InicioSociedadeAECT Río Minho crea un rexistro de afectados polo peche da fronteira...

AECT Río Minho crea un rexistro de afectados polo peche da fronteira para reclamar indemnizacións

O formulario está colgado na páxina web 'smartminho.eu' e permite que cada persoa achegar os seus datos e sinale o tipo de prexuízo sufrido polo peche da fontera, desde perdas de tempo a aumento de custos de viaxe ou redución da clientela do outra marxe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A AECT Río Minho creou un rexistro de persoas afectadas polo peche da fronteira entre o sur de Galicia e o norte de Portugal co obxectivo de explorar a tramitación de posibles indemnizacións.

Diso informa este martes a Deputación de Pontevedra, que sinala que nas primeiras horas da súa posta en marcha xa se recibiron unha ducia de reclamacións.

O formulario está colgado na páxina web ‘smartminho.eu‘ e permite que cada persoa achegar os seus datos e sinale o tipo de prexuízo sufrido polo peche da fontera, desde perdas de tempo a aumento de custos de viaxe ou redución da clientela do outra marxe.

“Sabemos que hai moitas persoas afectadas e ata o momento dirixíanse aos seus concellos, ás administracións máis próximas, para queixarse e saber como actuar”, explicou o deputado provincial e vicedirector da AECT, Uxío Benitez, que apuntou que o obxectivo é “centralizar” as queixas de cara a futuras reclamacións, pois entenden que o Miño “debe ser compensado economicamente pola decisión dos estados de pechar a fronteira e deixar só un paso”.

Así as cousas, os interesados deberán achegar os seus datos persoais, aclarar se son particulares, empresas ou autónomos, sinalar o sector no que traballan e o número de viaxes que deben realizar entre ambos os lados da fronteira, así como os quilómetros que percorren con ela aberta e pechada.

A iniciativa tamén pretende solicitar información sobre os prexuízos sufridos polos reclamantes, como a obrigatoriedade de percorrer máis distancia e pasar máis tempo na estrada polo peche da fronteira, o custo económico que isto supón ou a redución de clientes polo peche do paso.

Segundo un estudo elaborado polo profesro Xavier Cobas da Universidade de Vigo, o impacto económico do peche da fronteira cífrase en máis de 92 millóns en perdas nos sectores da hostalaría e o comercio durante o primeiro confinamento da primavera de 2020.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...