InicioEconomíaUn despacho vigués pide o embargo de Iveco España por estar en...

Un despacho vigués pide o embargo de Iveco España por estar en “rebeldía procesual”

Busca forzar o pago dos case 40.000 euros que debe pagar a unha empresa de Meis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O despacho vigués Balms Abogados pediu o embargo da sociedade Iveco España como medida para forzar o pago dos case 40.000 euros que debe pagar a unha empresa de Meis, tras a sentenza do xulgado do mercantil número un de Pontevedra que condenou a compañía polos sobrecustos polo cártel de camións.

Unha vez concluído o prazo de pago voluntario do montante decretado na sentenza, Balms Abogados pediu ao xulgado esta medida ao considerar que Iveco España se atopa “en rebeldía procesual”, é dicir, non aceptou, nin respondeu a ningún dos requirimentos que, durante o proceso, se lle remitiron desde o xulgado.

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra ditou o pasado mes de setembro sentencia condenatoria contra o fabricante de camións Iveco Spa en favor de Kartin SL, no que sería a primeira sentenza en firme en España contra o coñecido como cártel dos camións ao non recorrer a empresa en prazo.

Segundo cuantifica a propia sentenza, Iveco Spa debe abonar a Kartín SL unha indemnización por danos que ascende a preto de 20.000 euros, e outros 19.240 euros correspondentes aos intereses legais desde a data de compra do vehículo.

O mesmo xulgado tamén ditou sentenza condenatoria contra MAN Truck & Bus AG, aínda que neste caso foi recorrida, polo que aínda non pode considerarse como firme.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...