivenda situada no número 22 de rúa Marqués de Valterra.

Sobre as 6,10 horas, os axentes persoáronse no lugar, pero non se lles permitiu a entrada. Ante o ruído procedente do interior, os axentes volveron chamar e abríuselles a porta pasadas as 7,00 horas. Deste xeito, varias persoas que abandonaron de modo gradual a vivenda explicaron que se produciu unha pelexa no interior durante a que un dos implicados sacara un coitelo que se lle retirou.

Finalmente, os policías locais identificaron a todos os participantes na festa ilegal e realizaron 12 propostas para sanción por incumprimentos da normativa covid-19 e unha detención por un delito de atentado contra axente da autoridade.

A Xunta Electoral insta a En Marea e C’s que respecten os lugares para propaganda en Vigo

0

A Xunta Electoral de Zona de Vigo resolveu este luns instar a En Marea e Ciudadanos a “respectar os lugares” destinados á colocación de cartelaría de propaganda electoral, despois de que En Común-Unidas Podemos presentase denuncia por vulneración electoral e da ordenanza municipal.

A denuncia refírese a a colocación de carteis de Ciudadanos en farois de da Porta do Sol e de En Marea, en báculos de iluminación pública en Avenida de Madrid. O alcalde e presidente do PSOE vigués, Abel Caballero, anunciou este luns que o seu partido tamén denunciara estes feitos no órgano xudicial electoral.

A Xunta Electoral acordou “requirir” a Ciudadanos e a En Marea que “respecten os lugares reservados para a propaganda electoral”, e que aparecen publicados no Boletín Oficial da Provincia o pasado 20 de marzo.

AECT Río Minho crea un rexistro de afectados polo peche da fronteira para reclamar indemnizacións

0

A AECT Río Minho creou un rexistro de persoas afectadas polo peche da fronteira entre o sur de Galicia e o norte de Portugal co obxectivo de explorar a tramitación de posibles indemnizacións.

Diso informa este martes a Deputación de Pontevedra, que sinala que nas primeiras horas da súa posta en marcha xa se recibiron unha ducia de reclamacións.

O formulario está colgado na páxina web ‘smartminho.eu‘ e permite que cada persoa achegar os seus datos e sinale o tipo de prexuízo sufrido polo peche da fontera, desde perdas de tempo a aumento de custos de viaxe ou redución da clientela do outra marxe.

“Sabemos que hai moitas persoas afectadas e ata o momento dirixíanse aos seus concellos, ás administracións máis próximas, para queixarse e saber como actuar”, explicou o deputado provincial e vicedirector da AECT, Uxío Benitez, que apuntou que o obxectivo é “centralizar” as queixas de cara a futuras reclamacións, pois entenden que o Miño “debe ser compensado economicamente pola decisión dos estados de pechar a fronteira e deixar só un paso”.

Así as cousas, os interesados deberán achegar os seus datos persoais, aclarar se son particulares, empresas ou autónomos, sinalar o sector no que traballan e o número de viaxes que deben realizar entre ambos os lados da fronteira, así como os quilómetros que percorren con ela aberta e pechada.

A iniciativa tamén pretende solicitar información sobre os prexuízos sufridos polos reclamantes, como a obrigatoriedade de percorrer máis distancia e pasar máis tempo na estrada polo peche da fronteira, o custo económico que isto supón ou a redución de clientes polo peche do paso.

Segundo un estudo elaborado polo profesro Xavier Cobas da Universidade de Vigo, o impacto económico do peche da fronteira cífrase en máis de 92 millóns en perdas nos sectores da hostalaría e o comercio durante o primeiro confinamento da primavera de 2020.

Vigo, a única área na que non crecen os casos da Covid tras superar os 1.500 en Galicia

0

Os casos activos de COVID en Galicia seguen en aumento e sitúanse este martes en 1.505, o que supón 105 máis que este luns –tras subir en todas as áreas sanitarias agás na de Vigo, que se mantén igual que a xornada pasada–, dos que 921 corresponden á da Coruña e Cee –70 máis–.

Así se desprende dos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, seis atópanse en UCI –un máis que este luns–, 55 permanecen en unidades de hospitalización convencional –dous menos–, e 1.444 en seguimento domiciliario –106 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 1.505 casos activos, 921 corresponden á área da Coruña e Cee –70 máis que este luns–; 113 á de Lugo –tres máis–; 139 á de Vigo –sen cambios–, 75 á de Pontevedra e O Salnés –cinco máis–; 131 á de Ourense –17 máis–; 67 á de Santiago –catro máis– e 59 á de Ferrol –seis máis–.

Así mesmo, Sanidade indica que, ata a data, curáronse en Galicia 11.625 persoas, 17 máis que a xornada pasada, e faleceron 625 pacientes con COVID. A última vítima mortal, notificada este domingo, foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Chuac e presentaba patoloxías previas.

Dos 1.505 casos activos na Comunidade galega, 16 están vinculados a centros residenciais, catro máis que este luns, en relación a 11 usuarios e cinco traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 283.781 fronte ás 282.103 rexistradas ata este luns, puntualizou o departamento de Sanidade.

Unha queima de restos forestais “neglixente” causou un incendio en Gondomar o 3 de xaneiro

A Xefatura da Policía Autonómica de Vigo concluíu que unha queima “neglixente” foi a causa dun incendio que se produciu o pasado día 3 de xaneiro en Candosa, parroquia de Vincios, no municipio de Gondomar (Pontevedra), segundo informou a Consellería de Presidencia este mércores.

A Policía Autonómica investiga a unha persoa por este incendio, que afectou a unha superficie de 0,65 hectáreas de terreo forestal arboledo, como autor da queima “de forma neglixente” de “restos forestais”, indicou a Xunta nun comunicado de prensa.

Por estes feitos, a Policía instruíu as dilixencias xudiciais correspondentes e remitiunas ao Xulgado de Instrución número 8 de Vigo.

Vigo contrata por 415.000 euros a redacción do proxecto dos ascensores do miradoiro HALO

A xunta de Goberno Local de Vigo aprobou a contratación, por 415.000 euros, dos servizos de estudo previo, redacción do proxecto, dirección facultativa para a construción dos ascensores que unirán a zona de García Barbón co complexo intermodal de Urzáiz e con Vía Norte, coñecido como o proxecto HALO.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, os gañadores do concurso de ideas para facer esta conexión (que inclúe un miradoiro circular a 42 metros de altura) deberán facer os estudos previos e os proxectos básico e de execución da obra. “Inmediatamente despois”, explicou o rexedor, tramitarase a licitación e adxudicación da obra.

A obra contempla dous elevadores que conectarán Serafín Avendaño por detrás das torres de García Barbón cun miradoiro elevado e, sobrevoando a autoestrada, farase unha pasarela que levará á gran praza pública do centro Vialia.

O prazo de execución desta conexión, unha vez adxudicada a obra, será de 12 meses e o Concello estima un investimento de 7,21 millóns de euros, que se tramitará “a través de fondos europeos”, segundo sinalou Caballero.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed